You are on page 1of 9

TEMA 1.2.

O MATERIAL INVENTARIABLE E EQUIPOS

1. MATERIAL INVENTARIABLE
O material inventariable é de longa duración, alto precio e susceptible a reparación. Inclúense
neste apartado todos os equipos básicos de laboratorio e os equipos específicos.
1.1. Os equipos básicos de laboratorio
● As balanzas
A operación que realizamos coa balanza a denominamos pesada, aínda que en
realidade non obtemos unha lectura de peso senón de masa.
Características:
○ Exactitude: Indícanos en que medida se aproxima o valor medido ao real. Se a
exactitude é alta, o erro é pequeno
○ Precisión: É a capacidade de dar o mesmo resultado para unha mesma medición
repetida en varias ocasións
○ Sensibilidade: Informa da cantidade máis pequena que é capaz de medir.
○ Capacidade de carga: Cantidade máxima que é capaz de medir
Tipos:
Segundo o mecanismo da balanza distinguimos:
○ Balanza mecánica: Utilizan un mecanismo de palanca ou muelle que transforma
a forza do obxecto a pesar nun desplazamento que é compensado mediante
unhas masas coñecidas. Poden ser:
■ Granatario ou balanza granataria
■ De platillo único
■ Mecánicas analíticas
○ Balanzas electrónicas: Dispoñen dun platillo no que se coloca a substancia que
se vai pesar. Utilizan un electroimán para xerar a forza que contrarreste a mostra
que se pretende medir, e dan o resultado medindo a forza necesaria para
equilibrar a balanza.
No seu diseño requieren dunha cabina pechada para que as correntes de aire
non afecten a súa lectura. Esta cabina se abre e se pecha para colocar a mostra
e logo tomar a medición.
Segundo a súa sensibilidade se poden clasificar en:
○ Ultramicrobalanzas, miden ata 0,1μg
○ Microbalanzas, ata 1 μg
○ Semimicrobalanzas, ata 0,01 μg
○ Balanzas analíticas, ata 0,1 mg
○ Balanzas de precisión, poden ter distintas sensibilidades, entre 0,001g e1g.
Recomendacións para o uso correcto:
○ Colocación da balanza: Situar a balanza en soportes sólidos que eviten e
absorban as vibracións
■ Non deben colocarse en zonas de vibración
■ Evitar correntes de aire
■ Temperatura e humidade constante
■ Debe quedar perfectamente nivelada, aínda que algunhas dispoñen de un
sistema de nivelación (burbulla de aire) que debe comprobarse antes de
realizar a pesada.
○ Conexión de balanza: É necesario conectala uns 30 minutos antes de empezar
a utilizala de modo que se quente e alcanza a exactitude para a que está
deseñada
○ Verificación diaria da exactitude:
■ Efectuarse a pesada dunha pesa de calibración
■ Compróbase que a lectura que ofrece a balanza se atopa no seus límites
de incertidume
○ Modo stand by: Recoméndase que mentras non se use se manteña nese modo,
así se evita ter que esperar o tempo de quentamento cando se necesita efectuar
unha pesada.
○ Operacións de limpeza e mantemento: De forma periódica.
Operación de pesada:
1. Tarar a balanza
2. Depositar o produto (sobre un obxecto ou recipiente, centrada, con espátula ou
pipeta..)
3. Anotar el resultado
Débese ter en conta a capacidade de carga da balanza e non sobrepesala.
A pesada pódese realizar por distintos métodos:
○ Directa: Tárase a balanza co recipiente que vai conter a substancia que se vai
pesar e pésase.
○ Indirecta: Recórrese a métodos indirectos cando é imposible realizar unha
medición directa, o cal pode ocorrer se o peso que se quere medir é demasiado
grande ou demasiado pequeno ou se hai un obstáculo de outra natureza que
impiden o pesaxe.
Ex: Doble pesada: Antes e despois da extración, e ver cal é a diferenza de peso,
que corresponderá ao produto evaporado.
