You are on page 1of 2

Só unha de cada catro horas de docencia na USC é en

galego
No curso en marcha, 2022-2023, o galego é a lingua usada en 24% das horas de docencia na
Universidade de Santiago (USC). Apenas unha de cada catro, posición moi minoritaria fronte a un
castelán que é o idioma no que se imparten 71% das aulas. Porén, e a respecto de hai 20 anos, o
galego avanzou.

Cal é a situación do galego na docencia na USC? Pois mellor que hai 20 anos, mais aínda moi por
baixo do castelán. A desigualdade entre ambos os idiomas dáse nunha proporción de tres a un ao
impartiren as profesoras e profesores docencia. Os datos do Servizo de Normalización Lingüística
(SNL) da USC indican que, malia mellorar ao longo destas dúas décadas, a presenza da lingua
galega nesta universidade continúa a ser minoritaria e mesmo inexistente nalgúns
departamentos, como Ciencias Morfolóxicas ou Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía
Farmacéutica, onde é de 0%.

Pola contra, en departamentos como Ciencias da Comunicación abeira 98% e en Filoloxía


Galega, 96%. Os datos do SNL derivan da análise dos Plans de ordenación docente (POD) anuais
dos departamentos, de acordo cos datos que eles mesmos achegan. "As modificacións que se van
producindo durante o curso académico nalgúns dos ítems do POD non sempre se acompañan das
necesarias modificacións no ítem da lingua, polo que cómpre consideralos con certa precaución.
Porén, si apuntan ás tendencias que se poden percibir", sinala este servizo.
O uso do galego na docencia neste curso representa 24,4% das horas, mentres que o español acapara
71,6%. Inglés e portugués —con 2,3% e 0,4% respectivamente— completan, e xa en proporción
minoritaria, o cadro. O uso da lingua galega é maior entre a docencia de mestrado que no
profesorado de grao: 33,5% no primeiro e 23,6% no segundo, dez puntos de diferenza. Mentres, o
español é lingua de uso en 61% das aulas de docentes de mestrados e sobe até 72,6% no que
respecta a profesorado de grao.
Hai 20 anos, no curso 2003-2004, a porcentaxe de galego en horas de clase apenas sobrepasaba
17% mentres que o español  abeiraba 83%. Houbo nestes anos, pois, un aumento da presenza
da lingua propia da Galiza entre o persoal docente.
Uso lingüístico distinto segundo a categoría do profesorado
Os usos lingüísticos docentes son diferentes segundo a categoría de profesorado. O SNL recolle
cinco das 13 categorías de PDI (Persoal docente e investigador), que representan máis de 86% deste
colectivo na Universidade de Santiago de Compostela. No profesorado asociado de Ciencias da
Saúde, o galego é practicamente inexistente, situándose en 0,7% do total. 
As porcentaxes, aínda que manténdose minoritarias a respecto do castelán, melloran no resto das
categorías. No profesorado catedrático, a lingua propia representa 21,5% das horas docentes que
imparten, o que supón unha de cada cinco.
Entre o profesorado titular, as aulas na USC sen galego alcanzan 28,5%; porcentaxe que aumenta en
37% no caso da categoría de profesorado asociado; e de 37,1% na de profesorado contratado doutor.

TFG e TFM
En canto ao uso do galego nos traballos de fin de grao (TFG) e traballos de fin de mestrado (TFM),
a lingua propia da Galiza é o idioma no que se redactaron 25% dos primeiros e 28% dos segundos
no curso 2021, o último do que se fornecen datos.
****As tarefas deberán realizarse no caderno de Lingua Galega.
****Copiade os enunciados das preguntas.

1. O texto anterior ao que facemos referencia pertence ao xornal “Nós Diario”. Cres que é unha
noticia, unha reportaxe ou unha crónica? Argumenta a túa resposta.
2. De que trata o texto? Realiza un resumo de 50 palabras.
3. Ofrece 5 argumentos polos que se debería usar máis a Lingua Galega nas facultades galegas.

You might also like