You are on page 1of 50

GUÍA DE ADMINISTRACIÓN E CUALIFICACIÓN

PROBAS DE CERTIFICACIÓN DE NIVEL INTERMEDIO (B1) E NIVEL AVANZADO (B2)

ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS

GALICIA

CURSO 2015-2016
A finalidade desta guía é fixar o procedemento e os aspectos formais para a axeitada
administración, aplicación, avaliación e cualificación das probas de certificación que se van
realizar nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso académico 2015-2016.
Posúe unha dobre función:

1. Dotar a todo o profesorado dun documento de referencia que facilite as tarefas de


administración, avaliación e cualificación das probas.

2. Garantir que entre os diferentes departamentos de todas as EOI se produza a


homoxeneidade necesaria que este proceso de probas unificadas require.

2
ÍNDICE
1. ADMINISTRACIÓN PREVIA............................................................................................4

1.1. Obrigas das xefaturas de departamento ......................................................................4

2. PROBAS ESCRITAS .......................................................................................................7

2.1. Antes das probas escritas ............................................................................................7

2.2. Durante as probas escritas . .........................................................................................8

2.3. Despois das probas escritas ...... ................................................................................10

3. PROBA DE EXPRESIÓN E INTERACCIÓN ORAL ......................................................10

3.1. Antes da proba oral ....................................................................................................10

3.2. Durante a proba oral.. .................................................................................................11

3.2.1. Certificación de nivel intermedio ..............................................................................11

3.2.2. Certificación de nivel avanzado. ..............................................................................14

3.3. Despois da proba oral ................................................................................................17

4. AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN ... .............................................................................18

4.1. Partes escritas .... .......................................................................................................18

4.1.1. Avaliación e cualificación da comprensión de lectura e da comprensión oral..........18

4.1.2. Avaliación e cualificación da expresión e interacción escrita...................................18

4.2. Proba de expresión e interacción oral ........................................................................18

4.2.1. Avaliación e cualificación da expresión e interacción oral... ....................................19

5. RECLAMACIÓNS . ........................................................................................................20

6. ANEXOS .......................................................................................................................21
1. ADMINISTRACIÓN PREVIA
1. A Administración remitirá aos equipos directivos das EOI os materiais das probas, polo menos
unha semana antes da data da súa administración.
2. As probas son confidenciais. Os equipos directivos entregaranas de inmediato ás xefaturas de
departamento.
3. A supervisión, custodia e confidencialidade do material é responsabilidade da xefatura de
departamento durante todo o proceso, ou, se é o caso, da xefatura de estudos da sección.
4. As probas unificadas de comprensión de lectura, expresión e interacción escrita e
comprensión oral administraranse en convocatoria única nas datas, horarios e orde
establecidos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
5. A proba de expresión e interacción oral administrarase nas datas e horarios que determine
cada EOI. O calendario coas datas previstas para a realización desta proba deberá estar
publicado, cando menos, cunha semana de antelación á data de inicio. Esta proba poderá
realizarse antes ou despois da parte escrita.
6. Segundo establece a Circular 1/2016 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional
e Innovación Educativa, as intervencións das persoas candidatas na proba de expresión e
interacción oral de nivel intermedio e avanzado serán gravadas en audio. A finalidade da
gravación é servir, única e exclusivamente, de ferramenta auxiliar no proceso de avaliación. As
gravacións serán arquivadas nos departamentos correspondentes por un tempo non inferior a
tres meses.
7. Os tempos asignados a cada unha das partes da proba deberán ser respectados estritamente.
8. Calquera incidencia na administración destas probas será comunicada ao Servizo de
Ensinanzas de Réxime Especial da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e
Innovación Educativa.

1.1. Obrigas das xefaturas de departamento

IMPORTANTE: As obrigas das xefaturas de departamento poderán ser delegadas no


profesorado coordinador de curso, se o houber. Nas seccións das EOI, estas obrigas serán
asumidas polas xefaturas de estudos de cada sección ou polo profesorado responsable de
administrar a proba, se for o caso.

1. Comprobar minuciosamente que todo o material estea completo e en perfectas condicións. O


material recibido tanto para o nivel intermedio como para o nivel avanzado debe constar dos
documentos en formato .pdf (recibidos por correo electrónico en arquivos comprimidos e
encriptados) e un CD de audio para a comprensión oral por idioma, nivel e escola ou sección.
a. Os documentos en formato .pdf recibidos deben ser os seguintes:
 Parte escrita:
 Exercicio de comprensión de lectura.
 Exercicio de expresión e interacción escrita.
 Exercicio de comprensión oral.
 Solucionario da comprensión de lectura e da comprensión oral que inclúe as
transcricións da comprensión oral.

4
 Parte oral:
 Exercicio de expresión e interacción oral, que constará do seguinte:

Nivel intermedio :
 9 xogos de 5 fichas cada un (parellas):
 1 ficha coa tarefa 1 (interacción) para a persoa candidata A
 1 ficha coa tarefa 1 (interacción) para a persoa candidata B
 1 ficha coa tarefa 2 (monólogo) para a persoa candidata A
 1 ficha coa tarefa 2 (monólogo) para a persoa candidata B
 1 ficha para o profesorado (deberán imprimirse dúas copias: unha para o/a
profesor/a administrador/a e outra para o/a profesor/a avaliador/a).
 1 xogo de 7 fichas (trío):
 1 ficha coa tarefa 1 (interacción) para a persoa candidata A
 1 ficha coa tarefa 1 (interacción) para a persoa candidata B
 1 ficha coa tarefa 1 (interacción) para a persoa candidata C
 1 ficha coa tarefa 2 (monólogo) para a persoa candidata A
 1 ficha coa tarefa 2 (monólogo) para a persoa candidata B
 1 ficha coa tarefa 2 (monólogo) para a persoa candidata C
 1 ficha para o profesorado (deberán imprimirse dúas copias: unha para o/a
profesor/a administrador/a e outra para o/a profesor/a avaliador/a).

As xefaturas de departamento ou persoas responsables deberán preparar 10


sobres tamaño folio por tribunal, numerados do 1 ao 10. Os sobres nº 1 ao nº 9
marcaranse “x2” para parellas, e o sobre nº 10 marcarase “x3” para trío,
segundo os modelos seguintes:

Proba de certificación de nivel intermedio


Expresión e interacción oral - Xuño 2016

Xogo nº ….. “x2”

Proba de certificación de nivel intermedio


Expresión e interacción oral - Xuño 2016

Xogo nº 10 “x3”

Deberán incluírse en cada un dos sobres todas as fichas correspondentes a


ese xogo.

Nivel avanzado :
 10 xogos de 7 fichas cada un:
 3 fichas da tarefa 1 (monólogo): 1 ficha para a persoa candidata, 1 ficha
para o/a profesor/a avaliador/a e 1 para o/a profesor/a administrador/a.
 3 fichas da tarefa 2 (interacción): 1 para a persoa candidata, 1 para o/a
profesor/a avaliador/a e 1 para o/a profesor/a administrador/a.
 1 ficha para o/a profesor/a administrador/a.
5
As xefaturas de departamento ou persoas responsables prepararán 10 sobres
tamaño folio por tribunal, numerados do 1 ao 10, e incluirán en cada sobre
todas as fichas correspondentes a cada xogo. A continuación, escribirán en
cada sobre o tema xeral do monólogo (Ex.: Tema do monólogo: Saúde),
segundo o modelo seguinte:

Proba de certificación de nivel avanzado


Expresión e interacción oral - Xuño 2016

Xogo nº …..

Tema do monólogo:

b. O CD de audio incluirá as pistas correspondentes ao exercicio de comprensión oral e


as instrucións correspondentes, listas para reproducir.

2. As xefaturas de departamento ou as persoas responsables deberán imprimir os materiais


recibidos en formato .pdf e facer o número de fotocopias de cada exercicio que se precisen
para a correcta administración da parte escrita das probas. Así mesmo, deberán facer o
número de copias do CD de audio necesarias en función do número de aulas nas que se
administrará a proba.

3. Comprobar cada CD de audio na aula na que se vai administrar e rotular o CD co número


desa aula.

4. Facer o número necesario de fotocopias dos seguintes documentos:


 Anexo I: Táboas de avaliación da expresión e interacción oral (1 por persoa candidata).
 Anexo II: Guía de aplicación das táboas de avaliación da expresión e interacción oral (1
para cada administrador/a e avaliador/a)
 Anexo III: Táboa de cualificacións finais para a expresión e interacción oral.
 Anexo IV: Táboas de avaliación da expresión e interacción escrita (2 por persoa
candidata).
 Anexo V: Guía de aplicación das táboas de avaliación da expresión e interacción
escrita (1 para cada avaliador/a).
 Anexo VI: Táboa de cualificacións finais para a expresión e interacción escrita.
 Anexo VII: Cartel informativo. Nivel intermedio. Proba de expresión e interacción oral.
 Anexo VIII: Cartel informativo. Nivel avanzado. Proba de expresión e interacción oral.
 Anexo XI: Xustificantes de asistencia.
 Anexo XII: Protocolo de gravación das probas de expresión e interacción oral (1 copia
por tribunal).
 Anexo XIII: Carátula xeral. Nivel intermedio.
 Anexo XIV: Carátula xeral. Nivel avanzado.
 Listaxes das persoas candidatas.
 Follas de sinatura da entrega ou da realización das probas escritas e orais.
 Solucionarios da comprensión escrita e oral.

6
5. Constituír os tribunais (as probas serán avaliadas e cualificadas por dous/dúas
profesores/as do departamento) e asignar as aulas para a realización das probas.

6. Convocar sesións de traballo cos membros dos tribunais coa finalidade de:
 Asegurarse de que todos os membros dos tribunais coñecen perfectamente as guías
de administración e o manexo e o funcionamento das gravadoras.
 Lograr a estandarización necesaria no uso das táboas de avaliación. O profesorado,
pola súa banda, comunicará durante estas sesións á xefatura do departamento
calquera dúbida que puidese xurdir, antes da administración e da avaliación da proba.
 Supervisar, coordinar e organizar a administración das probas, xunto coas
coordinacións de curso ou o profesorado membro dos tribunais.
 Asegurarse de que queda preparado o material enumerado nos anexos IX e X para
cada tribunal.

2. PROBAS ESCRITAS
2.1. Antes das probas escritas

2.1.1. Obrigas das xefaturas de departamento


1. Convocar o profesorado administrador polo menos 1 hora antes do comezo da proba.
2. Publicar a distribución por tribunal e aula das persoas candidatas.
3. Entregar aos tribunais todos os materiais que compoñen a proba, sinalados no Anexo IX.

2.1.2. Obrigas do tribunal


1. Comprobar que lle entregan todos os materiais do Anexo IX.
2. Revisar as aulas e comprobar que as mesas son suficientes, que están colocadas en
filas e separadas por un corredor.
3. Probar os equipos de audio. No caso de detectar algunha incidencia deberá
comunicarse con urxencia ao Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial no teléfono
981 546511 ou no correo electrónico asesoria.eoi@edu.xunta.es
4. Colocar, cara a abaixo, unha copia da primeira parte da proba en cada mesa.
5. Escribir no encerado o seguinte:
Hora de inicio: _______ Hora de remate: _______ (para cada parte da proba).
Publicación das notas: día _____, a partir das _______ horas, en Centrosnet.
“Non toque os documentos que están enriba da mesa ata que llo indique o
tribunal”.
“Quen necesite xustificante de asistencia deberá solicitalo ao tribunal cando
entregue a primeira parte da proba.”

6. Á hora do inicio da 1ª proba, invitar as persoas candidatas que figuren na listaxe da


aula a entrar. Pedirlles que coloquen un documento de identificación (DNI, NIE,
pasaporte ou carné da escola) enriba da mesa para que o profesor administrador
comprobe a súa identidade. En caso de perda ou esquecemento deste documento, as
7
probas non se avaliarán mentres non se verifique na secretaría da EOI a veracidade da
súa identidade e da súa matrícula.

