You are on page 1of 3

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN 2º BACH LINGUA E LITERATURA GALEGA.

2023-2024

TAREFAS PROCEDEMENTOS INSTRUMENTOS CRITERIOS DE RECUPERACIÓN


DE AVALIACIÓN DE AVALIACIÓN CUALIFICACIÓN
Probas - Probas escritas seguindo o modelo Criterios de 90% A recuperación das probas
escritas ABAU. corrección. escritas realizarase no
dúas por - As incorreccións gramaticais e ortográficas trimestre seguinte.
trimestre. descontarán puntuación ata un máximo de 2
puntos. Para aprobar esta parte o alumnado
ten que ter como mínimo un 4 en cada
parcial. Unha vez obtida esta nota mínima
sumáranselle o apartado restante (traballos).
- Producións textuais escritas. Rúbricas 10% Non hai recuperación deste
Traballos - Intervencións planificadas e formais apartado.
na aula ou en espazos públicos.

Tarefas - Lecturas voluntarias Coloquios entre Ata 1 por trimestre


voluntarias o alumnado e a cando se acade 5 entre Non hai recuperación.
profesora. a proba escrita e os
traballos. Máximo 2
libros por trimestre (0,5
cada libro).
 Criterios de Recuperación
Os/as alumnos/as serán informados do seu rendimiento académico en cada unha das destrezas (comprensión e expresión escrita,
comprensión e expresión oral) e da cualificación obtida ao final de cada período de avaliación.
O alumnado que non realice os traballos en tempo e forma, terá un 0 nese apartado, que non se poderá recuperar.
A nota de cada unha das tres avaliacións será a suma das porcentaxes anteriores (probas escritas, e traballos) sempre que o alumnado acade como mínimo un 4
como mínimo nos dous parciais .

No caso de que un alumno/a non acade o mínimo (4) nas probas escritas sobre aspectos de lingua e literatura e a cualificación da avaliación non se vise compensada
cos outros instrumentos de avaliación, poderá repetir esa proba despois de cada avaliación. Para determinar a nova nota da avaliación, manteranse as mesmas
porcentaxes indicadas anteriormente para cada instrumento de avaliación. De acadar unha cualificación superior nesa avaliación, esta nova cualificación é a que se
terá en conta para calcular a nota media na convocatoria ordinaria, de producirse unha nota inferior, terase en conta para a media a nota máis alta.

Aplicarase redondeo á alza cando o alumnado acadase un decimal igual ou superior a 0,7. En caso contrario a nota sería o número enteiro inferior. Porén, para obter
a cualificación de SUFICIENTE, a cualificación non pode ser inferior a 5, non procedendo, neste caso o redondeo á alza.

Para valorar a cualificación final (avaliación ordinaria), realizarase a media aritmética dos tres trimestres. Se o resultado é 5 ou superior, o alumnado aprobará a
materia. Se o alumno/a non acada o 5 sumando as notas das tres avaliacións, realizará un exame global (final) no mes de maio de toda a materia. De producirse
calquera outra situación, a cualificación final será a nota mínima entre a media aritmética das tres avaliacións e un 4

Para valorar a cualificación final no mes de maio (avaliación ordinaria), farase media aritmética coas notas dos tres trimestres. Considérase aprobada a materia se o
alumno/a consegue un mínimo de 5 puntos.

Na convocatoria extraordinaria, (1º e 2º de Bacharelato) realizarase unha única proba escrita sobre os contidos traballados durante o curso. Esta proba apróbase cun
mínimo de 5 puntos.
Co fin de fomentar a lectura, poderanse facer lecturas voluntarias que serán valoradas positivamente: outorgarase ata 0’50 puntos por lectura, permitíndose ata un
máximo de 1 punto en cada avaliación cando o alumando teña acadado un 5 sumadas as cualificacións do resto das probas (probas escritas e traballos). A avaliación
destas lecturas voluntarias realizarase mediante un control de lectura oral.

Consideracións relativas á corrección lingüística en Bacharelato


Nas probas escritas poderá descontarse ata un máximo de 2 puntos da cualificación da devandita proba por erros ortográficos e gramaticais. Considéranse erros:
—Moi graves: Solucións alleas ao sistema lingüístico do galego (tempos compostos, mala colocación dos clíticos). Descontarase 0,2 por cada erro.

—Graves: Solucións ortográficas contrarias á norma lingüística (b/v, h, y), acentuación diacrítica, castelanismos... Desconto de 0’1.

Consideracións relativas á non-asistencia aos exames e á actitude durante as probas


A non-asistencia a calquera das probas previamente fixadas, orais ou escritas, deberá ser xustificada por un médico en caso contrario, aplicarase unha cualificación
de 0 puntos. O alumando deberá realizar a proba oral ou escrita o primeiro día que se reincorpore ao centro.
No caso de sorprender un alumno/a copiando, por calquera medio, ou colaborando activamente para que un compañeiro/a copie durante a realización dunha proba,
aplicaráselle nesa proba unha cualificación de 0 puntos.

CRITERIOS DE PROMOCIÓN DO ALUMANDO


O alumnado promocionará de curso tanto na ESO coma no Bacharelato cando teña a materia aprobada en calquera das convocatorias (ordinaria e extraordinaria) ou
segundo os criterios recollidos pola Xunta de avaliación e na lexislación vixente.

Carballo, 11 de setembro, 2023

Belén Lagares García

You might also like