You are on page 1of 80

BIBLIOTECA Do PROFESORado Primaria

Ensinanza
individualizada

Plan de mellora
Programa de
ampliación
Ciencias Sociais 3

O caderno de Ensinanza individualizada, Ciencias Sociais,


para terceiro curso de Primaria, é unha obra colectiva
concibida, deseñada e creada no Departamento
de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L. /
Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Antonio Brandi
Fernández e Ana María Guerra Cañizo.
Na súa elaboración participou o seguinte equipo:

TEXTO
Diego Fariña Villaverde
Esther Echevarría Soriano
Francisco Javier Zabaleta Estévez

ILUSTRACIÓN
Jordi Baeza Albalate

EDICIÓN
María Rosa López Pérez

EDICIÓN EXECUTIVA
Lourdes Etxebarria Orella

DIRECCIÓN DO PROXECTO
Teresa Grence Ruiz

DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIAL


DE PRIMARIA
Maite López-Sáez Rodríguez-Piñero
Dirección de arte: Xosé Crespo González.
Proxecto gráfico: Estudo Pep Carrió.
Xefa de proxecto: Rosa Marín González.
Coordinación de ilustración: Carlos Aguilera Sevillano.
Xefe de desenvolvemento de proxecto: Javier Tejeda de la Calle.
Desenvolvemento gráfico: Raúl de Andrés González, Jorge Gómez Tobar e Julia Ortega Peralejo.

Dirección técnica: Ángel García Encinar.


Coordinación técnica: Manuel Baña González.
Confección e montaxe: Manuel Baña González, Victoria Lucas Díaz e Hilario Simón Macías.
Elaboración cartográfica: José Luis Gil Sánchez, Tania López González e José Manuel Solano Ronda.
Asesoramento lingüístico: Xoán L. Bendaña, Xavier Pais Villar e Antón Palacio Sánchez.

Documentación e selección de fotografías: Marilé Rodrigálvarez Martín.


Fotografía: ARXIU MUSEU JOSEP PUIG, ESPARRAGUERA; J. Jaime; Michele di Piccione;
A. G. E. FOTOSTOCK/Malherbe Marcel, Horizon; CORDON PREESS/SYGMA/Bernard
Annebicque; DIGITALVISION; GETTY IMAGES SALES SPAIN/Thinkstock; ISTOCKPHOTO;
BLOM Sistemas Geoespaciales; MUSEO DA RAÍÑA MATILDA, BAYEUX; SERIDEC
PHOTOIMAGENES CD; TAPISSERIE DE BAYEUX/'Tapisserie de Bayeux-XI siècle
et avec autorisation spéciale da Ville de Bayeux'; ARQUIVO SANTILLANA.

© 2014 by Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.


Entrecercas, 2
15705 Santiago de Compostela
Printed in Spain A presente obra está protexida polas leis de dereitos de autor e a súa pro-
piedade intelectual correspóndelle a Santillana / Obradoiro. Aos seus lexítimos
usuarios só lles está permitido realizar fotocopias para o seu uso como material
da aula. Queda prohibida calquera utilización fóra dos usos permitidos, especial-
CP: 535665 mente aquela que teña fins comerciais.
Presentación

A ensinanza individualizada
A ensinanza individualizada promove que cada alumno ou alumna traballe na
consecución dos obxectivos educativos a un ritmo acorde coas súas capaci-
dades e destrezas. Para iso, é importante establecer un plan que os axude a
superar as súas dificultades, así como a desenvolver e potenciar as súas habi-
lidades.
Este tipo de ensinanza céntrase, xa que logo, no uso dunha metodoloxía flexible
e das técnicas e recursos educativos que mellor se adapten ás necesidades
particulares dos alumnos. Entre outras cosas, require dispoñer de materiais di-
dácticos específicos que poidan utilizarse en función das condicións concretas
de aprendizaxe de cada neno ou nena, así como dos obxectivos de mellora que
se propoñan en cada caso.
Desde esta perspectiva, a Biblioteca do profesorado do proxecto Saber
Facer ofrece unha serie de materiais destinados a facilitar esta tarefa. Entre eles
están:
• A
 serie Aprendizaxe eficaz, que nos primeiros cursos de Primaria está des-
tinada a traballar as habilidades básicas –atención, memoria e razoamento– e
as dificultades de aprendizaxe, mentres que a partir do 4.º curso aborda o
adestramento nas técnicas de estudo.
• O
 conxunto de materiais denominado Recursos complementarios, que
contén seccións variadas para cada unha das áreas do currículo, co fin de
que o profesor seleccione en cada caso as fichas que considere conve-
nientes.
• E
 , por último, este caderno, denominado Ensinanza individualizada, que
inclúe, para cada unidade didáctica do libro do alumno, dous apartados:
– Un Plan de mellora, composto por fichas de traballo destinadas a aqueles
alumnos ou alumnas que requiren un reforzo maior para afianzar os princi-
pais contidos da unidade e para desenvolver as competencias.
– Un Programa de ampliación, composto tamén de fichas, co obxectivo de
que os alumnos afonden en determinados contidos, amplíen os seus coñe-
cementos e poñan en xogo as competencias adquiridas.

Ciencias Sociais 3 3
Índice
PLAN DE Mellora

Unidade 1
Os planetas, o Sol e a Lúa ........................ 8
Os movementos da Terra ......................... 9

Unidade 2
A Terra ...................................................... 10
Océanos e continentes ............................. 11

Unidade 3
A representación da Terra ......................... 12
Os puntos cardinais .................................. 13

Unidade 4
Os estados da auga ................................. 14
O ciclo da auga ........................................ 15

Unidade 5
A auga nas paisaxes ................................. 16
Os ríos ...................................................... 17

Unidade 6
O aire e a atmosfera ................................. 18
O tempo e os fenómenos atmosféricos ..... 19

Unidade 7
O relevo de interior ................................... 20
O relevo de costa ..................................... 21

Unidade 8
As paisaxes naturais e transformadas ....... 22
A vida nas paisaxes de chaira,
de montaña e de costa ............................. 23

Unidade 9
As aldeas e as vilas .................................. 24
As cidades ............................................... 25

4 Ciencias Sociais 3
PROGRAMA DE AMPLIACIÓN

Unidade 10 Unidade 1 ............................................ 40


O Concello ............................................... 26
Os servizos municipais ............................. 27
Unidade 2 ............................................ 42

Unidade 3 ............................................ 44
Unidade 11
A agricultura ............................................. 28 Unidade 4 ............................................ 46
A gandaría e a pesca ................................ 29
Unidade 5 ............................................ 48
Unidade 12
Unidade 6 ............................................ 50
Os traballos do sector secundario ............ 30
Os tipos de industrias ............................... 31 Unidade 7 ............................................ 52

Unidade 13 Unidade 8 ............................................ 54


Os tipos de servizos ................................. 32
O transporte e o comercio ........................ 33
Unidade 9 ............................................ 56

Unidade 10 .......................................... 58
Unidade 14
As unidades de medida do tempo ............ 34 Unidade 11 .......................................... 60
O estudo do pasado ................................. 35
Unidade 12 .......................................... 62
Unidade 15
Unidade 13 .......................................... 64
Os recordos do pasado
da localidade............................................. 36 Unidade 14 .......................................... 66
O paso do tempo na localidade ................ 37
Unidade 15 .......................................... 68

Solucionario ....................................... 71

Ciencias Sociais 3 5
2 Plan de mellora
1 Os planetas, o Sol e a Lúa PLAN DE MELLORA. Ficha 1

Nome Data

REPASA ESTA INFORMACIÓN.

O sistema solar está formado polo Sol e polos astros que xiran arredor del.
O Sol é a estrela máis próxima á Terra. Envíanos luz e calor.
Os planetas xiran arredor do Sol.
A Lúa é o satélite da Terra. Xira arredor desta e presenta catro fases.

1 Escribe os nomes dos planetas próximos ao Sol en azul e os dos planetas afastados
do Sol en vermello.

2 Explica a diferenza entre un planeta e un satélite.

3 Debuxa a Lúa en cada unha das súas fases.

Lúa nova Cuarto crecente Lúa chea Cuarto minguante

8 Ciencias Sociais 3 Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.


1 Os movementos da Terra PLAN DE MELLORA. Ficha 2

Nome Data

REPASA ESTA INFORMACIÓN.

No movemento de rotación, a Terra xira sobre si mesma. Tarda 24 horas


en completar unha volta.
No movemento de translación, a Terra xira arredor do Sol. Tarda
un ano en completar unha volta.

1 Colorea de amarelo a zona


da Terra en que é de día
e, de gris, a zona en que é
de noite.

Sol

2 A que movemento da Terra corresponde o debuxo da actividade anterior?

3 Completa.
A sucesión do día e a noite prodúcese polo movemento da Terra chamado

de . Neste movemento, a Terra xira sobre si mesma e tarda

horas en dar unha volta completa.

As estacións do ano prodúcense polo movemento da Terra chamado de

. Neste movemento, a Terra xira arredor do

e tarda días en dar unha volta completa.

Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L. Ciencias Sociais 3 9


2 A Terra PLAN DE MELLORA. Ficha 1

Nome Data

REPASA ESTA INFORMACIÓN.

A Terra é un planeta do sistema solar con forma case esférica. Nel danse
as condicións necesarias para o desenvolvemento da vida.
No noso planeta distínguense tres capas: a hidrosfera, a xeosfera e a atmosfera.

1 Completa o seguinte texto coas palabras do recadro.

A Terra é un do sistema solar. • auga


Ten forma de , aínda que non é perfecta: • luz

está polos seus extremos, que se coñecen • solar

como norte e polo sur. • planeta

A Terra é o único planeta do sistema • polo

en que se dan as condicións fundamentais para a vida: • achatada

• esfera
a cantidade xusta de e calor do Sol,
• aire
o ea .

2 Indica cunha liña a que parte do debuxo corresponde cada cartela.

A parte sólida da Terra


constitúe a xeosfera.

A atmosfera é Tres cuartas partes


a capa de aire do planeta Terra están
que rodea a Terra. cubertas por auga.
Toda esa auga forma
a hidrosfera.

10 Ciencias Sociais 3 Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.


2 Océanos e continentes PLAN DE MELLORA. Ficha 2

Nome Data

REPASA ESTA INFORMACIÓN.

A superficie da Terra está cuberta polos océanos e polos continentes:


 s océanos son grandes masas de auga salgada. Son cinco: Pacífico, Atlántico,
• O
Índico, Glacial Ártico e Glacial Antártico.
 s continentes son grandes extensións de terra que se levantan por riba
• O
dos océanos. Son seis: Asia, América, África, Europa, Oceanía e a Antártida.

