You are on page 1of 1

LETRAS GALEGAS 2023

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a


Francisco Fernández del Riego. Para saber da súa vida e
da súa obra, deberás buscar información a través das
páxinas e dos enlaces que figuran nesta aula virtual,
visitando a biblioteca do centro ou a través do que se
vaia publicando, día a día, nos medios de comunicación.
Unha vez seleccionada a información máis
relevante, deseñarás un produto con medios
informáticos ou con materiais reciclables. Poderá ser:
un videopoema, unha liña do tempo relativa á súa vida
e obra, un cartel publicitario, un folleto, un
marcapáxinas, unha fotobiografía, un glogster, unha
infografía, un cómic, deseño e creación con caixas de
cartón dalgunha das súas obras, collage, caligramas,
autorretrato…ou calquera outra cousa que teña como
funcionalidade difundir e dar a coñecer o autor das
Letras Galegas deste ano, tanto a nivel virtual como
formando parte dun panel expositivo.
Isto significa que aquilo que realices deberá estar
impreso para ser exposto e tamén colgado na aula
virtual baixo unha imaxe ou enlace. No caso de creares
un videopoema podes subilo por medio dun código QR.
Adxúntanse algúns enlaces no tema: Recursos para
crear proxectos, que che poderán axudar a desenvolver
a túa creatividade.
Ánimo e adiante!!

You might also like