You are on page 1of 14

24/10/2017

Física Tema 7- Fundamentos de Termodinámica

Fundamentos de Termodinámica
Conceptos básicos
Principio cero. Medida de Temperatura. Dilatación térmica.
Primeiro Principio. Calor.
Segundo Principio. Entropía.

A química física Mária Telkes (1900-1995) foi pioneira


na aplicación da enerxía solar para a destilación da auga
e a calefacción do fogar.

Primeiro Semestre

Física Tema 7- Fundamentos de Termodinámica

Termodinámica. Conceptos básicos


A Termodinámica é a ciencia que estuda as transformacións da enerxía
(mecánica, térmica, eléctrica, química…) e a súa relación coas
propiedades físicas macroscópicas afectadas por ditas transformacións.
Sistema termodinámico:
Rexión do espazo físico que constitúe o obxecto do noso estudo, limitada por
unha superficie S fronteira. Esta superficie real ou imaxinaria o separa do
entorno, que é o resto do Universo.

Segundo o contido o sistema pode ser:


• simple ou complexo,
• homoxéneo ou heteroxéneo,
• monocompoñente ou
multicompoñente.

1
24/10/2017

Física Tema 7- Fundamentos de Termodinámica


Termodinámica. Conceptos básicos
A análise das transformacións que pode sufrir un sistema termodinámico inclúe o
estudo das transferencias de masa e enerxía a través da fronteira.
Tipos de sistemas segundo a fronteira:
Sistema pechado: Sistema no cal non pode haber fluxo de masa a través das
fronteiras pero si de enerxía.
Sistema illado: Sistema que non pode intercambiar nin masa nin enerxía a través
das súas fronteiras.
Sistema aberto: Sistema que pode intercambiar masa e enerxía.
Á superficie fronteira tamén chámaselle parede termodinámica

Para estudar o comportamento dun sistema ou as interaccións co entorno


necesitamos especificar o seu estado, é decir as súas coordenadas
termodinámicas.
Coordenadas termodinámicas: Propiedades físicas macroscópicas medibles que
definen o estado dun sistema.

Funcións de estado: Magnitudes que adquiren un valor único para cada estado e
que dependen dos valores das coordenadas termodinámicas. Por exemplo a
entropía, a enerxía interna.

Física Tema 7- Fundamentos de Termodinámica


Termodinámica. Conceptos básicos

As coordenadas termodinámicas poden clasificarse en extensivas e intensivas. As


intensivas son independentes da cantidade de materia do sistema, por exemplo a
temperatura ou a presión. As extensivas si dependen da cantidade de materia, e
para un sistema constituído por varias partes é a suma dos valores correspondentes
a cada parte, por exemplo o volume, a masa, a enerxía.

Un sistema illado atópase en equilibrio termodinámico cando as súas variables de


estado mantéñense invariables no espazo e no tempo. A calquera transformación
dun sistema entre dous estados de equilibrio termodinámico chámase proceso.
Cando unha propiedade permanece constante durante o proceso, anteponse o
prefixo iso. Así
• proceso isotermo T=cte • proceso isobárico P=cte
• proceso isocórico V=cte • proceso adiabático Q=0

Proceso cuasiestático: infinitamente lento e pasa por sucesivos estados de


equilibrio.
Proceso reversible, si en calquera intre podemos invertir as condicións da súa
evolución e tanto o sistema como o entorno regresan as condicións iniciais.

2
24/10/2017

Física Tema 7- Fundamentos de Termodinámica


Termodinámica. Conceptos básicos
Proceso infinitesimal: cando as variable do sistema experimentan unha variación
infinitesimal.
Proceso cíclico, si o sistema regresa o seu estado inicial. As funcións de estado
non experimentan ninguna variación neste proceso.

Para poder desplazar un sistema do seu estado de equilibrio termodinámico é


necesario que o medio interaccione co sistema a través da súa superficie fronteira
• Intercambiando materia
• Intercambiando enerxía (traballo mecánico, calor)
Para que un sistema aberto esté en equilibrio termodinámico ten que existir un
equilibrio másico, mecánico e térmico co entorno.
Clasificación paredes do sistema

Respecto a SI NON
Cambio Volume Móbil Ríxida
Fluxo Calor Diatérmica Adiabática
Fluxo Materia Permeable Impermeable

Física Tema 7- Fundamentos de Termodinámica


Principio Cero. Temperatura Tipler, 17.1

Principio Cero: Se dous obxectos atópanse en equilibrio térmico con un terceiro,


entón están en equilibrio térmico entre si.

Temperatura: é a propiedade que se iguala entre tódolos corpos que están en


equilibrio térmico entre si.
A temperatura é a cuarta magnitude fundamental, ademais das introducidas en
Mecánica, necesaria para o desenrolo da Termodinámica.

