You are on page 1of 24

SERIES FUNCIONAIS E INTEGRACIÓN DE RIEMANN EN VARIAS VARIABLES REAIS 1

1 INTEGRAIS IMPROPIAS DE RIEMANN

No estudo da integral de Riemann, realizado para as funcións reais dunha variable


real, atopamos, principalmente, dúas restricións (que, dalgún xeito, veñen impostas pola
natureza do proceso de fundamentación desenvolvido): debemos utilizar funcións limitadas e
estas considéranse definidas en intervalos compactos.
Por outra parte, apreciamos que moitas das aplicacións da integral de Riemann,
poderían ter sentido en ausencia destas restricións.
A título de exemplo, consideremos a posibilidade de lle asignar un área á seguinte
rexión (non limitada) do plano:

R = (x, y) c ‘ : x m 1; x [ y [ x + 1 2 .
2
2x
Sendo R unha rexión non limitada, unha forma razoable de atacar o problema que,
ademais, permite aproveitar as técnicas aprendidas no estudo da integral de Riemann, é
considerar subrexións limitadas da rexión R correspondentes a intervalos do tipo [1, c], con
c > 1, e as súas áreas e tratar de obter logo o límite destas áreas cando c tende a + ∞, o que
c
conduce ó cálculo do seguinte límite: climt∞ ¶
1 dx, que, como vemos facilmente, existe e
1 2x 2
vale 1 .
2
Situacións coma esta suxiren a conveniencia de suprimir as restricións atopadas no
estudo da integral de Riemann, de xeito que poidamos considerar, tamén, intervalos non
limitados ou ben funcións non limitadas. Faremos isto dándolle forma ás ideas suxeridas polo
anterior exemplo, é dicir, conxuntando os conceptos e as técnicas que xa coñecemos con
algún proceso de paso ó límite. Orixinarase, deste xeito, o concepto de integral de Riemann
en sentido impropio (ou, abreviadamente, integral impropia).
No estudo que imos realizar, consideraremos, fundamentalmente, dous casos, que
despois poderanse combinar. Estes dous casos conducirán ás nocións de integrais impropias
de primeira especie e integrais impropias de segunda especie, respectivamente. En adiante,
o estudo destes dous casos farase conxuntamente, sempre que sexa posible e conveniente.

Definición 1.1 Sexa I un intervalo non dexenerado da recta real (tanto ten se aberto,
pechado, limitado ou non).
Diremos que f : I t ‘ é localmente integrable en I se f é integrable no sentido de Riemann
en cada intervalo compacto, [c, d ], contido en I. 1
1
Recordemos que, se I é un intervalo da recta real, f é unha función definida en I e [c, d] é un
intervalo contido en I, entendemos que f é integrable no sentido de Riemann en [c, d], se a restrición
de f a [c, d], f : [c, d] t ‘, é integrable no sentido de Riemann en [c, d]. Por abuso da linguaxe,
[c,d]
esta restrición seguirá a ser denotada por f, malia que f e f son funcións distintas. Así, cando para
[a,b]
unha tal función escribamos “f ∈R ([c, d])”, entenderemos que isto significa “ f ∈R ([c, d])”.
[c,d]
2 INTEGRAIS IMPROPIAS

Observacións 1.1
Obviamente, se I é un intervalo compacto e f é unha función integrable en sentido de
Riemann en I, daquela f é localmente integrable en I.
En adiante, en moitas ocasións, os intervalos I considerados serán da forma [a, b),
onde a é un número real e b é un número real tal que a < b, ou ben b = + ∞. (Escribiremos,
abreviadamente, −∞ < a < b [ +∞ para indicar estes feitos).
Para intervalos coma estes cúmprese:
f é localmente integrable en [a, b) w f∈R([a, c]), ≤c c [a, b).
Do mesmo xeito, para intervalos da forma (a, b], con −∞ [ a < b < +∞, cúmprese:

f é localmente integrable en (a, b] w f∈R([c, b]), ≤c c (a, b].

Exemplos 2
Toda función continua nun intervalo I é localmente integrable en I. Por exemplo, a
función seno é localmente integrable en ‘, mentres que a función tanxente é localmente
integrable en cada intervalo no que estea definida, é dicir, en calquera intervalo que non
conteña ceros da función coseno. (Notemos que as restricións destas funcións a calquera
subintervalos compactos dos seus dominios son funcións continuas).
A función parte enteira é localmente integrable en ‘, aínda que é descontinua nos
números enteiros, presentando, en cada un deles, unha descontinuidade de salto. (Notemos
que as restricións desta función ós subintervalos compactos de I son funcións monótonas).

En adiante, consideraremos unicamente funcións localmente integrables. Observemos


que, para unha función f : [a, b) t ‘, localmente integrable en [a, b), onde −∞ < a < b [ +∞,
ten sentido definir a función integral:
x
(1.1) F : x c [a, b) t F(x) = ¶ a
f,

que, como ben sabemos, é continua, en virtude da segunda formulación do Teorema


fundamental. Ademais, se f é unha función non negativa (respectivamente, non positiva), a
función F é monótona crecente (respectivamente, decrecente).
Naturalmente, poderíamos facer comentarios semellantes en relación cunha función f
localmente integrable nun intervalo da forma (a, b], con −∞ [ a < b < +∞, tendo en conta que,
neste caso, será pertinente considerar a seguinte función integral:
a
(1.2) G : x c (a, b] t G(x) = ¶ x
f.

2
Cando non se indique expresamente o dominio de definición dalgunha función, entenderemos que
este é o maior subconxunto posible da recta real.
SERIES FUNCIONAIS E INTEGRACIÓN DE RIEMANN EN VARIAS VARIABLES REAIS 3

Definicións e Notacións 1.2


Sexan a e b tales que −∞ < a < b [ +∞.
Se f : [a, b) t ‘ é unha función localmente integrable en [a, b), diremos que f é
integrable no sentido impropio de Riemann en [a, b), se existe ´ c ‘ tal que:
x
lim−
xt b
¶ a
f = ´,

noutras palabras, se existe ´ c ‘ tal que lim− F(x) = ´, sendo F a función integral de f
xtb
considerada en (1.1).
b− x
En tal caso, a integral impropia de f en [a, b) defínese mediante: ¶ a
f := lim−
xt b
¶ a
f (Se
∞ x
b = + ∞, escribiremos, simplemente, ¶ f := lim ¶ a xt ∞ a
f, mentres que se b c ‘, poderemos
b− b−
escribir, alternativamente, ¶ f := lim ¶ f ).
a t 0 + a

O feito

de que a función F teña límite real no punto b, exprésase dicindo que a
b
integral ¶ a
f é converxente.

