You are on page 1of 6

TEXTONUNEZSINGALACARLA-S.

pdf

Anónimo

Lengua gallega y literatura II

2º Bachillerato

Preuniversitario España

Reservados todos los derechos.


No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
PRODUCIÓN DUN TEXTO ARGUMENTATIVO-ARTIGO DE OPINIÓN

No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
“Imaxina esta escena: un neno está nun cuarto, en pixama e zapatillas, xogando a
un videoxogo. De súpeto ábrese a porta e outro neno achégase a el e arrebátalle o
videoxogo, e non só iso, senón que lle esixe tamén que lle dea o pixama e as
zapatillas. Que che suxire? Quizais un neno bo e un neno malo. Se cadra un neno
tratando de impoñer a súa autoridade sobre outro. Seguramente ti, e eu, e a maioría
das persoas, poñeriámonos do lado do primeiro neno e tenderiamos a considerar
autoritario ou abusón ao segundo neno. O conto de arriba era só a escena final

Reservados todos los derechos.


dunha historia que comezou antes. Velaquí o relato completo: un neno volve á súa
casa despois de saír do colexio e vai correndo ao seu cuarto porque lle apetece
xogar a un videoxogo. Cando chega alí a súa sorpresa é enorme. Outro neno está
xogando co seu equipo, vestido co seu pixama e calzado coas súas zapatillas. A
súa primeira reacción é de estupor, non o pode crer. Daquela baixa a falar cos seus
pais. Eles dinlle que tampouco o entenden, que o neno chegou e instalouse, sen dar
máis razóns. O neno sobe de novo ao seu cuarto e arrebátalle os mandos do
videoxogo… E agora?, probablemente a ampliación da información serviu para
darlle un xiro á situación. Co galego pasou algo similar. Con frecuencia só somos
conscientes da escena final e esquecemos –ou ocúltannos- a historia completa. O
galego orixinouse en Galicia e foi a lingua da totalidade da poboación na Idade
Media durante varios centos de anos. Despois, por cuestións que son ben
coñecidas, veu instalarse o español. E moitas veces pola forza. Pero, por que entón
prospera nalgúns a idea de que o galego é unha lingua que se está impoñendo?
Simplemente porque para que o galego recupere usos, o español ten que perdelos.
O terreo que gaña un teno que ceder o outro. Pero de aí a dicir que se trata dunha
imposición hai unha gran distancia. Resulta desenmascarador que aqueles que
claman contra a imposición e enchen o peito con palabras como liberdade,
bilingüismo e harmonía, só se deixen oír nos casos en que o galego comeza a
asomarse á igualdade co español. Nada din das moitas outras situacións en que o
galego non ten presenza ningunha. Dicir que a lingua que está en clarísima
desvantaxe está sendo imposta é tanto como afirmar que os paxaros se tiran
ás escopetas. “

a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-7886140
a) Identifica o tema. Xustifica a túa resposta.

A lingua galega recupérase, non imponse.


O texto amosa, mediante unha metáfora, que o galego non se pode impoñer do
mesmo xeito que o neno que sobe ao seu cuarto non aceptaría que a devolución
das súas cousas fose considerada unha imposición ao intruso que se instalou na

No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
súa casa.

b) Sinala a estrutura do relato. Xustifica a túa resposta.

O relato pódese dividir en tres partes ben diferenciadas: por un lado, está a
introdución, que sitúannos na escena dun neno que está no seu dormitorio, en
pixama e pantuflas, xogando a un videoxogo, e ábrese a porta e outro neno
achégase a el, quítalle os mandos da consola e esíxelle a súa roupa (dende o

Reservados todos los derechos.


comezo do relato ata a liña 4). Polo outro lado, temos o nó, que explícanos como a
escena do comezo era só a escena final dunha historia máis complexa que tivo
lugar moito tempo antes (comprende dende a liña 4 ata a 8). Finalmente, o
desenlace, que amplía a información dándolle un xiro á historia, explicando que o
cativo aparentemente intruso era en realidade o dono dese cuarto, e o rapaz
xogando ao videoxogo estáballe a furtar todas as cousas. A recuperación da lingua
galega non é unha imposición, así coma o neno que ve ao outro coas súas
pertenencias non e un ladrón e non estaría impoñéndose no momento no que quere
ter de volta as súas cousas (dende a liña 8 ata o final).

c) Elabora un resumo do texto sen parafrasealo. Máximo: 8-10 liñas.

