You are on page 1of 2

IES Urbano Lugrís.

Malpica
2ESO. LGL

Lembra que Corredora se divide en 4 partes: Fondo, Series, Campo ao través e


Sprint.

1. Comezamos por Fondo (da páx. 11 á 28).


1.1. Repara en que na páxina 9 aparece un texto en cursiva. Tenta adiviñar quen chama
por teléfono. Para iso, indica primeiro que é facer algo á mantenta e estar de
concentración.

1.2. Procura no dicionario os vocablos que aparecen máis abaixo. [Ten en conta que o
significado final dáo o contexto en que aparecen; quere isto dicir que debes
localizalas no libro, indicar a páxina exacta e logo ler a oración ou o parágrafo en
que están e reproducila ao lado da palabra en cuestión; se non o fas, corres o risco
de non escoller ben a acepción que corresponde.]

Chaira

Ex: páx. 11. O descoñecido é unha chaira breve. Acepción núm. 3 no dicionario da
RAG: Grande extensión de terreo chan ou con poucas ondulacións.

Aba; croio; lesmas; esmola; alancará; pudor.

1.3. Por que Genet case que nunca ten medo? Responde facendo referencia exacta ao
que di no texto. Que é o medo?
Que traballos ten encomendados Genet, malia ser unha nena?
Que é o que máis lle gusta no mundo a Genet? Cres que ten que ver co lugar onde
naceu? Que xesto de amor lle fai a nai a Genet nesta primeira parte da sección
Fondo?

1.4. E as terras, por máis que se porfiase nelas, seguían en silencio. Que significado
ten esta oración no contexto do capítulo 2 da sección Fondo?
Que sentimentos ten Genet a respecto de seu pai? Por que?
Como se chama a nai de Genet? Pensas que quere a seu marido? Por que si ou por
que non? Baséate no texto para responderes.

1.5. Por que teñen que marchar as mulleres a Addis Abeba? Quen o decide? Que che
parece que se tome esa decisión sobre o destino das mulleres?

1.6. Busca dúas oracións en que se reflicta como sente a fame Genet.

1.7. Como se describe literalmente Addis Abeba neste capítulo? Que se ven obrigadas a
facer algunhas mulleres para conseguir uns poucos cartos?
1.8. Cantos anos ten Genet cando finaliza este apartado de Fondo? Que é un café
macchiato? Segundo as ve Genet, como son as persoas que toman café macchiato?

You might also like