0% found this document useful (0 votes)
52 views5 pages

Canciones

Uploaded by

Judit Sanchez
Copyright
© © All Rights Reserved
We take content rights seriously. If you suspect this is your content, claim it here.
Available Formats
Download as DOCX, PDF, TXT or read online on Scribd
0% found this document useful (0 votes)
52 views5 pages

Canciones

Uploaded by

Judit Sanchez
Copyright
© © All Rights Reserved
We take content rights seriously. If you suspect this is your content, claim it here.
Available Formats
Download as DOCX, PDF, TXT or read online on Scribd

TEÑO UN AMOR EN RIANXO:

[Link]

Teño un amor en Rianxo e outro en Vilagarcía,


para ver os meus amores teño que cruzar a ría,
teño que cruzar a ría, teño que cruzar a ría,
teño un amor en Rianxo e outro en Vilagarcía.

RETROUSO
Non lle temas, mariñeiro, ao ventiño do mar,
que o vento mareiro dá mellor navegar.
Se navegas pola ria de Rianxo verás
as estrelas e a lúa darlle bicos ao mar.

Lévalle no teu peteiro,


gaivotiña voa, voa, lévalle no teu peteiro,
unha cartiña de amores para o meu amor rianxeiro,
para o meu amor rianxeiro, ____ o meu amor rianxeiro
gaivotiña voa, voa, lévalle no teu peteiro.

RETROUSO
...

Collín a dorna en Rianxo,


collín a dorna en Rianxo, fun a Padrón pola ría,
da terra de Castelao á de cela de Rosalía,
á terra de Rosalía, á terra de Rosalía,
collín a dorna en Rianxo, fun a Padrón pola ría.

RETROUSO
....

XAN (ROSALÍA DE CASTRO):


[Link]

Xan vai coller leña o monte,


Xan vai compoñer cestos,
Xan vai podar as viñas,
Xan vai apañar o esterco,
e fai o leito e o caldo...
Xan, en fin, é un Xan completo,
deses que a cada muller
lle conviña un polo menos.
Pero cando un busca un Xan,
case sempre atopa un Pedro!

"Xa _______, Pepa!"


Pepa, afortunada Pepa,
muller do Xan que sabemos,
mentres o home traballa,
ela lava os pés no rego,
cátalle as pulgas ao gato,
peitea os longos cabelos,
bótalles millo ás galiñas,
murmura co irmán do crego.
Pero cando un busca un Xan,
case sempre atopa un Pedro!

E cando Xan pola noite


chega cansado e famento,
ela xa o espera entre as mantas,
e ao velo entrar dille quedo:
—Por Deus non barulles moito...
que me estou mesmo morrendo.
—Pois que tes, miña mulleriña?
—Que hei de ter? Deita eses nenos,
que esta **madre roe en min
cal roe un can nun codelo,
e ao cabo ha de dar comigo
nos terróns do cemiterio...
Pero cando un busca un Xan,
case sempre atopa un Pedro!

—Pois, Pepa, toma un trago


de ++resolio que aquí teño,
e durme, miña mulleriña,
mentres os meniños deito.
De bágoas se enchen os ollos,
de Xan ao ver tales feitos...
Mais non temas, que entre mil,
non hai máis que un anxo entre os demos.
Non hai máis que un atormentado
entre mil que dan tormentos.
Porque cando un busca un Xan,
case sempre atopa un Pedro!

** Madre (coloquial): matriz, útero.


++ Resolio: licor feito con augardente, azucre, canela, anís e outros ingredientes
aromáticos.
O RODABALLO: [Link]

Nunha lancha de Marín


coa proa de carballo, BIS
catro rapaces da Pobra
(ui, ai, ai)
roubaron un [Link]

Mala chispa te coma,


mala chispa che dea,
mala chispa te trague!
Ai, ai, ié. BIS a estrofa

O patrón que os mandaba


tamén era de Marín BIS
e díxolle ao rodaballo:
(ui, ai, ai)
Moito miras para min!" BIS

Mala chispa te coma,


mala chispa che dea,
mala chispa te trague!
Ai, ai, ié. BIS

Fórono vender á lonxa


e con moito disimulo BIS
E quen o foi a comprar?
(ui, ai, ai)
a filla do Cachirulo! BIS
Mala chispa te coma,
mala chispa che dea,
mala chispa te trague!
Ai, ai, ié. BIS

Aquí se acaba a historia


deste peixe rodaballo BIS
que por non haber aceite,
(ui, ai, ai)
houbo que comelo asado. BIS

Mala chispa te coma,


mala chispa che dea,
mala chispa te trague!
Ai, ai, ié. BIS

CATRO VELLOS MARIÑEIROS: [Link]

Catro vellos mariñeiros, BIS


Todos metidos nun bote.
Boga, boga, mariñeiro,
vamos para Viveiro,
xa se ve San Roque! BIS

Ailalelo ...

Os mariñeiros traballan BIS


de noite coa luz da lúa.
Dá gusto velos chegar
e pola maña cedo
cheirando a frescura. BIS

Ailalelo ...

Traio _______ e bocarte,


tamén _____ pequeno.
Rapaciña de Viveiro,
ven buscar o lote
do teu ______! BIS

Ailalelo ..

You might also like