IMPORTANTE: Será responsabilidade das persoas candidatas entrar puntualmente en cada


unha das outras partes da proba.

2.2. Durante as probas escritas

2.2.1. Tempos e orde das partes


1. A parte escrita da probas desenvolverase de acordo co seguinte protocolo en función do
horario de cada idioma.

Certificación de nivel intermedio


MAÑÁ TARDE ACTIVIDADE

Entrada das persoas candidatas á aula asignada


10:00 16:00
Comprobación da identidade na aula

10:10 16:10 Comprensión de lectura (60 minutos)

11:10 17:10 Pausa (10 minutos)

11:20 17:20 Expresión e interacción escrita (75 minutos)

12:35 18:35 Pausa (10 minutos)

12:45 18:45 Comprensión oral (40 minutos)

13:25 19:25 Fin da proba

Certificación de nivel avanzado


MAÑÁ TARDE ACTIVIDADE

Entrada das persoas candidatas á aula asignada


10:00 16:00
Comprobación da identidade na aula

10:10 16:10 Comprensión de lectura (60 minutos)

11:10 17:10 Pausa (10 minutos)

11:20 17:20 Expresión e interacción escrita (90 minutos)

12:50 18:50 Pausa (10 minutos)

13:00 19:00 Comprensión oral (40 minutos)

13:40 19:40 Fin da proba

8
2.2.2. Obrigas do tribunal
1. Respectar estritamente os tempos e a orde de realización das probas. Todas as probas
deberán comezar con puntualidade.
2. Ler o seguinte aviso, completo, medio minuto antes do inicio de cada parte da proba:

Por favor, lembren que os teléfonos móbiles teñen que estar apagados.
Escriban con bolígrafo de tinta azul ou negra.
Non usen cintas ou fluídos correctores.
Poden darlle a volta ao exame.
Lean atentamente e sigan as instrucións que aparecen na primeira folla do
exame.
Cubran os datos persoais.

IMPORTANTE: Á hora sinalada para o comezo da proba, despois de pedirlles que lle dean a
volta ao exame, non se permitirá que ningunha persoa candidata acceda á aula ata a seguinte
parte da proba.

3. Na parte de COMPRENSIÓN ORAL, débese ler o seguinte texto completo:

Escoiten atentamente e sigan as instrucións contidas na gravación.


Poden darlle a volta ao exame. Dispoñen de 3 minutos para ler TODA a proba
Por favor, cubran os datos persoais.

Transcorridos 3 minutos, iniciar a audición.

IMPORTANTE: Unha vez que empeza a audición non se poderá interromper ou repetir por
ningún motivo a gravación. Ademais, o tribunal velará porque se manteña un escrupuloso
silencio tanto dentro como fóra da aula.

4. Ao rematar cada parte, comprobar que entregan a proba completa cos datos persoais,
así como os borradores ou folios sobrantes e que asinan a folla de entrega.
5. Ao rematar a proba de comprensión de lectura, tomar nota das persoas candidatas que
precisan xustificante de asistencia.
6. Colocar enriba das mesas unha copia da seguinte parte da proba durante as pausas.

IMPORTANTE: O tribunal que administra a proba non está autorizado a responder ningunha
pregunta sobre a solución das probas.
En caso de incidencias graves que impidan o normal desenvolvemento da proba, na aula ou nas
aulas afectadas, invalidaranse todas as tarefas da destreza ou das destrezas que se estivesen a
realizar nese momento. O profesorado informará urxentemente a xefatura de estudos. A
Administración convocará de novo as persoas candidatas na data que considere oportuna.

9
2.3. Despois das probas escritas

2.3.1. Obrigas do tribunal

1. Entregar os xustificantes de asistencia ás persoas candidatas que os solicitasen.


2. Invitar as persoas candidatas a abandonar a aula e as instalacións do centro en silencio
para non molestar o desenvolvemento doutras probas que se estivesen a realizar nese
momento.
3. Despois de cada parte da proba, comprobar que o número de persoas presentadas se
corresponde co número de probas recollidas e ordenalas por orde alfabética.
4. Informar a xefatura de departamento das posibles incidencias durante as probas.

3. PROBA DE EXPRESIÓN E INTERACCIÓN


ORAL
3.1. Antes da proba oral

3.1.1. Obrigas das xefaturas de departamento

1. Publicar a convocatoria das persoas candidatas por orde alfabética, seguindo os criterios
combinatorios que se establezan en cada departamento didáctico.
2. Convocar o profesorado administrador, polo menos, unha hora antes de que empece a
proba.
3. Entregar ao profesorado administrador o material sinalado no Anexo X.

3.1.2. Obrigas do tribunal


1. Comprobar que se lle entrega o material sinalado no Anexo X.
2. Pegar na porta da aula na que vaia realizar a proba de expresión e interacción oral os
carteis informativos para o alumnado.
3. Para a proba de certificación de nivel intermedio, preparar a aula con:
 Dúas mesas enfrontadas e pegadas, de xeito que as persoas candidatas estean unha
fronte á outra e teñan espazo suficiente para colocaren o material (haberá unha
terceira mesa dispoñible para usar en caso de trío).
 Unha mesa para o profesorado administrador, que sentará fronte ás persoas
candidatas.
 Unha mesa para o profesorado avaliador que sentará nun lugar discretamente
apartado, ben detrás das persoas candidatas ben en ángulo con elas, de xeito que
estas non estean pendentes del mentres toma apuntamentos ou cobre as táboas de
avaliación, pero, ao mesmo tempo, que lle permita ter contacto visual co profesorado
administrador.
4. Para a proba de certificación de nivel avanzado, preparar a aula con:

10
 Dúas mesas iguais enfrontadas e pegadas de xeito que a persoa candidata e o
profesorado administrador estean de fronte e teñan espazo suficiente para colocaren o
material.
 Unha mesa para o/a avaliador/a que sentará nun lugar discretamente apartado, ben
detrás da persoa candidata ben en ángulo con ela, de xeito que esta non estea
pendente del/a mentres toma apuntamentos ou cobre as táboas de avaliación, pero,
ao mesmo tempo, que lle permita ter contacto visual co profesorado administrador.
 Habilitar unha mesa dentro da aula para colocar os sobres, cara a abaixo, destinados
á persoa candidata.
 Habilitar unha mesa cun cartel que poña “EN PREPARACIÓN” para deixar o sobre da
persoa candidata que vai preparar o seu monólogo.
 Habilitar un espazo (unha aula) equipado cun dicionario bilingüe para a preparación da
tarefa 1.

3.2. Durante a proba oral


A proba de expresión e interacción oral será administrada e cualificada por un tribunal composto
por dous/dúas profesores/as do departamento do idioma correspondente que actuarán
respectivamente como administrador/a e avaliador/a da proba.
Estas funcións de administrador/a e avaliador/a débense alternar entre os membros do tribunal
cada 6 parellas no nivel intermedio e cada 6 persoas candidatas no nivel avanzado para evitar o
cansazo ou a automatización que pode supoñer facer sempre as mesmas funcións durante toda
unha sesión.

3.2.1. Certificación de nivel intermedio

3.2.1.1. Tempos e orde das partes

Certificación de nivel intermedio


INTERVENCIÓN INTERVENCIÓN
POR PARELLAS POR TRÍOS

15 minutos 20 minutos

1. As diferentes fases da proba de expresión e interacción oral deberanse realizar na orde e


tempos establecidos; os tempos asignados a cada unha das fases da proba deberán ser
respectados estritamente.
2. Aquelas persoas candidatas que non asistan á proba na data e hora para as que estean
convocadas quedarán excluídas, agás achega de constancia documental xustificativa do
impedimento. En tal caso, a persoa candidata realizaría a proba ao final da listaxe.

3.2.1.2. Desenvolvemento da proba


1. Primeira fase: acollida das persoas candidatas (1-2 minutos de duración)

 Obrigas do profesorado administrador:

11
 Chamar as persoas candidatas, comprobar a identidade, preguntarlles se precisan
certificado de asistencia e facilitar os documentos de identidade ao profesorado
avaliador para que complete os datos persoais nas táboas de avaliación. As
persoas candidatas entrarán á vez para recibir exactamente a mesma información
e do mesmo xeito.
 Saudar, invitar a sentar as persoas candidatas e a que se presenten. Presentarlles
os membros do tribunal.
 Na lingua obxecto de exame facerlles ás persoas candidatas preguntas xerais co fin
de relaxar o ambiente.
 Explicarlles ás persoas candidatas, con linguaxe sinxela, como vai ser o
desenvolvemento da proba.
 Informar as persoas candidatas quen é a persoa candidata A e quen é a persoa
candidata B (ou a persoa candidata C, se a houber), por orde alfabética.
 Lembraráselles que teñen que cumprir todos os puntos das instrucións.
 Comunicarlles ás persoas candidatas que a proba vai ser gravada en audio.

 Obrigas do profesorado avaliador:


 Completar os datos persoais das persoas candidatas nas táboas de avaliación.
 Cubrir os xustificantes de asistencia.
 Permanecer en silencio, controlar os tempos e facer un sinal ao profesorado
administrador cando acabe o tempo desta fase.

IMPORTANTE: Esta fase non é avaliable.

2. Segunda fase: tarefa de diálogo (6 minutos de duración, 8 minutos en caso de trío)

 Obrigas do profesorado administrador:


 Conectar a gravadora.
 Ler, de maneira que quede rexistrado, o seguinte texto por parella (ou trío) de
persoas candidatas:


Gravadora n.º........., pista n.º..........., parella n.º ...........

 Pedirlles ás persoas candidatas que digan o seguinte texto para que quede
rexistrado:

Candidato/a A: nome e apelidos, ficha nº ___


Candidato/a B: nome e apelidos, ficha nº ___
(Candidato/a C: nome e apelidos, ficha nº___)

 Facilitar as fichas do diálogo ás persoas candidatas A e B (e C, se a houber).


 Informar as persoas candidatas de que:
 dispoñen de 1 minuto para ler as instrucións da tarefa.
 non poden ver a ficha da(s) outra(s) persoa(s) candidata(s).

12
 pasado 1 minuto de preparación, disporán de entre 4 e 5 minutos (7 en caso de
trío) para desenvolver a tarefa de diálogo-interacción.
 transcorridos os 5 minutos (7 en caso de trío), comunicarlles ás persoas
candidatas que rematou o tempo de que dispoñían.
 na tarefa 1, empezará a falar a persoa candidata A; e na tarefa 2, empezará a
falar a persoa candidata B.

 Obrigas do profesorado avaliador:


 Permanecer en silencio, tomar as notas pertinentes e cubrir a táboa de avaliación
de cada unha das persoas candidatas.

3. Terceira fase: tarefa de monólogo / exposición dun tema (10 minutos de duración, 13
minutos en caso de trío)

 Obrigas do profesorado administrador:


 Entregarlles ás persoas candidatas as fichas coa tarefa de monólogo.
 Informar as persoas candidatas de que:
 dispoñen de 3 minutos para ler as instrucións da tarefa e preparar a súa
intervención.
 non poden ver a ficha da(s) outra(s) persoa(s) candidata(s).
 empezará a falar a persoa candidata B.
 Informar a persoa candidata A de que durante a intervención do/a compañeiro/a
debe dar a volta a ficha e escoitar a intervención porque, cando remate, terá que
responder unha pregunta sobre ese tema, e logo á inversa.
 Informar de que, ao pasar os 3 minutos de preparación, dispoñerán de 2 ou 3
minutos para expoñer o tema ao/á seu/súa compañeiro/a que o/a escoitará sen
intervir.
 Transcorridos os 2/3 minutos da intervención, comunicarlles ás persoas candidatas
que rematou o tempo de que dispoñían.
 Formularlle unha pregunta sobre o mesmo tema á persoa candidata que escoita
(ver ficha administrador).
 Repetir todo o proceso coa persoa candidata A. Outro tanto, se houber persoa
candidata C, en caso de trío.

