You are on page 1of 2

COMPOSICION DE TEXTO HISTÓTICO II REPÚBLICA

Os documentos que se amosan trátanse de documentos primarios. Estess fan referencia ao


período correspondente á segunda república establecida o 14 de abril de 1931, coa caída da
Monarquía de Alfonso XIII. Con isto constitúese en 1930 o Goberno provisional da república.
Debido a crise do sistema canovista propiciado polo desastre do 98 e unha serie de
acontecementos que agravarían a situación sendo estes, Semana Tráxica de Barcelona, a tripla
crise de 1917, o desastre de Annual entre outros, o militar Primo de Rivera levou a cabo un
golpe de estado co que establecería unha ditadura descendendo as liberdades e as garantías
constitucionais ata que este dimitiu. A pesar dos intentos do monarca de restablecer o sistema
canovista na “ditabranda" o pobo e as forzas políticas rexeitaron esa idea.Nas eleccións
municipais que se realizaron posteriormente gañaron as opcións republicanas o que se
entendeu como unha vontade popular de cambio de sistema establecéndose asía a II
República.

A chegada da II República creou moitas esperanzas de cambio, representaba para amplos


grupos da sociedade a oportunidade de mellorar e mudar as súas condicións de vida:
redistribución da riqueza, crear unhas relación laborais máis equitativas e rematar cos poderes
case feudais dos terratenentes. As reformas da II República evolucionaron en paralelo ás forzas
políticas no goberno en cada momento: as grandes reformas durante o Goberno provisional e
o Bienio reformista (abril 1931-novembro 1933), a fin das reformas co Bienio conservador
(novembro 1933-enero1936) e o retorno ás reformas do Fronte Popular (febreiro-xullo 1936).
Con isto, a primeira a etapa da república é o Bienio reformista no cal se iniciou una serie de
reformas políticas e sociais mediante decretos adoptando o goberno desta una gran actividade
lexislativa reformista. estas leis prexudicaban os intereses dos grupos de poder e control
tradicionais ocasionando así una forte oposición destes. O primeiro documento fai referencia
aos problemas ao que se enfrontaba a República, destacando o das autonomías locais, o
problema social, a reforma da propiedade e o problema relixioso. Ademais neste documentase
plantéxase a necesidade dunha reforma relixiosa. no momento da proclamación da Répública
a maioría da xerarquía eclesiástica era moi conservadora e non estaba pola labor de perder o
dominio ideolóxico, cultural e social aparecendo así unha corrente anticlerical. debido a isto,
manifestouse unha certa hostilidade da Igrexa cara a República que levou a expulsión de
personalidades pertencentes a ela. Como consecuencia, estableceuse desde o goberno
provisional a non confesionalidade do estado, e dicir, un Estado laico, recollido na constitución
de 1931. Desta maneira, adoptáronse algunhas ,medidas para frear a influencia política da
igrexa como: liberdade de cultos, eliminación do presuposto do clero católico, extinción da
compañía de xesús, prohibición de que os relixiosos puidesen exercer o ensino, entre outros.