○ Por diferenza: Tárase a balanza co recipiente e pésase a substancia, recuperate
a substancia e se volve a pesar o recipiente cos restos que quedaran. A diferenza
entre ambas lecturas é o peso da substancias sacada.
● Pipetas automáticas ou micropipetas
Son sistemas de pipetea automáticos de gran precisión, nos cales o líquido cárgase en
puntas de plástico desfeitables.
As micropipetas se nomean segundo o máximo volume que admiten. As micropipetas
usan puntas desfeitables de plástico, estas adoitan seguir un código de cor, en función
do volumen que miden.
As puntas desfeitables de plástico adoitan seguir un código de cor.
Tipos:
Existen varios tipos de micropipetas:
○ Fixas: Solo poden dispensar o seu volume nominal
○ Con rango de volumes
○ Manuais: Débese establecer antes de usalas
Segundo as puntas que admiten:
○ Sinxelas: Só acollen unha punta cada vez
○ Multicanais: Permiten incorporar diversas puntas e succionar cunha soa
operación o mesmo volume en todas elas.
Combitips: Permiten cargar un certo volume e realizar unha serie de descargas sen
necesidade de cambiar a punta.
Os enxuages previos:
○ 2 enxuages da punta antes de proceder ao pipeteo
Realízase cheando e vaciando a punta co líquido que se vai pipetear; o líquido
empregado para o enjuague pódese devolver ao recipiente ou desfeitar.
Esta operación serve para:
○ Equilibrar a capa de líquido que se adhiere ao interior da punta e crear superficies
de contacto idénticas para todas as alícuotas
○ Adaptar o aire que hai na pipeta á temperatura da mostra
○ Axuda a neutralizar os efectos capilares en pipetas de microvolume
Técnica directa de pipeteo:
1.
2. Seleccionamos unha pipeta adecuada ao volume que necesitamos dispensar.
Colocamos a punta da pipeta directamente da caixa de almacenamento.
3. Co pulgar, presionamos o émbolo ata o primeiro tope.
4. Introducimos verticalmente a punta no líquido. Non se pode introducir moi
profundo xa que a presión pode facer que entre líquido na punta, pero tampouco
pouco profundo xa que pode entrar aire.
5. Soltamos lentamente o émbolo ata a súa posición inicial
6. Sacamos a punta do líquido, tocando as paredes do recipiente para deixar nel os
excesos de líquido do exterior da punta.
7. Dispensamos o líquido no recipiente correspondente, presionando o émbolo ata o
primeiro tope e despois ata o segundo (purgar).
8. Sacamos a punta do recipiente tocando as paredes e deixamos o émbolo na súa
posición inicial.
Os equipos de calor
Estufas: Son equipos similares aos fornos domésticos. Polo xeral, a temperatura e o tempo
pódense programar segundo os requerimentos da operación que se levará a cabo. Todos eles
incorporan termómetros que indican a temperatura; é necesario vixiar periódicamente as
temperaturas para garantir que o equipo funciona correctamente. Distinguimos 3 tipos:
● Estufas de cultivos ou de incubación: Utilizanse en microbioloxía para conseguer as
condicións ambientais óptimas para o crecemento de microorganismos.
● Estufas de desecación e esterilización: Úsanse para eliminar a humidade de distintas
substancias que se someten a temperaturas de entre 105ºC e 110ºC; cando se usan a
250ºC conseguen esterilizar por calor. Dispoñen dun sistema de ventilación interior para
que a temperatura se distribúa de modo uniforme
● Muflas: Son estufas capaces de conseguir temperaturas moi altas, de entre 200ºC e
1400ºC. As súas resistencias quentan moi deprisa, axudadas polo revestimento polo
revestimento interno, que é de material refractario. Úsanse para calcinar mostras, aínda
que tamén serven para outros tratamentos térmicos e para operacións de secado.