O conxunto de todas as funcións integrables no intervalo [a, b), no sentido impropio,


denotarase por R([a, b)).

Se f é localmente integrable en [a, b), mais a función F non ten límite no punto b ou
ben lim− F(x) = !∞, dirase que f non é integrable en [a, b) en sentido impropio. En tal caso,
xtb
b−
adóitase dicir, tamén, que a integral
a

f é diverxente, malia que, neste caso, non temos
dado un significado a esta integral.3 En particular, se lim− F(x) = !∞, é costume dicir que
xt b
b−
¶ a
f diverxe a !∞.
3
Establecendo un paralelismo coas series numéricas, poderíase definir a integral impropia dunha
función f : [a, b) t ‘, localmente integrable en [a, b), dalgún dos seguintes xeitos:
1) Como o par ( f, F ), onde F é a función integral de f definida en (1.1). (Esta opción correspóndese
coa definición dunha serie como un par de sucesións ({x n } ncŒ , {s n } ncŒ ), onde s n = x 1 + ¢ + x n , para
cada n c Œ),
ou ben,
2) Como a función integral F (que corresponde á definición dunha serie como a sucesión das sumas
parciais).
Non obstante, non imos introducir nin utilizar esta terminoloxía, de xeito que unha frase como a
b−

seguinte: “a integral a f é diverxente” entenderémola, simplemente, como unha maneira alternativa
de expresar que a función F non ten límite real no punto b.
4 INTEGRAIS IMPROPIAS

b b−
En calquera dos casos considerados, escribiremos ¶ a
f en lugar de ¶ a
f cando non haxa
perigo de confusión.
+∞
• Se b = +∞, a integral ¶ a
f dise de primeira especie.
b−
• Se b c ‘, a integral ¶ a
f dise de segunda especie.

• Os conceptos relativos a funcións definidas en intervalos da forma (a, b], con


−∞ [ a < b < +∞, defínense de xeito semellante. Recoméndase formular explicitamente as
correspondentes definicións.

Observación 1.2
Se a e b son tales que −∞ < a < b [ +∞ e f : [a, b) t ‘ é unha función localmente
integrable en [a, b), daquela, fixado arbitrariamente un número real c, a [ c < b, podemos
escribir:
x c x
¶ a
f= ¶ a
f+ ¶ c
f, para calquera x m a,

do que deducimos:
x x
≥ lim−
xt b
¶ a
f c ‘ w ≥ lim−
xt b
¶ c
f c ‘,

o que permite formular o seguinte Teorema 1.1 que, basicamente, indica que para estudar a
b−
converxencia dunha integral impropia do tipo ¶ a f, pódese prescindir de calquera segmento
inicial do intervalo [a, b), é dicir, de calquera intervalo [a, c], a [ c < b.

Teorema 1.1
Sexa f : [a, b) t ‘ localmente integrable en [a, b), con −∞ < a < b [ +∞.
As seguintes afirmacións son equivalentes:
b
a) ¶ a
f converxe.
b
b) Para cada c c (a, b), ¶ c
f converxe.
b
c) Existe c c (a, b) tal que ¶ c
f converxe.

Observación 1.3
Se f é unha función limitada e localmente integrable en [a, b), con b c ‘, as anteriores
definicións non engaden nada novo ó que xa coñecemos. Notade que dándolle a f un valor
arbitrario no punto b, obteríamos unha función, poñamos f , integrable segundo Riemann en
SERIES FUNCIONAIS E INTEGRACIÓN DE RIEMANN EN VARIAS VARIABLES REAIS 5

[a, b] no sentido ordinario, como podemos deducir do Teorema 2.6 das Notas de repaso da
Integral de Riemann,4 do que tamén podemos concluír:
b c c
¶ a
f = lim−
ct b
¶ a
f = lim−
ct b
¶ a
f.
b− b
Isto garante que f c R([a, b)) e, ademais, ¶ a
f= ¶ a
f.

Observacións semellantes valen, por suposto, para funcións limitadas e localmente


integrables en intervalos da forma (a, b], con a c ‘.

Noutras palabras, as funcións limitadas e localmente integrables en intervalos


limitados, pódense extender a funcións integrables (en sentido ordinario) en intervalos
compactos, de xeito que as integrais impropias asociadas a estas funcións pódense
considerar, en realidade, coma integrais de Riemann ordinarias. Polo tanto, no estudo das
integrais impropias de segunda especie, bastará considerar funcións localmente
integrables non limitadas.

Por exemplo, a función f, definida por:

sen(x)
f (x) = x , para x c (0, 1],
é localmente integrable no intervalo (0, 1]. Ademais, f é limitada neste intervalo (de feito,
existe lim+ f (x) = 1, polo que podemos extender f a unha función continua no intervalo [0, 1]).
xd 0
1 sen(x)
Deste xeito, a integral impropia ¶ 0+ x dx pódese interpretar coma unha integral
1
ordinaria, ¶ 0
f , onde
 1, se x = 0
f (x) = 
 f (x), se x c (0, 1].


4
Coa terminoloxía que temos introducido neste tema, podémolo reformular do seguinte xeito:
Teorema 2.6 Sexa f : [a, b] _ ‘ t ‘ unha función limitada no intervalo compacto [a, b].
a) Se f é localmente integrable en (a, b], daquela, f é integrable en [a, b] e, ademais,
b b
¶ a
f = lim+
cda
¶ c
f.

b) Se f é localmente integrable en [a, b), daquela, f é integrable en [a, b] e, ademais,


b c
¶ a

f = lim− a f .
cdb
6 INTEGRAIS IMPROPIAS

Exemplos
• Se a > 0, a integral

 converxe, se  > 1
+∞ 
¶ a
1 dx
x

 diverxe, se  [ 1.

• A integral

1
converxe, se  < 1
¶ 0
1 dx
x
diverxe, se  m 1.

(Notemos que, para  [ 0, a integral é ordinaria).

Con máis xeneralidade, se a, b c ‘ :

 converxe, se  < 1
b 
¶ a
1 dx
(b − x) 

 diverxe, se  m 1.

 converxe, se  < 1
b 
¶ a
1 dx
(x − a) 

 diverxe, se  m 1.

(Notemos de novo que, para  [ 0, a integral é ordinaria).

