You are on page 1of 9

AMÉRICA LATINA NO SÉCULO XX

Índice

Xustificación 2
Obxectivos 3
Contidos 4
Secuencia didáctica 4
Desenvolvemento das sesións 6
1ª Sesión 6
2º Sesión 6
3ª Sesión 7
4ª Sesión 7
5ª Sesión 8
Metodoloxía 8
Cualificación 8
Instrumentos 8
Criterios 9

1
Curso: 1º de Bacharelato Materia: Historia do Mundo Número de sesións: 5
Contemporáneo

Xustificación

A devandita Unidade Didáctica é a antepenúltima das propostas dunha hipotética


programación elaborada para 1º de Bacharelato na materia de Historia do Mundo
Contemporáneo. Esta situada no último tramo do terceiro semestre (maio), despois de ter
traballado procesos históricos do século XX que non tiveron especial énfase na rexión
latinoamericana. Así e todo, o contexto global servirá de soporte para unha mellor inmersión
do alumnado na unidade.

O alumnado contará cunha base mínima (ou ningunha practicamente) sobre esta
rexión, xa que este temario acostuma estar bastante invisibilizado nos currículos educativos,
razón pola cal se realizará a unidade: paliar os descoñecementos ou lagoas máis importantes.
Porén, non queremos negara priori un coñecemento que talvez o alumnado posúa, polo cal se
realizarán unha serie de actividades previas para recoñecer o grao de entendemento da rexión
a traballar. Sendo así, a unidade é flexible e queda suxeita ás modificacións oportunas para
adecuarse ás necesidades específicas da aula.

Ao longo desta unidade afondarase en diversos aspectos. Primeiramente porase de


manifesto a que nos referimos co termo de “América Latina”, cal é o seu ámbito xeográfico,
o xurdimento do propio termo e como esta rexión ao compartir unha serie de características
nos permite estudala nun amplo senso, ao ir alén dos propios estados. Antes de comentar o
propio século XX, cabería facer un breve resumo da situación dos países latinoamericanos no
período das post-independencias, o cal se estendería até o final do século XIX. Con estas
sesións introdutorias, pasaríase a traballar os aspectos políticos, económicos e sociais máis
importantes para que o alumnado consecuentemente poida chegar a un bo nivel de
comprensión da situación actual de América Latina.

O alumnado deberá de traballar o manexo de conceptos e ideas para ligar contidos das
unidades anteriormente tratadas para contextualizar a rexión e recoñecer os procesos que
influíron nela. As unidades máis importantes serían o Período de Entreguerras e a Guerra
Fría.

2
O proceso de ensino-aprendizaxe consistirá no desenvolvemento dunha serie de
capacidades a través da aprendizaxe de tres tipos de contidos: conceptuais, procedementais e
actitudinais, apoiados por unha serie de recursos e materiais didácticos, ademais procurarase
que o alumnado adquira uns coñecementos e habilidades que poida empregar no futuro para
afrontar as diversas situacións que lle depare a vida, xa sexa en beneficio do seu
desenvolvemento persoal, social, académico ou profesional. Cabería destacar por último a
importancia que cobraría a competencia lingüística, traballada mediante o exercicio do
pensamento crítico, fundamentado e razoado, ao igual que coa transferencia de información e
do coñecemento elaborado.

Obxectivos

- Identificar a desigualdade como un dos principais problemas da sociedade


latinoamericana contemporánea.

- Comprender a importancia das identidades colectivas na configuración social, política


e cultural, utilizando o pensamento histórico.

- Identificar e recoñecer os principais retos do século XXI a través de procesos que


permitan entender o fenómeno histórico da globalización e a súa repercusión na
rexión.

- Tomar conciencia do grao de violencia alcanzado nos conflitos latinoamericanos


contemporáneos para afrontar acontecementos traumáticos do noso pasado recente,
recoñecer as vítimas e defender a aplicación do principio de xustiza universal.

Contidos

1. América Latina como espazo e problema historiográfico.

2. Das independencias ao cambio de século.

3. Da oligarquía ao populismo.

4. Implicacións e consecuencias económicas da crise de 1929: desenvolvismo,


industrialismo e dependentismo.

3
5. A Guerra Fría na América Latina: revolucións e contrarrevolución.

6. O drama social: Desigualdade e exclusión.

Secuencia didáctica

Desenvolvemento
Sesión Apartados Actividades
dos contidos

Cuestionario para
recoñecer o nivel de
América Latina coñecemento sobre
o tema mediante a
como espazo e aplicación Kahoot.
Identificar e
Sesión 1
problema describir a rexión.
historiográfico.
Visualización de
diferentes mapas da
rexión.

Repaso do adquirido
Repasar e explicar en anteriores
brevemente a Unidades Didácticas
Das independencias situación de sobre a rexión no
ao cambio de século. América Latina no século XIX.
século XIX.
Sesión 2
Da oligarquía ao Visualización de
Coñecer as formas fragmentos da
populismo. de goberno máis película “Saúdos
comúns até a metade Amigos” (1942) e
do século XX. posterior comentario
escrito grupal.

Visualización de
Implicacións e gráficos sobre as
exportacións de
consecuencias
Entender o alcance América Latina a
Sesión 3 económicas da crise da crise de 1929 na Estados Unidos.
de 1929: rexión.

desenvolvismo,
Visualización de
imaxes que

4
industrialismo e representen: o
desemprego, a perda
dependentismo.
de terras do
campesiñado e o
aumento do
latifundio.

Definición de
oligarquía e
populismo.