O autor compara, cunha metáfora, o galego e o castelán con dous rapaces. Un dos
nenos entra na casa do outro e arrebátalle as súas roupas e videoxogos, e mediante
unha serena actuación faille parecer ao propietario o verdadeiro estraño no seu
dormitorio, así coma o galego estivo instalado primeiro pero chegou o castelán e
quitoulle o posto. En ambos casos, se volveran ao seu “territorio”, trataríase dunha
recuperación, non dunha imposición.

si lees esto me debes un besito


a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-7886140
d) Elabora un esquema coas ideas principais e secundarias do texto.

1. O galego é unha imposición.


1.1. O idioma recóbrase, non se impón.
1.2. A lingua galega recuperará usos, cando o castelán os perda.

No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
2. O galego é a lingua propia e maioritaria en Galicia.
2.1. É imprescindible que todos teñamos competencia en ambas as dúas
linguas.
2.2. É necesario correxir a desigualdade de que os galegos se vexan na
obriga de falar castelán, e viceversa.

e) Define adecuadamente os termos subliñados en negriña no texto.

Reservados todos los derechos.


arrebátalle: do verbo arrebatar, que quita con violencia.
autoritario: dise do que goberna con supremacía.
estupor: estado de abraio causado por unha gran sorpresa.
desenmascarador: feito que destaca a identidade de alguén ou algo.

f) Comenta o sentido da seguinte afirmación que aparece no texto: Dicir que


a lingua que está en clarísima desvantaxe está sendo imposta é tanto como
afirmar que os paxaros se tiran ás escopetas.

Refírese a que a situación é ilóxica e incoherente, pois unha lingua minorizada non
é dominante. Por ende, non pode impoñerse fronte á que ten máis prestixio.

Despois de ver o vídeo "Escolle non escoller" de Manuel Núñez Singala:


g) Redacta un texto no que expreses a túa opinión a partir do tema proposto
polo autor na súa intervención no evento LGx15 do ano 2015 (Extensión
aproximada 200-250 palabras).

si lees esto me debes un besito


a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-7886140
Manuel Núñez Singala fálanos dende a lóxica máis esmagante sobre as

No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
consecuencias que tería escoller unha lingua (neste caso entre o galego e o
castelán) en lugar de quedarnos coas dúas, é dicir, “escoller non escoller”.
A través de exemplos moi concretos e sobretodo o último do video, asistimos a unha
reflexión de derruba dos prexuízos que seguen vixentes arredor das linguas. Optar
polo galego non é algo antigo, nin errado, nin minoritario, nin rural.

Os prexuízos emanan da necesidade de anticiparse á realidade e, polo xeral,


soen ser negativos. Estes desenvólvense a gran escala na sociedade e poden
causar tensións entre grupos. No caso do galego, está atrapado nunha paradoxa:

Reservados todos los derechos.


precisa dun apoio diario para sobrevivir, pero xa non é falado tanto nas casas coma
noutros lugares.

O principal problema é que hai xente á que lle custa moito admitir os seus
erros. A equivocación é unha acción puramente humana, pero prefírese aparentar,
presumir de ser seres perfectos que non fracasan en lugar de dicir que cometen un
enorme erro co seu idioma. O feito de tomar unha elección é o que fai que quede
algo sen escoller.

Non hai galego-falantes que non saiban falar castelán, pero si hai unha certa
cantidade de castelán-falantes incapaces de expresarse en galego. Esta é a
desigualdade que cómpre corrixir, e iso depende de todos, xa que como di Singala
“o futuro da lingua depende de nós, e se cambiamos o presente, nun futuro non
haberá escollas”.

a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-7886140

You might also like