Para establecer unha escala de temperaturas eliximos como patrón certo sistema
denominado termómetro, á vez que asociamos un conxunto de regras para
asignar un valor numérico á temperatura asociada a cada isoterma. Para construír
un termómetro podemos empregar calquera propiedade termométrica.

Propiedade termométrica: propiedade física que varía coa temperatura


 Lonxitude dunha barra de ferro
 Altura dunha columna de mercurio
 Resistencia eléctrica dun metal
 Presión dun gas a volume constante …

3
24/10/2017

Física Tema 7- Fundamentos de Termodinámica


Medida de Temperatura
Tipler, 17.2
Dividimos en 100
intervalos iguais (graos)

Punto de conxelación: Punto de ebulición:


Auga+xeo Auga+vapor

5
Conversión entre escala Celsius y Farenheit: tC = t − 32
9 F

Diferentes termómetros proporcionan, en xeral, diferentes lecturas da temperatura.


Non obstante, cando se traballa con termómetros de gases a discrepancia pode
reducirse empregando baixas presións, polo que elixiuse un termómetro de gas a
volume constante como termómetro patrón, en función do cal vaise definir unha
nova escala de temperatura.

Física Tema 7- Fundamentos de Termodinámica


Escala Kelvin de Temperatura Tipler, 17.3

Representamos P fronte a T para un termómetro de gas a V=cte con ρ baixa

• Extrapolamos a recta ata P=0


• Para tódolos termómetros de gas
obtemos que P=0 para tc=-273.15 ºC
Cero absoluto

ESCALA KELVIN
Esta escala tamén chámase universal ou de temperatura absoluta
Kelvin

tC =T −273.15 ∆t(ºC)=∆T(K)

Celsius

Calibrado de termómetros en escala Kelvin: Punto triple da auga, coexistencia en


equilibrio de agua, vapor e xeo (0.01ºC ó 273.16 K).
. P
T = 273.16
Ptriple

4
24/10/2017

Física Tema 7- Fundamentos de Termodinámica


Dilatación térmica Tipler, 20.1

Aumento de volume que experimentan os corpos ao elevar a súa temperatura.

O aumento nas súas dimensións depende de:


• O aumento da temperatura
• As dimensións iniciais.
• O coeficiente de dilatación térmica.

Dilatación lineal

Coeficiente de dilatación térmica lineal


unidades K-1 ó ºC-1

Dilatación cúbica

Coeficiente de dilatación volumétrica dun sólido

Física Tema 7- Fundamentos de Termodinámica


Dilatación anómala da auga
Case tódolos materiais dilátanse cando se quentan, unha excepción é a auga no
intervalo de temperaturas 0ºC a 4ºC, xa que contraese ao aumentar a súa
temperatura. Isto coñécese como dilatación anómala da auga.

Consecuencias
• Rotura de tuberias
• Meteorización das rocas
• Subsistencia de vida subacuática en augas xeadas

5
24/10/2017

Física Tema 7- Fundamentos de Termodinámica

Primeiro Principio. Calor Tipler, 18.1

Os sistemas termodinámicos poden intercambiar enerxía co seu entorno


mediante diferentes mecanismos, en sistemas pechados mediante calor e
traballo.

O calor é a transferencia de enerxía a través da fronteira dun sistema debida


a unha diferencia de temperaturas.

No SI a unidade do calor é joule (J).


Por razones históricas, úsase tamén a caloría (cal), 1 caloría = 4.18 J

Cando transferimos calor a un sistema prodúcese un incremento de temperatura,


agás nos cambios de fase ou procesos adiabáticos.

C capacidade calorífica

Cando C non varía no intervalo temperaturas

Física Tema 7- Fundamentos de Termodinámica


Primeiro Principio. Calor
A capacidade calorífica depende da cantidade de materia do sistema, polo que
definimos o calor específico, c

c=C/m sendo m a masa do sistema

c=calor necesario para elevar 1K a temperatura da unidad de masa da sustancia ao


experimentar un proceso non adiabático.

O alto valor do calor específico da


auga fai que a usemos como
refrixerante!!!.

Dende o punto de vista práctico, para un sistema expansivo as capacidades


caloríficas máis importantes son:
Capacidade calorífica isocórica Capacidade calorífica isobárica

6
24/10/2017

Física Tema 7- Fundamentos de Termodinámica

Primeiro Principio Tipler, 18.3


Experimento de Joule
Con este experimento (1843) demostróuse que pódese
elevar T da auga suministrando W

• Para ΔT=1 K W=4,18 J (equivalente mecánico do calor)


• W e Q enerxía en tránsito

Sistema illado

A enerxía interna (U) é a energía asociada aos compoñentes microscópicos dun


sistema (átomos e moléculas) observados desde un sistema de referencia en
reposo respecto ao sistema. Inclúe:
• Ec e Ep debidas ao movemento de átomos e moléculas
• Enerxía potencial intermolecular

Física Tema 7- Fundamentos de Termodinámica

Primeiro Principio.