 Obrigas do profesorado avaliador:


 Tomar as notas pertinentes e cubrir a táboa de avaliación de cada unha das
persoas candidatas.
 Permanecer en silencio, controlar os tempos e facer un sinal ao profesorado
administrador cando acabe o tempo desta fase.

IMPORTANTE: Mentres as persoas candidatas desenvolven as tarefas de diálogo e monólogo,


o profesorado administrador non poderá intervir e limitarase a escoitar. De maneira excepcional,
poderá reconducir a actuación das persoas candidatas se unha delas se excedese nas
intervencións, se estivese sempre calada ou se tratase un tema absolutamente diferente ao
indicado.

13
En caso de que as persoas candidatas non empreguen todo o tempo de que dispoñen, o
profesor administrador intervén para recordarlles o tempo que falta e preguntarlles se queren
engadir algo máis ou se remataron.

4. Cuarta fase: despedida (1 minuto de duración)

 Obrigas do profesorado administrador:

 Unha vez rematadas as exposicións, comunicarlles ás persoas candidatas a


finalización da proba.
 Desconectar a gravadora.
 Despedir as persoas candidatas agradecendo a súa presenza na proba, sen facer
ningún comentario nin valoración sobre o seu desenvolvemento.
 Lembrarlles a data e o lugar en que se poderán consultar os resultados.
 Introducir no sobre correspondente as distintas fichas utilizadas.

 Obrigas do profesorado avaliador:


 Entregar os xustificantes de asistencia.
 Devolverlles os documentos de identificación.

IMPORTANTE: Esta fase non é avaliable.

CASOS EXCEPCIONAIS
1. Se só houbese unha persoa candidata para realizar a tarefa de diálogo, o/a profesor/a
administrador/a actuará coma se fose a outra persoa candidata, para poder garantir que se
realiza esa tarefa. Este tipo de actuación considérase algo moi excepcional.
2. Só se realizará a proba a tres persoas candidatas á vez na última quenda de cada tribunal.
No caso de que estean a actuar varios tribunais de forma simultánea, reagruparanse as
persoas candidatas impares nun mesmo tribunal para evitar tríos, na medida do posible.

3.2.2. Certificación de nivel avanzado

3.2.2.1. Tempos e orde das partes

Certificación de nivel avanzado


PREPARACIÓN INTERVENCIÓN
INDIVIDUAL POR PERSOA CANDIDATA

10 minutos 10 minutos

1. As diferentes fases da proba de expresión e interacción oral deberanse realizar na orde e


tempos establecidos; os tempos asignados a cada unha das fases da proba deberán ser
respectados estritamente.

14
2. Porase un coidado especial en que os tempos de preparación non varíen dunhas
persoas candidatas a outras.
3. Aquelas persoas candidatas que non asistan á proba na data e hora para as que estean
convocadas quedarán excluídas, agás achega de constancia documental xustificativa do
impedimento. En tal caso, a persoa candidata realizaría a proba ao final da listaxe.

3.2.2.2. Desenvolvemento da proba

1. Primeira fase: acollida e preparación da tarefa de exposición (10 minutos de


duración)

 Obrigas do profesorado administrador/encargado desta fase:

 Chamar a persoa candidata, comprobar a súa identidade, saudala, preguntarlle se


precisa xustificante de asistencia.

 Explicarlle con linguaxe sinxela como vai ser o desenvolvemento da proba.

 Dicirlle á persoa candidata que escolla tres sobres dos 9 que terá sobre a mesa,
que lles dea a volta, que lea o tema dos sobres, e pedirlle que elixa un deles.

 Cada vez que se inicie ou reinicie unha sesión dun tribunal, retirarase un sobre dos
10 para que todas as persoas candidatas teñan o mesmo número de sobres na
mesa antes de elixir.

 Facilitarlle á persoa candidata a ficha correspondente ao monólogo do sobre elixido


e medio folio en branco co selo da EOI para que faga un guión da súa exposición.

 Deixar o sobre co resto da proba sobre a mesa marcado co cartel “EN


PREPARACIÓN”.

 Unha vez entregada a ficha do monólogo, acompañarase a persoa candidata á aula


de preparación onde se lle indicará que ten á súa disposición un dicionario bilingüe,
único material permitido, e que pode usar o medio folio —por unha soa cara— para
tomar notas breves e consultalas durante a exposición, nunca lelas. Cando acabe a
exposición, deberá entregarlles os apuntamentos ao profesorado administrador.

 Informar a persoa candidata de que rematou o tempo de preparación, que debe


recoller as súas cousas e prepararse para acceder á aula de exame.

 Conducir a persoa candidata á aula e invitala a sentar. Deberá esperar mentres a


seguinte persoa candidata elixe o seu sobre, seguindo o protocolo descrito
anteriormente.

 Comunicar ao profesorado avaliador os datos persoais da persoa candidata, o


número da ficha e o tema elixido para a exposición.

 Presentarse. Facerlle á persoa candidata, na lingua obxecto de exame, preguntas


xerais co fin de relaxar o ambiente.

 Lembrarlle que ten que cumprir todos os puntos das instrucións.

15
 Comunicar á persoa candidata que a proba vai ser gravada en audio.

 Obrigas do profesorado avaliador:


 Completar os datos persoais da persoa candidata nas follas de avaliación.
 Cubrir os xustificantes de asistencia.
 Permanecer en silencio, controlar os tempos e facer un sinal ao administrador
cando acabe o tempo desta fase.

IMPORTANTE: Esta fase non é avaliable.

2. Segunda fase: tarefa de monólogo/exposición dun tema (3-4 minutos de duración)

 Obrigas do profesorado administrador:


 Conectar a gravadora.
 Ler, de maneira que quede rexistrado, o seguinte texto por persoa candidata:

Gravadora n.º........., pista n.º..........., persoa candidata nº ...........

 Pedirlle á persoa candidata que diga o seguinte texto para que quede rexistrado:

Candidato/a: nome e apelidos


Número da ficha e tema

 Informar a persoa candidata de que pode comezar a exposición e recordarlle que


dispón de entre 3 e 4 minutos.
 No caso de que a persoa candidata non empregue todo o tempo de que dispón e
permaneza en silencio, preguntaráselle se rematou.
 Rematada a exposición, facerlle á persoa candidata dúas preguntas (da súa ficha
de administrador), contrarias ao punto de vista defendido pola persoa candidata.
 O profesorado administrador non poderá tomar notas.

IMPORTANTE: Mentres a persoa candidata desenvolve a tarefa de exposición, o profesorado


administrador non poderá intervir e limitarase a escoitar. Só está prevista a intervención ao final
para facerlle dúas preguntas á persoa candidata. De maneira excepcional, poderá reconducir a
actuación da persoa candidata se estivese sempre calada ou se tratase un tema absolutamente
diferente ao indicado.

 Obrigas do profesorado avaliador:


 Tomar as notas pertinentes e cubrir a táboa de avaliación da persoa candidata.
 Permanecer en silencio, controlar os tempos e facer un sinal ao profesorado
administrador cando acabe o tempo desta fase.

16
3. Terceira fase: tarefa de interacción co profesorado administrador (6 minutos de
duración)

 Obrigas do profesorado administrador:


 Entregar á persoa candidata a ficha coa tarefa de interacción.
 Informar a persoa candidata de que:
 Dispón de 1 minuto para ler as instrucións da tarefa e preparar a súa
intervención.
 Logo do minuto de preparación, disporá de entre 3 e 5 minutos para desenvolver
a tarefa de diálogo-interacción.
 Seguir as instrucións da súa ficha de administrador para realizar a interacción coa
persoa candidata.

 Obrigas do profesorado avaliador:


 Tomar as notas pertinentes e cubrir a táboa de avaliación de cada persoa
candidata.
 Permanecer en silencio, controlar os tempos e facer un sinal ao administrador
cando acabe o tempo desta fase.

4. Cuarta fase: despedida (1 minuto de duración)

 Obrigas do profesorado administrador:

 Unha vez rematada a tarefa de interacción, comunicarlle á persoa candidata a


finalización da proba.
 Desconectar a gravadora.
 Despedir a persoa candidata agradecendo a súa presenza na proba, sen facer
ningún comentario nin valoración sobre o seu desenvolvemento.
 Lembrarlle a data e o lugar en que poderá consultar os resultados.
 Recoller todas as fichas da proba, introducilas outra vez no seu sobre e volver o
sobre ao montón.

 Obrigas do profesorado avaliador:


 Entregarlle o xustificante de asistencia.
 Devolverlle o documento de identificación.

IMPORTANTE: Esta fase non é avaliable.

3.3. Despois da proba oral

 O tribunal recollerá o guión das persoas candidatas, no caso do nivel avanzado.

17
4. AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN
4.1. Partes escritas

A porcentaxe esixida para superar cada destreza é o 60% (15 puntos de 25), e cómpre
superar todas as destrezas para obter a certificación do nivel.

Destrezas, puntuación e mínimos esixidos na parte escrita:

DESTREZAS Puntuación Mínimo (60%)


Comprensión de lectura 25 puntos 15 puntos
Expresión e interacción escrita 25 puntos 15 puntos
Comprensión oral 25 puntos 15 puntos

4.1.1. Avaliación e cualificación da comprensión de lectura e da comprensión


oral

 Corrixirase de acordo cos solucionarios.


 Cada ítem vale un punto.
 Anularanse as respostas que non sexan claras e/ou lexibles e que non estean dentro dos
espazos habilitados para tal fin; tamén, as respostas escritas con lapis, con tinta que non
sexa azul ou negra ou emendadas con correctores.
 No caso de tarefas de resposta aberta, anularanse as respostas que excedan o máximo de
palabras permitidas. Non se penalizará a ortografía, non sendo que impida a comprensión.

4.1.2. Avaliación e cualificación da expresión e interacción escrita


A porcentaxe esixida para superar a proba de expresión e interacción escrita é o 60% (15
puntos de 25).

 Achégase unha táboa de avaliación para cada unha das tarefas e unha guía de aplicación.
 Utilizarase unha copia das táboas de avaliación por cada persoa candidata.
 Os/as avaliadores/as non escribirán sobre os orixinais e utilizarán as follas autocopiables, se
é o caso, ou fotocopias dos orixinais para realizar as anotacións pertinentes.
 Ao finalizar a corrección, gramparanse as follas de cor de cada persoa candidata e
xuntaranse co orixinal.

4.2. Proba de expresión e interacción oral


A porcentaxe esixida para superar a proba de expresión e interacción oral é o 60% (15
puntos de 25).
18
Destreza, puntuación e mínimos esixidos:

DESTREZAS Puntuación Mínimo (60%)


Expresión e interacción oral 25 puntos 15 puntos

4.2.1. Avaliación e cualificación da expresión e interacción oral

 Achégase unha táboa de avaliación para cada unha das tarefas e unha guía de aplicación.
 Non se penalizará a quen non empregue todo o tempo asignado, sempre que cumpra coa
tarefa e o profesorado teña suficientes datos para avaliar.

IMPORTANTE: Ao remate de cada sesión, o tribunal deberá informar á xefatura de


departamento sobre calquera incidencia, de se producir. As persoas candidatas non terán
acceso a ditas gravacións; o tribunal deberá escoitar a gravación se tivesen dúbidas sobre a
cualificación da persoa candidata.
Ao remate de todo o proceso, os membros do tribunal, seguindo as instrucións da xefatura de
departamento, deberán participar na publicación dos resultados finais.

