You are on page 1of 5

APUNTES BÁSICOS

DEREITO CONSTITUCIONAL II
TEMA X

SUSPENSIÓN DOS DEREITOS FUNDAMENTAIS

I)CONSIDERACIÓN XERAL E TIPOS DE SITUACIÓNS EXCEPCIONAIS

A) INTRODUCCIÓN

Nalgunhas ocasións producen se acontecementos que PERTURBAN seriamente a


CONVIVENCIA pacífica e a NORMALIDADE CONSTITUCIONAL.
Nestes casos parece lóxico que o propio ordenamento PREVEA MECANISMOS DE REACCIÓN
para confrontarse coa crisis creada coa finalidade DE MANTER o SISTEMA ESTABLECIDO.
Así xorde o DEREITO DE EXCEPCIÓN, que a Constitución regula nos artigos 55.1 e 116, que se
atopan desenvoltos na Lei 4/1981 de 1 de xuño, reguladora dos Estados de Alarma, Excepción
e Sitio.
O contido normal do DEREITO de EXCEPCIÓN concretase en dous campos:
1-Limitación ou suspensión do exercicio de determinados dereitos fundamentais ( en concreto
de liberdades públicas).
2-Modificación do esquema ordinario de DISTRIBUCIÓN de FUNCIÓNS entre os Poderes do
Estado ( Incremento das facultades do Poder Executivo, en especial dos chamados poderes de
POLICIA ( control) .
3-Ademais para evitar abusos do Poder Executivo fortalecido pola situación de excepción,
prohíbese a disolución do Congreso mentres este en vixencia algunha das situacións
excepción. Si as Cámaras non estiveran reunidas reúnense automaticamente.
CARACTERES do DEREITO de EXCEPCIÓN:
a)Estritamente transitorio ( mentres dure a crise que xustifica a súa proclamación).
b)Os poderes excepcionais non poden ser ilimitados. O Estado de Dereito que permite un
aumento extraordinario das facultades do poder publico, sigue esixindo a limitación de este a
través do Dereito impedindo que o poder se converta en absoluto.
c)O emprego de poderes excepcionais teñen que ser proporcionais ( debe de adecuarse a
natureza e intensidade da crise que ten que combater).
d)O Dereito de Excepción, como dereito extraordinario e limitativo de dereitos, ten que ser
interpretado de XEITO RESTRICTIVO.

B) TIPOS DE SITUACIÓNS EXCEPCIONAIS

Os artigos 55.1 e 116 da Constitución Española de 1978 previron a existencia 3 situacións


excepcionais:
-ALARMA

-EXCEPCIÓN

-E SITIO

A diferenza, como estamos comprobando, con este Estado de Alarma polo Coronavirus, NON
RADICA nunha MAIOR ou MENOR GRAVIDADE da crise SENÓN sobre todo na NATUREZA desa
CRISE.

O ESTADO de ALARMA, está previsto como un instrumento de reacción fronte as grandes


catástrofes naturais, PANDEMIAS,( como vemos COVID-19) e os accidentes .

O ESTADO de EXCEPCIÓN, esta previsto para facer fronte a GRAVES alteracións da ORDE
PÚBLICA.

O ESTADO de SITIO, pretende REACCIONAR fronte a aquelas AGRESIÓNS DIRIXIDAS


directamente contra a existencia mesma do ESTADO.

a)O ESTADO de ALARMA : SUPOSTOS, DECLARACIÓN E EFECTOS.

O Estado de Alarma regulado na Lei Orgánica 4/1981 dos Estados de Alarma , Excepción e
Sitio, prevese para 4 supostos diferentes:

-Catástrofes, calamidades ou desgracias públicas.

-Crisis sanitarias ( como esta do COVID-19).

-Paralización de servizos públicos esenciais cando non se poidan garantir.

-Situacións de escaseza de produtos de primeira necesidade.

A DECLARACIÓN corresponde lle o Goberno, ben por iniciativa propia ou ben pola instancia do
Presidente de unha Comunidade Autónoma que se vira afectada por un dos supostos
descritos.