Ademais disto, tamén se levaron a cabo outro tipo de reformas neste Bienio reformista entre
as que destacan: a reforma do exército, debido a que este presentaba graves deficiencias, o
ministro de guerra, Azaña, levou a cabo en 1931 unha serie de decretos que sería recollido na
“Lei Azaña” que tiña o obxectivo de modernizar o exército eliminando o poder político dos
militares o que causou un certo malestar entre os sectores do exército producíndose e 1932 un
intento de golpe de Estado por Sanjurjo. Debido a isto, e co obxectivo de contar coa fidelidade
do exército, crease a Garda de Asalto, unha policía nacional fiel á República. Outra das
reformas foi a educativa que tiña o obxectivo de diminuir o analfabetismo, mellorar o nivel
cultural, afastarse da influencia e control da Igrexa e modificar a mentalidade dos cidadáns.
Durante o goberno provisional adoptáronse medidas para reforzar o control estatal da
educación fronte a Igrexa producindo así, unha diminución das taxas de analfabetismo. Con
isto, tamén se realizou unha reforma laboral coa cal se adoptaron distintas medidas reguladas
pola Lei de Contratos de Traballo como: normas salariais de incremento de traballo, vacacións
pagadas, dereito de folga, protección dos traballadores, etc. O segundp documento fai
referencia a reforma agraria adoptada durante esta etapa da República coa que se intenta
modificar situación de atraso técnico, baixa produtividade e estrutura complexa da
propiedade. Para levalo a cabo,o goberno republicano socialista tenta reformar esa estrutura
da propiedade pesar da resistencia de propietarios latifundistas e o enfrontamento entre
republicanos e socialistas que ocasionou un retraso na elaboración dunha lei agraria. a
primeiras ,medidas tomada polo Goberno provisional, foron en forma de decretos co
obxectivo de aliviar algunhas zonas campesiños entre eles, decreto de termos municipais,
decreto de labores forzosos, protección aos traballadores, etc. Aparte destas primeiras
medidas, a reforma das estruturas agrarias foi un proceso lento e difícil polas diferentes
posicións no goberno, a obstrución da dereita e a oposición dos propietarios. O fracaso da
Sanxurxada acelerará a Lei de Reforma Agraria co ministro Marcelino Domingo e 1932. eta lei
tiña unha serie de obxectivos, entre eles, rematar co latifundismo, promover o apoio á
república, incrementar a produción e estimular a actividade industrial e comercial. Así mesmo,
o segundo documento amosa os territorios que estarían sometidos a expropiación con
indemnización os cales está recollidos mesta lei neles podemos observar: antigos señoríos
xurisdicionais, terras incultas, terras en zona de rego, terras con mais de doce anos de
arrendamento, terras non cultivadas directamente polos propietarios. a pesar disto, a lei
presentaba certos inconvenientes debido a complexidade da lei, a decepción xeneralizada que
ocasionou a escasa aplicación da lei e o medo dos pequenos, medianos e grandes propietarios.
O terceiro e último documento fai referencia á elaboración de Estatuto de Autonomía dos
cataláns. a Constitución de 1831 establecía que o Estado integral era compatible coa
autonomía dos municipios e das rexións polo que as zonas con afinidades históricas, culturais e
económicas decidisen organizarse como rexión autónoma, deberían elaborar un Estatuto de
Autonomía con tres condicións: ser proposto pola maioría de concellos, se aprobado polos
dous terzos dos electores e ser aprobado polas Cortes. Con isto, en 1931 proclámase a
República catalá. os cataláns elaboraron o seu Estatuto de autonomía que recolle os artigos
que se amosan no terceiro documento e nos que se da a coñecer que Cataluña se amosa como
rexión autónoma, o idioma catalán é como o castelán una lingua oficial en Cataluña e o feito
de que a lexislación corresponde á Generalitat. O Estatuto recollía que o goberno catalán
estaba integrado por u parlamento, u presidente da Generalitat e un Consello e dispoñía de
facultades lexislativas e executivas amplas como se observan nos artigos previamente
mencionados. En 1932 Esquerra republiana gaña as eleccións para formar o Parlamento de
Cataluña nomeándose a Maciá como primeiro presidente da Generalitat.
Con isto, remata o bienio reformista desgastado pola conflictividade política e a tensión
superficial. Comeza así o chamado Bienio de Dereitas (1933-1936)o ca se caracterizaba por
unha política claramente antirreformista coa paralización de todas as reformas do primeiro
bienio. A reforma agraria foi desmantelada, provocando o empeoramento das condicións de
vida dos xornaleiros e agudizando as tensións. O sistema de autonomías foi paralizado,. Os
créditos para a construción de escolas diminuíron. A nova amnistía permitiu saír do cárcere aos
implicados no golpe de Estado do xeneral Sanjurjo. A única reforma que non se modificou foi a
Lei Azaña sobre o exército. Para dominar a situación, o Goberno enviou tropas e se fíxo co
control. Tras os sucesos de outubro do 1934 e ao longo de 1935 a inestabilidade do Goberno
foi en aumento, o que sumado a diversos escándalos de corrupción , levará a convocar novas
eleccións en febreiro de 1936. Tras o triunfo da Fronte Popular (coalición electoral das
principais forzas de esquerdas) en febreiro de 1936, retomáronse as reformas paralizadas
durante o Bienio de dereitas.
como conclusión as diferentes posición sobre a política reformista de Azaña levou a división da
sociedade en dous bandos que se enfrontarían posteriormente a raíz dunha sublevación
militar de xullo de 1936 comezando así a Guerra Civil española.

You might also like