19
5. RECLAMACIÓNS
 O alumnado poderá reclamar por escrito ante a dirección do centro contra as cualificacións
finais das probas nun prazo de dous días hábiles posteriores á súa publicación.
 As reclamacións deberán basearse nos seguintes aspectos:
 inadecuación dos obxectivos, contidos e criterios de avaliación da proba aos
establecidos no currículo oficial e na programación didáctica do departamento
correspondente.
 incorrecta aplicación dos procedementos e instrumentos de avaliación e/ou dos
criterios de cualificación establecidos para estas probas.
 A reclamación á cualificación final da proba, resolveraa por escrito a dirección da EOI nun
prazo máximo de dous días hábiles seguintes á presentación da reclamación, ratificando ou
rectificando a cualificación, tras o informe do departamento correspondente.
 No caso de non estar conforme coa resolución, a persoa candidata poderá reclamar ante a
Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no
prazo de dous días hábiles posteriores á recepción da comunicación da dirección da escola.
A Xefatura Territorial resolverá, tras o informe do servizo de inspección, no prazo dun mes a
partir da presentación do recurso, poñendo fin á vía administrativa.

20
6. ANEXOS

ANEXO I: Táboas de avaliación da expresión e interacción oral

ANEXO II: Guía de aplicación das táboas de avaliación da expresión e interacción oral

ANEXO III: Táboa de cualificacións finais da expresión e interacción oral

ANEXO IV: Táboas de avaliación da expresión e interacción escrita

ANEXO V: Guía de aplicación das táboas de avaliación da expresión e interacción


escrita

ANEXO VI: Táboa de cualificacións finais da expresión e interacción escrita

ANEXO VII: Cartel informativo. Proba de expresión e interacción oral. Nivel intermedio

ANEXO VIII: Cartel informativo. Proba de expresión e interacción oral. Nivel avanzado

ANEXO IX: Material para as probas escritas por tribunal

ANEXO X: Material para a proba de expresión e interacción oral por tribunal

ANEXO XI: Xustificante de asistencia

ANEXO XII: Protocolo de gravación das probas de expresión e interacción oral

ANEXO XIII: Carátula xeral. Nivel intermedio

ANEXO XIV: Carátula xeral. Nivel avanzado

21
ANEXO I

TÁBOAS DE AVALIACIÓN DA EXPRESIÓN E INTERACCIÓN ORAL


CANDIDATO/A: AVALIADOR/A: ADMINISTRADOR/A: GRAVADORA Nº___ PISTA Nº___

NIVEL INT AV IMPRESIÓN GLOBAL DO/A ADMINISTRADOR/A  APTO  NON APTO RESULTADO TAREFA N.º___ : ___/ 12,5 TOTAL: TAREFA ____ + TAREFA:____ =____/ 25

EXPRESIÓN E INTERACCIÓN ORAL: FICHA Nº ____________: MONÓLOGO / EXPOSICIÓN (12,5 PUNTOS)


FLUIDEZ, PRONUNCIA
ADECUACIÓN (2,5) COHERENCIA E COHESIÓN (2,5) CORRECCIÓN (2,5) RIQUEZA (2,5)
E ENTOACIÓN (2,5)
A.- 2,5 puntos A.- 2,5 puntos A.- 2,5 puntos A.- 2,5 puntos A.- 2,5 puntos
Cumpre moi ben a tarefa. Cumpre moi ben a tarefa. Cumpre moi ben a tarefa. Cumpre moi ben a tarefa. Cumpre moi ben a tarefa.
Desenvolve todos os puntos cun contido Expresa con moita claridade os seus puntos de Ten moi bo control gramatical e léxico Tendo en conta o nivel, presenta un Léxico propio do nivel, moi variado e
sempre relevante e un rexistro adecuado. vista. Desenvolve os seus argumentos de forma en estruturas propias do nivel. discurso moi fluído e natural. moi preciso sen apenas repeticións,
moi clara e precisa. Marca claramente as A pronuncia é moi clara e non presenta vacilacións ou circunloquios. Estruturas
relacións entre as ideas utilizando unha moi dificultades de comprensión. do nivel moi variadas, precisas e
ampla variedade de conectores propios do nivel. Entoación moi natural e axeitada á axeitadas á situación comunicativa.
situación comunicativa.
 2,25 puntos  2,25 puntos  2,25 puntos  2,25 puntos  2,25 puntos
B.- 2 puntos B.- 2 puntos B.- 2 puntos B.- 2 puntos B.- 2 puntos
Cumpre ben a tarefa. Cumpre ben a tarefa. Cumpre ben a tarefa. Cumpre ben a tarefa. Cumpre ben a tarefa.
Desenvolve todos os puntos cun contido, en Expresa con claridade os seus puntos de vista. Ten, en xeral, un bo control gramatical Discurso fluído e natural. Pronuncia Léxico propio do nivel, en xeral, variado
xeral, relevante e un rexistro adecuado aínda Desenvolve os seus argumentos de forma clara e léxico en estruturas propias do nivel. clara. A pronuncia non presenta, en e preciso. Estruturas do nivel bastante
que poida presentar algunha vacilación ou e precisa. Marca claramente as relacións entre xeral, dificultades de comprensión. variadas, precisas e axeitadas á
Desenvolve só dous puntos pero cun contido as ideas utilizando unha ampla variedade de Entoación, en xeral, natural e axeitada á situación comunicativa.
moi relevante e un rexistro adecuado. conectores propios do nivel. situación comunicativa.
1,75 puntos 1,75 puntos 1,75 puntos 1,75 puntos 1,75 puntos
C.- 1,5 puntos C.- 1,5 puntos C.- 1,5 puntos C.- 1,5 puntos C.- 1,5 puntos
Cumpre con suficiencia a tarefa. Cumpre con suficiencia a tarefa. Cumpre con suficiencia a tarefa. Cumpre con suficiencia a tarefa. Cumpre con suficiencia a tarefa.
Desenvolve todos os puntos aínda que o Expresa con suficiente claridade os seus puntos Ten un control gramatical e léxico Discurso suficientemente fluído e Léxico do nivel suficientemente variado
contido é ocasionalmente pouco relevante. O de vista. Desenvolve os seus argumentos de suficiente en estruturas propias do natural. Pronuncia e entoación e preciso aínda que con repeticións,
rexistro é, en xeral, apropiado aínda que forma suficientemente clara e precisa. Marca as nivel. suficientemente clara para garantir a vacilacións ou circunloquios ocasionais.
poida presentar vacilacións ocasionais. relacións entre as ideas utilizando unha comunicación. Estruturas suficientemente variadas,
variedade suficiente de conectores propios do Entoación axeitada á situación precisas e adecuadas á situación
nivel. comunicativa. comunicativa.
1 punto 1 punto 1 punto 1 punto 1 punto
D.- 0,5 puntos D.- 0,5 puntos D.- 0,5 puntos D.- 0,5 puntos D.- 0,5 puntos
Non cumpre satisfactoriamente a tarefa. Non cumpre satisfactoriamente a tarefa. Non cumpre satisfactoriamente a Non cumpre satisfactoriamente a Non cumpre satisfactoriamente a
Non desenvolve todos os puntos ou Non quedan claros os seus puntos de vista. tarefa. tarefa. Discurso pouco fluído e natural, tarefa.
desenvólveos de maneira moi superficial, con Os seus argumentos son insuficientes e pouco Erros gramaticais e léxicos frecuentes con pausas moi frecuentes e ritmo Léxico e estruturas limitados, repetitivos
información irrelevante. O rexistro é, en xeral, claros. A relación entre as ideas non é clara e que dificultan a comprensión. irregular que dificulta a comprensión. e imprecisos.
inadecuado e presenta frecuentes non utiliza os conectores propios do nivel con Pronuncia incorrecta e entoación
vacilacións. eficacia. inadecuada que dificulta a comprensión.
E.- 0 puntos E.- 0 puntos E.- 0 puntos E.- 0 puntos E.- 0 puntos
Non cumpre a tarefa. Non cumpre a tarefa. Non cumpre a tarefa. Non cumpre a tarefa. Non cumpre a tarefa.
Mostra de lingua insuficiente para avaliar, Mostra de lingua insuficiente para avaliar, Mostra de lingua insuficiente para Mostra de lingua insuficiente para Mostra de lingua insuficiente para
incomprensible ou totalmente irrelevante. incomprensible ou totalmente irrelevante. avaliar, incomprensible ou totalmente avaliar, incomprensible ou totalmente avaliar, incomprensible ou totalmente
irrelevante. irrelevante. irrelevante.
CANDIDATO/A: AVALIADOR/A: ADMINISTRADOR/A: GRAVADORA Nº___ PISTA Nº___

NIVEL INT AV RESULTADO TAREFA N.º___ : ___/ 12,5

EXPRESIÓN E INTERACCIÓN ORAL: FICHA Nº _______ INTERACCIÓN (12,5 PUNTOS)


FLUIDEZ, PRONUNCIA
ADECUACIÓN (2,5) COHERENCIA E COHESIÓN (2,5) CORRECCIÓN (2,5) RIQUEZA (2,5)
E ENTOACIÓN (2,5)
A.- 2,5 puntos A.- 2,5 puntos A.- 2,5 puntos A.- 2,5 puntos A.- 2,5 puntos
Cumpre moi ben a tarefa. Cumpre moi ben a tarefa. Cumpre moi ben a tarefa. Cumpre moi ben a tarefa. Cumpre moi ben a tarefa.
Intervén de maneira moi precisa Expresa con moita claridade os seus puntos de Ten moi bo control gramatical e léxico en Tendo en conta o nivel, presenta un Léxico propio do nivel, moi variado
ofrecendo información moi detallada e vista. Desenvolve os seus argumentos de forma estruturas propias do nivel. discurso moi fluído e natural. e moi preciso, sen apenas
adaptada ao interlocutor. Colabora de moi clara e precisa. Marca claramente as A pronuncia é moi clara e non presenta repeticións, vacilacións ou
forma moi activa e espontánea na relacións entre as ideas utilizando unha moi dificultades de comprensión. Entoación circunloquios. Estruturas do nivel
interacción. Uso moi eficaz das ampla variedade de conectores propios do nivel. moi natural e axeitada á situación moi variadas, precisas e axeitadas
quendas de palabra. comunicativa. á situación comunicativa .
 2,25 puntos  2,25 puntos  2,25 puntos  2,25 puntos  2,25 puntos
B.- 2 puntos B.- 2 puntos B.- 2 puntos B.- 2 puntos B.- 2 puntos
Cumpre ben a tarefa. Cumpre ben a tarefa. Cumpre ben a tarefa. Cumpre ben a tarefa. Cumpre ben a tarefa.
Intervén, en xeral, de maneira precisa, Expresa con claridade os seus puntos de vista. Ten, en xeral, un bo control gramatical e Discurso fluído e natural. Pronuncia clara. Léxico propio do nivel, en xeral,
ofrecendo información detallada e Desenvolve os seus argumentos de forma clara léxico en estruturas propias do nivel. A pronuncia non presenta, en xeral, variado e preciso. Estruturas do
adaptada ao interlocutor. Móstrase, en e precisa. Marca claramente as relacións entre dificultades de comprensión. Entoación, en nivel bastante variadas, precisas e
xeral, activo e espontáneo. as ideas utilizando unha ampla variedade de xeral, natural e axeitada á situación adecuadas á situación
Uso eficaz das quendas de palabra. conectores propios do nivel. comunicativa. comunicativa.
1,75 puntos 1,75 puntos 1,75 puntos 1,75 puntos 1,75 puntos
C.- 1,5 puntos C.- 1,5 puntos C.- 1,5 puntos C.- 1,5 puntos C.- 1,5 puntos
Cumpre con suficiencia a tarefa. Cumpre con suficiencia a tarefa. Cumpre con suficiencia a tarefa. Cumpre con suficiencia a tarefa. Cumpre con suficiencia a tarefa.
Aínda que non intervén sempre de Expresa con suficiente claridade os seus puntos de Ten un control gramatical e léxico suficiente Discurso suficientemente fluído e natural. Léxico do nivel suficientemente
modo preciso ofrece información vista. Desenvolve os seus argumentos de forma en estruturas propias do nivel. Pronuncia e entoación suficientemente variado e preciso, aínda que con
suficiente e, en xeral, adaptada ao suficientemente clara e precisa. Marca as relacións clara para garantir a comunicación. repeticións, vacilacións ou
interlocutor. Móstrase suficientemente entre as ideas utilizando unha variedade suficiente Entoación axeitada á situación circunloquios ocasionais. Estruturas
activo e espontáneo. Uso de conectores propios do nivel. comunicativa. suficientemente variadas, precisas
suficientemente eficaz das quendas de e axeitadas á situación
palabra. comunicativa.
1 punto 1 punto 1 punto 1 punto 1 punto
D.- 0,5 puntos D.- 0,5 puntos D.- 0,5 puntos D.- 0,5 puntos D.- 0,5 puntos
Non cumpre satisfactoriamente a Non cumpre satisfactoriamente a tarefa. Non cumpre satisfactoriamente a tarefa. Non cumpre satisfactoriamente a tarefa. Non cumpre satisfactoriamente a
tarefa. Non desenvolve todos os puntos Non quedan claros os seus puntos de vista. Os Erros gramaticais e léxicos frecuentes que Discurso pouco fluído e natural, con tarefa.
ou desenvólveos de maneira moi seus argumentos son insuficientes e pouco dificultan a comprensión. pausas moi frecuentes e ritmo irregular, Léxico e estruturas limitados,
superficial con información irrelevante. claros. A relación entre as ideas non é clara e que dificulta a comprensión. Pronuncia repetitivos e imprecisos.
O rexistro é, en xeral, inadecuado e non utiliza os conectores propios do nivel con incorrecta e entoación inadecuada que
presenta frecuentes vacilacións. eficacia. dificulta a comprensión.
E.- 0 puntos E.-  0 puntos E.- 0 puntos E.- 0 puntos E.- 0 puntos
Non cumpre a tarefa. Non cumpre a tarefa. Non cumpre a tarefa. Non cumpre a tarefa. Non cumpre a tarefa.
Mostra de lingua insuficiente para avaliar, Mostra de lingua insuficiente para avaliar, Mostra de lingua insuficiente para avaliar, Mostra de lingua insuficiente para avaliar, Mostra de lingua insuficiente para
incomprensible ou totalmente irrelevante. incomprensible ou totalmente irrelevante. incomprensible ou totalmente irrelevante. incomprensible ou totalmente irrelevante. avaliar, incomprensible ou totalmente
irrelevante.
FLUIDEZ, PRONUNCIA
ADECUACIÓN COHERENCIA E COHESIÓN CORRECCIÓN RIQUEZA
E ENTOACIÓN
OBSERVACIÓNS TAREFA 1