Principio de conservación da enerxía


ΔU = Q +W

“A variación de enerxía interna dun sistema é


igual ao calor transferido ao sistema máis o
traballo realizado sobre o sistema”

Para variacións infinitesimais

7
24/10/2017

Física Tema 7- Fundamentos de Termodinámica


Cambios de fase: Durante un cambio de fase a
substancia absorbe calor sen que ningunha das
fases eleve a súa temperatura.

Calor latente de fusión (Lf): calor necesario para pasar


de sólido a líquido unha substancia.

Calor latente de evaporización (Lv): calor necesario para evaporar unha substancia.

Física Tema 7- Fundamentos de Termodinámica


Tipler, 20.4
Propagación do calor: Os tres modos principais de transferencia de enerxía
térmica son conducción, convección e radiación.

Condución: A condución involucra a transferencia de enerxía térmica dentro


dun obxecto ou a transferencia de calor entre dous (o máis) obxectos en
contacto térmico.

Convección: A convección involucra o movemento físico dunha substancia (auga


ou aire por exemplo) dende o contacto térmico cun sistema ata o contacto térmico
con outro sistema. Grandes cantidades de enerxía transfírense por convección na
atmosfera terrestre e nos océanos.

8
24/10/2017

Física Tema 7- Fundamentos de Termodinámica

Radiación: A radiación é a transferencia de enerxía térmica mediante ondas


electromagnéticas. Tódolos obxectos emiten radiación electromagnética.

A temperatura do obxecto determina a potencia radiada, Pradiada, dada pola


ecuación de Stefan-Boltzmann:

onde  = 5.67 · 10–8 W/K4m2 é a constante de Stefan-Boltzmann,


 a emisividade,
A é a área superficial (radiante)

A emisividade varía entre 0 e 1, con 1 representando a emisividade dun obxecto ideal


chamado corpo negro. Un corpo negro radia 100% da súa enerxía e absorbe 100%
da radiación que incide sobre éste.

Física Tema 7- Fundamentos de Termodinámica


Tipler, 18.5
Traballo Termodinámico
Traballo nos procesos termodinámicos: É outra forma de transferencia de
enerxía.
Traballo sobre un sistema simple compresible. O sistema termodinámico será
un gas encerrado en un cilindro con un pistón móvil.

dW = Fdx = PAdx= −PdV

Se dV<0: dW>0: W sobre o gas


Se dV>0: dW<0: W do gas sobre o entorno
Se dV=0: dW=0

O traballo realizado sobre un gas nun proceso cuasiestático é


igual a menos a área baixo a curva no diagrama PV entre o
estado inicial e o final

Ollo!, o traballo non


é función de estado

9
24/10/2017

Física Tema 7- Fundamentos de Termodinámica

Traballo termodinámico

Proceso isóbaro

Proceso isócoro

Proceso isotermo
gas ideal

Física Tema 7- Fundamentos de Termodinámica


Tipler, 19.1
Segundo Principio
O Primeiro Principio establece que non poden ocorrer procesos nos que non se
conserve a enerxía. Pero determinados procesos non ocorren aínda que cumpran
este principio (o calor non vai do obxecto máis frío o máis quente). É necesario
formular un Segundo Principio da Termodinámica que nos informe acerca dos
procesos que son posibles na natureza .
O Segundo Principio admite moitas formulacións diferentes, todas elas equivalentes.
Imos a estudalo dende o punto de vista das máquinas térmicas.
Máquina térmica: Dispositivo de funcionamiento
cíclico, cuio obxectivo é transformar calor na
máxima cantidade posible de traballo.

Unha máquina térmica conduce unha


substancia de traballo (auga, aire e vapor Máquina
de gasolina) a través dun proceso cíclico.
Absorbe calor dun foco quente, Qc
Realiza traballo
Cede calor residual, Qf

10
24/10/2017

Física Tema 7- Fundamentos de Termodinámica


Segundo Principio
Aplicando o Primeiro Principio á máquina térmica.

Máquina
Por ser un proceso cíclico

O traballo realizado por unha máquina térmica é


igual a enerxía neta absorbida pola máquina.

Defínese o rendemento dunha máquina térmica como o cociente entre o que se


obtén e o que se consume:

Física Tema 7- Fundamentos de Termodinámica


Segundo Principio

Enunciado de Kelvin-Planck
É imposible que unha máquina térmica
funcionando cíclicamente extraiga calor dun único Máquina
Máquina
foco térmico e o converta íntegramente en
traballo.