En xeral, moitos dos resultados que coñecemos para a integral de Riemann pódense
formular, coas oportunas modificacións, para as integrais impropias, grazas á conxunción das
propiedades da integral de Riemann coas propiedades dos límites. Os dous teoremas que
seguen servirán de mostra.

Teorema 1.2 Sexan f, g : [a, b) t ‘ localmente integrables en [a, b) e α, β c ‘.


Se f, g cR([a, b)), daquela, αf + βg cR([a, b)), e, ademais,
b b b
¶ ( f + g) =  ¶
a a
f+ ¶ a
g.
demostración
Sendo f e g localmente integrables en [a, b) e α e β c ‘, daquela, a función αf + βg é,
tamén, localmente integrable en [a, b) e, ademais, para cada x c [a, b), cúmprese:
x x x
¶ (f + g) =  ¶
a a
f+ ¶ a
g.
SERIES FUNCIONAIS E INTEGRACIÓN DE RIEMANN EN VARIAS VARIABLES REAIS 7

x x
Esta igualdade e a existencia dos límites lim
x
xt b
¶ a
f c ‘ e lim
xt b
¶ a
g c ‘ garanten a existencia do
límite lim
xt b
¶ (f + g) e a validez da igualdade:
a
x x x
lim ¶ (f + g) =  lim ¶ f +  lim ¶ g,
xt b a xt b a xt b a

o que remata a proba.

Teorema 1.3 (xeneralización da regra de Barrow para integrais impropias)


Sexa f unha función localmente integrable en [a, b), con −∞ < a < b [ +∞.
Se f ten unha primitiva, F, en [a, b), 5 de xeito que existe o límite:
lim F(c) = l c ‘,
cdb −

daquela, f cR([a, b)), e, ademais,


b
¶ a
f = l − F(a).
demostración
En virtude da primeira formulación do Teorema Fundamental, para cada número
real c, tal que a < c < b, poderemos escribir a seguinte igualdade:
c
¶ a
f = F(c) − F(a),

da que deducimos:
c
existe o límite lim−
cd b
¶ a
f c ‘ w existe o límite lim− F(c) c ‘.
cd b

As conclusións do enunciado resultan agora obvias. 

De xeito semellante, poderíanse extender outros teoremas relativos ás integrais de


Riemann a teoremas relativos ás integrais de Riemann impropias. Con todo, na práctica
bastará aplicar os teoremas xa coñecidos nos intervalos compactos [a, c] (respectivamente,
[c, b]), e tomar límites cando c d b − (respectivamente, cando c d a + ). 

Definición 1.3 (Integrabilidade en intervalos abertos)


Sexa f : (a, b) t ‘ localmente integrable en (a, b), con −∞ [ a < b [ +∞.

5
Non está de máis lembrar que, como sabemos, a integrabilidade en sentido ordinario de Riemann
dunha función f nun intervalo compacto [c, d] non implica a existencia de primitivas de f en [c, d], o
mesmo que a existencia de primitivas de f en [c, d] non implica que f sexa integrable segundo
Riemann nese intervalo. Polo tanto, a “integrabilidade local” dunha función f nun intervalo [a, b)
non garante a existencia de primitivas de f nese intervalo, mentres que o feito de que f teña primitivas
en [a, b) non implica que f sexa locamente integrable nese intervalo.
8 INTEGRAIS IMPROPIAS

Diremos que f é integrable en (a, b), se f é integrable, simultaneamente, en (a, c] e en


[c, b), con cc (a, b). En tal caso, defínese:
b c b
¶ a
f := ¶ a
f+ ¶ c
f.
Esta definición ten sentido, xa que a integrabilidade de f en (a, b) non depende de cal
sexa o punto c.
O conxunto das funcións integrables no intervalo (a, b) denotarase por R((a, b)).

Observación 1.4
t
Se f cR (−∞, +∞), daquela, existe o límite tt
lim
+∞
¶ −t
f e, ademais, cúmprese:
+∞ t
¶ −∞
f = tt
lim
+∞
¶ −t
f.

Non obstante, para unha función localmente integrable en (−∞, +∞), podería existir o
t +∞
límite tt+
lim∞
−t
¶ ¶
f sendo diverxente a integral − ∞ f. Tal ocorre, por exemplo, coa función f,
definida en ‘ mediante:
f (x) = x, x c ‘.
+∞ 0
Mentres a integral
+∞
¶ −∞
xdx é diverxente (pois son diverxentes ambas dúas integrais
t
¶ −∞
xdx e
¶ 0
xdx) é obvio que, por outra parte, ≥t t
lim
+∞
¶ −t
xdx = 0 .

Definición 1.4
t
Se f é localmente integrable en (−∞, + ∞) , o límite tt
lim
+∞
+∞
¶ −t
f , no caso de que exista,
+∞
denomínase o valor principal de Cauchy da integral ¶ −∞
f e denótase por VP ¶ −∞
f.

Combinando as situacións consideradas ata o de agora, poderíamos tratar tamén, por


exemplo, integrais de funcións definidas en intervalos (limitados ou non) agás, posiblemente,
nun número finito de puntos interiores en cuxas veciñanzas as funcións non son limitadas. A
modo de exemplo, consideremos a seguinte situación:
Supoñamos que a, b c ‘, a < c < b e sexa f definida en [a, b] agás, posiblemente, no
b
punto c6. Entenderemos que a integral ¶ a
f é converxente se, e soamente se, son converxentes
c b
as integrais
a

f e
c

f. (Lembremos que isto presupón que f é localmente integrable en cada
un dos intervalos [a, c) e (c, b]).

6
Non hai problema en supoñer que f está, tamén, definida no punto c, dándolle, se fai falta, un valor
arbitrario nese punto. Facer isto non muda o carácter de f respecto da integrabilidade.
SERIES FUNCIONAIS E INTEGRACIÓN DE RIEMANN EN VARIAS VARIABLES REAIS 9

2 0
Por exemplo, a integral ¶ −1
1 dx é diverxente, xa que o son as integrais
x ¶ −1
1 dx e
x
2
¶ 0
1 dx.
x

Exemplos
+∞ +∞ 1
a) A integral ¶ 0
1 dx é diverxente, xa que, aínda que
x2 ¶ 1
1 dx converxe,
x2 ¶ 0
1 dx
x2
é diverxente.
2 2
b) A integral ¶ 1
1
(x − 1)(2 − x)
dx h ¶ ( x −1 1 + 2 1− x )dx é diverxente, xa que o son
1
ámbas dúas integrais
3 2
¶ 2
( 1
1 x− 1
+ 1 )dx e
2−x ¶ 3
2
( 1 + 1 )dx.
x−1 2−x

Exercicio
Descubre onde se atopa o erro no seguinte razoamento.
1
¶ 1
“A integral −1 2 dx é converxente e ten o valor −2, xa que, sendo a función F, definida por
x
F(x) = − 1x , unha primitiva de f (x) = 12 , podemos aplicar a regra de Barrow, para obter:
x
1
1 dx = −1 1
¶ −1 x2 x −1
= −1 − 1 = −2”.