FLUIDEZ, PRONUNCIA
ADECUACIÓN COHERENCIA E COHESIÓN CORRECCIÓN RIQUEZA
E ENTOACIÓN
OBSERVACIÓNS TAREFA 2
ANEXO II
GUÍA DE APLICACIÓN DAS TÁBOAS DE AVALIACIÓN
DA EXPRESIÓN E INTERACCIÓN ORAL

1. PROCEDEMENTO PARA AVALIAR E USO DAS TÁBOAS DE


AVALIACIÓN

1.1 Cada tarefa será administrada por un/ha profesor/a administrador/a e un/ha
profesor/a avaliador/a, quen cubrirá as correspondentes táboas de avaliación.

1.1.1 Durante a intervención da/s persoa/s candidata/s:


 O/a administrador/a é responsable da interacción coas persoas candidatas.
 O/a avaliador/a é responsable de facer unha valoración analítica e cubrir as
táboas de avaliación. Despois de ser presentado non participará na
interacción.
 O/a avaliador/a usará unha táboa para a tarefa de monólogo/exposición oral e
outra para a tarefa de interacción oral. As dúas táboas de avaliación son as
mesmas para o nivel intermedio e o nivel avanzado.
 Os descritores incluídos nas táboas deben interpretarse sempre apoiados na
definición do nivel que se está a avaliar: intermedio (B1) ou avanzado (B2) (ver
epígrafes 3 e 4 deste documento).
 O/a avaliador/a marcará as bandas intermedias das táboas de avaliación
cando considere que a produción da persoa candidata é superior ou inferior ás
bandas descritas ou cando non todos os aspectos do descritor coincidan na
mesma banda.
 ATENCIÓN: Cando dous dos cinco criterios de avaliación estean cualificados
nas bandas de “non apto” (D ou E) non se sumará a puntuación obtida e
cualificarase a tarefa con 0 puntos.
 Non se penalizará a quen non empregue todo o tempo asignado para as
intervencións sempre que cumpra coa tarefa e o profesorado teña suficientes
datos para avaliar.

1.1.2 Ao remate da intervención da/s persoa/s candidatas:


 Ao rematar de cubrir a súa táboa e unha vez que a persoa candidata abandone
a aula, o profesorado avaliador preguntará ao administrador cal é a súa
impresión global, cualificando de maneira global as dúas tarefas realizadas
(“apto” ou “non apto”) e cubrirá a resposta no cadro correspondente da táboa
de avaliación.
 Se a cualificación global do/a administrador/a non coincide coa do/a
avaliador/a intentarase chegar a un consenso. De non existir, recorrerase á
gravación para establecer a nota definitiva, solicitando a arbitraxe doutro/a
avaliador/a, se for preciso.
1.2 Unha vez asignada unha nota final a cada unha das tarefas cubrirase a táboa
de cualificacións finais (Anexo III).
1.3 A táboa de avaliación, asinada polos dous membros do tribunal, conservarase
e estará dispoñible para unha eventual reclamación de maneira que tanto o
departamento como o servizo de inspección poidan estar informados dos
pasos que se seguiron no proceso de avaliación e das decisións que se foron
tomando.

2. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

2.1 A proba cualifícase atendendo aos criterios de adecuación, coherencia e


cohesión, fluidez, pronuncia e entoación, corrección, e riqueza.
2.1.1 O criterio de ADECUACIÓN refírese:
 ao cumprimento da tarefa, é dicir, ao desenvolvemento de todos os puntos
citados nela.
 á relevancia do contido.
 á capacidade de colaborar e interactuar na fase de diálogo.
 ao uso dun rexistro axeitado ao contexto comunicativo.
2.1.2 O criterio de COHERENCIA E COHESIÓN refírese:
 á organización da información e das ideas de maneira lóxica de modo que o
discurso sexa facilmente comprensible.
 á disposición e á unión de oracións en parágrafos (uso de conectores,
pronomes, adverbios e demais mecanismos de referencialidade).
2.1.3 O criterio de CORRECCIÓN refírese:
 ao grao de corrección gramatical e léxica.
2.1.4 O criterio de FLUIDEZ, PRONUNCIA E ENTOACIÓN refírese:
 á capacidade de desenvolverse cun ritmo bastante regular.
 ao grao de corrección e naturalidade da pronuncia e da entoación.
2.1.5 O criterio de RIQUEZA refírese:
 á variedade e precisión do léxico e ás estruturas utilizadas.

3. NIVEL INTERMEDIO:

3.1 ADECUACIÓN
A persoa candidata de nivel intermedio é capaz de:
 ofrecer información suficiente e relevante para cumprir o propósito
comunicativo.
 utitilizar un rexistro adaptado á situación de comunicación.
 saber iniciar, manter e rematar conversas sinxelas cara a cara sobre temas
que son cotiáns ou de interese persoal.

2
 facer un uso eficaz da súa quenda de palabra, aínda que pode que non o faga
sempre con elegancia.
3.2 COHERENCIA E COHESIÓN
A persoa candidata de nivel intermedio é capaz de:
 enlazar unha serie de elementos breves, diferenciados e sinxelos para formar
unha secuencia lineal de ideas relacionadas.
 organizar o discurso de maneira que se distinga con claridade o tema
principal dos temas secundarios.
 utilizar recursos lingüísticos adecuados para garantir a coherencia espazo-
temporal.
 utilizar unha certa variedade de conectores básicos para:
 expresar relacións lóxicas como causa, consecuencia, finalidade, etc.
 iniciar, continuar, engadir, exemplificar e concluír en diferentes situacións
de interacción.
 manter a cohesión temática do texto utilizando recursos tales como a
correferencia (por exemplo, o uso de artigos, pronomes, demostrativos,
concordancia de tempos verbais...), a elipse, as repeticións, etc.
3.3 CORRECCIÓN
A persoa candidata de nivel intermedio é capaz de:
 comunicarse con razoable corrección en situacións cotiás: xeralmente, ten un
bo control gramatical, aínda que cunha influencia evidente da lingua materna;
comete erros, pero queda claro o que intenta expresar.
 utilizar con razoable corrección un repertorio de fórmulas e estruturas de uso
habitual e asociadas a situacións predicibles.
 manifestar un bo dominio do vocabulario elemental, pero aínda pode cometer
erros importantes cando expresa pensamentos máis complexos ou cando
aborda temas e situacións pouco frecuentes.
3.4 FLUIDEZ, PRONUNCIA E ENTOACIÓN
A persoa candidata de nivel intermedio é capaz de:
 realizar, con razoable fluidez, narracións ou descricións sinxelas, mediante
unha secuencia lineal de elementos.
 expresarse con relativa facilidade; a pesar dalgúns problemas ao formular o
discurso —que dan como resultado pausas ou conducen a situacións sen
saída—, é capaz de seguir adiante con eficacia e sen axuda.
 expresarse cunha pronuncia e entoación claramente intelixibles, aínda que,
ás veces, resulte evidente o seu acento estranxeiro e cometa erros
esporádicos.
3.5 RIQUEZA
A persoa candidata de nivel intermedio é capaz de:
 utilizar vocabulario adecuado para expresarse, aínda que un tanto
dubitativamente e con circunloquios, en temas pertinentes para a súa vida
diaria.
 utilizar unha variedade de estruturas sintácticas elementais ou
suficientemente precisas como para acadar o propósito comunicativo
segundo o tema que se trate.

3
4. NIVEL AVANZADO:

4.1 ADECUACIÓN
A persoa candidata de nivel avanzado é capaz de:
 iniciar, manter e rematar o discurso adecuadamente, facendo un uso eficaz
da súa quenda de palabra.
 expresarse con fluidez, precisión, eficacia e espontaneidade sobre unha
ampla serie de temas xerais ou relacionados coa súa especialidade, nun
rexistro formal ou informal adecuado á situación das persoas implicadas.
 ofrecer información detallada e fiable.

4.2 COHERENCIA E COHESIÓN


A persoa candidata de nivel avanzado é capaz de:
 realizar descricións, narracións e argumentacións claras e sistematicamente
desenvolvidas, salientando adecuadamente os aspectos significativos e os
detalles relevantes que sirvan de apoio, defendendo as súas ideas con
aspectos complementarios e exemplos relevantes.
 empregar un número limitado de mecanismos de cohesión para converter as
súas frases nun discurso claro e coherente, aínda que pode mostrar certo
nerviosismo se a intervención é longa.
 empregar con eficacia unha variedade de palabras de enlace para sinalar con
claridade as relacións que existen entre as ideas.
4.3 CORRECCIÓN
A persoa candidata de nivel avanzado é capaz de:
 expresarse cun bo control gramatical aínda que pode ter descoidos
esporádicos, erros non sistemáticos e pequenos fallos na estrutura da frase,
aínda que son escasos e a miúdo pode corrixilos retrospectivamente.
 expresarse cunha corrección léxica xeralmente alta, aínda que teña algunha
confusión ou cometa algunha incorrección cando selecciona palabras, sen
que isto obstaculice a comunicación.
4.4 FLUIDEZ, PRONUNCIA E ENTOACIÓN
A persoa candidata de nivel avanzado é capaz de:
 comunicarse espontaneamente, a miúdo mostrando unha fluidez e unha
facilidade de expresión notables, mesmo en períodos longos e complexos.
 participar na conversa cun grao de fluidez e espontaneidade que fai posible a
interacción habitual con falantes nativos sen producir tensión en ningún dos
interlocutores.
 usar unha pronuncia e unha entoación claras e naturais.
4.5 RIQUEZA
A persoa candidata de nivel avanzado é capaz de:
 expresarse cun nivel de lingua amplo de abondo como para poder ofrecer
descricións claras e expresar puntos de vista sobre temas xerais sen que se
lle note que ten que buscar as palabras adecuadas e sabe empregar oracións
complexas para conseguilo.
 usar un amplo vocabulario sobre asuntos relativos á súa especialidade e
temas máis xerais. Varía a formulación para evitar a frecuente repetición,
pero as deficiencias léxicas aínda poden provocar vacilacións e circunloquios.