1 Escribe o nome do océano que corresponde a cada número no mapa.

N 4

O L

1
1
2

Escala
5 0 2.500

quilómetros

1. 4.
534464_02_11_océanos y continentes
2. 5.

3.

2 Colorea os continentes no mapa anterior seguindo as indicacións.

Laranxa África Verde América Morado Antártida

Amarelo Asia Vermello Europa Rosa Oceanía

Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L. Ciencias Sociais 3 11


3 A representación da Terra PLAN DE MELLORA. Ficha 1

Nome Data

REPASA ESTA INFORMACIÓN.

A Terra represéntase en globos terráqueos e en mapas.


• Os globos terráqueos son esferas que reproducen a Terra.
 s mapas son representacións planas da Terra. Cando un mapa representa
• O
toda a Terra, chámase planisferio ou mapamundi.

1 Escribe 1 (planisferio) e 2 (globo terráqueo) onde corresponda.

O L

Ecuador

Escala
0 3.200

quilómetros

2 Observa na actividade 1 as formas de representar a Terra e contesta.


534464_03_12_representación Tierra
• Cal se parece máis á forma real do planeta?

• En cal se mostra toda a superficie da Terra á vez?

• Que continentes recoñeces no globo terráqueo?

• É posible observar nun globo terráqueo Oceanía e Europa ao mesmo tempo?

Por que?

• Cantos continentes e cantos océanos ves no planisferio?

12 Ciencias Sociais 3 Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.


3 Os puntos cardinais PLAN DE MELLORA. Ficha 2

Nome Data

REPASA ESTA INFORMACIÓN.

Para orientarse nun lugar, cómpre localizar os puntos cardinais. Estes son:
norte (N), sur (S), leste (L) e oeste (O). A posición do Sol axúdanos a saber
onde están situados.

1 Contesta.

• Cales son os puntos cardinais?

• Por que punto sae o Sol?

• Por cal se pon o Sol?

2 Observa este debuxo do amencer e escribe o nome de cada punto cardinal.


Despois, debuxa as frechas que sinalan o sentido do movemento do Sol.

3 Está amencendo. Observa a dirección


que leva o barco. Que rumbo debe
poñer para chegar ata a illa do tesouro:
leste ou oeste?

Debe poñer rumbo:

Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L. Ciencias Sociais 3 13


4 Os estados da auga PLAN DE MELLORA. Ficha 1

Nome Data

REPASA ESTA INFORMACIÓN.

A auga pode estar na Terra en tres estados distintos: sólido, líquido e gasoso.
Os cambios de estado da auga son fusión, solidificación, evaporación
e condensación.

1 Escribe en que estado se encontra a auga en cada caso.

• A auga dun lago.

• O vapor de auga que está no aire.

• A neve dunha montaña.

2 Escribe o cambio de estado que representa.

3 Escribe a diferenza entre os termos de cada parella.

• Fusión e solidificación:

• Evaporación e condensación:

14 Ciencias Sociais 3 Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.


4 O ciclo da auga PLAN DE MELLORA. Ficha 2

Nome Data

REPASA ESTA INFORMACIÓN.

A auga na natureza está en constante movemento, que se denomina ciclo


da auga. Neste movemento pasa por distintos estados e diferentes fases:
evaporación, condensación, precipitación e retorno.

1 Observa o debuxo e escribe no lugar correspondente as seguintes fases


do ciclo da auga.

precipitación – evaporación – condensación – retorno

2 Escribe que fase do debuxo anterior corresponde a cada unha destas oracións.
Despois, ordénaas de forma correcta de 1 a 4.

A auga das nubes cae en forma de chuvia, neve ou sarabia. 

A auga do mar evapórase. 

O vapor de auga condénsase e forma as nubes. 

Parte da auga cae aos ríos, que a devolven ao mar; outra parte penetra

na terra e forma as augas subterráneas. 

Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L. Ciencias Sociais 3 15


5 A auga nas paisaxes PLAN DE MELLORA. Ficha 1

Nome Data

REPASA ESTA INFORMACIÓN.

A auga pódese encontrar de varias maneiras na natureza. A auga líquida


encontrámola nos mares, ríos, lagos e torrentes da superficie terrestre
e nas augas subterráneas. A auga sólida compóñena os xeos dos polos
e dos cumios das montañas.

1 Escribe a diferenza entre os termos de cada parella.

• Auga salgada e auga doce: 

• Río e torrente:

• Lago e lagoa:

• Río subterráneo e acuífero:

2 Marca en cales destes lugares poderías encontrar auga xeada.

No cumio dunha montaña Na praia

No polo sur Nun iceberg

Nunha corga Nun acuífero

16 Ciencias Sociais 3 Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.


5 Os ríos PLAN DE MELLORA. Ficha 2

Nome Data

REPASA ESTA INFORMACIÓN.

Un río é unha corrente continua de auga. Nun río distínguense o leito, o caudal
e o curso. O percorrido dun río divídese en tres tramos: alto, medio e baixo.

1 Observa o debuxo e complétao coas palabras do recadro.

alto – medio – baixo – afluente – desembocadura – meandro

Curso

Curso

Curso

2 Completa as oracións coa palabra correspondente.

• O é o terreo afundido polo que discorre a auga do río.

• A cantidade de auga que leva un río chámase

• O percorrido que fai o río desde o seu nacemento ata a súa desembocadura

chámase

Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L. Ciencias Sociais 3 17


6 O aire e a atmosfera PLAN DE MELLORA. Ficha 1

Nome Data

REPASA ESTA INFORMACIÓN.

O aire é unha mestura de gases que son esenciais para a vida. Os máis abundantes
son o nitróxeno e o osíxeno.
A atmosfera é a capa de gases que envolve a Terra.

1 Escribe se son verdadeiras (V) ou falsas (F) as seguintes afirmacións. Despois, copia
correctamente as oracións falsas.

O aire é un líquido.
O aire ocupa un lugar.
O aire nin pesa nin ten forma fixa.
Necesitamos o osíxeno do aire para respirar.

2 Completa o esquema con estas palabras.

atmosfera – troposfera – estratosfera

3 Escribe unha característica da troposfera e outra da estratosfera.

18 Ciencias Sociais 3 Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.


6 O tempo e os fenómenos
atmosféricos PLAN DE MELLORA. Ficha 2

Nome Data

REPASA ESTA INFORMACIÓN.

O tempo atmosférico é o estado en que se encontra a atmosfera nun lugar


e nun momento determinados.
Os fenómenos atmosféricos son os sucesos naturais que ocorren no aire.

1 Relaciona as dúas columnas.

O vento é… o aire en movemento.

As precipitacións son… descargas eléctricas.

un arco que se forma cando a luz


Os raios son… do sol atravesa as gotas de chuvia.

O arco iris é… a auga que cae das nubes.

2 Escribe as diferenzas entre a brisa e o vendaval.

3 Observa os debuxos e di a que tipo de precipitación corresponde cada un.

Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L. Ciencias Sociais 3 19


7 O relevo de interior PLAN DE MELLORA. Ficha 1

Nome Data

REPASA ESTA INFORMACIÓN.

O relevo de interior é o conxunto das distintas formas que pode presentar a superficie
terrestre que non está en contacto co mar. O relevo de interior pode ser montañoso
ou chan.

1 Explica as diferenzas entre os seguintes termos.

• Serra e cordilleira:

• Meseta e depresión:

• Montaña e val:

2 Completa as definicións coa parte da montaña


a que se refire. Escribe, despois, cada número
onde corresponda no debuxo.

1. O é o punto
máis baixo da montaña.

2. A é o punto
máis alto da montaña.

3. A é o terreo
inclinado entre o pé e a cima.

20 Ciencias Sociais 3 Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.


7 O relevo de costa PLAN DE MELLORA. Ficha 2

Nome Data

REPASA ESTA INFORMACIÓN.

A costa é a beira do mar. Pode ser alta ou baixa. A costa ten diferentes formas
de relevo; estas poden ser entrantes de terra no mar ou entrantes de mar
na terra.

1 Define costa baixa e costa alta.

2 Escribe onde corresponda no debuxo o número destas formas do relevo.

1. cabo 3. illa 5. golfo 7. acantilado


2. península 4. arquipélago 6. baía 8. praia

Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L. Ciencias Sociais 3 21


8 As paisaxes naturais
e transformadas PLAN DE MELLORA. Ficha 1

Nome Data

REPASA ESTA INFORMACIÓN.

A paisaxe é o aspecto que ten unha ampla extensión de terreo. As paisaxes poden ser
naturais ou transformadas.

1 Observa o debuxo e escribe na táboa os elementos naturais


e os elementos transformados que hai nesta paisaxe.

Elementos naturais Elementos transformados

22 Ciencias Sociais 3 Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.


8 A vida nas paisaxes de chaira,
de montaña e de costa PLAN DE MELLORA. Ficha 2

Nome Data

REPASA ESTA INFORMACIÓN.

As paisaxes poden ser de chaira, de montaña ou de costa. As chairas e as costas


están máis poboadas ca as zonas de montaña.

1 Di a que tipo de paisaxe corresponde cada debuxo: de chaira, de montaña


ou de costa.

2 Escribe tres características das paisaxes de chaira, de montaña e de costa.

• Na chaira:

• Na montaña:

• Na costa:

Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L. Ciencias Sociais 3 23


9 As aldeas e as vilas PLAN DE MELLORA. Ficha 1

Nome Data

REPASA ESTA INFORMACIÓN.

As aldeas son localidades pequenas e as vilas son localidades de tamaño mediano.


Os habitantes das vilas e das aldeas forman a poboación rural.

1 Fíxate nesta aldea e marca as opcións correctas en cada caso.

• As casas están rodeadas de:


hortas. comercios.
fábricas. leiras.

• As vivendas son:
altas. baixas.

• Os habitantes dedícanse:
á agricultura. á industria.

• Esta aldea está:


na chaira. na montaña.

2 Observa as ilustracións e escribe montaña ou costa segundo corresponda.


Despois, di en que traballan os seus habitantes en cada caso.

É unha vila de É unha aldea de

Os seus habitantes traballan sobre todo en Os seus habitantes traballan sobre todo en

24 Ciencias Sociais 3 Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.


9 As cidades PLAN DE MELLORA. Ficha 2

Nome Data

REPASA ESTA INFORMACIÓN.

As cidades son localidades grandes onde viven moitas persoas. As cidades


divídense en barrios. Os seus habitantes forman a poboación urbana.