En adiante, limitarémonos a considerar unicamente funcións localmente integrables


definidas en intervalos da forma [a, b), con −∞ < a < b [ +∞, pois os resultados referidos ás
integrais destas funcións, trasládanse facilmente ás integrais das funcións localmente
integrables definidas en intervalos da forma (a, b], con −∞ [ a < b < +∞. Facer isto non
suporá restrición no estudo das integrais impropias, debido a que a análise da converxencia de
calquera integral impropia redúcese sempre á análise da converxencia de integrais de primeira
e de segunda especie.
Recordemos que, para unha función f : [a, b) t ‘, localmente integrable en [a, b), a
b
converxencia da integral ¶ a
f pódese establecer coa axuda da función:
x
F : x c [a, b) t F(x) = ¶ a
f,
nos seguintes termos:
b
¶ a
f converxe w ≥ lim− F(t ) (c ‘).
ttb

Polo tanto, aquelas condicións que aseguren a existencia de límite real da función F no punto
b
b, traduciranse en condicións que garantan a converxencia da integral ¶ a
f.
10 INTEGRAIS IMPROPIAS

Nas seccións seguintes consideraremos, entre outras cousas, algunhas de tales


condicións.

UN CRITERIO XERAL DE CONVERXENCIA PARA INTEGRAIS IMPROPIAS

O obxectivo principal desta sección é formular un criterio xeral de converxencia para


integrais impropias, semellante á condición de Cauchy para a converxencia de series
numéricas. Consideraremos integrais referidas a intervalos da forma [a, b), con
−∞ < a < b [ +∞.
O mencionado criterio deducirase facilmente do seguinte Lema 1.1, que poderíamos
contemplar como un análogo para funcións do seguinte feito, ben coñecido, relativo ás
sucesións de números reais:
“Unha sucesión de números reais é converxente se, e soamente se, é unha sucesión de
Cauchy”.

Lema 1.1 (Condición de Cauchy para a existencia de límites de funcións)


Sexa g : [a, b) t ‘, con −∞ < a < b [ +∞.
As seguintes afirmacións sobre a función g son equivalentes:
a) Existe un número real l tal que lim− g (x) = l.
xtb

b) ≤ > 0, ≥c  c [a, b), de xeito que, para todo par de números reais x, u tales que
x, u c (c  , b), cúmprese g(x) − g(u) < .
demostración
a) ⇒ b) Supoñamos que existe un número real l tal que lim g (x) = l.
xtb

Daquela, para cada  > 0, existe c  c [a, b), tal que g(x) − l <  , sempre que x c (c  , b).
2
Polo tanto, se x, u son números reais tales que x, u c (c  , b), cumprirase:
g(x) − g(u) [ g(x) − l + g(u) − l <  +  = .
2 2
b) ⇒ a) Supoñendo agora que a función g ten a propiedade indicada en b), veremos
que g ten límite (real) no punto b. Para ver isto, aproveitaremos a relación existente entre os
límites de funcións e os límites secuenciais, polo que probaremos:
i) Para toda sucesión {x n } n c Œ de elementos de [a, b) tal que nt
lim∞ x n = b, a sucesión
{g(x n )} n c Œ é converxente.
ii) Se {x n } n c Œ e {u n } n c Œ son calquera sucesións de elementos de [a, b) tales que
lim x = nt
nt ∞ n
lim∞ u n = b, daquela, as sucesións {g(x n )} n c Œ e {g(u n )} n c Œ teñen o mesmo límite.
SERIES FUNCIONAIS E INTEGRACIÓN DE RIEMANN EN VARIAS VARIABLES REAIS 11

Proba de i)
Sexa {x n } n c Œ unha sucesión de elementos de [a, b) tal que nlim x = b.
t∞ n

Vexamos entón que a sucesión {g(x n )} n c Œ é converxente ou, o que é o mesmo, é unha
sucesión de Cauchy.
Por hipótese, para cada  > 0, existe c  c [a, b), tal que g(x) − g(u) < , para todo par
de números reais x, u tales que x, u c (c  , b). Por outra parte, sendo {x n } n c Œ unha sucesión
lim x n = b, podemos garantir a existencia dun número natural N, de xeito que, se
tal que nt∞
n m N, entón x n c (c  , b).
Polo tanto, calquera que sexan os naturais n, m m N, teremos: g(x n ) − g(x m ) < , o que
proba a afirmación feita en i).

Proba de ii)
Se {x n } n c Œ e {u n } n c Œ son sucesións de elementos de [a, b) tales que
lim x = nt
nt ∞ n
lim∞ u n = b, sabemos, polo apartado anterior, que as sucesións {g(x n )} n c Œ e
{g(u n )} n c Œ son converxentes. Por outra parte, da hipótese feita en b) dedúcese que a sucesión
{g(x n ) − g(u n )} n c Œ ten límite cero, polo que ambas dúas sucesións converxentes deben ter o
mesmo límite.

Supoñamos agora que f : [a, b) t ‘ é unha función localmente integrable en [a, b),
con −∞ < a < b [ +∞.
Se aplicamos o Lema 1.1 á función integral de f,
x
F : x c [a, b) t F(x) = ¶ a
f,
u
observando que, para todo par de números reais x, u c [a, b), cúmprese: F(u) − F(x) = ¶ x
f,
resulta inmediatamente o seguinte:

Teorema 1.4 (Criterio de converxencia de Cauchy)


Sexa f : [a, b) t ‘ unha función localmente integrable en [a, b), con −∞ < a < b [ +∞.
As seguintes afirmacións son equivalentes:
b
a) A integral ¶ a
f é converxente.

b) ≤ > 0, ≥c  c [a, b), tal que, para todo par de números reais x, u tales que
u

x, u c (c  , b) cúmprese: x f (t)dt < .
12 INTEGRAIS IMPROPIAS

Por similitude coas denominacións empregadas noutros contextos, a condición


expresada no apartado b) do enunciado do Teorema 1.4 denominarase condición de Cauchy
para a converxencia de integrais impropias.