4
EOI de _______________ Departamento de ________________Tribunal n.º:______
ANEXO III
Administrador-a /Avaliador-a nº 1________________________________________ TÁBOA DE CUALIFICACIÓNS FINAIS
EXPRESIÓN E INTERACCIÓN ORAL
Administrador-a /Avaliador-a nº 2_______________________________________
Gravadora nº _______

NIVEL

E ENTOACIÓN
CORRECCIÓN
ADECUACIÓN

COHERENCIA
E COHESIÓN

PRONUNCIA
NOTA

FLUIDEZ,

RIQUEZA
NOTA FINAL
PERSOAS CANDIDATAS FINAL
POR INCIDENCIAS
 Apto
  TAREFA
Non apto
INT AV

Pista Tarefa 1

nº ______
Tarefa 2

Pista Tarefa 1

nº ______
Tarefa 2

Pista Tarefa 1

nº ______
Tarefa 2

Pista Tarefa 1

nº ______
Tarefa 2
NIVEL

E ENTOACIÓN
CORRECCIÓN
ADECUACIÓN

COHERENCIA
E COHESIÓN

PRONUNCIA
NOTA

FLUIDEZ,

RIQUEZA
NOTA FINAL
PERSOAS CANDIDATAS FINAL
POR INCIDENCIAS
 Apto
  TAREFA
Non apto
INT AV

Pista Tarefa 1

nº ______
Tarefa 2

Pista Tarefa 1

nº ______
Tarefa 2

Pista Tarefa 1

nº ______
Tarefa 2

Pista Tarefa 1

nº ______
Tarefa 2

Pista Tarefa 1

nº ______
Tarefa 2
ANEXO IV

TÁBOAS DE AVALIACIÓN DA EXPRESIÓN E INTERACCIÓN ESCRITA


CANDIDATO/A: AVALIADOR/A:

NIVEL:  INT  AV EXTENSIÓN ADECUADA  SI  NON RESULTADO TAREFA Nº ____: ____/ 10 TOTAL: TAREFA Nº___ + TAREFA Nº ____2 =____/ 25

EXPRESIÓN E INTERACCIÓN ESCRITA: TAREFA Nº______ INTERACCIÓN (10 PUNTOS)


ADECUACIÓN (2,5) COHERENCIA E COHESIÓN (2,5) CORRECCIÓN (2,5) RIQUEZA (2,5)
A.- 2,5 puntos A.- 2,5 puntos A.- 2,5 puntos A.- 2,5 puntos
Cumpre moi ben a tarefa. Cumpre moi ben a tarefa. Cumpre moi ben a tarefa. Cumpre moi ben a tarefa:
Desenvolve todos os puntos cun contido relevante e O texto lese de maneira fluída. A información e as ideas Presenta un bo control gramatical das estruturas propias Léxico propio do nivel, moi variado e
adecuado. Axústase ao tipo de texto e formato requirido están ben estruturadas en oracións e parágrafos. Fai un uso do nivel aínda que pode presentar erros illados, sobre preciso sen apenas repeticións ou
e utiliza un rexistro adecuado ao destinatario, propósito adecuado de conectores discursivos e/ou mecanismos de todo en estruturas máis ambiciosas. Fai un uso correcto circunloquios. Estruturas do nivel moi
ou situación. referencialidade propios do nivel, así como dos signos de do vocabulario do nivel e ten un bo dominio da variadas e adecuadas á situación
puntuación. ortografía. comunicativa.
 2,25 puntos  2,25 puntos  2,25 puntos  2,25 puntos
B.- 2 puntos B.- 2 puntos B.- 2 puntos B.- 2 puntos
Cumpre ben a tarefa. Cumpre ben a tarefa. Cumpre ben a tarefa. Cumpre ben a tarefa.
Desenvolve todos os puntos cun contido, en xeral, En xeral, o texto lese de maneira fluída. A información e as Presenta,en xeral, un bo control gramatical das Lexico propio do nivel, en xeral variado e
relevante e adecuado. En xeral, axústase ao tipo de ideas están, en xeral, ben estruturadas en oracións e estruturas propias do nivel, aínda que poida cometer bastante preciso. Estruturas do nivel, en
texto e formato requirido e utiliza un rexistro adecuado parágrafos. En xeral, fai un uso adecuado de conectores erros illados que non dificultan a comprensión. En xeral xeral variadas e adecuadas á situación
ao destinatario, propósito ou situación ou discursivos e/ou mecanismos de referencialidade propios do fai un uso correcto do vocabulario do nivel aínda que comunicativa.
Desenvolve a maioría dos puntos cun contido relevante nivel, así como dos signos de puntuación. con algún erro esporádico. En xeral, ten un bo dominio
e adecuado. Axústase ao tipo de texto e formato da ortografía aínda que pode presentar algún erro non
requirido e utiliza un rexistro adecuado ao destinatario, sistemático.
propósito ou situación.
 1,75 puntos  1,75 puntos  1,75 puntos  1,75 puntos
C.- 1,5 puntos C.- 1,5 puntos C.- 1,5 puntos C.- 1,5 puntos
Cumpre con suficiencia a tarefa. Cumpre con suficiencia a tarefa. Cumpre con suficiencia a tarefa. Cumpre con suficiencia a tarefa.
Desenvolve todos os puntos, aínda que o contido é, O texto lese de maneira suficientemente fluída, aínda que nalgún Presenta un control gramatical suficiente das estruturas Léxico propio do nivel, suficientemente
ocasionalmente, pouco relevante. fragmento presente dificultades na comprensión que se superan propias do nivel, aínda que pode presentar erros variado e preciso, aínda que presenta
En xeral, axústase ao tipo de texto e formato requirido cunha lectura máis atenta. A información e as ideas están ocasionais que nalgún momento dificultan lixeiramente a repeticións e circunloquios ocasionais.
e utiliza un rexistro adecuado ao destinatario, suficientemente estruturadas en oracións e parágrafos e fai un comprensión. Fai un uso suficientemente correcto do Estruturas do nivel, suficientemente
propósito ou situación, aínda que ocasionalmente uso suficientemente adecuado de conectores discursivos e/ou vocabulario do nivel e presenta erros de ortografía que variadas e adecuadas á situación
poida presentar inconsistencias. mecanismos de referencialidade propios do nivel, aínda que non dificultan a comprensión. comunicativa.
ocasionalmente poida presentar inconsistencias. O uso dos
signos de puntuación é suficientemente adecuado.
 1 punto  1 punto  1 punto  1 punto
D.- 0,5 puntos D.- 0,5 puntos D.- 0,5 puntos D.- 0,5 puntos
Non cumpre satisfactoriamente a tarefa. Non cumpre satisfactoriamente a tarefa. Non cumpre satisfactoriamente a tarefa. Non cumpre satisfactoriamente a tarefa.
Non desenvolve ou desenvolve insuficientemente os O texto lese con dificultade. A información e as ideas están Presenta un dominio gramatical e léxico insuficiente As estruturas gramaticais e o léxico son
puntos. O contido non é relevante. Non se axusta ao desordenadas e o uso de conectores discursivos ou para o nivel, con erros frecuentes que dificultan a repetitivos, imprecisos, demasiado
tipo de texto nin ao formato; e o rexistro non é o mecanismos de referencialidade non é apropiado. O uso dos comprensión. Comete erros frecuentes de ortografía. básicos para o nivel e pouco adecuados
adecuado ao destinatario, nin ao propósito nin á signos de puntuación é inadecuado e dificulta a comprensión. á situación comunicativa.
situación. Non cumpre a finalidade comunicativa.
E.- 0 puntos E.- 0 puntos E.- 0 puntos E.- 0 puntos
Non cumpre a tarefa. Insuficiente para avaliar, Non cumpre a tarefa. Insuficiente para avaliar, ilexible ou Non cumpre a tarefa. Insuficiente para avaliar, ilexible Non cumpre a tarefa. Insuficiente para
ilexible ou totalmente irrelevante. totalmente irrelevante. ou totalmente irrelevante. avaliar, ilexible ou totalmente irrelevante.
CANDIDATO/A: AVALIADOR/A:

NIVEL:  INT  AV EXTENSIÓN ADECUADA  SI  NON RESULTADO TAREFA Nº ____ : ____/15

EXPRESIÓN E INTERACCIÓN ESCRITA: TAREFA Nº______ PRODUCIÓN LIBRE (15 puntos)


