You are on page 1of 2

Criterios cualificación 3º ESO

A continuación detállase o sistema de cualificación para a avaliación ordinaria:

1. Expresión oral e expresión escrita: 40%. De seguido especifícanse os procedementos de avaliación e a


súa cualificación:

Expresión e comprensión oral

 Exposición oral planificada sobre un tema específico ou un libro de lectura, realizarase 1 por
avaliación (10%)
 Expresión oral espontánea na aula que se avaliará a través da observación ou dunha rúbrica .
(10%)

Expresión e comprensión escrita

 Proba escrita ou traballo sobre o libro de lectura obrigatorio e escollido da listaxe


proporcionada pola profesora (10%)
 Traballos escritos e recollidos na aula ( 10%)

Existe a posibilidade de realizar traballo voluntario para subir nota :


 O alumnado poderá ler outros libros (da lista facilitada pola profesora) a maiores da lectura obrigatoria para
cada trimestre. Poderase ler ata un máximo de 2 libros que sumarán ata 1 na nota final da avaliación,
sempre a partir do 4 como nota final.

2. Exames: 60%.Realizaranse dous exames por avaliación dos contidos propostos para o curso . Cada un
deles computará o 30% da nota global.
A nota de cada avaliación calcularase sumando as notas de cada un dos instrumentos anteriores debidamente
ponderados; para obter unha cualificación positiva será necesario obter unha nota de 5 puntos ou superior.
A cualificación da avaliación final obterase mediante o cálculo da media aritmética das tres avaliacións (sen
redondeo).
Cando se descubra a un alumno ou alumna copiando anularáselle a parte correspondente do exame .

Recuperacións
Realizarase unha recuperación ao final de cada avaliación ou ben ao comezo da seguinte para poder recuperar a
materia pendente, unicamente dos contidos das probas escritas e puntuadas sobre 10.

DESCONTOS POR FALTAS DE ORTOGRAFÍA:

TIPO DE LEVE GRAVE MOI GRAVE


FALTA
DEFINICIÓN  Formas galegas  Formas  Formas alleas ao sistema lingüístico do
alleas ao contrarias á galego :
estándar vixente norma lingüística o Tempos compostos
(*mañán) (“b”, “v”, “h”, o Hipergaleguismos e vulgarismos.
 Acentuación non “y”). o Erros moi graves de tipo
diacrítica  Acentuación morfolóxico e sintáctico.
(*ademáis, sua) diacrítica
 Maiúsculas e (fóra/fora)
minúsculas.
DESCONTO -0’05 -0’1 -0’2
Máximo desconto por faltas 2 puntos

You might also like