Precaucións:
○ Evitar tocar as superficies quentes
○ Usar guantes e pinzas
○ Non sobrepasar a temperatura de traballo do sistema
○ Mantemento
Baños termostáticos:
Proporcionan un quentamento indirecto: o equipo quente un elemento intermedio no que se
coloca un recipiente co producto. Este sistema evita que a fonte de calor actúa directamente
sobre o recipiente e permite un quentamento homoxéneo e controlado.
Baño María: Baño termostático máis habitual. Consiste nun recipiente metálico conectado a
unha fonte de calor que se chea de auga. A súa principal aplicación é manter unha temperatura
adecuada e constante inferior a 100ºC
Precaucións:
● Equipo ben equilibrado e situado. Non sobrepasar o volume máximo que admita.
● Evitar chear demasiado o recipiente a introducir
● Evitar que o recipiente flote libremento, hai que fixalo con pinzas como mínimo
● O vidro dos recipientes e das varillas debe ser de borosilicato
Placas calefactoras:
Aparatos que proporcionan calor seco. As máis habituais son as placas
calefactoras-axitadoras, que ademais de quentar axitan o produto mediante un imán que se
sumerxe no recipiente e que é sometido a un campo magnético. As súas principais aplicacións
son facilitar a disolución dunha mostra, acelerar reaccións e incubar cultivos microbianos.
Termobloques:
Equipos que quentan uniformemento un bloque metálico no que hai unha serie de cavidades,
dentro das cales se colocan recipientes coa substancia que se vai quentar.
Mechero Bunsen:
O mecheiro bunsen consta de un tubo de metal corto e vertical que se conecta a unha fonte de
gas e proporciona unha chama quente, constante e sen fume.
Na zona inferior do tubo hai un orificio que permite a entrada de aire; a intensidade da chama
se regula mediante un aro que pecha ou abre o orificio de forma total ou parcial.
Precaucións:
● Abrindo o gas lentamente para evitar que sala de golpe, cando o vamos a encender
● Verificar sempre que o gas está totalmente pechado cando o apagamos
Autoclave:
O principal equipo que aplica calor húmido é o autoclave, que é un equipo que consta dun
recipiente de paredes gruesas con tapa hermética, en cuxo interior hai unha resilla para situar
os obxectos e un recipiente con auga destilada, que se convertirá en vapor. Ten mandos para
programar a temperatura e a presión do seu interior, e o tempo do proceso. Ademais, dispón
dunha válvula de seguridade por se a presión interior elévase demasiado
O autoclave quenta a auga destilada do seu interior para que se convirta en vapor. Este vapor
de auga produce un aumento de presión no interior do autoclave, ata os niveis que
marcaramos. O aumento da presión fai que aumente a temperatura de ebullición da auga e,
polo tanto, que o vapor de auga teña unha temperatura máia elevada que si a presión fora a
atmosférica, chegando ata uns 121ºC. Para conseguir esta temperatura adoita axustarse o
autoclave a 103 kPa de presión interior.
Os equipos de frío:
Equipos de frío para conservación
● As neveiras (4/6ºC)
● Os conxeladores (-18/-20C)
● Os ultraconxeladores (cercanas a -70ºC)
Todos eles incorporan termómetros que indican a temperatura interior, é necesario manter un
control e rexistro desta Tª ao longo do tempo para garantir o correcto funcionamento do equipo.
Placas frías:
Ademais de na conservación, pode aplicarse con outros obxectivos no laboratorio como a
confección de bloques de parafina nos laboratorios de anatomía patolóxica.
Bombas de vacío
Mediante estas bombas pódese facer o vacío ou reducir a presión no interior de un instrumento
ou de un dispositivo formado por varios deles. Os instrumentos dentro dos cales pódese crear
o vacío deben dispoñer de:
● Un sistema hermético de peche
● Unha tubuladura á que conectar o tubo de caucho e, a súa vez, vai conectando á bomba
Ex: Matraz kitasato (tubuladura lateral para conectar o tubo que vai a bomba)

3.2. Os equipos para mesturar e separar


As operacións de mestura e homoxeneización e as de separación de compoñentes dunha
mestura son moi habituais en calquera laboratorio.