É imposible construir unha máquina térmica con

Refrixerador
O refrixerador é unha máquina térmica que
funciona en sentido inverso, retira enerxía do
foco frío e a entrega ao foco quente consumindo
certa cantidade de traballo.

Denominamos eficiencia η =

11
24/10/2017

Física Tema 7- Fundamentos de Termodinámica


Segundo Principio
A situación ideal para un refrigerador é aquela na
que no consume traballo (W=0)
Pero esta posibilidade está vetada polo enunciado
de Clausis do Segundo Principio

Enunciado de Clausius
“É imposible construir unha máquina que funcionando
cíclicamente teña como único resultado transferir
enerxía en forma de calor dende un foco frío a un foco
quente”.

Os enunciados de Kelvin-Planck e Clausius son equivalentes. Permitennos outra


definición de proceso reversible

Un sistema termodinámico evoluciona dende un estado inicial a outro final


mediante un proceso reversible se para volver , tanto o sistema coma os
arredores, ao estado inicial non é necesario incumprir o Segundo Principio.

Física Tema 7- Fundamentos de Termodinámica


Teorema de Carnot
Unha máquina de Carnot é unha máquina reversible que opera entre dous
focos seguindo un ciclo formado por dous procesos isotérmicos reversibles e
dous adiabáticos tamén reversibles como se amosa na imaxe

Para calcular o rendemento dunha máquina de Carnot


eleximos coma substancia de traballo un gas ideal e
calculamos o traballo realizado no ciclo.
Os procesos 1-2 y 3-4 son isotermas reversibles dun gas ideal:

Nos adiabáticos reversibles:

12
24/10/2017

Física Tema 7- Fundamentos de Termodinámica


Teorema de Carnot
É outra forma de enunciar o Segundo Principio da Termodinámica

“ Ningunha máquina térmica que funcione entre dous focos térmicos dados pode ter
un rendemento maior que unha máquina reversible (máquina de Carnot) que opere
entre eses mesmos focos”.

Se ningunha máquina (frigorífico) pode ter un rendemento maior que a de Carnot,


tódalas máquinas reversibles que funcionen entre dous focos de temperatura dada
teñen o mesmo rendemento (eficacia).

Como o rendemento de Carnot depende só das temperaturas dos focos térmicos


podemos establecer unha escala de temperaturas baseada no ciclo de Carnot e no
Segundo Principio da Termodinámica, coñecida como escala termodinámica de
temperaturas, que é independente do comportamento de calquera sustancia
termométrica.
A temperatura termodinámica está completamente
determinada por esta ecuación e a elección dun punto
fixo. Se o punto fixo defínese igual a 273,16 K para o
punto triple da auga, entón coincide coa escala de
temperaturas do gas ideal.

Física Tema 7- Fundamentos de Termodinámica


Tipler, 19.7
Entropía
O Segundo Principio da termodinámica vainos permitir introducir unha nova
función de estado, a entropía, cuia variación entre dous estados de equilibrio
termodinámico será un indicador da reversibilidade ou irreversibilidade do proceso
seguido polo sistema para evolucionar dun a outro de ditos estados.

A entropía S defínese como


Unidades no SI

E integrando entre dous estados de equilibrio

A variación da entropía é siempre maior ou igual


que a integral del calor que entra no sistema
dividido pola temperatura á que entra. A
igualdade daríase nun proceso reversible e a
desigualdade nun irreversible.

13
24/10/2017

Física Tema 7- Fundamentos de Termodinámica


Principio de incremento de Entropía

Nun sistema illado, ningún calor entra o sale del sistema, dQ = 0 e por tanto

Só se o proceso é reversible a entropía permanece constante.

Un sistema e o seu entorno constitúen un sistema illado

En todo proceso real a entropía aumenta (se o proceso é irreversible) ou


permanece estacionaria (se é reversible), pero nunca diminúe. O criterio é

O incremento de entropía total dun proceso debe ser positivo o nulo

Física Tema 1- Introdución á Física

BIBLIOGRAFÍA:
• TIPLER, Paul y MOSCA, Gene. Física para la ciencia y la tecnología.
Barcelona: Editorial Reverté, 2005. ISBN 84-291-4411-0.

• QUIRANTES, Arturo. Física de Hollywood. Valladolid: Glyphos Editorial, 2016.


ISBN 9788494538636.

• GOMIS, Hilario. El principio cero de la termodinámica y la definición de


temperatura. Youtube [consultado 2 de Outubro de 2017]. Dispoñible en:
https://www.youtube.com/watch?v=-VD-Cus6uYY

• GOMIS, Hilario. Dilatación térmica en sólidos y líquidos. Youtube [consultado


2 de Outubro de 2017]. Dispoñible en:
https://media.upv.es/#/portal/video/54692935-acf0-6043-b1b9-255d60d842b1

14

You might also like