You are on page 1of 1

A contaminación dos mares

Os mares están a converterse en inmensos vertedoiros, en cloacas xigantescas. Cada


vez móstranse máis impotentes para asimilar os produtos que os contaminan: en contra do
que en tempos se pensaba, a capacidade do mar para recuperarse ante fenómenos de
contaminación externa é limitada.

As verteduras nucleares iniciáronse despois da Segunda Guerra Mundial, e desde


entón levantaron grandes polémicas, tanto a nivel político, tecnolóxico e científico, como
moral. Os danos producidos por estes lixos nucleares non admiten fronteiras, polo que é
cuestionable o dereito duns poucos estados a utilizar augas internacionais como vertedoiro
tóxico para o seu único e exclusivo beneficio.

O 17 de febreiro de 1983 converteuse nunha data histórica, posto que os participantes


da reunión anual da Convención de Londres aprobaron por maioría a suspensión inmediata de
todo vertido de materias radioactivas contaminantes. Agora a loita céntrase en evitar as
mareas negras petrolíferas, (X) consecuencia de accidentes como o do Amoco Cádiz ou o
Exxon Valdez, e outras verteduras teoricamente menores, como os xerados por algúns tipos
de fábricas e industrias. Desta forma poderíase evitar que un 80% dos desperdicios que chegan
aos mares non estean depurados.

PETER PAN

Cada vez que hai lúa chea eu pecho as xanelas de casa, porque o pai de Mendoza é o home
lobo e non quero que se meta no meu cuarto. En verdade non debería asustarme porque o pai
de Salazar é Batman e a esas horas debería estar a vixiar as rúas, pero mellor pecho a xanela
porque Merino di que o seu pai é Joker, e Joker tenlla xurada ao pai de Salazar.

Todos os pais dos meus amigos son superheroes ou viláns famosos, menos o meu pai, que
insiste en que el só vende seguros e que non me crea esas bobadas. Aínda que non son
bobadas porque o outro día Gómez díxome que o seu pai era Tarzán e ensinoume o seu
coitelo, todo manchado de sangue de leopardo.

A min gustaríame que o meu pai fose alguén, pero non hai ningún heroe que use gravata e
chaqueta de cadriños. Se eu fose fillo de Conan, Skywalker ou Spiderman, entón ninguén
volvería pegarme no recreo. Por iso púxenme a pensar quen podería ser o meu pai.

Un día quedou frito lendo o xornal e vino todo fraco e longo sobre o sofá, cos seus bigotes de
mosqueteiro e as súas mans pálidas, brancas brancas como o mármore da mesa. Entón corrín
á cociña e saquei unha machada de cortar a carne. Pola xanela entraban a luz da lúa e os
ouveos do pai de Mendoza, pero o meu pai xa grita máis forte e parece un pirata de verdade.
Que se coiden Merino, Salazar e Gómez, porque agora son o fillo do Capitán Garfio.

Fernando Iwasaki, Ajuar funerario

xénero: Narrativo

You might also like