Os equipos axitadores
Facilitan a mestura dos distintos compoñentes dunha mestura ou a correcta homoxeneización
de disolucións.
Axitadores magnéticos:
Utilizan especialmente para homoxeneizar mesturas líquidas. Poden ter o non un sistema de
calefacción. Dipoñen de un motor que move un imán e ao introducir outro imán na mestura
prodúcese o movemento deste segundo imán e a conseguinte axitación.
Permiten regular a potencia de axitación. O recipiente non debe estar completamente cheo.
Axitadores cinéticos:
Tamén hai modelos con calefacción e sen ela. Conseguen a axitación:
● Mediante movementos do soporte (vibración, orbitais, de vaivén, de balanceo e rotación)
● Mediante axitación cunha varilla conectada ao equipo.
Sonicadores:
Convirten a sinal eléctrica nunha vibración física que se transmite ao líquido en forma de
ondas, que fan que as moléculas da disolución se separen e as células se rompan. Tamén se
usan para a limpeza de materiais, debido a que as vibracións conseguen desprender a
suciedade pegada.
As centrífugas:
A centrifugación é un método de separación de suspensións ou de emulsións en función da
densidade dos compoñentes, grazas a acción da forza centrífuga → Centrifugadora.
Os cromatógrafos:
A cromatografía é un método físico de separación baseado na distribución dos compoñentes
dunha mestura entre dúas fases inmiscibles, unha fixa ou estacionaria e outra móvil. É útil para
determinar a pureza dunha substancia e para separala das impurezas.
Consiste en colocar a mostra sobre un soporte e sumerxila nun disolvente adecuado. Os
compoñentes da mostra migrarán segundo a súa afinidade pola fase líquida ou a estacionaria.
3.3. Os equipos para aplicar métodos instrumentais
A finalidade da química ana´litica é o estudo da composición química de un material mediante
diferentes métodos de laboratorio.
● Métodos clásicos: Reacciones químicas (métodos gravimétricos e volumétricos)
● Métodos intrumentais (fisicoquímicos): Interaccións materia-enerxía.
Os pHmetros
Utilízase para medir con exactitude o pH de reactivos, disolucións e medios de cultivo.
Os espectrofotómetros
É un instrumento empregado no análise químicos que se emprega principalmente para
cuantificar substancias e microorganismos. Hai varios tipos (absorción atómica e absorción
molecular e espectrofotómetros de emisión)
Os citómetros de fluxo
A citometría de fluxo é unha técnica baseada na utilización de luz láser, que discrimina e
clasifica en función do grado de fluorescencia e dispersión de luz.
Os espectrómetros de masas
Permite analizar con gran precisión a composición de diferentes elementos químicos e isótopos
atómicos, separanfo os núcleos atómicos en función da súa relación carga-masa.
3.4. Os equipos ópticos.
O máis empregado no laboratorio é o microscopio, que utiliza un mecanismo de ampliación que
consiste nun sistema de lentes converxentes situadas entre o ollo e o obxecto, que refractan a
luz que as atravesa, separando os raios incidentes e, polo tanto, ampliando a imaxe:
● Microscopio óptico: O máis frecuente nos laboratorio de diagnóstico clínico.
● Microscopio simple ou lupa: Empléase para realizar exames da superficies externa de
obxectos opacos.
3.5. Os equipos de seguridade
As campás extractoras de gases
Están provistas dunha superficies de traballo na que se dispón de materiais e aparatos
necesarios nun proceso. Están pechadas excepto polo frente (por onde se traballa) que se
pode pechar e o seu tamaño pódese graduar mediante un panel móvil que se despraza en
vertical xeralmente.
A vitrina debe:
● Permitir a observación do desenvolvemento do proceso sobre a superficie de traballo
● Non obstaculizar o traballo no seu interior e manter a mesma eficacia ao traballar
● Ser fácil de limpar, manter e descontaminar
● Non provocar ruidos excesivos no seu funcionamento
● Ter prevista a súa descarga de modo que non afecte a áreas próximas
As campás de seguridade biolóxicas
Principal elementos do equipo de contención física do laboratorio (serven de barreira primaria
para evitar o paso de aerosois á atmósfera de traballo). Están deseñados para protexer ao
usuario e ao ambiente dos riscos asociados ao manexo de material infeccioso e outros
materiais biolóxicos peligrosos.