Cando o intervalo [a, b) é limitado, é dicir, cando b é un número real, o anterior


criterio de converxencia de Cauchy admite a seguinte formulación, en linguaxe “ − ” :

Teorema (Versión “ −  ” do criterio de Cauchy para intervalos [a, b) limitados)


Sexa f : [a, b) t ‘ unha función localmente integrable en [a, b), con −∞ < a < b < +∞.
As seguintes afirmacións son equivalentes:
b
a) A integral ¶ a
f é converxente.

b) ≤ > 0, ≥   > 0, tal que, para todo par de números reais x, u c (b −   , b), cúmprese:
u
¶ x
f (t)dt < .

Como aplicación do criterio de Cauchy, obteremos unha condición suficiente para a


converxencia dunha integral impropia que dá pé a introducir un novo tipo de converxencia: a
converxencia absoluta.

CONVERXENCIA ABSOLUTA E CONDICIONAL

Definición 1.5
Sexa f unha función localmente integrable no intervalo [a, b), −∞ < a < b [ +∞.7
b
Diremos que a integral ¶ a
f é absolutamente converxente se é converxente a integral
b
¶ f ou, noutras palabras, se | f |∈R([a, b)). En tal caso, adóitase dicir, tamén, que f é
a
absolutamente integrable en [a, b).

Teorema 1.5
Sexa f unha función localmente integrable no intervalo [a, b), −∞ < a < b [ +∞.
b
Se | f |∈R([a, b)), daquela, f ∈R([a, b)) (é dicir, se a integral ¶ a
f é absolutamente
converxente, daquela é converxente) e, ademais,
b b
¶ a
f[ ¶ a
| f |.

7
Notemos que isto implica que | f | é, tamén, localmente integrable en [a, b).
SERIES FUNCIONAIS E INTEGRACIÓN DE RIEMANN EN VARIAS VARIABLES REAIS 13

demostración
b
Dado que a integral
a
¶f é converxente, cúmprese a condición de Cauchy para a
existencia de límite, no punto b, da función:
x
H : x c [a, b) t H(x) = ¶ a
f ,

polo que, para cada  > 0 existe c  c [a, b) tal que para cada par de números reais x, u c (c  , b):
u
¶ x
f (t) dt < .

A desigualdade:
u u
¶ x
f (t)dt [ ¶ x
f (t) dt ,

válida calquera que sexan x e u en [a, b), mostra que, entón, a condición de Cauchy cúmprese
tamén para a función
x
F : x c [a, b) t F(x) = a f , ¶
x
o que implica a converxencia da integral ¶ f. a
b b c
Finalmente, a desigualdade ¶ f [ ¶ | f | dedúcese da existencia dos límites lim ¶ f
a a ctb − a
c
, lim−
ctb
¶ f e das desigualdades:
a
c c c
¶ f [ ¶ f [ ¶ | f |,
a a a

válidas para todo c c [a, b).

Observación 1.5
Segundo vimos de ver, coas integrais impropias sucede o mesmo que coas series
numéricas: a converxencia absoluta dunha integral implica a súa converxencia.
Non obstante, pode suceder que unha integral sexa converxente non sendo

absolutamente converxente, como é, por exemplo, o caso da integral  senxx dx . (Vede o ¶
exercicio 4, na sección de EXERCICIOS máis abaixo). Por tal motivo, considérase tamén a
seguinte:

Definición 1.6
Sexa f unha función localmente integrable no intervalo [a, b), −∞ < a < b [ +∞.
b
Diremos que a integral
a

f é condicionalmente converxente se é converxente, mais
non absolutamente converxente.
14 INTEGRAIS IMPROPIAS

CRITERIOS DE CONVERXENCIA PARA INTEGRAIS IMPROPIAS DE FUNCIÓNS NON NEGATIVAS

Se ben a condición necesaria e suficiente para a converxencia dunha integral impropia


proporcionada polo criterio de Cauchy resulta de gran interese teórico, pode ser de difícil
aplicación na práctica, en cuxo caso non será, se cadra, de moita utilidade. Por tal motivo, é
importante dispoñer de condicións suficientes de converxencia que resulten máis eficaces a
efectos prácticos. Nesta sección reunimos algúns criterios para a converxencia de integrais
impropias (de primeira ou de segunda especie) de funcións non negativas.
No estudo da converxencia das integrais impropias, as integrais das funcións non
negativas teñen un comportamento máis simple, debido ó seguinte feito:
Se f : [a, b) t ‘ é unha función localmente integrable en [a, b), −∞ < a < b [ +∞, tal
que f (x) m 0, ≤x c [a, b), daquela a función integral (continua e non negativa)
x
F : x c [a, b) t F(x) = ¶ a
f,

é monótona crecente, polo que sempre ten límite (real ou +∞) no punto b, sendo o valor deste
límite:
L = sup F(x) : x c [a, b) .
b
Daquela, nestas condicións, a integral impropia ¶ a
f ou ben é converxente ou ben
diverxe a +∞.
b
Resulta que a integral
a
¶f é converxente se, e soamente se, L c ‘, sendo, en tal caso,
L o valor da integral. Isto sucede se, e soamente se, F é unha función limitada superiormente
(o que equivale, no noso caso, a que F sexa unha función limitada).
Daquela, a integral será diverxente a +∞ se, e soamente se, a función F non é limitada
superiormente. (Notemos que, en tal caso caso, L = sup F(x) : x c [a, b) = +∞).

Esta información resúmese no enunciado do seguinte:

Teorema 1.6
Sexan: f : [a, b) t ‘ unha función localmente integrable en [a, b), −∞ < a < b [ +∞,
x
tal que f (x) m 0, ≤x c [a, b) e F a función integral de f, F : x c [a, b) t F(x) = f. ¶ a

Daquela:
b x
a) ¶ a
f converxe ⇔ Existe M m 0 tal que ¶ a
f [ M, ≤x c [a, b).
b
b) ¶ f diverxe a +∞ ⇔ F non está limitada superiormente.
a

En calquera caso, podemos escribir:


SERIES FUNCIONAIS E INTEGRACIÓN DE RIEMANN EN VARIAS VARIABLES REAIS 15

b
¶ a
f = sup F(x) : x c [a, b)

(entendendo que, cando sup F(x) : x c [a, b) = +∞, esta igualdade significa que a integral
b
¶ a
f diverxe a +∞).

