You are on page 1of 1

CACAO E TRABALLO INFANTIL

Le o seguinte texto e responde as preguntas:

Un novo informe constata a diminución de ingresos dos que producen cacao mentres o
mercado global aumenta a súa facturación.
“A maioría das persoas que cultivan cacao seguen vivindo na pobreza. En Costa de Marfil,
principal país produtor, as familias cacaocultoras cobran, de media, ingresos que non chegan ao
37% da renda mínima de subsistencia.
Os que producen cacao reciben entre o 3 e 7% do prezo final dunha tableta de chocolate.
O traballo infantil é unha das problemáticas alentadas pola pobreza das familias produtoras.
En 2015, 1,2 millóns de menores en Costa de Marfil e 0,9 millóns en Ghana traballaban neste
sector, dos cales entre o 80 e o 90% ocupábanse de tarefas perigosas como soportar cargas pesadas,
manipular produtos químicos ou traballar con machetes.”

Texto traducido e adaptado da Coordinadora de organizacións para o desenvolvemento

a) De que cultivos fala o texto? A que tipo de agricultura pertencen?

b) Cal pensas que é a situación económica destas familias? Cres que poden ter un nivel
de vida óptimo?

c) Investiga, a través de internet, o valor dunha caixa de bombóns (prezo, peso, cantidade
de cacao...). Argumenta se é un prezo razoable ou non, tendo en conta todo o que xa sabes
sobre como se produce e a situación dos que traballan neste tipo de cultivo.

d) Busca na web imaxes que mostren o traballo infantil e introdúceas no exercicio. Que
actividades realizan os nenos e as nenas? En que condicións?

e) Busca información sobre algunha ONG que teña proxectos para evitar o traballo
infantil. Redacta un texto onde deixes constancia do nome da ONG, cales son os proxectos e en
que consisten (mínimo 8 liñas de texto).

You might also like