TIPOS:
● Clase I:
Destinadas ao traballo con axentes biolóxicos que entrañan un risco leve ou moderado.
Non garantiza a porteción do produto manipulado nin a exposición por contacto a
materiais perigosos.
● Clase II:
Destinadas a protexer aos usuarios, aos materiais manipulados e ao medio ambiente, de
riscos biolóxicos leves ou moderados. Exsiten o tipo A (1 motor) e o tipo B (2 motores).
● Clase II:
Deseñadas para manipular axentes biolóxicos dos grupos de risco 3 e 4, e están
herméticamente pechadas. O operador queda totalmente separado do traballo que está
realizando mediante barreira físicos ou ben usa guantes de goma.
Os armarios de seguridade:
No laboratorio existen productos químicos que supoñen un risco para a saúde, estas
substancias químicas deben ser almacenadas nuns armarios que resistan a corrosión, os
ataques químicos e o lume.

4. A auga
As propiedades da auga
A molécula da auga está composta por dous átomos de hidróxeno e un de osíxeno, dispostos
de tal maneira que forman un ángulo de 105º co osíxeno no vértice. Na molécula, os electróns
dispoñense cerca deste vértice, de forma que a molécula queda coas cargas negativas nese
vértice e as positivas no outro extremo, é dicir, é unha molécula polar. A causa desta
polaridade, entre as distintas moléculas de auga fórmanse unións mediante pontes de
hidróxeno. Estas unións son débiles e se rompen e se volven a formar con frecuencia na auga
líquida.
Estas características químicas fan que a auga sexa un excelente disolvente. De feito, a auga
dise que é o disolvente universal, xa que pode disolver substancias polares ou con carga iónica
Clasificación da auga dacordo á súa dureza
A auga dura ou calcárea é aquela que contén un alto nivel de sales de magnesio e calcio.
A dureza da auga exprésase normalmente como cantidade equivalente de carbonato de calcio
e se calcula a partir da suma das concentración de calcio e magnesio. Existen:
● Auga branda
● Auga levemente dura
● Auga moderadamente dura
● Auga dura
● Auga moi dura
Clasificación da auga dacordo a súa calidade fisicoquímica
Tendo en conta diversos parámetros fisicoquímicos, distinguen 4 tipos de auga (I, II, III e IV,
sendo a I a máis pura e a IV a menos pura):
● Tipos III e IV ou de grado laboratorio: Aclarado final do material de vidro, porbas
cualitativas e preparación dalgúns reactivos.
● Tipo II ou de grado analítico: Úsase na maioría dos analizadores automáticos e para
preparar a maioría dos medios de cultivo e reactivos.
● Tipo I ou ultrapura: Para cultivos celulares, absorción atómica e HPLC.
Para que a auga manteña o seu nivel de calidade é necesario aplicar os procedementos de
almacenamento e manexo que corresponda.
Clasificación da auga segundo a súa calidade microbiolóxica
Clasifícase en tipo A, B e C.

Filtración:
Paso previo antes de aplicar calquera outro medio de purificación. O procedemento máis
común é empregar un filtro de partículas que impide o paso de sólidos e a coontinuación filtro
de carbón activo que adsorben gran parte das substancias orgánicas disoltas na auga. O
carbón activo está tratado para incrementar a súa capacidade de adsorber, o cal consíguese
facendoo máis poroso.
Ósmose inversa
Consiste en aplicar presión sobre unha disolución concentrada separada mediante unha
membrana semipermeable doutra solución menos concentrada. Ao aplicar a presión
conséguese que pase auga pura e se separe da auga con maior concentración de substancias.
