You are on page 1of 1

Cunetas

Era un día de verán, deses de moita calor nos que custa enchermos de aire os
pulmóns e abafamos apenas con estarmos na rúa.
Sentados no bar de Silvia, coa suor quente do calmizo apegada á pel, o meu
amigo Antonio e mais eu estabamos a falar cando el, de súpeto, dixo:
- Estes políticos de hoxe en día… Meu avó tenme contado que todo ía moito
mellor con Franco. Ti podías estar borracho ou descansando nunha ”cuneta”
cos petos cheos de ouro e ninguén chos roubaba.
O que el non sabía é que debaixo de seu avó, seguramente, estaría o meu.

Helena Castaño Pazos (IES Nº 1 A Estrada)

You might also like