Teorema 1.7 (Criterio de comparación)


Sexan f, g : [a, b) t ‘ funcións localmente integrables en [a, b), −∞ < a < b [ +∞,
tales que:
(1.3) 0 [ f (x) [ g(x), ≤x c [a, b).
Se g∈R([a, b)), daquela, f∈R([a, b)), e, ademais
b b
¶ g. 0[ ¶ a
f[
a
b b
Equivalentemente, se ¶ f diverxe a +∞ daquela ¶ g diverxe a +∞.
a a

demostración
b
É consecuencia inmediata do apartado a) do Teorema 1.6: Se a integral
x
¶ a
g é
converxente, daquela ≥ lim−
xtb
¶ a
g = M c ‘.

Dedúcese entón de (1.3):


x x
(1.4) 0[ ¶ a
f[ ¶ a
g [ M, ≤x c [a, b),
x
o que proba que a función integral de f, F : x c [a, b) t F(x) = ¶ a
f, é limitada, condición
b b
equivalente á converxencia da integral ¶ b
a
f. As desigualdades 0 [ ¶ a
f[ ¶ a
g son, de novo,
obvias a partir de (1.4).

Exemplo Sexa  un número real positivo.


2 + sen(x)
1
A integral impropia ¶
0 (1 − x) 
dx é converxente se  < 1 e diverxe a +∞ se  m 1.
(Observemos que, se fose  [ 0, a integral non sería impropia).
Temos, por unha parte:
2 + sen(x) 3 , ≤x c [0, 1)
(1.5) 0< <
(1 − x)  (1 − x) 
e, por outra,
1 2 + sen(x)
(1.6) 0< < , ≤x c [0, 1).
(1 − x)  (1 − x) 
16 INTEGRAIS IMPROPIAS

1
Aplicando o criterio de comparación, e tendo en conta que a integral ¶ 3 dx
(1 − x) 
0
converxe para  < 1, mentres que, para  m 1 diverxe, deducimos de (1.5) a converxencia da
1 2 + sen(x)
integral¶0 (1 − x) 
dx para  < 1 e de (1.6) a diverxencia desta integral para  m 1.

Observación 1.6
No enunciado do Teorema 1.7 supuxemos, por simplicidade, que as funcións son non
negativas no intervalo [a, b).
Debido a que a converxencia dunha integral non muda se suprimimos un segmento
inicial do intervalo [a, b) e a que, por outra parte, se k é unha constante non nula, a
b b
converxencia (ou a diverxencia) das integrais
a
g e
a
¶ ¶
kg prodúcese simultaneamente,
observamos que a hipótese (1.3) no Teorema 1.7 poderíase substituír pola seguinte:

(1.7) Existen constantes B m a e k > 0 tales que 0 [ f (x) [ kg(x), ≤x c [B, b).

Obtemos entón, como consecuencia inmediata, o seguinte:

Corolario 1.1
Sexan f, g : [a, b) t ‘ funcións localmente integrables en [a, b), −∞ < a < b [ +∞,
tales que:
i) Existe B m a tal que 0 [ f (x), 0 < g(x), ≤x c [B, b)
e
ii) Existen constantes h, k > 0 tales que
f (x)
h [ g(x) [ k, ≤x c [B, b).

Nestas condicións, cúmprese:


b b
¶ a
f converxe w ¶ a
g converxe
ou, equivalentemente,
b b
¶ a
f diverxe w ¶ a
g diverxe.

Teorema 1.8 (Criterio de comparación por paso ó límite)


Sexan f, g : [a, b) t ‘ funcións localmente integrables en [a, b), −∞ < a < b [ +∞,
cumprindo:
a) Existe B c [a, b) tal que 0 [ f (x), 0 < g(x), ≤x c [B, b)
e
f (x)
b) Existe (en sentido amplo) lim− g(x) = L, 0 [ L [ +∞.
xt b
SERIES FUNCIONAIS E INTEGRACIÓN DE RIEMANN EN VARIAS VARIABLES REAIS 17

Daquela:
• Se 0 < L < +∞, cúmprese:
b b
¶ a
f converxe w ¶ a
g converxe,
b b
ou, equivalentemente: ¶ a
f diverxe w ¶ a
g diverxe.

• Se L = 0, cúmprese:
b b
¶ a
g converxe u ¶ a
f converxe,
b b
ou, equivalentemente: ¶ a
f diverxe u ¶ a
g diverxe.

• Se L = +∞, cúmprese:
b b
¶ a
f converxe u ¶ a
g converxe,
b b
ou, equivalentemente: ¶ a
g diverxe u ¶ a
f diverxe.

demostración
• Se 0 < L < +∞, podemos garantir a existencia dalgún número real c c [B, b) de xeito
que
f (x)
0 [ L [ g(x) [ 3L , ≤x c [c, b).
2 2

b b
Polo tanto, ¶ a
f converxe w ¶ a
g converxe, en virtude do Corolario 1.1.

• Se L = 0, existe algún número real c c [B, b) tal que


f (x)
0 [ g(x) [ 1, ≤x c [c, b),
b b
polo que a converxencia da integral ¶ a
g implica a converxencia da integral ¶ a
f.

Finalmente,
• Se L = +∞, daquela para algún número real c c [B, b) cumprirase
f (x)
g(x) m 1, ≤x c [c, b),
b b
polo que a converxencia da integral ¶ a
f implica a converxencia da integral ¶ a
g.
18 INTEGRAIS IMPROPIAS

Observación 1.7
b
1 dx” (respectivamente “ b
As integrais “ ¶a (b − x) 

1 dx”, cando traballemos en
a (x − a) 
intervalos da forma (a, b]), serán de utilidade, con vistas á aplicación práctica dos anteriores
criterios.

Exercicio resolto

Estudar a converxencia da integral ¶ 0
2 1
1 − cos x
dx.

solución
Notemos, en primeiro lugar, que a función definida por f (x) = 1 é localmente
  1 − cos x
integrable no intervalo (0, ]. Ademais, f (x) > 0, ≤x c (0, ]. Comparando “por paso ó
2 2
límite” coa función (localmente integrable e positiva en (0,  ]), g(x) = 1x , obtemos:
2
f (x)
lim = +∞.
xt0 + g(x)
1 
Polo tanto, xa que a integral ¶ 0
1 dx é diverxente, daquela, a integral
x ¶ 0
2 1
1 − cos x
dx
diverxe.

Os criterios de converxencia considerados nesta última sección son, en realidade,


criterios de converxencia absoluta, polo que non resultarán de utilidade para detectar a
converxencia das integrais condicionalmente converxentes.
O seguinte criterio podería ser de axuda para decidir a converxencia dalgunhas de
tales integrais.