ADECUACIÓN (3) COHERENCIA E COHESIÓN (4) CORRECCIÓN (4) RIQUEZA (4)
A.- 3 puntos A.- 4 puntos A.- 4 puntos A.- 4 puntos
Cumpre moi ben a tarefa. Cumpre moi ben a tarefa. Cumpre moi ben a tarefa. Cumpre moi ben a tarefa.
Desenvolve todos os puntos cun contido relevante e O texto lese de maneira fluída. A información e as ideas Presenta un bo control gramatical das estruturas Léxico propio do nivel, moi variado e
adecuado. Axústase ao tipo de texto e formato requirido e están ben estruturadas en oracións e parágrafos. Fai un uso propias do nivel aínda que pode presentar erros preciso, sen apenas repeticións nin
utiliza un rexistro adecuado ao destinatario, propósito ou adecuado de conectores discursivos e/ou mecanismos de illados, sobre todo en estruturas máis ambiciosas. Fai circunloquios. Estruturas do nivel moi
situación. referencialidade propios do nivel, así como dos signos de un uso correcto do vocabulario do nivel e ten un bo variadas e adecuadas á situación
puntuación. dominio da ortografía. comunicativa.
 2,75 puntos  3,5 puntos  3,5 puntos  3,5 puntos
B.- 2,5 puntos B.- 3,25 puntos B.- 3,25 puntos B.- 3,25 puntos
Cumpre ben a tarefa. Cumpre ben a tarefa. Cumpre ben a tarefa. Cumpre ben a tarefa.
Desenvolve todos os puntos cun contido, en xeral, relevan- En xeral, o texto lese de maneira fluída. A información e as Presenta, en xeral, un bo control gramatical das Léxico propio do nivel, en xeral variado e
te e adecuado. En xeral, axústase ao tipo de texto e forma- ideas están, en xeral, ben estruturadas en oracións e estruturas propias do nivel, aínda que pode cometer bastante preciso. Estruturas do nivel, en
to requirido e utiliza un rexistro adecuado ao destinatario, parágrafos. En xeral, fai un uso axeitado de conectores erros illados que non dificultan a comprensión. En xeral variadas e adecuadas á situación
propósito ou situación ou discursivos e/ou mecanismos de referencialidade propios do xeral, fai un uso correcto do vocabulario do nivel, comunicativa.
Desenvolve a maioría dos puntos cun contido relevante e nivel, así como dos signos de puntuación. aínda que con algún erro esporádico. En xeral, ten un
adecuado. Axústase ao tipo de texto e formato requirido e bo dominio da ortografía aínda que pode presentar
utiliza un rexistro adecuado ao destinatario, propósito ou algún erro non sistemático.
situación.
 2 puntos  2,75 puntos  2,75 puntos  2,75 puntos
C.- 1,5 puntos C.- 2,5 puntos C.- 2,5 puntos C.- 2,5 puntos
Cumpre con suficiencia a tarefa. Cumpre con suficiencia a tarefa. Cumpre con suficiencia a tarefa. Cumpre con suficiencia a tarefa.
Desenvolve todos os puntos, aínda que o contido é, O texto lese de maneira suficientemente fluída, aínda que nalgún Presenta un control gramatical suficiente das Léxico propio do nivel, suficientemente
ocasionalmente, pouco relevante. En xeral, axústase ao fragmento presente dificultades na comprensión que se superan estruturas propias do nivel, aínda que pode presentar variado e preciso, aínda que presenta
tipo de texto e formato requirido e utiliza un rexistro cunha lectura máis atenta. A información e as ideas están erros ocasionais que nalgún momento dificultan repeticións e circunloquios ocasionais.
adecuado ao destinatario, propósito ou situación, aínda suficientemente estruturadas en oracións e parágrafos e fai un lixeiramente a comprensión. Fai un uso Estruturas do nivel, suficientemente
que ocasionalmente poida presentar inconsistencias. uso suficientemente adecuado de conectores discursivos e/ou suficientemente correcto do vocabulario do nivel e variadas e adecuadas á situación
mecanismos de referencialidade propios do nivel, aínda que presenta erros de ortografía que non dificultan a comunicativa.
ocasionalmente poida presentar inconsistencias. O uso dos comprensión.
signos de puntuación é suficientemente adecuado.
 1 punto  1,5 puntos  1,5 puntos  1,5 puntos
D.- 0,5 puntos D.- 1 punto D.- 1 punto D.- 1 punto
Non cumpre satisfactoriamente a tarefa. Non cumpre satisfactoriamente a tarefa. Non cumpre satisfactoriamente a tarefa. Non cumpre satisfactoriamente a tarefa.
Non desenvolve ou desenvolve insuficientemente os O texto lese con dificultade. A información e as ideas están Presenta un dominio gramatical e léxico insuficiente As estruturas gramaticais e o léxico son
puntos. O contido non é relevante. Non se axusta ao desordenadas e o uso de conectores discursivos ou para o nivel, con erros frecuentes que dificultan a repetitivos, imprecisos, demasiado
tipo de texto nin ao formato; e o rexistro non é o mecanismos de referencialidade é inadecuado. O uso dos comprensión. Comete erros frecuentes de ortografía. básicos para o nivel e pouco axeitados á
adecuado ao destinatario, propósito ou situación. signos de puntuación é inadecuado e dificulta a comprensión. situación comunicativa.
Non cumpre a finalidade comunicativa.
E.-  0 puntos E.- 0 puntos E.- 0 puntos E.- 0 puntos
Non cumpre a tarefa. Non cumpre a tarefa. Non cumpre a tarefa. Non cumpre a tarefa.
Insuficiente para avaliar, ilexible ou totalmente Insuficiente para avaliar, ilexible ou totalmente irrelevante. Insuficiente para avaliar, ilexible ou totalmente Insuficiente para avaliar, ilexible ou
irrelevante. irrelevante. totalmente irrelevante.
ADECUACIÓN COHERENCIA E COHESIÓN CORRECCIÓN RIQUEZA
OBSERVACIÓNS TAREFA 1

ADECUACIÓN COHERENCIA E COHESIÓN CORRECCIÓN RIQUEZA


OBSERVACIÓNS TAREFA 2
ANEXO V
GUÍA DE APLICACIÓN DAS TÁBOAS DE AVALIACIÓN
DA EXPRESIÓN E INTERACCIÓN ESCRITA

1. PROCEDEMENTO PARA AVALIAR E USO DAS TÁBOAS DE


AVALIACIÓN

1.1 Cada tarefa será avaliada por dous/dúas profesores/as que cubrirán as
correspondentes táboas de avaliación individualmente:
 Usarase unha táboa para a tarefa 1 e outra táboa para a tarefa 2. As dúas
táboas de avaliación son as mesmas para o nivel intermedio e o nivel
avanzado. O profesorado avaliador indicará o nivel que está a cualificar no
espazo reservado para tal fin.
 Os descritores incluídos nas táboas deben interpretarse sempre apoiados na
definición do nivel que se está a avaliar: intermedio (B1) ou avanzado (B2) (ver
epígrafes 3 e 4 deste documento).
 Os avaliadores marcarán as bandas intermedias das táboas de avaliación
cando consideren que a produción da persoa candidata é superior ou inferior
ás bandas descritas ou cando non todos os aspectos do descritor coincidan na
mesma banda.
 ATENCIÓN: Cando 2 dos 4 criterios de avaliación estean cualificados nas
bandas de “non apto”, D ou E, non se sumará a puntuación obtida e
cualificarase a tarefa con 0 puntos.
 ATENCIÓN: Cualificaranse con 0 puntos no criterio de ADECUACIÓN:
 As tarefas que non se axusten aos mínimos e máximos de palabras.
 As tarefas escritas integramente con maiúsculas.
 As tarefas escritas con lapis ou emendadas con líquidos ou cintas
correctoras.
1.2 EXTENSIÓN DA TAREFA : Na corrección permitirase ata un 15% máis de
palabras por riba do número máximo estipulado, tanto no nivel intermedio
como no avanzado.
1.3 A seguir, farase a posta en común das cualificacións asignadas polos dous
avaliadores para chegar a unha única nota por tarefa:
 En caso de que as cualificacións non sexan coincidentes, procurarase chegar
a un consenso. De non chegar a un acordo, a cualificación de cada tarefa será
a media aritmética das dadas polos dous avaliadores, sempre que a diferenza
sexa menor de dous puntos.
 Se non se chega a un acordo e a diferenza entre as notas dadas por cada
avaliador é maior de dous puntos, ou, sendo menor de dous puntos, supón
pasar de APTO a NON APTO, farase constar DESACORDO no apartado de
incidencias da Táboa de cualificacións finais e solicitarase a arbitraxe dun
terceiro avaliador, que determinará a nota consensuada.
1.4 Unha vez asignada unha nota final a cada unha das tarefas cubrirase a Táboa
de cualificacións finais (Anexo VI).
1.5 As dúas táboas de avaliación, asinadas polos avaliadores, conservaranse e
estarán dispoñibles para unha eventual reclamación de maneira que tanto o
departamento como o servizo de inspección poidan estar informados dos
pasos que se seguiron no proceso de avaliación e das decisións que se foron
tomando.

2. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

2.1 A proba cualifícase atendendo aos criterios de adecuación, coherencia e


cohesión, corrección e riqueza:
2.1.1 O criterio de ADECUACIÓN refírese:
 ao cumprimento da tarefa, é dicir, ao desenvolvemento dos puntos
detallados nela, así como ao cumprimento da extensión requirida.
 ao axuste ao formato e tipo de texto requirido (carta, nota informal,
narración, etc.).
 á adecuación do rexistro en función do destinatario, propósito e
situación.
 á adecuación do contido ao tema proposto.

2.1.2 O criterio de COHERENCIA E COHESIÓN refírese:


 á organización da información, das ideas e ao mantemento da liña
discursiva.
 á disposición e á unión de oracións e parágrafos (uso de conectores,
pronomes, adverbios e demais mecanismos de referencialidade).
 ao uso adecuado da puntuación.

2.1.3 O criterio de CORRECCIÓN refírese:


 ao correcto uso gramatical, léxico e ortográfico.

2.1.4 O criterio de RIQUEZA refírese:


 á variedade e precisión do léxico e ás estruturas utilizadas.

2
3. NIVEL INTERMEDIO:

3.1 ADECUACIÓN
A persoa candidata de nivel intermedio é capaz de:
 ofrecer información suficiente e relevante para cumprir o propósito
comunicativo.
 describir experiencias, sentimentos e acontecementos de forma sinxela sobre
unha serie de temas cotiás.
 facer narracións breves e sinxelas.
 expresar opinións e xustificalas brevemente.
 expresar a idea principal que quere comunicar e os seus aspectos principais.
 solicitar e transmitir información sinxela e práctica facendo entender que
aspecto lle parece máis importante.
 adaptarse ás características, organización básica e formato dos textos escritos
que produce.
 utilizar o rexistro formal ou informal segundo o requira o destinatario, o
propósito e a situación de comunicación.
3.2 COHERENCIA E COHESIÓN
A persoa candidata de nivel intermedio é capaz de:
 realizar, con razoable fluidez, narracións ou descricións sinxelas, mediante
unha secuencia lineal de elementos.
 enlazar unha serie de elementos breves, diferenciados e sinxelos, para formar
unha secuencia lineal de ideas relacionadas.
 organizar o discurso de maneira que se distinga con claridade o tema principal
dos temas secundarios.
 utilizar recursos lingüísticos adecuados para garantir a coherencia espazo-
temporal.
 utilizar unha certa variedade de conectores básicos para expresar relacións
lóxicas tales como causa, consecuencia, finalidade, etc.
 usar unha certa variedade de conectores discursivos para iniciar, continuar,
engadir, exemplificar e concluír en diferentes situacións de interacción escrita.
 manter a cohesión temática do texto utilizando recursos tales como a
correferencia (por exemplo, o uso de artigos, pronomes, demostrativos ou a
concordancia de tempos verbais...), a elipse, as repeticións, etc.
 usar unha puntuación bastante idónea como para que se comprenda case
sempre.
3.3 CORRECCIÓN
A persoa candidata de nivel intermedio é capaz de:
 Utilizar, con razoable corrección, un repertorio de fórmulas e estruturas de uso
habitual e asociadas a situacións predicibles.

3
 Manifestar un bo dominio do vocabulario elemental, aínda que poida cometer
erros importantes cando expresa pensamentos máis complexos ou cando
aborda temas e situacións pouco frecuentes.
 Usar unha ortografía bastante correcta como para que se comprenda case
sempre.
3.4 RIQUEZA
A persoa candidata de nivel intermedio é capaz de:
 seleccionar o léxico e as estruturas sintácticas suficientes para acadar o
propósito comunicativo segundo o tema que trate.
 utilizar un repertorio lingüístico bastante amplo como para desenvolverse e un
vocabulario adecuado para expresarse, aínda que un tanto dubitativamente e
con circunloquios, sobre temas tales como a súa familia, as súas afeccións e
intereses, o seu traballo, as súas viaxes e acontecementos actuais.

4. NIVEL AVANZADO:

4.1 ADECUACIÓN
A persoa candidata de nivel avanzado é capaz de:
 ofrecer información suficiente e relevante para cumprir o propósito
comunicativo.
 desenvolver descricións, narracións e argumentacións claras e detalladas,
ampliando e apoiando os seus puntos de vista sobre os aspectos principais
con detalles e exemplos axeitados.
 resumir e valorar información argumentando a súa valoración.
 solicitar ou transmitir información salientando os aspectos que se consideran
importantes e achegando detalles e exemplos adecuados.
 explicar os aspectos principais dunha idea ou un problema con razoable
precisión.
 adaptarse ás características, organización básica e formato dos textos escritos
que produce.
 utilizar o rexistro, formal ou informal, segundo o requira a situación de
comunicación.
4.2 COHERENCIA E COHESIÓN
A persoa candidata de nivel avanzado é capaz de:
 producir unha escritura continua intelixible que segue as convencións de
organización e de distribución en parágrafos.
 empregar con eficacia unha variedade de palabras de enlace para sinalar con
claridade as relacións que existen entre as ideas distinguindo claramente entre
ideas principais e ideas secundarias
 empregar un número limitado de mecanismos de cohesión para enlazar frases
e crear un discurso claro e coherente, aínda que pode amosar certo
nerviosismo nunha intervención longa.
 utilizar recursos lingüísticos adecuados para garantir a coherencia espazo-
temporal.