Pódese dicir que ocorre o contrario que nunha ósmose, xa que mentras na ósmose o equilibrio
conséguese polo paso de auga dende a disolución diluida á concentrada, na ósmose inversa
conséguese polo paso de auga dende a disolución concentrada á diluida.
Tamaño de poro nas membranas moi pequeno: 0,0005 um de diámetro.
É un procedemento relativamente barato e é eficaz para moitos usos do laboratorio, o que o
convirte no método de elección para a purificación de auga a gran escala.
O equipo de ósmose inversa pode ter varias configuracións, dependendo da calidade da auga
de alimentación, pero todos posúen unha ou varias membranas semipermeables a través das
cales circula a auga.
Débese limpar o sistema periódicamente, xa que as membranas se van colmatando.
Destilación:
Permite separar substancias en función dos seus puntos de ebullición. O proceso básico para
purificar auga mediante destilación consiste en quentar a auga de orixe, unha vez se alcanza o
punto de ebullición da auga, esta comeza a evaporarse e os seu vapores se recollen e arrefrían
para que volvan a estado líquido. O produto resultante é auga destilada, e no recipiente de
orixe quedarán as impurezas.

5. Os productos químicos no laboratorio


5.1. Tipos de productos nos laboratorios000000000000000000000
Tendo en conta a súa función e sen pretender ser exhaustivos, podemos destacar os tipos:
● Disolventes: Productos líquidos que se usan para elaborar disolucións. (AUGA)
● Reactivos: Substancias de natureza e concentración coñecidas que se empregan para
producit reaccións químicas. Os obxectivos destas reaccións poden ser diversos.
● Colorantes: Substancias que tiñen tecidos, células, partes de células, bacterias ou
outras estruturas orgánicas para facilitar a súa visualización. O seu mecanismo de
acción baséase en reaccións químicas, mentras que moitos outros sinxelamente
concéntranse en zonas concretas.
● Indicadores: Produtos que se adicionan ao medio e que cambian de cor no punto final
da reacción.
● Medios de cultivo: O estudo microbiolóxico require a sembra da mostra, debidamente
preparada, para que os microorganismos presentes se reproduzan e podan ser
identificados.
5.2. Os reactivos
Un reactivo é toda substancia que interactúa con outra nunha reacción química e que da lugar
a outras substancias de propiedades distintas, denominadas productos de reacción. Estas
reacciones proporcionan moitas opcións no laboratorio.
Clasificación dos reactivos
● Segundo o seu estado de agregación: sólidos, líquidos ou disolucións preparadas
● Segundo a súa natureza química:
○ Reactivos inorgánicos: A maioría dos reactivos comúns.
■ Reactivos para análises clásicos
■ Reactivos preparados para análises instrumentais
■ Disolventes
○ Reactivos orgánicos
A pureza
Non existe un reactivos con pureza absoluta, aínda que existen reactivos comerciar con grados
de pureza moi elevados.
As impurezas que acompalan a un reactivo son substancias que non reaccionarán na reacción
que estudamos. Para diferenciar a parte pura (reacciona) e a impura (non reacciona), definirse
a pureza do reactivo expresándoa en porcentaxe e refléxase na etiqueta do produto.
A cantidade de impurezas presentes nos reactivos químicos determinan unha clasificación dos
reactivos. As categorías de intesçrese nos laboratorios son, en orde de reactivos:
● Grado químicamente puro (QP): Pureza inferior aos de grado reactivo.
● Grado reactivo analítico (PA, DC, RA): Porcentaxe moi baixo de impurezas. Os máis
empregados son os que cumpre as normas da ACS, que indican na etiqueta PA-ACS.
● Grado HPLC (high purity liquid chromatoghaphy): Reactivos de maior pureza.
Existen grados de menor pureza (mercantil, industrial e técnico) que xeralmente non
empregaremos no laboratorio.
Os kits de reactivos
Un kit de reactivos é un conxunto de dous ou máis reactivos, que se empregan para determinar
unha substancia e que se comercializan conxuntamente.

You might also like