1 Completa o debuxo coas seguintes palabras: centro histórico, periferia e ensanche.

2 Completa o texto.

• A maior parte da poboación das cidades dedícase aos

• Nas cidades, os habitantes percorren

e, por iso, utilizan para chegaren ao traballo


ou ao colexio.

3 Le e escribe C (cidade), V (vila) ou A (aldea) segundo corresponda.

Os seus habitantes forman a poboación urbana.


Hai campos de cultivo.
A maioría das persoas traballan dando servizos.
Hai numerosos medios de transporte, como o metro e o autobús.
As distancias entre un lugar e outro son curtas.

Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L. Ciencias Sociais 3 25


10 O Concello PLAN DE MELLORA. Ficha 1

Nome Data

REPASA ESTA INFORMACIÓN.

O Concello é a institución que goberna o territorio dun municipio. Está formado polo
alcalde e os concelleiros.

1 Escribe se son verdadeiras (V) ou falsas (F) as seguintes afirmacións.


Despois, copia correctamente as oracións falsas.

O alcalde ou alcaldesa encárgase de dirixir o Goberno municipal.


O Goberno municipal está composto polo pleno.
O pleno compóñeno o alcalde e todos os concelleiros do municipio.

2 Numera de 1 a 4 o proceso que se segue nas eleccións municipais.

Os concelleiros elixen de entre Os candidatos presentan


eles o alcalde. o seu programa electoral.

As persoas maiores de 18 anos Os candidatos máis votados


votan os candidatos. son nomeados concelleiros.

26 Ciencias Sociais 3 Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.


10 Os servizos municipais PLAN DE MELLORA. Ficha 2

Nome Data

REPASA ESTA INFORMACIÓN.

O Concello organiza os servizos municipais para atender as necesidades


dos habitantes do municipio. Os servizos municipais poden ser de moitos tipos.

1 Marca os traballos que corresponden a servizos municipais. Escribe debaixo


os empregados municipais de que se trata.

2 A que servizos municipais te dirixirías nestes casos?

• Se faltan libros na biblioteca municipal:

• Se as rúas do municipio non están limpas:

• Se os semáforos non funcionan:

• Se queres que se constrúa un polideportivo:

Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L. Ciencias Sociais 3 27


11 A agricultura PLAN DE MELLORA. Ficha 1

Nome Data

REPASA ESTA INFORMACIÓN.

A agricultura é a actividade que consiste no cultivo da terra para obter produtos


vexetais. Os cultivos poden ser de secaño ou de regadío.

1 Completa o esquema. Despois, escribe cada tarefa debaixo do debuxo


correspondente e ordénaos de 1 a 3.

Tarefas do agricultor

2 Explica a diferenza entre os cultivos de secaño e os de regadío.

3 Que son os cultivos industriais? Pon un exemplo.

28 Ciencias Sociais 3 Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.


11 A gandaría e a pesca PLAN DE MELLORA. Ficha 2

Nome Data

REPASA ESTA INFORMACIÓN.

A gandaría é a cría de animais para obter alimentos e outros produtos. Pode ser
intensiva ou extensiva.
A pesca é a captura de peixes e outros animais acuáticos no mar, nos ríos
e nos lagos. A pesca marítima pode ser de altura ou de baixura.

1 Escribe o tipo de gando que representa cada debuxo.

A B C

2 Cal das ilustracións representa a gandaría extensiva? Por que o sabes?

O debuxo representa a gandaría extensiva, porque

3 Relaciona as oracións.

A pesca fluvial… realízase en mar aberto con grandes barcos.

A pesca de altura… consiste no cultivo de plantas e animais acuáticos.

A pesca de baixura… practícase preto da costa con pequenos barcos.

A acuicultura… practícase en ríos.

Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L. Ciencias Sociais 3 29


12 Os traballos
do sector secundario PLAN DE MELLORA. Ficha 1

Nome Data

REPASA ESTA INFORMACIÓN.

O sector secundario agrupa todas as actividades que transforman as materias


primas en produtos elaborados.

1 Escribe os produtos que aparecen na imaxe segundo corresponda.

• Materias primas:

• Produtos elaborados:

2 Escribe se son verdadeiras (V) ou falsas (F) as seguintes oracións. Despois,


copia correctamente as oracións falsas.

 industria é o conxunto de actividades que se realizan para obter


A
materias primas.
Os traballadores da construción fan edificios e obras públicas.
 s artesáns traballan en grandes obradoiros con máquinas que funcionan
O
con enerxía.

3 Completa a táboa.

Traballos nas fábricas Traballos artesanais


Número de persoas

Máquinas

30 Ciencias Sociais 3 Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.


12 Os tipos de industrias PLAN DE MELLORA. Ficha 2

Nome Data

REPASA ESTA INFORMACIÓN.

Segundo os produtos que se obteñan, as industrias clasifícanse en industrias


de base e industrias de consumo.

1 Completa as oracións.

• As industrias que fabrican produtos que serven de materias primas a outras

industrias chámanse industrias de 

• As industrias que fabrican produtos que se venden directamente


aos consumidores chámanse industrias de 

2 Escribe cada produto industrial na columna correspondente.

plástico – moto – aceiro – lata de sardiñas – cemento – tablet

Industrias de base Industrias de consumo

3 Escribe tres exemplos de industrias de base e outros tres de industrias


de consumo.

de base

Tipos de
industrias

de consumo

Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L. Ciencias Sociais 3 31


13 Os tipos de servizos PLAN DE MELLORA. Ficha 1

Nome Data

REPASA ESTA INFORMACIÓN.

O sector terciario agrupa todos os traballos que prestan servizos. Estes son moi
variados e pódense clasificar en servizos comerciais e de distribución, servizos
a empresas, servizos sociais e servizos turísticos, culturais e de ocio.

1 Observa as imaxes e marca as que representen unha actividade


do sector terciario.

2 Observa o debuxo. Escribe que establecementos ofrecen un servizo


e a que tipo de servizos corresponden.

• Establecementos: • Tipos de servizos:



32 Ciencias Sociais 3 Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.


13 O transporte e o comercio PLAN DE MELLORA. Ficha 2

Nome Data

REPASA ESTA INFORMACIÓN.

O transporte é o servizo que permite trasladar persoas e mercadorías


dun lugar a outro.
O comercio é o intercambio de produtos e servizos por diñeiro.

1 Completa as oracións.

• Os medios de transporte son 

• As infraestruturas son 

2 Escribe que infraestruturas emprega cada un dos seguintes transportes.

Transporte Infraestrutura
Avión

Barco

Coche

Tren

3 Observa o debuxo e escribe os números destas palabras onde corresponda.

1. consumidor

2. vendedor

3. produto

4. forma de pago

Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L. Ciencias Sociais 3 33


14 As unidades de medida
do tempo PLAN DE MELLORA. Ficha 1

Nome Data

REPASA ESTA INFORMACIÓN.

Para ordenar os feitos no tempo, medimos a súa duración. Utilizamos o segundo,


o minuto ou a hora para medir períodos curtos de tempo, e o día, a semana
ou o ano para períodos longos de tempo.

1 Escribe se son verdadeiras (V) ou falsas (F) as seguintes afirmacións. Despois,


copia correctamente as oracións falsas.

Un lustro é un período de cinco anos.

Unha década é un período de cen anos.

Un século é un período de mil anos.

Un milenio é un período de mil anos.

2 Que unidade de medida utilizarías en cada caso?

• Para explicar o que fixeches onte: 

• Para describir como vivían as persoas da prehistoria: 

• Para contar a que xogaban os teus avós de cativos: 

3 Hai cantos anos sucederon os seguintes acontecementos? Despois, ordena


de máis antigos a máis recentes estes feitos, escribindo 1, 2, 3, 4, 5.

O meu curmán naceu hai tres lustros: 

A catedral construíuse hai oito séculos: 

Os meus avós casaron hai cinco décadas: 

Hai unha década fixo 18 anos: 

Hai cinco milenios que se inventou a escritura: 

34 Ciencias Sociais 3 Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.


14 O estudo do pasado PLAN DE MELLORA. Ficha 2

Nome Data

REPASA ESTA INFORMACIÓN.

A historia estuda os feitos que sucederon no pasado. Para iso, examina


e analiza as fontes históricas, que poden ser escritas ou non escritas.
A historia divídese en cinco etapas.

1 Que tipo de fontes históricas son? Escribe estas palabras onde corresponda.

gráfica – oral – material – escrita

2 Clasifica as fontes non escritas e pon un exemplo.

Fontes non escritas

Tipos

Exemplos

3 Escribe cronoloxicamente as etapas da historia.

Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L. Ciencias Sociais 3 35


15 Os recordos
do pasado da localidade PLAN DE MELLORA. Ficha 1

Nome Data

REPASA ESTA INFORMACIÓN.

Unha localidade conserva numerosos restos do pasado; por exemplo,


os monumentos, as festas e o folclore.

1 Completa a ficha sobre a túa localidade.

A miña localidade chámase:

A festa máis importante é:

Un monumento representativo é:

O folclore característico é:

2 De que tipo de festa se trata? Escribe estas palabras onde corresponda.

festa histórica – festa relixiosa – festa relacionada con traballos tradicionais

• Festas do Apóstolo en Santiago: 

• Festa da Istoria de Ribadavia: 

• Festa da vendima da Rioxa: 

• Semana Santa de Viveiro: 

3 Explica que é o folclore e pon tres exemplos de folclore de España.

36 Ciencias Sociais 3 Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.


15 O paso do tempo
na localidade PLAN DE MELLORA. Ficha 2

Nome Data

REPASA ESTA INFORMACIÓN.

Co paso do tempo, cambia a forma de vida das persoas, o lugar en que viven
e os medios de transporte que utilizan para se desprazar dun lugar a outro.

1 Observa as ilustracións e escribe a que época corresponden.

Idade Media – prehistoria – Idade Contemporánea

A B C

• Escribe en orde cronolóxica os debuxos anteriores.

2 Detecta o erro que se cometeu en cada unha destas afirmacións


e escríbeas de novo despois de corrixilas.

• Na prehistoria as persoas vivían en grandes cidades.

• Na Idade Media descubriuse o lume.

• Na Idade Contemporánea apareceron os mercados.

Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L. Ciencias Sociais 3 37


2 Programa
de ampliación
1 A Terra no espazo
Nome Data

Un punto azul no espazo


Se quixeses retratar un grupo grande de persoas,
deberías afastarte para que saísen todas na fotografía.
O mesmo ocorre cando se desexa facer unha
fotografía do noso planeta e ver a súa forma esférica.
Cómpre afastarse moito.
As primeiras persoas que intentaron fotografar
a Terra fixérono en globo. Pero, como non se elevaron
o suficiente, nas súas fotos nin sequera se notaba
que a Terra era esférica.
Pasou o tempo e conseguiuse viaxar ao espazo exterior. Desde alí,
os astronautas puideron ver a Terra como unha gran bóla de cor azul.
Actualmente, pódense realizar fotografías desde lugares moi afastados,
como Saturno. Desde alí vense a Terra e a Lúa na súa totalidade.
Nestas fotografías, o noso planeta aparece como un pequeno punto
no universo. Iso si, un punto de cor azul.

1 Contesta.

• Se viaxases ao espazo, en que te fixarías para saberes que planeta é a Terra?

• Como se consegue hoxe en día fotografar a Terra e que nas fotos se vexa enteira?

2 Observa a fotografía e marca a resposta


correcta. Despois, explica por que o sabes.

Esta fotografía tomouse desde o espazo.

Esta fotografía tomouse desde un globo.

Esta fotografía tomouse desde unha terraza.

40 Ciencias Sociais 3 Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.


PROGRAMA DE AMPLIACIÓN
1

3 Observa o debuxo e rodea a Terra. Despois, contesta.

• Ademais da Terra, que outro planeta se cita no texto? Escribe o seu nome

e rodéao no debuxo.

• Que ten ese planeta ao seu arredor?

• Onde se sitúa ese planeta, máis próximo ao Sol ou máis afastado del ca a Terra?

4 Completa unha ficha sobre o planeta en que vivimos.

Nome:

• É un planeta:

próximo ao Sol. afastado do Sol.

• Describe como é:

• O seu satélite é:

• Realiza dous movementos:

Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L. Ciencias Sociais 3 41


2 Como é a Terra
Nome Data

Os nomes dos continentes


Sabías que os nomes de Europa, Asia
e Oceanía teñen a súa orixe na mitoloxía
da Grecia antiga?
Europa era unha ninfa da cal se namorou
o deus Zeus. Este, transformado en touro,
raptouna e levouna a Creta.
Oceanía provén do deus Océano. Para os antigos gregos, a Terra era
un disco rodeado por un gran río, personificado no deus Océano.
Os seus fillos representaban os ríos e os lagos.
O nome de Asia deriva dunha deusa que naceu da unión do deus Océano
e a deusa Tetis, nai das fontes e dos ríos.
Non está clara a orixe do nome de África. Algúns cren que provén do grego
aprica, que significa «exposto ao Sol»; outros, do termo a-rhigos, «sen frío».
O nome de América provén do do navegante italiano Amerigo Vespucci,
que se decatou de que as terras descubertas por Cristovo Colón
formaban parte dun continente inexplorado ata daquela.
A Antártida deriva da palabra grega antartikos, por oposición a artikos,
que significa «da osa», pola súa relación co polo norte (Osa Menor).

1 Le o texto e contesta.

• Que significan estas palabras?

Mitoloxía:

Ninfa:

• De onde provén o nome do continente en que vives?

• E o nome do continente americano?

42 Ciencias Sociais 3 Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.


PROGRAMA DE AMPLIACIÓN
2

2 Colorea de vermello os continentes que teñan nomes relacionados coa mitoloxía


grega e de verde, os restantes. Despois, escribe o seu nome sobre cada un.

O L

Escala
0 2.500

quilómetros

3 534464_02_43_continentes
Que océanos bordean estes continentes?

• Europa:

• Asia:

• América:

• África:

• Oceanía:

• Antártida:

4 Un astronauta enviou esta fotografía da Terra desde o espazo. Responde.

• Que continentes se ven na fotografía?

• Que océanos recoñeces na imaxe?

Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L. Ciencias Sociais 3 43


3 A representación da Terra
Nome Data

A pedra máxica dos viquingos


Hai moito tempo, os navegantes non se atrevían
a afastar os seus barcos da costa porque tiñan
medo de perderse no medio do mar. Como
poderían saber en que lugar se encontraban
se estaban rodeados de auga por todas
as partes?
Aqueles mariños observaban a posición do Sol
para saberen se viaxaban cara ao norte, ao sur,
ao leste ou ao oeste. Pero, como se orientaban
os días en que o Sol estaba oculto polas nubes?
Parece ser que os viquingos eran capaces de sucar o océano cos seus barcos
mesmo nos días anubrados. Contan algunhas lendas que os viquingos posuían
unha misteriosa pedra coa que podían localizar a posición do Sol, aínda que
estivese tapado polas nubes.
Sempre se pensou que isto eran só lendas. Pero, recentemente, os científicos
descubriron que podería ser un tipo de pedra transparente que, ao elevala
ao ceo, indicaría a posición do Sol.
Sexa certo ou non, o que é seguro é que os viquingos foron valentes
e intrépidos navegantes.

1 Le o texto e contesta.

• Por que antigamente os mariños non se atrevían a navegar en mar aberto?

• Como se orientaban no mar?

• Segundo as lendas, que pobo podía sucar o océano nos días anubrados?

• Para os científicos de hoxe en día, que sería a pedra máxica dos viquingos?

44 Ciencias Sociais 3 Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.


PROGRAMA DE AMPLIACIÓN
3

2 Por que cres que no texto se di que os viquingos foron mariños


valentes e intrépidos? Pensa e explica.

3 Observa os barcos viquingos neste mapa e responde as preguntas.

• En que dirección navegan os barcos viquingos? Marca a resposta correcta.

En dirección norte.

En dirección sur.

En dirección leste.

En dirección oeste.

• Se desde o lugar de destino parten cara á península ibérica, en que dirección

terán que navegar?

• Debuxa no mapa a ruta que seguirían para chegaren á península ibérica.

Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L. Ciencias Sociais 3 45


4 A auga
Nome Data

O barco máis seguro do mundo?


Cando falamos de auga en estado
sólido imaxinamos as pedras de xeo.
Pero no océano tamén flotan grandes
masas de xeo, chamadas icebergs.
Hai icebergs de moi distintos tamaños.
Algúns son tan grandes como
unha montaña! A maior parte
da superficie dun iceberg non se
ve porque permanece somerxida.
Por iso, estas grandes masas
de xeo flotante son un perigo
para a navegación.
Por exemplo, a noite do 14 de abril
de 1912, o Titanic afundiuse ao chocar
cun iceberg no norte do océano Atlántico.
O Titanic era un enorme transatlántico que transportaba pasaxeiros entre Reino
Unido e Estados Unidos. Os seus propietarios estaban moi orgullosos, afirmaban
que se trataba do barco máis seguro do mundo e que era completamente
imposible afundilo. E, non obstante, afundiuse na súa primeira viaxe!

1 Le o texto e contesta.

• Que é un iceberg? 

• Por que os icebergs poden ser un grave perigo para a navegación?

• Cando e por que se afundiu o Titanic? 

46 Ciencias Sociais 3 Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.


PROGRAMA DE AMPLIACIÓN
4

2 Ademais do estado sólido, que outros estados da auga coñeces?

3 Localiza e arrodea no debuxo exemplos de onde podes encontrar auga


na natureza. Clasifícaos segundo o seu estado.

Auga en estado sólido Auga en estado líquido Auga en estado gasoso

4 Como poderías ti cambiar o estado da auga de sólido a líquido?


E de líquido a sólido?

Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L. Ciencias Sociais 3 47


5 A auga na Terra
Nome Data

O descenso do Sella
O primeiro sábado de agosto
celébrase en Asturias unha carreira
moi singular: o descenso en piragua
do río Sella. Os piragüistas navegan
uns 20 quilómetros, desde
Arriondas a Ribadesella.
En 1929, uns amigos realizaron
unha excursión en piragua por
este río. Ao ano seguinte levouse
a cabo o primeiro descenso oficial.
No ano 1932 fixouse o percorrido
definitivo.
Desde entón non pararon
de aumentar os participantes, que
percorren unha parte do curso do
río Sella ata a súa desembocadura.
Como en Asturias as chuvias son abundantes, o Sella adoita ter un caudal
abundante, o que fai que esta competición se poida levar a cabo todos
os anos.

1 Le o texto e contesta.

• Que é o descenso do Sella? 

• Cando se celebra? 

• Cal foi a orixe da competición? 

• As chuvias en Asturias son escasas ou abundantes? 

• Como é o caudal do río Sella? 

48 Ciencias Sociais 3 Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.


PROGRAMA DE AMPLIACIÓN
5

2 No texto aparecen os termos caudal, curso e desembocadura. Define


cada un deles.

3 Elabora un debuxo do percorrido dun río. Non esquezas indicar o curso alto,
o curso medio e o curso baixo.

4 O Sella non é navegable, pero outros ríos, como o Danubio, si o son.


Observa a fotografía e responde.
• A
 que parte do curso do río
corresponde esta fotografía?

• Por que? 

Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L. Ciencias Sociais 3 49


6 O aire e a atmosfera
Nome Data

Que é o efecto invernadoiro?


Xa sabes que a atmosfera é a capa
de gases que envolve a Terra.
Na atmosfera, ademais do osíxeno
que necesitamos para respirar, hai outros
gases, como o dióxido de carbono
e o vapor de auga. Grazas a estes
gases, a calor do Sol non escapa
cara ao espazo e a Terra mantense
a unha temperatura adecuada para
a vida. Isto é o que se chama efecto
invernadoiro.
Non obstante, na actualidade, a cantidade de gases de efecto invernadoiro
que contén a atmosfera aumentou moito. Isto débese principalmente
á acción do ser humano. Por exemplo, os gases que emiten os vehículos
e as fábricas e incluso os que expulsan os aerosois lanzan á atmosfera
cada día moitos gases de efecto invernadoiro. A principal consecuencia
do incremento destes gases é a subida da temperatura da superficie terrestre.
Debido a isto, estase producindo un quecemento global do planeta.
Isto é moi perigoso, xa que, se segue aumentando, pode ser moi prexudicial
para a vida.

1 Le o texto e contesta.

• Que gases forman a atmosfera? 

• A que chamamos efecto invernadoiro? Marca a resposta correcta.

Algúns gases da atmosfera manteñen a Terra a unha temperatura adecuada.

Algúns gases da atmosfera fan que a Terra arrefríe.

• Que está ocorrendo na actualidade na atmosfera? A que se debe?

50 Ciencias Sociais 3 Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.


PROGRAMA DE AMPLIACIÓN
6

2 Estas son algunhas consecuencias do quecemento global. Escríbeas


no lugar que corresponde no debuxo.

• Derrétese o xeo dos polos.

• O nivel do mar aumenta e algúns lugares hanse cubrir de auga.

• Aumentan as secas.

