You are on page 1of 1

O EXPEDIENTE PICASSO

En abril de 1922 o xeneral Juan Picasso entregou os resultados da súa investigación sobre o
Desastre de Annual (derrota militar española na guerra do Rif ou segunda guerra de Marrocos que
provocou moitos miles de mortes de militares españois), pois atopara indicios de responsabilidade
penal entre os altos mandos do exército e acusábaos de irresponsabilidade e neglixencia,
principalmente ao alto comisario de España en Marrocos, ao comandante xeral de Melilla e ao
segundo xefe de Melilla.

O xeral, acusado, non foi xulgado debido ao seu falecemento, presuntamente por pegarse un tiro.
Este era gran amigo do rei Alfonso XIII. Cando se filtraron á prensa as conclusións de Picasso,
agravouse a situación para o rei, nun contexto de xa inestabilidade política. Berenguer, xeneral
acusado, tratou de maniatar a Picasso limitando as investigacións a xefes e oficiais.

Picasso trasladouse a Melilla para obter máis información sobre as actuacións do exército, incluso
interrogando a varias testemuñas. Douse conta cada vez máis da falta de xuízo por parte do xeneral
Silvestre (acusado), que buscara o favor do rei ou ata actuara por vontade do mesmo, e quixera
alcanzar a Bahía de Alhucemas sen importar o perigo e o importante risco, sen tomar as medidas
necesarias, e a isto sumábanselle a condición da tropa, a ausencia de previsión e informes sobre a
actividade inimiga, etc. Berenguer non foi quen de frear a difusión do asunto por parte de Picasso.

O 18 de abril do ano mencionado anteriormente, entregouse ao Congreso de Deputados o informe


final composto por máis de 2.000 páxinas. Efectivamente o Consello Supremo de Guerra e Mariña
atopou indicios de responsabilidade penal contra os xenerais. Tamén foron atopados indicios de
corrupción, tales como oficiais que gastaban máis do que lles correspondía, armamento non
adecuado, etc.

Antes de que se presentaran as conclusións da segunda comisión, a dos 21, Primo de Rivera dou un
golpe de estado. Isto causou o impedimento da presentación das conclusións dúas semanas antes.
Berenguer, anteriormente destituído, foi reincorporado para rematar presidindo o Consello de
Ministros logo de Primo de Rivera. O Expediente Picasso tapouse, e as copias escaseaban. Hoxe en
día unicamente se conserva unha copia incompleta.

You might also like