You are on page 1of 17

LITERATURA GALEGA II

A literatura de vangarda en Galicia


4º ESO
Segundo trimestre
Acto
Presentación do tema e esquema.
Esquema xeral (1)
1.- As vangardas.
1.1. Definición
1.1.1. O concepto.
1.1.2. O movemento.
1.2. Características.
1.3. Correntes (Futurismo, Cubismo, Dadaísmo e
Surrealismo).
Esquema Xeral (2)
2. As vangardas en Galicia.
2.1. Xeración do 25.
2.1.1. Hilozoísmo. Amado Carballo
2.1.2. Neotrobadorismo. Álvaro Cunqueiro.
Fermín Bouza Brey.
2.1.3. Creacionismo. Manuel Antonio.
2.2. Outros poetas.
2.3. A prosa.
1. As vangardas.
1.1. Definición.-
1.1.1. O concepto.-
Procede do francés “avant-garde”, termo militar que
designa as tropas de primeira liña de comabate, para
referirse á actitude combativa destes autores na procura
da modernización da arte.
1.1.2. O movemento.-
Diversos movementos artísticos que xorden nas primeiras
décadas do XX en Europa e que pretenden unha
renovación total da arte.
1.2.- Características
Ruptura coa tradición e procura de novos camiños.
Actitude antirromántica e antisentimental.
Liberdade creativa do autor e independencia.
Orixinalidade expresiva: renovación da linguaxe, ausencia
de signos de puntuación, noca función das imaxes, etc.
Elaboración de manifestos para expresar as súas
propostas.
1.3.- Correntes
1.3.1. Futurismo.
Creado por Marinetti en 1909.
Defensa da modernidade e do futuro, representado nas
máquinas e na velocidade.
Ruptura coas normas sintácticas e ortográficas.
Eliminación da métrica.
Uso de tecnicismos e barbarismos.
Disposición espacial dos versos na páxina.
1.3.- Correntes
1.3.2. Cubismo.
Creado por Picasso e Juan Gris, en 1907, como proxecto
pictórico.
Emprego de formas xeométricas, presentando distintos puntos
de vista nun mesmo plano.
No literario destacan os Caligramas de Apollinaire
1.3.- Correntes
1.3.3. Dadaísmo.
Nace en Zurich no 1916 da man dun grupo de artistas
liderados polo romanés Tristán Tzara.
Movemento antiarte e provocador que propón unha
rebelión contra as convencións establecidas.
1.3.- Correntes
1.3.4. Surrealismo.
Movemento artístico e literario que nace en Francia con
André Breton.
Breton escribe o primeiro manifesto surrealista no 1924.
Destaca o compoñente irracional do proceso de creación.
Incorpora ideas da psocoanálise de Freud (soños,
subconsciente...)
No literario, renovación da linguaxe, novas técnicas de
composición, escritura automática, imaxe visionaria...
2. As vangardas en Galicia.
2.1. A Xeración do 25.
Grupo de escritores, nados arredor do 1900, que renovarán a
poesía galega, incrporando as novidades das vangardas europeas.
Comparten a conciencia nacionalista cos membros das
Irmandades da Fala e da Xeración Nós.
Nomes: Manuel Antonio, Amado Carballo e Álvaro Cunqueiro.
Mostras:
Manifesto Máis Alá (M. Antonio-Álvaro Cebreiro, 1922)
Revistas Alfar, Ronsel, Yunque, Resol, Papel de cor,...
Tres escolas poéticas ou movementos: Hilozoísmo, Animismo ou
Imaxinismo, Neotrobadorismo e Creacionismo
2. As vangardas en Galicia.
2.1.1. Hilozoísmo.
Tema principal: a natureza, humanizada e animada
por constantes personificacións e imaxes moi plásticas
Combinación a temática de tradición paisaxista do
XIX coa estética de vangarda, rica en imaxes e
metáforas.
Sensualidade. Transmisión de sensacións (visuais ou
auditivas, a través da creación de imaxes, con
predominio de cores fortes e vivas.
Foi unha corrente que tivo moitos seguidores na nosa
literatura.
2. As vangardas en Galicia.
2.1.1. Hilozoísmo.
2.1.1.1. Amado Carballo.
Pontevedra, 1901 – 1927
Iniciador e cultivador do hilozoísmo.
Dous libros de poemas:
 Proel (1927)
 O Galo (1928)

Unha novela (Os pobres de Deus) e algúns relatos.


2. As vangardas en Galicia.
2.1.2. Neotrobadorismo.
Nace tras a difusión dos cancioneiros da lírica galego
portuguesa medieval.
Introdución de elementos (temáticos, formais e
estilísticos) da lírica medieval, como o tema amoroso,
a ambientación, o paralelismo, refrán...
2.1.2.1. Fermín Bouza Brey (Nao Senlleira, 1933)
2.1.2.2. Álvaro Cunqueiro (Cantiga nova que se
chama riveira, 1933 e anos máis tarde Dona de
corpo delgado, 1950)
2. As vangardas en Galicia.
2.1.3. Creacionismo. Mannuel Antonio.
A principal figura é Manuel Antonio, o máis innovador e orixinal
da Xeración do 25, e prototipo de escritor vangardista.
Obra na estética do Creacionismo, caracterízase pola ruptura total
coa tradición literaria e por unha aposta decidida pola renovación
temática e formal.
De catro a catro. Follas sen data dun diario de abordo, de 1928,
é o seu único libro.
19 poemas estruturados como a crónica dunha viaxe en 3
etapas: partida, aventura e regreso.
Admite diversas interpretacións, dende a simple evocación da
viaxe polo mar até outras filosóficas, metafísicas,
sombólicas...
2. As vangardas en Galicia.
2.1.3. Creacionismo. Mannuel Antonio.
En 1972 publícase a súa obra completa, con outros textos até
entón inéditos.
Dous textos en prosa nos que expresa as súas ideas sobre a
literatura:
O manifesto Máis alá, publicado con Álvaro Cebreiro(1922).
 Necesidade de romper coa tradición e buscar novos
camiños, tomando elementos de distintos movementos e
adaptándoos ás propias características.
 O aotos debe amosar independencia e creatividade. Ideal
da absoluta liberdade creativa.
 Compromiso total coa lingua, critican aos escritores
galegos en castelán
Prólogo dun libro de poemas que nunca escribeu (1924).
2. As vangardas en Galicia.
2.2.- Outros poetas.
Manuel Luís Acuña (Trives, 1900-1975)
Colaboracións na revista viguesa Vida Gallega.
Firgoas, 1933. Poemas vangardistas na liña do
creacionismo.
Eduardo Blanco Amor (Ourense, 1897-1979)
Romances galegos, 1928, liña popularista moi
próxima á Xeracións do 27 española.
Poema en catro tempos, 1933, de ambientación
mariñeira, escrito como unha sinfonía.
2. As vangardas en Galicia.
2.3. A prosa.
Rafael Dieste (Rianxo, 1899 – 1981)
O prosista máis importante desta xeración.
Dos arquivos do trasno, 1926. Relatos de misterios
nos que retrata a psicoloxía dos galegos e conta
historias de tipo fantástico.
A fiestra valdeira, 1927. Comedia sombólica que
trata sobre a identidade cultural. Un indiano e a súa
familia queren ocultar a súa orixe, pero acaban
reconciliándose co seu pasado mariñeiro galego.

You might also like