• Esténdense os desertos.

3 Investiga e escribe algunhas medidas que podemos adoptar as persoas


para frear o quecemento global do planeta.

Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L. Ciencias Sociais 3 51


7 O relevo da Terra
Nome Data

O nacemento dunha illa


O 14 de novembro de 1963,
uns pescadores que navegaban ao sur
de Islandia viron unha gran columna
de fume que saía do mar. Decidiron
acercarse por se se trataba dalgún barco
en apuros. Unha vez alí, descubriron que
o que orixinaba o fume era unha erupción
volcánica. Sen o saberen, estaban vendo
nacer unha illa.
Primeiro, o volcán submarino foi medrando pouco a pouco desde o fondo do mar.
Tras alcanzar a superficie, o volcán seguiu expulsando lava durante máis de tres
anos. Así foise formando unha illa, á que puxeron o nome de Surtsey, que en
islandés significa «terra de Surt», en honor ao deus do lume da mitoloxía islandesa.
Desde entón, os científicos estudan con interese a nova illa para ver como van
chegando os primeiros seres vivos a ela. Actualmente, viven alí algunhas aves,
como as gaivotas, e medraron liques e carrizas.

1 Le o texto e contesta.

• Que viron os pescadores o 14 de novembro de 1963 no mar?

• Que é unha illa? 

• Como se chama a illa que menciona o texto? Que significa o seu nome?

• Por que os investigadores están moi interesados nesta illa?

52 Ciencias Sociais 3 Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.


PROGRAMA DE AMPLIACIÓN
7

2 Surtsey é unha pequena illa formada por unha meseta e por unha montaña,
que é en realidade un volcán.

• Define o que é unha meseta e di a que tipo de relevo corresponde.

• Busca no dicionario a palabra volcán e explica o que é.

3 Le esta información e sitúa no debuxo as partes do volcán onde corresponda.

Cráter: boca do volcán Cheminea: conduto polo


por onde sae a lava. que ascende o magma.

Magma: rochas fundidas Lava: material líquido


que se encontran espeso e moi quente
no interior da Terra. que expulsan os volcáns.

Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L. Ciencias Sociais 3 53


8 As paisaxes
Nome Data

A Amazonia, unha selva en perigo


A Amazonia é a selva máis extensa do mundo.
Localízase en América do Sur e está percorrida
por un longo e caudaloso río, o Amazonas.
Como na selva vai moita calor e as chuvias
son abundantes, a vexetación é moi mesta
e variada. Ademais, nela habita gran cantidade
de especies animais e vexetais, moitas delas
aínda descoñecidas. Por todo iso, a selva
amazónica é unha reserva natural fundamental
para o planeta.
Non obstante, a Amazonia estase deteriorando
pouco a pouco como consecuencia
da actividade humana. Os incendios, a corta
de árbores para obter madeira e a construción de estradas están provocando
que a extensión desta selva sexa cada vez menor.
Se a deforestación continúa a este ritmo, a selva pode chegar a desaparecer.
Moitos animais e plantas quedarían, daquela, sen un lugar onde vivir
e probablemente extinguiríanse.

1 Le o texto e contesta.

• Onde está a Amazonia?

• Por que é importante para o planeta?

• Que problemas sofre a selva amazónica?

• Que é a deforestación?

54 Ciencias Sociais 3 Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.


PROGRAMA DE AMPLIACIÓN
8

2 Compara este debuxo co da páxina anterior e contesta.

• Que transformacións realizadas polo home sufriu esta paisaxe?

• Que consecuencias cres que poden ter?

3 Na selva viven moitos animais e plantas, pero poucas persoas. A que cres
que se debe?

Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L. Ciencias Sociais 3 55


9 As aldeas, as vilas e as cidades
Nome Data

Cal é a cidade máis poboada


do mundo?
Toquio, a capital de Xapón, ten a marca
de ser a cidade máis poboada do mundo.
Na actualidade conta con preto de 35 millóns
de habitantes. É moito máis grande ca a cidade
máis poboada de España, que é Madrid
e ten 6,5 millóns de habitantes. Imaxinas vivir
nunha cidade con tanta xente?
Cando pensamos en cidades moi grandes,
como Toquio, Nova York ou São Paulo,
imaxinámolas con altos rañaceos. Non obstante,
Toquio está nunha rexión onde se producen
moitos terremotos e, por iso, ten poucos rañaceos. A maior parte
dos seus edificios non superan as dez plantas.
Toquio é, por outro lado, unha cidade de contrastes. Xunto a edificios
modernos e tecnolóxicos, de brillantes luces, pódense encontrar antigos
e silenciosos templos.
A cidade conta, ademais, coa rede ferroviaria máis extensa do mundo.
Máis de 20 millóns de persoas úsana a diario.

1 Le o texto e contesta.

• Cantos habitantes ten Toquio máis ca Madrid?

• Por que en Toquio hai menos rañaceos ca noutras grandes cidades?

• Como é a rede ferroviaria?

• Por que se di que Toquio é unha cidade de contrastes?

56 Ciencias Sociais 3 Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.


PROGRAMA DE AMPLIACIÓN
9

2 Imaxina que vivises nunha cidade tan grande coma Toquio. Sinala onde
residirías, como te desprazarías para ir ao colexio, en que traballarían
os teus pais…

3 O metro de Toquio é un dos máis extensos e usados do mundo.

• Q
 ue outros transportes se poden
empregar nas cidades?

• P
 or que cres que tanta xente usa
o metro en Toquio?

4 Responde as preguntas.

• Onde preferirías vivir: nunha gran cidade como Toquio ou nunha aldea?

• Que vantaxes ten a vida na opción que elixiches?

• Que desvantaxes presenta?

Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L. Ciencias Sociais 3 57


10 O Concello
Nome Data

O pedibús, unha ruta escolar?


Antes había moitos menos coches
ca agora e as persoas camiñaban máis.
Este costume era moi bo para a saúde
porque se facía máis exercicio e había menos
fume e ruído nas rúas. Non obstante,
na actualidade é moi frecuente ver longas
filas de coches que forman atascos.
Por exemplo, á hora de levar e recoller
os nenos, pódense ver moitos coches
ás portas dos colexios e nas rúas próximas.
Por todas estas razóns, algúns cidadáns propuxeron aos concelleiros
de transporte e mobilidade dos seus concellos que os axuden a crear
o pedibús.
O pedibús é como a ruta escolar do autobús, coas súas diferentes paradas
e traxectos. Pero, co pedibús, os nenos van andando ao colexio acompañados
por pais ou monitores. Ademais, os policías municipais están atentos
para axudalos se teñen algún problema.
O proxecto foi un éxito en moitas localidades. Grazas ao pedibús os nenos fan
exercicio, coñecen a cidade e redúcese o número de vehículos nas zonas
próximas aos colexios. Quen di que as rutas escolares teñan que ir sempre
sobre rodas?

1 Le o texto e contesta.

• Como se viaxa en pedibús?

• En que se parece a un autobús?

• Que se pretende evitar coa creación do pedibús?

58 Ciencias Sociais 3 Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.


PROGRAMA DE AMPLIACIÓN
10

2 Imaxina que queres organizar unha ruta de pedibús no teu colexio. Escribe
unha carta ao concelleiro correspondente en que expliques o proxecto.

Estimado concelleiro de

3 Que fan os policías para axudar ao bo funcionamento do pedibús?

• De que servizo municipal se trata?

4 Escribe tres normas de circulación que debe respectar a ruta do pedibús.

Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L. Ciencias Sociais 3 59


11 Os traballos na natureza
Nome Data

A pataca veu de América


Aínda que che soe raro, a pataca non sempre
formou parte da nosa dieta.
A pataca procede de Perú, un país
de América do Sur. Cando os primeiros
españois chegaron alí, no século XVI,
observaron que un dos alimentos básicos
dos habitantes daquela zona era a pataca
e decidiron traela a España.
Desde España, a pataca estendeuse a outros países de Europa,
como Portugal, Italia e Francia. Ao principio sementábana nos xardíns como
planta de adorno. Ademais, moitos pensaban que era unha planta velenosa
e non se atrevían a comela. E, en parte, tiñan razón: se comes patacas verdes
crúas podes ter problemas dixestivos.
Os italianos foron os primeiros en cociñala e hoxe en día é un alimento
que se cultiva e se come en todo o mundo. Pódese consumir cocida, cociñada
ao vapor, fritida… É, ademais, un alimento moi nutritivo que dá enerxía,
non ten case graxa e proporciona moitas vitaminas.

1 Le o texto e contesta.

• De onde procede a pataca?

• Quen a trouxo a Europa? Por onde se estendeu despois?

• Por que ao principio non se usaba como alimento?

• De que xeitos se pode preparar a pataca?

60 Ciencias Sociais 3 Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.


PROGRAMA DE AMPLIACIÓN
11

2 Completa o texto coas tarefas que debe realizar un agricultor para cultivar unha
pataca.

arar – recolección – fumígaas – fertilizala – sementa

Primeiro ten que a terra cun arado. Despois debe

para enriquecela. Tras este traballo, o agricultor

as patacas. Para protexelas de enfermidades .

Por último, o agricultor leva a cabo a .

3 Escribe unha receita que inclúa entre os seus ingredientes as patacas e un produto
obtido da gandaría ou da pesca.

4 Le con atención o menú e responde as preguntas.

• Que produtos proceden da agricultura?

Primeiro prato
Alcachofas con
ameixas
Lentellas estufadas
• E da gandaría?
Segundo prato
Cordeiro asado
Entrantes Troita á grella
Espárragos
con tomate Sobremesa
• A
 lgún produto procede da pesca
Pementos verdes Queixo con marmelo
ou da acuicultura?
asados

Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L. Ciencias Sociais 3 61


12 Os traballos nas fábricas
Nome Data

Fábricas convertidas en museos


No século xix, en Cataluña tivo grande
importancia a industria téxtil. Na provincia
de Barcelona, en concreto, creáronse
numerosas fábricas téxtiles. Estas fábricas
situábanse preto dos ríos, xa que
se empregaba a auga como enerxía
para mover as máquinas.
Os traballadores vivían en colonias xunto
á mesma fábrica. Estas colonias eran
pequenas vilas en que os obreiros
construíron vivendas, tendas, igrexas,
escolas… Tamén contaban cunha luxosa
residencia, onde vivía o dono da fábrica.
As fábricas fóronse pechando pouco a pouco e as colonias quedaron
abandonadas. Na actualidade, algunhas desas antigas fábricas e os edificios
que as rodeaban convertéronse en museos. Neles móstrase como
era a vida nas zonas industriais catalás no século xix.

