You are on page 1of 2

ADAPTACIÓNS FUNCIONAIS DA FAUNA AO MEDIO - SEMINARIO 3

Boas chic@s,
Explícovos brevemente que imos facer no terceiro seminario da materia relativo ao Bloque das Augas Doces.
Antes de nada, unha breve xustificación do mesmo... Se botades un ollo aos temas que veremos ao longo das
próximas semanas, decatarédesvos de que nestas clases nos seguiremos ocupando case que exclusivamente de
fauna invertebrada. Isto é así porque o tempo é moi limitado e o certo é que os invertebrados constitúen o groso da
fauna doceacuícola tal e como podedes ver na seguinte figura:

De feito, para seren fieis á realidade, do total de 450 minutos de clase (9 clases * 50 minutos), deberíamos dedicar
385 minutos ao estudo dos invertebrados (unhas oito clases) e unicamente 65 minutos ao estudo dos vertebrados.
Ademais, como xa vos podedes imaxinar, a maior parte desa hora dedicada á fauna vertebrada debería ter como foco
o grupo dos peixes...
Pois ben, a pesar de todo o que vos acabo de contar, non quería deixar pasar a oportunidade de abordar na materia
outros grupos de vertebrados distintos dos peixes que sei que a maioría de vosoutr@s lles resultan mais atractivos.
Así pois, imos dedicar este seminario a un grupo particular de aves: os merlos acuáticos (Familia Cinclidae).
Aínda que numerosas especies de aves empregan as marxes dos ríos e regatos para alimentarse, moi poucas son
exclusivamente acuáticas. De feito, a inmensa maioría das aves asociadas aos cursos de auga aliméntase de insectos
adultos, como por exemplo a lavandeira real europea (Motacilla cinerea). As especies de aves verdadeiramente
lóticas, no senso en que exploran a columna de auga ou os hábitats bentónicos dos ríos e regatos, son moito menos
abundantes e están de feito restrinxidas aos merlos acuáticos (Familia Cinclidae) e media ducia de patos.
Como podedes ver na figura a continuación deste texto, existen cinco especies de merlos acuáticos no mundo: unha
especie en Eurasia (Cinclus cinclus), unha especie no leste asiático (Cinclus pallasii), dúas especies nos Andes
(Cinclus leucocephalus e Cinclus schulzi), e unha especie en Norteamérica e México (Cinclus mexicanus). Os merlos
acuáticos son un grupo único entre as aves paseriformes pois son capaces de nadar baixo a auga, alimentándose de
larvas acuáticas de insectos, un modo de vida que necesariamente implica un bo número de adaptacións morfolóxicas,
fisiolóxicas e comportamentais.
Pois ben, o que vos pido para este seminario é moi sinxelo. Neste mesmo cartafol podedes atopar o capítulo 2 do
libro The Dippers, publicado no ano 1994 por Stephanie Tyler e Stephen Ormerod. Neste capítulo, que leva por título
Riverside life: Morphological and physiological adaptations to a special environment recóllense as principais
adaptacións morfolóxicas, fisiolóxicas e etolóxicas destas peculiares aves. O que deberedes facer de cara ao
seminario 3 é un resumo deste capítulo na forma de breve presentación oral (4-5 minutos). Ollo porque co fin de
alixeirarvos a carga de traballo, a presentación non debe abarcar a totalidade de contidos do capítulo: un subconxunto
de vosoutr@s –aqueles aos que se lles asignou a letra “A” no ficheiro Adxudicación das partes a realizar– ocuparase
de dous apartados do captítulo (a saber: Morphological adaptations e Behaviour patterns) namentres que un segundo
subconxunto –aqueles aos que se lles asignou a letra “B” no ficheiro Adxudicación das partes a realizar– ocuparase
dos outros dous apartados (Physiological adaptations e Underwater behaviour). O día do seminario expoñeredes a
vosa presentación e ao final do mesmo (15-10 últimos minutos) faremos unha pequena proba onde se vos
preguntará acerca dos contidos abordados. Como será puntuado o seminario? A metade da nota terá en conta a
calidade da vosa presentación (catro categorías: excelente, boa, regular e mala) e a outra metade corresponderá coa
nota que acadedes na pequena proba.

Coido que é todo, calquera pregunta non dubidedes en contactar comigo!

Saúdos, L.

You might also like