You are on page 1of 1

O galego e a súa historia: de 1978 á actualidade

Ao longo do século XX o galego foise normalizando, chegando a novos ámbitos de uso como o
ensaio, a narrativa, o ensino ou a administración pública. A consolidación pública do galego foi
mellorando pero aínda existe unha certe preocupación en canto á supervivencia da nosa lingua.

Coa morte de Franco (1975), a transición á democracia e a Constitución de 1978, Galicia é dotada
dun Estatuto de Autonomía que recoñece ao galego como lingua propia de Galicia e remata coa
discriminación por causa da lingua.

A calidade de uso do galego mellorou moito dende os anos 70, cuns impulsos por: a creación do
Departamento de Lingüística e Literatura Galegas na Universidade, a publiación de manuais e
gramáticas e cursos en galego.

En 1982, coa publicación das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego definiuse o
estándar da lingua, sendo aceptada pola Xunta de Galicia como oficial. Aínda así, surxiu unha
oposición de carácter reintegracionista pero esta foi perdendo forza tras a revisión das normas no
2003.

A promulgación da Ley de Normalización Lingüística en 1983 incorporou ao galego ao sistema


educativo oficial, un feito histórico, permitindo a afabetización sitemática do idioma. En 2004
aprobouse o Plan Xeral de Normalización Lingüística para promover e defender o idioma.

Por outro lado, o galego converteuse na lingua oficial da administración autonómica da Xunta de
Galicia, Delegacións e o Parlamento.

No ensino, o galego volveuse obrigatorio no nivel Primario e Secundario. No curso 2007-2008


entrou en vigor un decreto que establecía que al menos o 50% das materias foran en galego, aínda
que logo foi limitada ata un máximo do 50%. Esta incorporación o ensino provocou a aparición de
novas editoriais e a consolidación das xa existentes.

A pesar de estos avances, nos medios de comunicación a normalización do galego aínda non se
alcanzou completamente. Destaca a creación en 1985 da CRTVG e diversas canles públicas, así
como o primeiro diario galego O Correo Galego, que tras cambiar de noma, desapareceu en 2011 e
non foi ata o 2020 cando volveu a aparecer un novo xornal en papel, Nós Diario.

Cualitativamente está hoxe presente en ámbitos anteriormente impensables: actividades políticas,


institucionais, universitarias, culturais e comerciais. Neste século XXI temos que ter en conta o seu
uso na internet, con webs, foros e diversas apps en galego, ademais dos correctores ortográficos
adecuados.

Tocante ao plano cuantitativo, a realidad é, porén, cada vez máis negativa, cunha perda de falantes
acelerada. Nos últimos anos coñecéronse datos moi negativos para o futuro da lingua. Aínda que o
galego ocuoa o posto 136 na listaxe global en número de falantes, de non cambiar as tendencias, o
idioma pode desaparecer.

You might also like