1 Le o texto e contesta.

• Que é a industria téxtil?

• Como eran as colonias que se construían xunto ás fábricas?

• Por que cres que algunhas se converteron en museos?

62 Ciencias Sociais 3 Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.


PROGRAMA DE AMPLIACIÓN
12

2 Compara estas dúas imaxes da industria téxtil.

• Que diferenzas observas na maquinaria?

• En cal é maior o número de traballadores?

3 Ordena o proceso de produción dun xersei. Escribe 1, 2, 3, 4, 5, 6.

Venda do xersei. Elaboración do nobelo. Empaquetado.

Confección do tecido. Obtención da la. Transporte do produto.

Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L. Ciencias Sociais 3 63


13 Os traballos do sector servizos
Nome Data

O primeiro metro do mundo


No ano 2013, Londres celebrou
o 150 aniversario da construción
do primeiro metro do mundo:
o Metropolitan Railway.
A primeira liña de metro tiña
só dúas estacións, Paddington
e Baker Street. O metro cruzaba
o río Támesis baixo terra, impulsado
por unha locomotora a vapor.
A súa construción xerou bastante polémica, pois moitos temían as terribles
consecuencias de escavar por debaixo da cidade.
Hoxe en día, o metro de Londres conta con 280 estacións e 12 liñas.
É un dos metros máis profundos do mundo.
O metro de Londres foi o primeiro en utilizar un plano esquemático para orientar
os pasaxeiros, similar aos mapas que hoxe se utilizan en todos os metros
do mundo. Tamén foi o primeiro en empregar o logotipo do metro: un círculo
vermello cruzado por unha franxa azul coa palabra underground («metro», en inglés).

1 Le o texto e contesta.

• Cantos anos ten o metro de Londres? En que ano se construíu?

• Cantas liñas e estacións tiña ao principio? Cantas ten agora?

• O metro de Londres é o máis antigo do mundo. En que outros aspectos

é tamén o primeiro?

64 Ciencias Sociais 3 Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.


PROGRAMA DE AMPLIACIÓN
13

2 Ademais do metro, busca nesta sopa de letras outros cinco medios


de transporte. Despois, clasifícaos en terrestres, marítimos ou aéreos.

• Terrestres:
T R E N S A N B
E C M E T R O T
R O A B O V M E • Marítimos:
I C G A V I O N
P H N R K A I U
• Aéreos:
E E S C T L C P
A U T O B U S X

3 Observa o debuxo e completa a táboa con tres servizos, e o tipo


de servizo a que corresponden. Por exemplo: un informático ofrece
un servizo a empresas.

Servizo Tipo de servizo

Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L. Ciencias Sociais 3 65


14 O paso do tempo
Nome Data

A historia en cómic
O tapiz de Bayeux é unha tea longuísima en que se bordou, no século xi,
a historia de como se converteu en rei de Inglaterra Guillerme o Conquistador.
Creouse para ser exposto nunha catedral. Así todas as persoas poderían
coñecer a historia do rei. Incluso a xente que non sabía ler, que era a maioría.
Para realizalo, primeiro pintáronse os debuxos na tea e, despois, bordáronse
con fíos de cores. O tapiz componse de numerosas escenas seguidas unha
detrás doutra, polo que se pode dicir que o tapiz de Bayeux é o primeiro cómic
da historia.
No se sabe quen o confeccionou. Uns pensan que foron a esposa
de Guillerme o Conquistador, Matilda, e as súas serventas. Por iso, este tapiz
tamén se coñece como o tapiz da raíña Matilda. Outros cren que se realizou
nun obradoiro de bordado.
O tapiz considérase un importante
documento histórico porque mostra
moitos detalles da vida militar,
da agricultura e da sociedade
da Idade Media. Ademais, narra feitos
da historia que non quedaron
reflectidos noutros documentos.

1 Le o texto e contesta.

• Que narra o tapiz de Bayeux?

• Por que se expoñía nunha catedral?

• Que información proporciona o tapiz sobre a Idade Media?

66 Ciencias Sociais 3 Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.


PROGRAMA DE AMPLIACIÓN
14

2 Que tipo de fonte histórica é o tapiz? Escribe outro exemplo deste tipo
de fonte.

3 O tapiz de Bayeux gárdase actualmente no Museo de Tapices da cidade


de Bayeux. Por que cres que está nun museo? Escribe dúas razóns.

4 Colorea na liña do tempo a etapa en que se confeccionou o tapiz de Bayeux.


Despois, responde.

Prehistoria Idade Antiga Idade Contemporánea

Idade Media Idade Moderna

• Que acontecemento marcou o comezo desta etapa?

• Que etapa da historia precedeu á que coloreaches?

5 Imaxina que es un historiador que vai estudar o tapiz de Bayeux.


Observa a imaxe e completa esta ficha.

Pon un título: 

• Que medio de transporte usaban?

• Como se movían?

Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L. Ciencias Sociais 3 67


15 As pegadas do pasado na localidade
Nome Data

Contos de onte, de hoxe e de mañá


Jacob e Wilhelm foron dous irmáns
que naceron en Alemaña hai máis
de dous séculos. Ao mellor non coñeces
os seus nomes, pero seguro que liches
as súas obras. Os irmáns Grimm escribiron
contos como Os músicos de Bremen,
Brancaneves e os sete ananiños, Polgariño,
Hansel e Gretel e moitos máis.
En realidade, os irmáns Grimm non inventaron
eses contos. O que fixeron foi viaxar polas
diferentes rexións de Alemaña e preguntar a labregos, leñadores e vendedores
as lendas e historias populares que coñecían. O seu obxectivo era reunilas
e escribilas para que non se perdesen co paso do tempo.
Moitas desas historias non estaban destinadas a un público infantil. Pero eles
convertéronas en contos e publicáronas en dous volumes que se chamaron
Contos para a infancia e o fogar.
Hoxe léronos todos os nenos do mundo. As vellas historias que os dous irmáns
reuniron non se perderán, porque os pequenos de hoxe algún día hánllelas
contar aos seus fillos.

1 Le o texto e contesta.

• Hai canto tempo viviron os irmáns Grimm?

• Como coñeceron os contos antigos?

• Que obxectivo buscaban ao recompilalos? Cres que o lograron?

68 Ciencias Sociais 3 Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.


PROGRAMA DE AMPLIACIÓN
15

2 Os contos dos irmáns Grimm forman parte do folclore dun lugar.


Explica o que é o folclore e pon outros exemplos.

3 Ademais do folclore, existen outros elementos que axudan a conservar a historia


dun lugar. Observa este debuxo e escribe debaixo de cales se trata.

4 Di a que época corresponde a cidade do debuxo anterior e por que o sabes.

5 Se puideses elixir unha época para vivir, cal preferirías: a prehistoria,


a Idade Media ou a Idade Contemporánea? Escribe por que.

Material fotocopiable © 2014 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L. Ciencias Sociais 3 69


2 Solucionario
Solucións. Plan de mellora

Unidade 1 Ficha 2
1. 
1. Pacífico. 2. Atlántico. 3. Índico. 4. Glacial
Ficha 1
Ártico. 5. Glacial Antártico.
1. Os catro planetas próximos ao Sol son: 2. R. G.
Mercurio, Venus, Terra e Marte. Os catro
máis afastados son: Xúpiter, Saturno, Urano
e Neptuno. Unidade 3
2. Diferéncianse en que un planeta xira arredor
do Sol, e un satélite, arredor dun planeta. Ficha 1
3. R. G. 1. A imaxe da esquerda é un globo terráqueo,
e a da dereita, un planisferio.
Ficha 2
2. • O globo terráqueo.
1. R. G. Os alumnos terán que colorear • No planisferio.
de amarelo a metade da Terra fronte ao Sol, • Europa, África, gran parte de Asia e un pouco
e de gris, a metade oposta, que non recibe de América.
os raios do Sol.
• Non se poden ver porque se encontran
2. Ao movemento de rotación. en zonas opostas do planeta.
3. A sucesión do día e a noite prodúcese • Todos os continentes e océanos.
polo movemento da Terra chamado de rotación.
Neste movemento, a Terra xira sobre si Ficha 2
mesma e tarda 24 horas en dar unha volta
completa. 1. • Norte, sur, leste e oeste.
As estacións do ano prodúcense polo movemento • O Sol sae polo leste.
da Terra chamado de translación. • O Sol ponse polo oeste.
Neste movemento, a Terra xira arredor do Sol 2. R. G. De arriba abaixo, segundo o sentido
e tarda 365 días en dar unha volta completa. das agullas do reloxo: norte, leste, sur e oeste.
As frechas deben debuxarse a partir do leste
e en sentido contrario ás agullas do reloxo:
Unidade 2 desde o leste cara ao oeste.

Ficha 1 3. Debe poñer rumbo: leste.

1. A Terra é un planeta do sistema solar. Ten forma


de esfera, aínda que non é perfecta: está
achatada polos seus extremos, que se coñecen Unidade 4
como polo norte e polo sur.
A Terra é o único planeta do sistema solar
Ficha 1
en que se dan as condicións fundamentais 1. • Líquido.
para a vida: a cantidade xusta de luz e calor
• Gasoso.
do Sol, o aire e a auga.
• Sólido.
2. R. G. A atmosfera é a capa de aire que rodea
a Terra. O alumno debe sinalar o círculo que 2. De sólido a líquido: fusión.
rodea a Terra. De líquido a vapor: evaporación.
 parte sólida da Terra constitúe a xeosfera.
A  fusión é o cambio de estado de sólido
3. • A
Debe sinalar os continentes. a líquido, e a solidificación, o paso de líquido
 res cuartas partes do planeta Terra están
T a sólido.
cubertas por auga. Toda esa auga forma  evaporación é o cambio de estado de líquido
•A
a hidrosfera. Debe sinalar os océanos a gasoso, e a condensación, o paso de gasoso
da Terra. a líquido.