Teorema 1.9 (Criterio de Dirichlet)


Sexa f unha función localmente integrable no intervalo [a, b), −∞ < a < b [ +∞, cuxa
x
función integral, F : x c [a, b) t F(x) = ¶
f, é unha función limitada en [a, b).
a

Sexa g é unha función continuamente diferenciable en [a, b), tal que lim− g(x) = 0 e a
xtb
súa función derivada, g ∏ , é absolutamente integrable en [a, b).
b
Daquela, fg R([a, b)), é dicir, fg é localmente integrable en [a, b) e a integral ¶ a
f (x)g(x)dx
é converxente.
demostración
Obviamente, a función fg é localmente integrable en [a, b).
SERIES FUNCIONAIS E INTEGRACIÓN DE RIEMANN EN VARIAS VARIABLES REAIS 19

Aplicando o Teorema de integración por partes en cada intervalo compacto [a, c], tomando
u(x) = g(x) e v ∏ (x) = f (x), temos:
c c c
(1.8) ¶ a
f (x)g(x)dx = F(c)g(c) − F(a)g(a) − ¶ a
F(x)g ∏ (x)dx = F(c)g(c) − ¶ a
F(x)g ∏ (x)dx.
b
A converxencia da integral
c
¶ a
f (x)g(x)dx, é dicir, a existencia dun número real L, tal
que: lim−
ctb
¶ a
f (x)g(x)dx = L, dedúcese agora facilmente das seguintes observacións, que
implicarán:
c
≥ lim− F(c)g(c) −
ct b
¶ a
F(x)g ∏ (x)dx c ‘.

• Por hipótese, F é unha función limitada e lim− g(x) = 0. Polo tanto,


xtb

≥ lim− F(c)g(c) = 0.
ctb

• Por ser F unha función limitada en [a, b), podemos atopar un número real M m 0, tal
que |F(x)| [ M, ≤x c [a, b). Polo tanto:

(1.9) 0 [ |F(x)g ∏ (x)| [ M |g ∏ (x)|, ≤x c [a, b).


b
Por outra parte, g ∏ é absolutamente integrable en [a, b), polo que a integral ¶ a
|g ∏ (x)|dx
b
é converxente, e a mesma propiedade ten, entón, a integral
a
M |g ∏ (x)|dx. Daquela, as ¶
desigualdades (1.9), xunto co criterio de comparación, permiten deducir a converxencia da
b b
integral ¶
a
|F(x)g ∏ (x)|dx, é dicir, a converxencia absoluta da integral
a
F(x)g ∏ (x)dx. Dado ¶
que toda integral absolutamente converxente é converxente, poderemos concluír, entón,
c
≥ lim−
ct b
¶ a
F(x)g ∏ (x)dx c ‘,

o que remata a proba.

INTEGRAIS IMPROPIAS DE PRIMEIRA ESPECIE E SERIES NUMÉRICAS

Os anteriores criterios para a converxencia de integrais impropias de funcións non


negativas, lembran ós correspondentes criterios de converxencia de series numéricas de
termos non negativos. A semellanza non é casual: de feito, a converxencia dunha serie de
termos non negativos pódese relacionar coa converxencia da integral impropia de primeira
especie dunha función non negativa, e reciprocamente, como veremos deseguido.
20 INTEGRAIS IMPROPIAS


Exercicio Sexa a
n=1
n unha serie de termos reais non negativos. Proba que existe unha
función f, localmente integrable no intervalo [0, +∞), cumprindo:

+∞
a
n=1
n converxe w ¶ 0
f converxe,

de xeito que, no caso de converxencia:


∞ +∞
 a =¶
n=1
n
0
f.

(Suxestión: Considera a función definida en [0, +∞), mediante: f (x) = an, se x c [n − 1, n)).

Teorema 1.10
Sexa f unha función non negativa e localmente integrable no intervalo [a, +∞).
As seguintes afirmacións son equivalentes:
+∞
a) A integral ¶ a
f é converxente.

b) Existe unha sucesión x n ncŒ _ [a, +∞), crecente, tal que nlim x = +∞ de xeito
d+ ∞ n
∞ xn
que a serie ¶
n =1
x n−1
f é converxente (podemos supoñer que x 0 = a, sen que sexa restritivo).

demostración
x
Consideremos a función integral de f, F : x c [a, b) t F(x) =
a
f, que, nas condicións ¶
supostas sobre f é non negativa e crecente (ademais de ser continua).
lim F(x) = L c ‘.
a) ⇒ b) Por hipótese, ≥ xt+∞
Polo tanto, para calquera sucesión x n ncŒ _ [a, +∞), tal que nlim x = +∞ , cúmprese:
d+ ∞ n

(1.10) lim F(x n ) = L.


≥ nt+∞
En particular, se x n ncŒ _ [a, +∞) é, ademais, unha sucesión crecente e tal que
lim x
n d+ ∞ n
= +∞, poderemos escribir:
xn n xk
(1.11) F(x n ) = ¶ a
f= ¶
k=1
x k−1
f, para cada n c Œ.
n
xk
Deducimos, entón de (1.10) e (1.11) que ≥ nt+∞
lim ¶
k=1
x k−1
f = L,
∞ xn
o que significa que a serie ¶
n =1
x n−1
f é converxente (e ten por suma L).
SERIES FUNCIONAIS E INTEGRACIÓN DE RIEMANN EN VARIAS VARIABLES REAIS 21

+∞
b) ⇒ a) Supoñamos agora que a integral ¶ a
f non é converxente.
+∞
Se a integral
a

f non é converxente, necesariamente é diverxente a +∞, en virtude do
Teorema 1.6; mais, entón, para calquera sucesión x n ncŒ _ [a, +∞), tal que nlim x = +∞
d+ ∞ n
cúmprese:
(1.10) lim F(x n ) = +∞,
≥ nt+∞
o cal fai imposible a existencia dunha sucesión das características sinaladas en b).

Teorema 1.11
Sexa f unha función non negativa e monótona decrecente no intervalo [a, +∞).
Daquela:
+∞ ∞
¶ a
f converxe w  f (n) converxe.
nma

demostración
En primeiro lugar, observemos que as hipóteses feitas sobre a función f implican que
esta é localmente integrable no intervalo [a, +∞). Por outra parte, non é restritivo supoñer que
a é un número natural, poñamos a = k. (De non ser así, non temos máis que considerar a
+∞
integral ¶ f , onde k é o menor número natural maior cá a, pois a converxencia desta
k +∞
integral equivale á converxecia da integral ¶ a
f ).