O acordo ten que adoptarse mediante Decreto do Consello de Ministros. O prazo máximo é de
15 días, para prorrogarse require a autorización expresa do Congreso dos Deputados.

EFECTOS DA DECLARACIÓN , este estado non supón “ per se “ unha suspensión do exercicio de
dereitos fundamentais, inda que si poden establecerse certas limitacións o seu exercicio. Inda
que no caso actual da pandemia do COVID-19, ai unha efectiva suspensión de dereitos. O que
si se da é a concentración de todo o persoal das Administracións públicas baixo a dirección de
1 sola autoridade: o Goberno ou o Presidente da Comunidade Autónoma por delegación de
aquel. As medidas poden ser variadas segundo os supostos:

-limitar a circulación de persoas e vehículos a determinadas horas e lugares ou o cumprimento


de uns requisitos ( ter autorización para o desprazamento a traballar, ou para realizar outros
desprazamentos ( coidado animais) etc.

-requisar temporalmente certos bens ( mascarillas)

-impoñer prestacións persoais. ( desinfectar ou limpar diante das vivendas)

-intervir e ocupar transitoriamente calquera local, coa excepción dos domicilios.

-limitar ou racionar o uso de servizos e o consumo de artigos de primeira necesidade.


-intervir empresas ou servizos.

b)O ESTADO DE EXCEPCIÓN: SUPOSTO, DECLARACIÓN e EFECTOS

Está previsto como MEDIO de REACCIÓN fronte a crise que xeran as alteracións graves da
ORDE PÚBLICA INTERNA.

O artigo 13 da L.O. 4/1981 esixe UNHA GRAVE ALTERACIÓN DA ORDE PÚBLICA, sen que sexa
posible restablecer ou manter este mediante o exercicio de potestades ordinarias.

A iniciativa para a DECLARACIÓN corresponde lle o Goberno, que terá que solicitar a
autorización o Congreso dos Deputados. En dita solicitude figuraran:

-medidas a adoptar.

-ámbito territorial e temporal.

-e contía máxima das sancións que poidan impoñerse.

O Congreso pode introducir modificacións para autorizar. Obtida a autorización declarase por
Decreto aprobado polo Consello de Ministros.

O prazo máximo é de 30 días prorrogables por outros 30.

En canto os EFECTOS do Estado de Excepción , este pode implicar a SUSPENSIÓN dos seguintes
dereitos:

-As garantías de liberdade e seguridade do artigo 17, agás os dereitos a ser informado dos
dereitos do detido, as razóns da detención e a asistencia de avogado. O prazo máximo da
detención previa a posta a disposición xudicial ampliase a 10 días , pero esta detención ten
que ser comunicada o xuíz no prazo de 24 horas.

-Inviolabilidade de domicilio e segredo das comunicacións ( 18.2 e 3) Isto supón a posibilidade


de levar a cabo rexistros sen autorización. Dando conta do rexistro ou da intervención das
comunicacións a autoridade xudicial. ( artigo 18 da L.O. 4/1981).

-As liberdades de residencia e circulación interior e exterior ( art.19) podendo ser a prohibición
da circulación ou o sometemento a condicións temporais ou xeográficas.

-Liberdades de expresión e información, así como a prohibición do secuestro de medios de


información ( artigo 20.1 d) e e) e 20. 5 da C.E.).

-Os dereitos de reunión e manifestación ( artigo 21 CE). ( están excluídas das reunións
prohibidas as orgánicas de partidos políticos, sindicatos e asociacións empresariais).

-Os dereitos de folga e conflito colectivo ( art. 28.2 e 37.2 CE).

Tamén se prevén outra serie de medidas que poden adoptarse tales como: réxime especial
para os estranxeiros, incautación de armas, municións e explosivos, intervención de industrias
e comercios, peche de locais de ocio , medidas especiais de vixilancia de edificacións e
instalacións etc.

c) ESTADO DE SITIO : SUPOSTO, DECLARACIÓN E EFECTOS.