72 Ciencias Sociais 3
Ficha 2 Unidade 6
1. No sentido das agullas do reloxo, o alumno
ou alumna deberá escribir na cartela esquerda: Ficha 1
evaporación; arriba: condensación; na cartela 1. O aire é un líquido. Falso.
dereita: precipitación; e abaixo: retorno.
O aire ocupa un lugar. Verdadeiro.
2. (3) A auga das nubes cae en forma de chuvia, O aire nin pesa nin ten forma fixa. Falso.
neve ou sarabia: precipitación.
Necesitamos o osíxeno do aire para respirar.
(1) A auga do mar evapórase: evaporación. Verdadeiro.
(2) O vapor de auga condénsanse e forma As oracións correctas serían: O aire é un gas.
as nubes: condensación. O aire pesa, pero non ten forma fixa.
(4) Parte da auga cae aos ríos, que a devolven
2. Primeira cartela da esquerda: atmosfera.
ao mar; outra parte penetra na terra
De arriba abaixo: estratosfera, troposfera.
e forma as augas subterráneas: retorno.
3. R. M. A troposfera é a capa máis próxima
á Terra. Na estratosfera encóntrase
a capa de ozono.
Unidade 5
Ficha 2
Ficha 1
1. O vento é o aire en movemento.
1. • A
 auga salgada ten moitos máis sales minerais As precipitacións son a auga que cae
disoltos, e a auga doce ten menos sales das nubes.
e é a que podemos beber as persoas.
Os raios son descargas eléctricas.
• Os ríos son correntes continuas de auga doce,
O arco iris é un arco que se forma cando a luz
e os torrentes son cortes no terreo polos que
do sol atravesa as gotas de chuvia.
discorre a auga só cando chove.
• Os lagos son extensións considerables 2. A brisa é un vento suave e o vendaval
de auga rodeadas de terra por todas as partes, é un vento forte.
e as lagoas son lagos pequenos. 3. De esquerda a dereita: chuvia, neve e sarabia.
• Os ríos subterráneos son ríos que corren
polo interior de covas subterráneas,
e os acuíferos son acumulacións de auga
subterránea que se filtran polas rochas
Unidade 7
porosas.
Ficha 1
2. Os alumnos deberán marcar as seguintes
opcións: na cima dunha montaña, no polo sur, 1. • Unha serra é un grupo de montañas aliñadas,
nun iceberg. e unha cordilleira é un grupo de serras próximas.
• As mesetas son terreos chans situados
Ficha 2 a bastante altura, e as depresións son terreos
planos pero afundidos e rodeados de terreos
1. Á esquerda do río, de arriba abaixo: curso alto,
máis elevados.
curso medio, curso baixo. Á dereita do río,
de arriba abaixo: afluente, meandro, • Unha montaña é unha grande elevación
desembocadura. do terreo, e un val é unha pequena extensión
de terreo plano situada entre montañas.
2. • O leito é o terreo afundido polo que discorre
a auga do río. 2. 1. O pé é o punto máis baixo da montaña.
• A cantidade de auga que leva un río chámase 2. A cima é o punto máis alto da montaña.
caudal. 3. A ladeira é o terreo inclinado entre o pé
• O percorrido que fai o río desde o seu e a cima.
nacemento ata a súa desembocadura chámase Arriba: 2, cima; no medio: 3, ladeira; abaixo:
curso. 1, pé.

Ciencias Sociais 3 73
Ficha 2 2. • A maior parte da poboación das cidades
dedícase aos servizos.
1. As costas altas son terreos elevados á beira
• Nas cidades os habitantes percorren
do mar, como os acantilados. As costas baixas
grandes distancias e, por iso, utilizan
son terreos de pouca altura situados xunto
medios de transporte para chegaren
ao mar, como as praias.
ao traballo ou ao colexio.
2. R. G.
3. Os seus habitantes forman a poboación urbana.
Cidade (C).
Hai campos de cultivo. Aldea (A).
Unidade 8 A maioría das persoas traballa dando servizos.
Cidade (C).
Ficha 1 Hai numerosos medios de transporte, como
1. R. G. Naturais: montaña, bosque, río. o metro e o autobús. Cidade (C).
Transformados: vila, campos de cultivo, ponte, As distancias entre un lugar e outro son curtas.
estrada, túnel. Vila (V).

Ficha 2
1. De esquerda a dereita: chaira, costa, montaña. Unidade 10
2. R. M. • Na chaira: as paisaxes están moi
Ficha 1
transformadas polas persoas, teñen boas
comunicacións e hai moitos campos 1. O alcalde ou alcaldesa encárgase de dirixir
de cultivo. o Goberno municipal. Verdadeiro.
• Na montaña: as paisaxes están menos O Goberno municipal está composto polo pleno.
transformadas, as comunicacións son difíciles Falso.
e hai moita vexetación natural.
O pleno compóñeno o alcalde e todos os
• Na costa: son paisaxes moi transformadas concelleiros do municipio. Verdadeiro.
ao acoller moita poboación, teñen boas
A oración corrixida quedaría así: O Goberno
comunicacións e moita xente traballa
municipal está composto polo alcalde
nos servizos que demanda o turismo.
e os concelleiros elixidos por el.
2. (1) Os candidatos presentan o seu programa electoral.
(2) As persoas maiores de 18 anos votan
Unidade 9 os candidatos.
(3) Os candidatos máis votados son nomeados
Ficha 1
concelleiros.
1. • As casas están rodeadas de hortas e leiras. (4) Os concelleiros elixen de entre eles o alcalde.
• As vivendas son baixas.
• Os habitantes dedícanse á agricultura. Ficha 2
• Esta aldea está na chaira. 1. Servizos municipais: bombeiro, varredor, policía,
2. (Esquerda) É unha vila de costa. Os seus bibliotecario.
habitantes traballan sobre todo nos servizos. 2. • Se faltan libros na biblioteca municipal:
(Dereita) É unha aldea de montaña. Os seus aos servizos culturais e de ocio.
habitantes traballan sobre todo na agricultura • Se as rúas do municipio non están limpas:
e na gandaría. aos servizos de saneamento.
• Se os semáforos non funcionan: aos servizos
Ficha 2
de transporte.
1. Á esquerda: centro histórico; á dereita, • Se queres que se constrúa un polideportivo:
de arriba abaixo: periferia e ensanche. aos servizos de urbanismo.

74 Ciencias Sociais 3
Unidade 11 3. R. G. Traballos nas fábricas: moitas persoas
e máquinas complexas e robots. Traballos
Ficha 1 artesanais: poucas persoas e máquinas
sinxelas.
1. Tarefas do agricultor: arar, sementar, recoller.
De esquerda a dereita, os debuxos representan Ficha 2
o arado, a recolección e a sementeira.
1. • As industrias que fabrican produtos
A orde en que se realizan as tarefas é: arar,
que serven de materias primas
sementar, recoller.
a outras industrias chámanse industrias
2. Os cultivos de secaño medran só coa auga de base.
de chuvia, mentres que os cultivos de regadío • As industrias que fabrican produtos que
necesitan, ademais, rega.
se venden directamente aos consumidores
3. Son os que se usan como materias primas, chámanse industrias de consumo.
que se transforman nas fábricas. Por exemplo,
2. R. G. Industrias de base: plástico, aceiro,
a remolacha azucreira.
cemento. Industrias de consumo: moto, tablet,
Ficha 2 lata de sardiñas.
3. R. M. Industrias de base: cementeira, química,
1. A. ovino; B. vacún; C. avícola.
metalúrxica. Industrias de consumo:
2. O debuxo A representa a gandaría extensiva, automobilística, alimentaria, informática,
porque as ovellas pacen en terreos naturais, téxtil.
e non en granxas.
3. A pesca fluvial practícase en ríos.
A pesca de altura realízase en mar aberto Unidade 13
con grandes barcos.
A pesca de baixura practícase preto da costa con Ficha 1
pequenos barcos.
1. Sector terciario: condutor de autobús
A acuicultura consiste no cultivo de plantas
e médico.
e animais acuáticos.
2. • Establecementos: hospital, cafetaría
e salón de peiteado.
Unidade 12 • Tipos de servizos: o hospital presta
un servizo social; a cafetaría pódese
Ficha 1 considerar un servizo turístico e de ocio;
e o salón de peiteado,
1. • Materias primas: tomates, ovos, plátanos. un servizo comercial (persoal).
• Produtos elaborados: botella de aceite, pan,
queixo. Ficha 2
2. A industria é o conxunto de actividades que se 1. • Os medios de transporte son os vehículos
realizan para obter materias primas. Falso. que trasladan os pasaxeiros
Os traballadores da construción fan edificios e as mercadorías.
e obras públicas. Verdadeiro. • As infraestruturas son as construcións
Os artesáns traballan en grandes obradoiros con que utilizan os medios de transporte
máquinas que funcionan con enerxía. Falso. para desprazarse.
As oracións corrixidas serían: A industria
2. R. G. Avión: aeroportos. Barco: portos.
é o conxunto de actividades que se realizan
Coche: estradas, autovías. Tren: liñas férreas
para obter un produto industrial. Os artesáns
e estacións ferroviarias.
traballan en pequenos obradoiros con máquinas
sinxelas. 3. R. G.

Ciencias Sociais 3 75
Unidade 14 3. O folclore é o conxunto de expresións culturais
dun lugar. R. L.
Ficha 1
Ficha 2
1. Un lustro é un período de cinco anos. Verdadeiro.
1. A. Idade Media, B. prehistoria, C. Idade
Unha década é un período de cen anos. Falso.
Contemporánea.
Un século é un período de mil anos. Falso.
• Prehistoria, Idade Media, Idade Contemporánea.
Un milenio é un período de mil anos.
2. R. M. • Na prehistoria, as persoas vivían
Verdadeiro.
en cabanas ou en covas.
As oracións corrixidas quedarían: Unha década
• Na Idade Media as persoas desprazábanse
é un período de dez anos. Un século
a pé, a cabalo ou en carros.
é un período de cen anos.
• Na Idade Contemporánea inventáronse
2. • Para explicar o que fixeches onte: horas. as fábricas.
• Para describir como vivían as persoas
da prehistoria: milenios.
• Para contar a que xogaban os teus avós cando
eran cativos: décadas.
3. (4) O meu curmán naceu hai tres lustros: quince
anos.
(2) A catedral construíuse hai oito séculos:
oitocentos anos.
(3) Os meus avós casaron hai cinco décadas:
cincuenta anos.
(5) Hai unha década fixo 18 anos: dez anos.
(1) Hai cinco milenios que se inventou a escritura:
5.000 anos.

Ficha 2
1. De esquerda a dereita: gráfica, escrita, oral,
material.
2. R. M. Non escritas: orais (por exemplo, unha
entrevista), gráficas (unha fotografía), materiais
(un edificio).
3. Prehistoria, Idade Antiga, Idade Media, Idade
Moderna, Idade Contemporánea.

Unidade 15
Ficha 1
1. R. L.
2. • Festas do Apóstolo, en Santiago: festa relixiosa.
• Festa da Istoria de Ribadavia: festa histórica.
• Festa da vendima da Rioxa: festa relacionada
con traballos tradicionais.
• Semana Santa de Viveiro: festa relixiosa.

