You are on page 1of 3

Revista Galega de Economa

ISSN: 1132-2799
mcarmen.guisan@gmail.com
Universidade de Santiago de Compostela
Espaa

MARTN MARTN, JOS JESS


FUNDAMENTOS DE ECONOMA Y GESTIN DE LA SALUD
Revista Galega de Economa, vol. 21, nm. 2, diciembre, 2012, pp. 341-342
Universidade de Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, Espaa

Disponvel em: http://www.redalyc.org/articulo.oa?id=39124539018

Como citar este artigo


Nmero completo
Sistema de Informao Cientfica
Mais artigos Rede de Revistas Cientficas da Amrica Latina, Caribe , Espanha e Portugal
Home da revista no Redalyc Projeto acadmico sem fins lucrativos desenvolvido no mbito da iniciativa Acesso Aberto
Recensins bibliogrficas

Fundamentos de economa y gestin de la salud


MANEL ANTELO, JOS M FRAGA, JUAN CARLOS REBOREDO [coord.]
Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. 2010
[498 pxinas]

Recibido: 24 de setembro de 2012


Aceptado: 27 de setembro de 2012

Durante as ltimas dcadas a ensinanza e investigacin da economa da sade e


a xestin sanitaria experimentou un extraordinario desenvolvemento en Espaa,
acompaando ao crecemento e transformacin do Sistema Nacional de Sade. A
crecente complexidade tanto da arquitectura institucional do sistema como das or-
ganizacins sanitarias que operan no seu seo demanda unha formacin esixente e
rigorosa, unida dispoibilidade de textos que sirvan como referencia. Sen a tradi-
cin anglosaxona neste campo, constite un reto de envergadura que, porn, se est
enfrontando con notable solidez e solvencia.
Un exemplo destacado constiteo este libro, Fundamentos de Economa y Ges-
tin de la Salud, coordinado polos profesores Antelo, Fraga e Reboredo, que con
toda seguridade se vai converter nun texto de referencia en casteln para todas as
persoas interesadas en formarse en economa e xestin da sade. O texto xerouse
no marco das sucesivas edicins do Mster de Economa e Xestin da Sade orga-
nizado pola Universidade de Santiago de Compostela, e recolle o ncleo duro dun
proceso de formacin nestas materias. Nunha rea do coecemento tan ampla como
a que representa a economa da sade e a xestin sanitaria, non posible unha
abordaxe exhaustiva. Non estn todos os que son pero, sen dbida, os que estn
son, e estn a un nivel homologable aos manuais anglosaxns de referencia, coa
importante vantaxe da sa adaptacin realidade especifica do Estado espaol.
O captulo 1 Introduccin a la economa de la salud, de Xavier Martnez-Gi-
rat, realiza unha rigorosa exposicin dos contidos fundamentais desta disciplina. A
exposicin dos contidos combnase con grficas que facilitan a comprensin e a
aprendizaxe. O autor describe os principais tpicos que constiten o mbito da dis-
ciplina, dedicndolles un especial interese ao mercado sanitario e aos fallos que o
afastan do mercado de competencia perfecta: monopolio, bens pblicos, externali-
dades, risco e incerteza e asimetra de informacin, entre outros. O captulo consti-
te unha excelente introducin ao resto dos contidos do libro.
O captulo 2, desenvolvido por Manel Antelo e Juan Carlos Reboredo, aborda a
avaliacin econmica en sanidade, describindo as distintas tcnicas que a compo-
en: minimizacin de custos, anlises custo-beneficio, anlise custo-efectividade e
anlise custo-utilidade, sinalando as vantaxes e os inconvenientes de cada unha.
Este captulo de lectura obrigada para todos aqueles que estean interesados en
coecer unha das ramas mis dinmicas da economa da sade.
Francisco Reyes analiza no captulo 3 o financiamento das prestacins sanita-
rias, describindo e avaliando os diferentes mecanismos de financiamento sanitario
a nivel territorial desde a teora do federalismo fiscal na sa dobre perspectiva de

Revista Galega de Economa, vol. 21, nm. 2 (decembro 2012), pp. 341-342 341
ISSN 1132-2799
Recensins bibliogrficas

gasto e de ingresos. A continuacin analiza os principais indicadores sanitarios uti-


lizados no financiamento descentralizado da sanidade, as como os modelos aplica-
dos noutros pases coa sanidade descentralizada territorialmente. O captulo termi-
na cunha anlise das frmulas de participacin do usuario no custo da sanidade.
O captulo 4, a cargo de Beatriz Aibar e Cristina Aibar, trata do sistema de in-
formacin contable e das sas caractersticas nos centros sanitarios; un captulo
moi pedagxico, con exemplos prcticos que introduce de forma clara a linguaxe
contable para facelo accesible a calquera que tea interese en comprender os esta-
dos financeiros das organizacins sanitarias.
No captulo 5 Beatriz Aibar e Mara Isabel Blanco realizan unha slida introdu-
cin contabilidade de custos nas organizacins sanitarias. Logo da exposicin dos
conceptos bsicos, as autoras describen os distintos mtodos e modelos existentes
de clculo de custos, os sistemas de planificacin e control, e a informacin para a
toma de decisins.
Merc Casas, Carles Illa e Mara Soler estudan no captulo 6 a informacin para
a xestin no marco do Sistema Nacional de Sade, describindo a situacin actual
en Espaa, desde as fontes de datos dispoibles ata os usos que os distintos axentes
do sistema realizan delas. Finalmente, o captulo aborda unha breve discusin so-
bre o futuro dos sistemas de informacin para a xestin nos sistemas sanitarios.
Josep Albet analiza o management dos hospitais no captulo 7. O autor pon a
nfase en que os hospitais son organizacins e como tales susceptibles de benefi-
ciarse ao aplicar os coecementos xerados pola ciencia do management. O captulo
explora os principais conceptos do management e a sa aplicacin s organizacins
hospitalarias, xunto cunha anlise das dificultades da sa aplicacin no contexto do
sistema sanitario espaol.
O captulo 8, titulado (novas) Formas de incentivacin en atencin primaria,
de Vicente Ortn, ofrece unha perspectiva anovadora dos incentivos ao incorporar
algns dos recentes resultados da economa do comportamento, destacando o papel
fundamental das emocins na motivacin humana. O autor analiza os incentivos en
tres niveis: as regras sociais do xogo como as normas clnicas e as relacins coa in-
dustria farmacutica, as formas organizativas e o grao de competencia entre elas, e
os incentivos individuais ou de grupo como a promocin, o prestixio, a estabilidade
ou o dieiro, entre outros.
Finalmente, o manual crrase cun captulo sobre deseo mostral e a anlise esta-
tstica en economa da sade de Pedro Juez, onde se describen los diferentes aspec-
tos dun proxecto de investigacin sanitaria. A continuacin, cunha notable capaci-
dade de sntese, analzanse as tcnicas mis empregadas utilizando exemplos, des-
de a estatstica descritiva, a confeccin de ndices ou o contrate de hipteses ata a
regresin lineal ou loxstica.
En resumo, estamos fronte a un manual cheo de acertos que, con toda segurida-
de, se vai converter nun texto de referencia para a formacin en economa da sade
e xestin sanitaria.

JOS JESS MARTN MARTN


Universidade de Granada

342 Revista Galega de Economa, vol. 21, nm. 2 (decembro 2012), pp. 341-342
ISSN 1132-2799

You might also like