+∞ n+1
Observemos agora que a integral ¶ k
f converxe se, e soamente se, a serie ¶
n=k
n
f
é converxente.

Finalmente, bastará observar que as desigualdades:


n+1
0 [ f (n + 1) [ ¶ n
f (x)dx [ f (n), válidas para n m k,

xunto co criterio de comparación para series de termos non negativos implican que a
∞ ∞
n+1
converxencia da serie ¶
n=k
n
f equivale a converxencia da serie  f (n) .
nmk
Polo tanto,

+∞
¶ a
f converxe w  f (n) converxe.
nmk


Suprimindo a hipótese de que a función f sexa non negativa, obtense o seguinte


resultado (Teorema 1.12), para cuxa proba bastará reproducir a proba da implicación a) ⇒ b)
no Teorema 1.10.
22 INTEGRAIS IMPROPIAS

Teorema 1.12
Sexan: f unha función localmente integrable no intervalo [a, +∞) e x n ncŒ unha
sucesión crecente en [a, +∞), tal que nlim x = +∞.
d∞ n

Daquela:
+∞ ∞ xn
¶ a
f converxe u ¶
n=1
x n−1
f converxe.

Exemplos

• A converxencia da serie xeométrica  21
n=1
n−1 equivale á converxencia da integral
+∞
¶ 0
f, onde f é a función localmente integrable no intervalo [0, +∞), definida mediante:
1 , se x c [n − 1, n), n c Œ.
f (x) = n−1
2

+∞
• Se a é un número real positivo, a serie  n1
n=1
 e a integral ¶ 1
1
x  teñen o mesmo
carácter, respecto da converxencia.
SERIES FUNCIONAIS E INTEGRACIÓN DE RIEMANN EN VARIAS VARIABLES REAIS 23

EXERCICIOS

1. Sexa f : [a, ∞) t ‘ unha función localmente integrable no intervalo [a, ∞) e tal que f é ¶ a
lim∞ f (x) = 0. Proba, mediante algún
lim∞ f (x), daquela, xt
converxente. Proba que, se existe xt
exemplo, que existen funcións localmente integrables, f : [a, ∞) t ‘, para as que non existe

lim f (x) e mais cumprindo que
xt∞ a

f é converxente. (É doado atopar funcións descontinuas
cumprindo estas propiedades. Intenta construír unha función continua destas características).

2. Estuda a converxencia das seguintes integrais mediante as correspondentes definicións e,


cando teña sentido, calcula os seus valores:
∞ ∞
2x + 1 dx; c) ∞
a) ¶ 0
xe −x dx; b) ¶ 1 x 2 (x + 1) ¶ −∞
1 dx.
1 + x2

3. Sexa g a función definida no intervalo [0, 1] mediante:


 x 2 sen( 1 ), se x c (0, 1]
 x2
g(x) = 

 0, se x = 0
e sexa f a función derivada de g. É f integrable en sentido de Riemann en [0, 1]? É f integrable
1
en sentido impropio nese intervalo? Calcula, no(s) sentido(s) que corresponda ¶ 0
f.


4. Proba que a integral ¶ 1
senx dx é condicionalmente converxente.
x

5. Estuda a converxencia da integral 1 senx ¶
x  dx , segundo os valores de α∈‘, α > 0 e
determina se esta converxencia é condicional ou absoluta.

6. Sexa f : [a, b) t ‘ unha función localmente integrable en [a, b), onde −∞ < a < b [ +∞.
+∞
Proba que se a integral
+∞
¶ a
f é condicionalmente converxente, daquela f é oscilante en b. 8Se
a integral ¶ a
f é absolutamente converxente, ten que ser f non oscilante en b?

+∞
7. Sexa n un número natural. Proba que a integral
0

x n e −x dx é converxente e ten por valor
n! (Suxestión: utiliza integración por partes e indución en n).

8
Unha función f : [a, b) t ‘, onde −∞ < a < b [ +∞, dise oscilante en b, se f ten cambios de signo
en todo intervalo [c, b), a [ c < b. En caso contrario, f dirase non oscilante en b, o que significa que
existe algún intervalo [e, b) _ [a, b) no que f non cambia de signo.
24 INTEGRAIS IMPROPIAS

8. Determina se as seguintes integrais son converxentes ou diverxentes:


0
x 2 + 1 dx;
a) ¶

1
x dx; b)
ex − 1 ¶
0
−∞
2
e −x dx; c) ¶

0
(2 + senx)dx; d) ¶ −∞ x4 + 1
∞ x2 + 1 ∞
senx + cos x dx; h)
e) ¶ 0 x4 + 1
dx; f ) ¶ 0
sen 3 x
1 + cos x + e x
dx; g ) ¶
1
0 x(1 − x)

1
0
1
x(1 − x)
dx;

1 2
j) ¶ 0
1
1 − x2
dx; k) ¶ 1
1
4
1
( x − 1) 2
dx; l ) ¶ 0 x2
1
− 4x + 3
dx; m) ¶

−∞
e 2x (2x 2 − 4x)dx;

3 2
x + 1 dx.
n) ¶
2
1
x
x − 1 (x 2 − 4)
dx; ñ) ¶ 1
0
1 sen 1 dx; o)
x x ¶ 1
1
x4 − 1
dx; p) ¶ 1 4 − x2

9. Obtén a lonxitude dunha circunferencia de radio r.

10. Obtén as áreas dos recintos limitados por:


−x −x
a) y = Chx (= e + e ); y = Shx (= e − e ); x ≥ 0.
x x

2 2
x2
b) y = ; y = 0; x + 1 = 0; x = 0.
1 + x3

11. Obtén os volumes dos sólidos enxendrados ó xirarmos ó redor do eixo OX os recintos
limitados por:

a) y = 1 ; y = 0; x ≤ 1.
1 + x2
1
b) y = 1x e x ; y = 0; x < 0.

x log x
c) y = ; x > 0.
(1 + x 2 )

12.
a) Sexa a un número real positivo. Mediante o cambio de variable 1x = t, transforma
1
a integral impropia de segunda especie
0 x
 ¶
1 dx nunha integral impropia de primeira especie.

b) Xeneraliza o resultado da parte a) describindo cómo as integrais de segunda especie


de funcións continuas pódense transformar en integrais de primeira especie co mesmo
carácter respecto da converxencia, e reciprocamente. Ilustra estes procedementos con
exemplos axeitados.

You might also like