You are on page 1of 5

OBRADOIRO SENSORIAL:

TACTO

Adriana
Barcia
Lara Gómez
Ana Iglesias
Ana López
Carla Requejo
Paula Rodríguez

1
Índice

Páxinas:

❖ Primeira sesión…………………………………………….. 3

❖ Segunda sesión……………………………………………. 3/4

❖ Terceira sesión……………………………………………… 4/5

Primeira sesión:

2
“Rugoso e suave, duro e brando”
● Obxectivos:
- Estimular o sentido do tacto.
- Discriminar rugoso, suave, duro e brando.
- Mellorar a memoria táctil.
- Adquirir novas aprendizaxes.

● Desenvolvemento:
- Primeiro, o/a educador/a explica aos pequenos/as que
vamos a realizar a actividade con distintas texturas. A
continuación, entrégalle obxectos suaves (algodón e limpa
pipas) e rugosos (estropallo e lixa) ademais de duros
(tapóns e corda) e brandos (esponxa e pasta de modelar),
relacionando o concepto co obxecto. Ao rematar poderán
experimentar libremente con eles.

● Temporalización:
- Unha sesión de 20 minutos.

● Recursos:
- Humanos: Un/unha educador/a.
- Materiais: Estropallo, lixa, algodón, limpa pipas, tapóns,
corda, esponxa e pasta de modelaxe.
- Espaciais: A aula.

Segunda sesión:
“Camiño de texturas”
● Obxectivos:
- Comprobar aprendizaxe das distintas texturas.
- Coñecer o propio corpo e as súas posibilidades.
- Desenvolver a discriminación e a agudeza táctil.
- Apreciar e recoñecer as cualidades táctiles.
- Desenvolver a memoria táctil.

● Desenvolvemento:

3
- O/a educador/educadora facilitará unha cartulina con
pegadas de pés que levarán adheridos diferentes obxectos
das texturas vistas na sesión anterior.
Os/as cativos/as coa axuda do/a educador/a irán pasando
polas pegadas cos seus pés descalzos para poder
experimentar distintas sensacións táctiles. Finalmente, dirán
cal foi a textura que máis lle gustou e a que menos.

● Temporalización:
- Unha sesión de 20 minutos.

● Recursos:
- Humanos: Un/unha educador/a
- Materiais: Cartulinas, algodón, limpa pipas, lixa, estropallo,
tapóns, corda, esponxa, pasta de modelaxe.
- Espaciais: A aula.

Terceira sesión:
“Caixa de sorpresas”

● Obxectivos:
- Estimular o sentido do tacto.
- Mellorar a memoria e discriminación táctil.
- Adquirir novas aprendizaxes.

● Desenvolvemento:
- O/A educador/a facilita a os/as nenos/as unha caixa chea
con materiais das texturas traballadas nas sesións
anteriores. A caixa ten un burato polo que os/as nenos/as
poden meter a man e buscar os obxectos por texturas, que
previamente o/a educador/a haberá pedido que atopen.

- Temporalización: Unha sesión de 20 minutos.

● Recursos:
- Humanos: Un/unha educador/a.

4
- Materiais: Caixa con materiais como algodón, limpa pipas,
lixa, estropallo, tapóns, corda, esponxa e pasta de
modelaxe.
- Espaciais: A aula.

You might also like