4
 utilizar unha certa variedade de conectores básicos para expresar relacións
lóxicas tales como causa, consecuencia, finalidade, etc.
 usar unha certa variedade de conectores discursivos para iniciar, continuar,
engadir, exemplificar e concluír en diferentes situacións de interacción escrita.
 manter a cohesión temática do texto utilizando recursos tales como a
correferencia (por exemplo, o uso de artigos, pronomes, demostrativos,
concordancia de tempos verbais...), a elipse, as repeticións, etc.
 Usar unha puntuación idónea como para que se comprenda case sempre.
4.3 CORRECCIÓN
A persoa candidata de nivel avanzado é capaz de:
 manifestar un bo control gramatical, aínda que pode ter descoidos
esporádicos, erros non sistemáticos e pequenos fallos na estrutura da frase,
pero son escasos e, a miúdo, pode corrixilos retrospectivamente.
 usar o léxico cunha precisión xeralmente alta, aínda que teña algunha
confusión ou cometa algunha incorrección ao seleccionar as palabras, sen que
iso obstaculice a comunicación.
 Usar unha ortografía, puntuación e a estruturación o suficientemente correctas
como para que se comprendan case sempre.
4.4 RIQUEZA
A persoa candidata de nivel avanzado é capaz de:
 expresarse con claridade e sen manifestar ostensiblemente que teña que
limitar o que quere dicir.
 usar suficientes elementos lingüísticos como para facer descricións claras,
expresar puntos de vista e desenvolver argumentos, empregando para iso
algunhas oracións complexas e sen moitos circunloquios.
 usar un amplo vocabulario sobre asuntos relativos á súa especialidade e sobre
temas máis xerais, e de variar a formulación para evitar a frecuente repetición,
pero as deficiencias léxicas aínda poden provocar vacilación e circunloquios.

5
EOI de ____________ Departamento de ______________Tribunal n.º:_____ ANEXO VI
TÁBOA DE CUALIFICACIÓNS FINAIS
Avaliador/a nº 1_________________________________________________ EXPRESIÓN E INTERACCIÓN ESCRITA
Avaliador/a nº 2_________________________________________________

CORRECCIÓN
ADECUACIÓN

COHERENCIA
NIVEL

E COHESIÓN
NOTA

RIQUEZA
NOTA FINAL
PERSOAS CANDIDATAS FINAL
POR
Apto
INCIDENCIAS
 TAREFA
 INT  AV Non Apto

Tarefa 1

Tarefa 2

Tarefa 1

Tarefa 2

Tarefa 1

Tarefa 2

Tarefa 1

Tarefa 2
CORRECCIÓN
ADECUACIÓN

COHERENCIA
NIVEL

E COHESIÓN
NOTA

RIQUEZA
NOTA FINAL
PERSOAS CANDIDATAS FINAL
POR
Apto
INCIDENCIAS
 TAREFA
 INT  AV Non Apto

Tarefa 1

Tarefa 2

Tarefa 1

Tarefa 2

Tarefa 1

Tarefa 2

Tarefa 1

Tarefa 2

Tarefa 1

Tarefa 2

Tarefa 1

Tarefa 2
ANEXO VII

CARTEL INFORMATIVO
PROBA DE EXPRESIÓN E INTERACCIÓN ORAL

NIVEL INTERMEDIO

Lea detidamente as seguintes instrucións antes de entrar na aula

 Ao entrar na aula, comprobarase a identidade da persoa candidata a través de


DNI, NIE, pasaporte ou similar.
 As persoas candidatas que se presenten á proba de certificación pola
modalidade libre deberán presentar o resgardo da matrícula.
 Os teléfonos móbiles e calquera outro tipo de aparello electrónico deberán
permanecer apagados durante toda a proba.
 As persoas candidatas non poderán acceder á proba con ningún tipo de guión
nin apuntamento sobre o tema.
 As persoas candidatas deberán ler detidamente as instrucións que figuran na
ficha que lle proporcionará o profesorado.
 Na fase de acollida, as persoas candidatas poderán solicitarlle ao profesorado
administrador un xustificante de asistencia.

Duración e número de tarefas

Non
Introdución Fase de acollida 1-2 minutos
avaliable

Preparación: 1 minuto.
Tarefa 1 Diálogo Actuación conxunta: de 4-5 minutos (7 minutos, en caso 12,5 puntos
de trío)

Preparación: 3 minutos.
Duración de cada intervención: 2-3 minutos.
Tarefa 2 Monólogo 12,5 puntos
Tempo global: aproximadamente, 9 minutos (12 minutos,
en caso de trío).

Tempo global: aproximadamente, 15-20 minutos (20-25 TOTAL


minutos en caso de trío). 25 PUNTOS
ANEXO VIII

CARTEL INFORMATIVO

PROBA DE EXPRESIÓN E INTERACCIÓN ORAL

NIVEL AVANZADO

Lea detidamente as seguintes instrucións antes de entrar na aula

 Ao entrar na aula, comprobarase a identidade da persoa candidata a través de


DNI, NIE, pasaporte ou similar.
 As persoas candidatas que se presenten á proba de certificación pola
modalidade libre deberán presentar o resgardo da matrícula.
 Os teléfonos móbiles e calquera outro tipo de aparello electrónico deberán de
permanecer apagados durante toda a proba.
 As persoas candidatas deberán ler detidamente as instrucións que figuran na
ficha que lles proporcionará o profesorado.
 As persoas candidatas poderán solicitar ao profesorado administrador un
xustificante de asistencia.
 Durante a preparación do seu monólogo, as persoas candidatas poderán
utilizar un dicionario bilingüe facilitado polo departamento e preparar un
pequeno guión.
 As persoas candidatas poden entrar na aula do exame co guión redactado no
tempo de preparación para a súa consulta durante a exposición.

Duración e número de tarefas

Introdución Fase de acollida 1-2 minutos Non avaliable

Preparación e
Preparación: 10 minutos.
Tarefa 1 exposición dun 12,5 puntos
Duración da intervención: entre 3 e 4 minutos.
tema

Diálogo co
Preparación: 1 minuto
Tarefa 2 profesorado 12,5 puntos
Tempo global: entre 3 e 5 minutos
administrador

TOTAL
Tempo global: aproximadamente, 20 minutos.
25 PUNTOS
ANEXO IX

Material para as probas escritas por tribunal:

 Listaxe xeral de persoas candidatas por aula para o


chamamento
 Listaxe con espazos para que as persoas candidatas asinen a
entrega de cada unha das partes da proba

Copias suficientes do seguinte material:

 Carátulas xerais para a proba de nivel intermedio


 Carátulas xerais para a proba de nivel avanzado
 Exercicio de comprensión de lectura
 Exercicio de comprensión oral
 Exercicio de expresión e interacción escrita
 Audio para a proba de comprensión oral (un CD por aula)
 Xustificantes de asistencia ao exame (selados e asinados)
 Táboas de avaliación da expresión e interacción escrita (2 por
persoa candidata)
 Guía de aplicación das táboas de avaliación (1 para cada
avaliador/a)
 Táboa de cualificacións finais para a expresión e interacción
escrita
 Solucionarios para o profesorado avaliador
 Folios brancos co selo da EOI para utilizar como borrador.
ANEXO X

Material para a proba de expresión e interacción oral por tribunal:

 Listaxe das persoas candidatas convocadas por tribunal


 Gravadora dixital rotulada co número
 Un reloxo (cronómetro) que marque claramente o tempo e que as
persoas candidatas poidan ver durante a realización da proba
 Lote de fichas
 Un cartel informativo
 Un protocolo de administración

Copias suficientes do seguinte material:

 Xustificantes de asistencia ao exame (selados e asinados)


 Táboas de avaliación para cada unha das tarefas
 Guía de aplicación das táboas de avaliación
 Táboa de cualificacións finais

Específico para o nivel avanzado

 Medios folios brancos co selo da EOI


 Dicionarios bilingües
XUSTIFICANTE DE ASISTENCIA
______________________________________________________ profesor/a do Departamento de
_____________________________da Escola Oficial de Idiomas de _____________________________

FAGO CONSTAR:

Que don/a ________________________________________________________________, con


DNI/NIE/Pasaporte nº ___________________, asistiu no día de hoxe á parte  escrita  oral das
probas de certificación de nivel  intermedio  avanzado, correspondentes ao curso académico
20__/20__, desde as ________ ata as ________.

__________________, _________ de ________________ de 20__

selo do centro sinatura

XUSTIFICANTE DE ASISTENCIA
______________________________________________________ profesor/a do Departamento de
_____________________________da Escola Oficial de Idiomas de _____________________________

FAGO CONSTAR:

Que don/a ________________________________________________________________, con


DNI/NIE/Pasaporte nº ___________________, asistiu no día de hoxe á parte  escrita  oral das
probas de certificación de nivel  intermedio  avanzado, correspondentes ao curso académico
20__/20__, desde as ________ ata as ________.

__________________, _________ de ________________ de 20__

selo do centro sinatura


ANEXO XII

PROTOCOLO DE GRAVACIÓN DAS PROBAS


DE EXPRESIÓN E INTERACCIÓN ORAL

 Todas as gravadoras estarán rotuladas co seu número.


 As xefaturas de departamento deben responsabilizarse de comprobar o funcionamento
das gravadoras con antelación ás probas orais e deberán explicarlles aos membros dos
tribunais como se manexan.
 O profesorado avaliador cobre nas táboas de avaliación da expresión e interacción oral o
número da gravadora e a pista na que se vai gravando cada proba. No caso de nivel
intermedio, cada pista corresponde a dúas persoas candidatas (ou tres, en caso de trío);
na proba de nivel avanzado, cada pista corresponde a unha persoa soa.
 Sinálase sempre, ao comezar, en que pista se grava a proba. Por exemplo: no nivel
intermedio: gravadora nº 1, pista 1, parella 1. No nivel avanzado: gravadora nº 1, pista
1, primeira persoa candidata. Logo rexístrase o nome da persoa ou os nomes das
persoas candidatas e o número do tribunal.
 Despois das probas, cada tribunal pasa as gravacións a un ordenador, habilitado para iso,
por departamento didáctico ou na sala de recursos (é moi recomendable facelo cada día),
e descárganse en cartafoles xa creados que reproducen IDIOMA > NIVEL >
CONVOCATORIA > DATA > Nº DE GRAVADORA > PISTA. Logo gravaranse nun CD,
identificado igual que os cartafoles, e estes CDs coas gravacións custodiaranse nos
departamentos didácticos respectivos xunto coas probas.
 Se calquera persoa candidata presenta unha reclamación, búscase na táboa de avaliación
o número da gravadora e a pista que se corresponda co seu nome e localízase no cartafol
do idioma e nivel correspondente.
 É importante contar co apoio da xefatura de recursos ou doutra persoa especializada do
departamento didáctico respectivo para responsabilizarse da descarga e almacenaxe.

Cobertura legal
Segundo establece a Circular 1/2016 da Dirección Xeral de Educación, Formación
Profesional e Innovación Educativa, as probas de expresión e interacción oral de nivel
intermedio e de nivel avanzado serán gravadas en audio.
A finalidade da gravación é servir, única e exclusivamente, de ferramenta auxiliar no proceso
de avaliación.
As gravación serán arquivadas nos departamentos correspondentes por un tempo non
inferior a tres meses.
ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS
Proba de certificación de nivel intermedio
XUÑO 2016 – Proba A
Puntuación total

Apelidos e nome
da persoa candidata: ...................................................................................................

PROBA DE CERTIFICACIÓN DE NIVEL INTERMEDIO

Idioma:

Puntuación total

DESTREZA PUNTUACIÓN

Comprensión de lectura …… / 25

Expresión e interacción escrita …… / 25

Comprensión oral …… / 25

Expresión e interacción oral …… / 25

TOTAL: …… / 100
ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS
Proba de certificación de nivel avanzado
XUÑO 2016 – Proba A
Puntuación total

Apelidos e nome
da persoa candidata: ...................................................................................................

PROBA DE CERTIFICACIÓN DE NIVEL AVANZADO

Idioma:

Puntuación total

DESTREZA PUNTUACIÓN

Comprensión de lectura …… / 25

Expresión e interacción escrita …… / 25

Comprensión oral …… / 25

Expresión e interacción oral …… / 25

TOTAL: …… / 100

You might also like