Lectura e debate dos


discursos: “Primeira
declaración da
Habana” (1960) e
“Segunda
declaración da
A Guerra Fría na Habana” (1962).
América Latina: Coñecer as
revolucións e revolucións e os
Sesión 4 Visualización do
golpes de estado do
contrarrevolución vídeo “A doutrina da
século XX.
Seguridade
Nacional”

Definición de
desenvolvismo,
industrialismo e
dependentismo.

Visualización do
vídeo “Impactos da
desigualdade na
América Latina”.
O drama social:
Identificar unha das
Desigualdade, problemáticas
Sesión 5 sociais máis
exclusión e Visualización de
importantes da
imaxes.
violencia. rexión.

Debate a modo de
conclusión.

5
Desenvolvemento das sesións

1ª Sesión

A primeira sesión será sobre todo introdutoria, farase unha introdución xeral aos contidos da
Unidade Didáctica e explicarase como se vai a organizar.

Medirase mediante a aplicación Kahoot o grao de coñecemento do alumando para


poder personalizar a Unidade Didáctica ante posibles necesidades ou cambios. Realizado o
cuestionario, pasarase á contextualización no tempo e no espazo da rexión latinoamericana.
Visualizaranse unha serie de mapas para poder situar e recoñecer as dimensións da rexión e
comparala con outras do mundo.

2º Sesión

A segunda sesión comezara cun breve resumo da situación dos países tralas independencias.
Ademais farase un exercicio de repaso para recordar os contidos de América Latina vistos en
anteriores Unidades Didácticas, coa finalidade de coñecer en que medida o alumnado retén a
información elaborada mediante o proceso de ensino-aprendizaxe.

Posteriormente realizarase unha aula expositiva coa que se impartirá a maioría dos
contidos deste apartado. Cobrarán importancia as definicións de Oligarquía e Populismo para
as cales nos basearemos en exemplos específicos para levalos ao plano histórico. Por último,
tratarase o intervencionismo estadounidense na rexión, como actividade complementaria á
exposición visualizaranse fragmentos da película sinalada na secuencia didáctica, que servirá
como fonte para a elaboración dun comentario de texto que será feito por grupos
heteroxéneos. O profesor dará algunhas pautas a ser seguidas polos grupos que terán unha
semana para facer entrega da actividade.

3ª Sesión

Esta sesión comezará coa realización dunha actividade de ampliación, en parellas deberase de
definir os conceptos Oligarquía e Populismo.

6
Tralo remate da actividade farase un repaso da sesión anterior e proseguirase coa
explicación do contido, o cal se corresponde coas implicacións e consecuencias económicas
da crise de 1929. Trala explicación pasarase á visualización dunha serie de documentos
sinalados na secuencia didáctica para que o alumnado mediante a potencia das imaxes
recoñeza a magnitude da crise.

4ª Sesión

A cuarta sesión comezara novamente cunha actividade de ampliación, en parellas deberase de


definir os conceptos: desenvolvismo, industrialismo e dependentismo.

Continuarase cun repaso da sesión anterior e posteriormente pasarase á explicación do


contido, o cal se corresponde coa Guerra Fría na América Latina. A explicación alternarase
coa lectura de dous documentos e a visualización dun vídeo sinalados na Unidade Didáctica.

5ª Sesión

A derradeira sesión poderase aproveitar para impartir os contidos que non se conseguiron
impartir nas sesións anteriores. No caso que o ritmo da aula corresponda coa secuencia
didáctica, nesta sesión farase un repaso da sesión anterior.

Posteriormente realizarase unha aula expositiva onde se tratarán as problemáticas


sociais da rexión. A explicación complementase coa visualización dun vídeo sinalado na
secuencia didáctica e o repaso dunhas imaxes onde se aprecie a desigualdade no plano
urbanístico. Por último, realizarase un debate grupal onde se poida facer un repaso do
traballado na Unidade Didáctica, repasar dúbidas xerais, realizar comentarios persoais e
dificultades atopadas polo alumando ao longo da unidade.

Metodoloxía

A metodoloxía empregada para a realización da Unidade Didáctica será unha metodoloxía de


carácter activo, xa que se busca que o alumnado deixe de ser un mero recipiente baleiro e
receptor de coñecementos.

7
No que respecta os debates debe dicirse que a través destes búscanse a reflexión
crítica, a participación activa e a fomentación a cooperación e traballo en equipo.

En canto os medios materiais precisos para a realización da unidade, estes serán: un


aula suficientemente ampla con proxector, para que nela entrasen todo o alumnado e un
ordenador con acceso a internet para o uso de YouTube e a proxección de documentos.

Cualificación

Instrumentos
- Actividades marcadas na secuencia didáctica: Kahoot (recoñecemento das ideas
previas), definicións de conceptos e debate grupal.
- Seguimento da participación, actitude e interese demostrado polo alumnado.

Criterios
- Tomar conciencia do grao de violencia alcanzado polos conflitos ocorridos, así como
das causas e as transformacións, a través do emprego de documentos.
- Analizar os principais conflitos, comprendendo a importancia da memoria histórica e
do recoñecementos das vítimas.
- Analizar criticamente como se foron construíndo no tempo as identidades colectivas e
a súa importancia na configuración social, política e cultural.
- Analizar as condicións de vida, o mundo do traballo e as relacións laborais e a súa
conflitividade a través do estudo dos movementos sociais.
- Deducir a través do estudo crítico de noticias e datos estatísticos a evolución do
estado social, identificando os logros e retrocesos experimentados e as medidas
adoptadas polos diferentes estados contemporáneos, así como os límites e retos de
futuro.

You might also like