76 Ciencias Sociais 3
Solucións. Programa de ampliación

Unidade 1 Unidade 3
1. • En que parecese unha gran bóla azul. 1. • Porque tiñan medo de perderse no mar.
• Tomando a fotografía desde o espazo • Orientábanse observando a posición do Sol.
exterior. • Os viquingos.
2. Esta foto tomouse desde un globo. • Un tipo de pedra transparente que, ao elevala
Porque é unha vista desde arriba e porque se ao ceo, indicaría a posición do Sol.
distinguen os edificios e o río. 2. Porque os viquingos navegaban por calquera
3. • Saturno. É o sexto planeta a partir do Sol. zona e en calquera condición, houbese sol
• Aneis. ou estivese tapado polas nubes.

• Está máis afastado do Sol ca a Terra. 3. • En dirección norte.


• En dirección sur.
4. Nome: Terra.
• É un planeta próximo ao Sol. • R. G.

• É un planeta rochoso, cuberto de auga


en gran parte da súa superficie e rodeado
por unha capa de aire.
Unidade 4
• O seu satélite é a Lúa.
• Realiza dous movementos: o de rotación, 1. • Un iceberg é unha gran masa de xeo que flota
sobre si mesma, e o de translación, arredor no mar.
do Sol.
• Porque a maior parte da súa superficie
non se ve, senón que permanece
somerxida.
Unidade 2 • O Titanic afundiuse a noite do 14 de abril
de 1912, ao chocar cun iceberg no norte
1. • Mitoloxía: narracións sobre feitos do océano Atlántico.
e personaxes extraordinarios. 2. Líquido e gasoso.
Ninfa: deusa relacionada cun elemento 3. R. G. Auga en estado sólido: neve, xeo.
da natureza. Auga en estado líquido: chuvia, ríos, lago, mar.
• O nome provén da ninfa chamada Europa, Auga en estado gasoso: vapor de auga (nubes).
á que raptou Zeus transformado en touro. 4. R. M. Para cambiar o estado da auga de sólido
• Do navegante italiano Amerigo Vespucci, a líquido, podería poñer ao sol unha pedra
quen se decatou de que Colón descubrira de xeo, e para cambiar de estado líquido a sólido,
un novo continente. introducir un recipiente de plástico con auga
2. De vermello debe colorear: Europa, Oceanía líquida no conxelador.
e Asia.
De verde: África, América e a Antártida.
3. • Europa: océanos Atlántico e Glacial Ártico. Unidade 5
• Asia: océanos Glacial Ártico, Índico e Pacífico.
• América: océanos Glacial Ártico, Pacífico 1. • É unha carreira en piragua de 20 km
e Atlántico. que se celebra no río Sella, desde Arriondas
• África: océanos Atlántico e Índico. a Ribadesella.
• Oceanía: océanos Pacífico e Índico. • Celébrase o primeiro sábado de agosto.
• Antártida: océano Glacial Antártico. • A orixe foi unha excursión en piragua
4. • Vense os continentes de Europa, Asia e África. que uns amigos realizaron en 1929.
• Recoñécense os océanos Atlántico, Índico, • Son abundantes.
Glacial Ártico e Pacífico. • É abundante.

Ciencias Sociais 3 77
2. Caudal: cantidade de auga que leva un río. 3. R. G. De arriba abaixo e en sentido inverso
Curso: percorrido que fai o río desde ás agullas do reloxo: cráter, cheminea, lava
o nacemento ata a súa desembocadura. e magma.
Desembocadura: lugar en que desemboca
o río.
3. R. G.
Unidade 8
4. • Ao curso medio.
• Porque o leito é largo e leva un abundante 1. • A Amazonía está en América do Sur.
caudal, que discorre por un terreo chan.
• É importante porque é unha reserva natural
fundamental para o planeta, onde habitan gran
cantidade de especies animais e vexetais,
moitas delas aínda descoñecidas.
Unidade 6 • Estase reducindo a súa extensión polos
incendios, a corta de árbores e a construción
1. • Principalmente, nitróxeno, osíxeno, dióxido de estradas.
de carbono e vapor de auga.
• A deforestación é a perda de bosques
• Resposta correcta: Algúns gases pola corta excesiva de árbores.
da atmosfera manteñen a Terra
2. • Desapareceron a maior parte da vexetación
a unha temperatura adecuada.
e da fauna; contruíronse estradas,
• Un quecemento global do planeta un embarcadoiro e vivendas.
por un aumento de gases de efecto
• R. M. Aumentará a contaminación do aire
invernadoiro.
e da auga, e a redución da selva tamén supoñerá
2. R. G. De arriba abaixo en sentido das agullas a perda dos animais que viven nela e a
do reloxo: esténdense os desertos; derrétese deterioración do terreo, que queda desprotexido.
o xeo dos polos; o nivel do mar aumenta
3. Na selva, a vida para as persoas é moi difícil
e algúns lugares hanse cubrir de auga;
debido á calor, ás abundantes chuvias
aumentan as secas.
e á densidade da vexetación.
3. R. M. Para frear o quecemento global
podemos utilizar menos o automóbil, reciclar,
evitar o uso de aerosois, comprar
electrodomésticos e lámpadas que consuman Unidade 9
pouca enerxía, etc.
1. • 28,5 millóns.
• Porque se encontra situada nunha zona onde
Unidade 7 se producen moitos terremotos.
• A rede ferroviaria é a máis extensa do mundo.
1. • Unha gran columna de fume que saía do mar. • Porque xunto a edificios modernos
• Unha illa é unha porción de terra rodeada e tecnolóxicos pódense encontrar antigos
de auga por todas as partes. e silenciosos templos.
• Surtsey, que en islandés significa «terra 2. R. L.
de Surt», o deus do lume.
3. • Autobús, tren de curto percorrido, automóbil,
• Porque queren ver como van chegando a ela bicicleta, taxi.
os primeiros seres vivos.
• R. M. Porque permite chegar rapidamente
2. • Unha meseta é un terreo chan situado a calquera parte da cidade.
a bastante altura. É unha forma de relevo chan.
4. • R. L.
• Un volcán é unha abertura da codia terrestre
pola que saen ou saíron nalgún momento • R. L.
gases, cinzas e lava do interior da Terra. • R. L.

78 Ciencias Sociais 3
Unidade 10 • Eran pequenas vilas onde os obreiros tiñan
vivendas, tendas, igrexa, escola…
1. • É como unha ruta de autobús, pero realízase • Para poder mostrar como era a vida nas zonas
andando. industriais catalás no século XIX.
• Parécese a un autobús en que hai paradas 2. • Na imaxe da esquerda vense grandes bobinas
e rutas para recoller os nenos e levalos de fío e máquinas modernas, robots. Na imaxe
ao colexio. da dereita vense máquinas máis sinxelas.
• Preténdese reducir os atascos, que os nenos • Na fábrica téxtil antiga.
coñezan a súa cidade e que fagan exercicio.
3. 1. Obtención da la.
2. R. L. 2. Elaboración do nobelo.
3. Regular o tráfico e vixiar que peóns 3. Confección do tecido.
e condutores cumpran as normas de seguridade 4. Empaquetado.
viaria.
5. Transporte do produto.
• Servizo de protección.
6. Venda do xersei.
4. R. M. Por exemplo: deberán camiñar sempre
pola beirarrúa, esperar a que os semáforos
se poñan en verde e cruzar a calzada polos sitios
adecuados. Unidade 13
1. • Ten máis de 150 anos. Comezouse a construír
en 1863.
Unidade 11 • A primeira liña de metro tiña só dúas estacións.
Agora ten 280 estacións e 12 liñas.
1. • A pataca procede de Perú, un país de América
• Foi o primeiro en utilizar un plano esquemático
do Sur.
para orientar os pasaxeiros e en empregar
• Os españois trouxeron a pataca a España. o logotipo do metro.
De aquí, estendeuse a outros países de Europa,
como Portugal, Italia ou Francia. 2. R. G. Deberán buscar as seguintes palabras:
tren, metro, avión, autobús (horizontais)
• Porque moitos pensaban que era unha planta
e coche e barco (vertical).
velenosa e non se atrevían a comela.
• Terrestres: metro, tren, autobús e coche.
• Cocida, cociñada ao vapor, fritida…
• Marítimos: barco.
2. Primeiro ten que arar a terra cun arado. Despois
debe fertilizala para enriquecela. Tras este • Aéreos: avión.
traballo, o agricultor sementa as patacas. Para 3. Poden marcar os seguintes servizos:
protexelas de enfermidades fumígaas. Por Camareiro: servizos turísticos e de ocio.
último, Profesor: servizos sociais.
o agricultor leva a cabo a recolección.
Comerciante: servizos comerciais
3. R. L. e de distribución.
4. • Agricultura: espárragos, pementos, tomate, Garda urbano: servizos sociais.
alcachofas, lentellas, marmelo.
• Gandaría: cordeiro, queixo.
• Acuicultura ou pesca: ameixas, troita.
Unidade 14
1. • A historia de como se converteu en rei
Unidade 12 de Inglaterra Guillerme o Conquistador.
• Porque así todas as persoas podían
1. • A industria téxtil é a que se encarga coñecer a historia do rei, mesmo
da fabricación de roupa e tecidos. as que non sabían ler.

Ciencias Sociais 3 79
• Mostra moitos detalles da vida militar, Unidade 15
da agricultura e da sociedade.
2. É unha fonte non escrita gráfica. R. L. Outra fonte 1. • Hai máis de dous séculos.
deste tipo é, por exemplo, un mapa ou unha • Viaxando por Alemaña e preguntando
fotografía. a campesiños, leñadores e vendedores
as lendas e historias populares que coñecían.
3. R. L. Nun museo, os cidadáns poden velo
e coñecelo. Ademais, deste xeito protéxese • O seu obxectivo era reunir os contos
este patrimonio. e escribilos para que non se perdesen co paso
do tempo. Si lograron o seu obxectivo.
4. Deberán colorear o tramo correspondente
2. O folclore é o conxunto de expresións culturais
á Idade Media.
dun lugar, como os costumes, a artesanía,
• A Idade Media comezou coa fin do Imperio as comidas, os vestidos típicos ou a música. R. L.
romano.
3. Construcións históricas, como o castelo,
• O período anterior á Idade Media é a Idade a igrexa ou a fonte; e festas populares.
Antiga.
4. Á Idade Contemporánea, posto que se ven
5. • R. L. edificios modernos, un coche, fábricas,
• Usaban barcos. columpios…
• A vela e coa axuda de remeiros. 5. R. L.

80 Ciencias Sociais 3

You might also like