A terceira figura prevista polo Dereito de Excepción é o Estado de Sitio. A súa finalidade e
reaccionar fronte a crise que implican un atentado directo contra a identidade mesma do
Estado e do seu ordenamento.

O artigo 32.1 da L.O. 4/1981 establece a posibilidade de decretar o ESTADO de SITIO “ cando
se produza ou ameace con producirse unha insurrección ou acto de forza contra a soberanía
ou independencia de España, a súa integridade territorial ou o ordenamento constitucional,
que non poida resolverse por outros medios.

Un dos problemas que xorde o tratar o Estado de Sitio e a súa relación co Estado ou Situación
de Guerra, que non ten unha tradución específica no Dereito de Excepción, e ademais
debemos destacar que o Estado de Sitio non solo pode decretarse ante unha situación bélica,
porque pode responder a outras causas segundo o artigo 32da L.O. 4/1981.

A DECLARACIÓN do Estado de Sitio faina o Congreso dos Deputados por maioría absoluta, a
proposta do Goberno. Na declaración fixarase o alcance temporal, territorial e material da
declaración. Pode durar tanto como o esixa a situación de crise, respectando os prazos fixados
na declaración.

En canto os efectos, as medidas de suspensión de dereitos que se se poden adoptar son as


mesmas dos Estados de Alarma e Excepción, as que se pode engadir a suspensión das
garantías do detido do 17.3 ( información dos dereitos do detido, das razóns da detención e do
dereito de asistencia de letrado nas dilixencias policiais e xudiciais).

Dende o punto de vista ORGANIZATIVO a característica básica do Estado de Sitio é a


MILITARIZACIÓN da actuación do Poder Público ; o Estado de Sitio supón o sometemento a
autoridade e disciplina militar da actuación do poder público, sempre baixo a dirección do
GOBERNO. Elo traduce se entre outras cousas:

-no emprego do BANDO como técnica normativa,

-e no sometemento de determinadas conductas delituosas o disposto polo Código de Xustiza


Militar.

II) A SUSPENSIÓN INDIVIDUALIZADA DE DEREITOS FUNDAMENTAIS

A tradicional técnica da suspensión de dereitos mediante a declaración de situacións


EXCEPCIONAIS ( que se acaba de ver) ten dous problemas:

-é escasamente eficaz fronte a determinadas formas de ataque contra as estruturas do sistema


democrático,

-e ademais resulta excesivamente custosa para o goce dos dereitos.

Estas novas formas de ataque as estruturas do Estado, concretan se no que se veu e chamar
“terrorismo”, caracterizado segundo di o Tribunal Constitucional como grupos permanentes e
estables, de carácter armado e cuxa finalidade é “ producir un terror na sociedade e un
rexeitamento na colectividade, pola súa gran incidencia na seguridade cidadán, que supoño así
tamén un ataque o conxunto da sociedade democrática” ST T.C. 199/87 caso da Lexislación
antiterrorista II).
A Constitución de 1978, ante o problema existente coa banda terrorista ETA, afrontou a
necesidade de OUTORGAR os poderes públicos instrumentos que permitan unha eficaz loita
contra o “terrorismo”; incorporando para elo a SUSPENSIÓN INDIVIDUALIZADA DE DEREITOS.

Así o artigo 55.2 da CE estableceu a posibilidade de que unha Lei Orgánica ( actualmente a Lei
de Axuizamento Criminal ) poida suspender con carácter individual determinados dereitos na
investigación das actuacións de BANDAS ARMADAS ou ELEMENTOS TERRORISTAS.

Que dereitos son ?

-O prazo máximo de detención de detención preventiva sen posta a disposición xudicial de 72


horas ( art. 17.2 ). ( a prorroga que admite a lei é de 48 horas, pero autorizada polo xuíz). Por
tanto de 3 dias elevan se a 5 días. Si se acorda a incomunicación a asistencia letrada será
prestada, como coñecemos, por un avogado de oficio.

-A inviolabilidade de domicilio ( art. 18.2).

- O segredo das comunicacións ( art.18.3).

NOTAS ou carácteres de esta regulación Constitucional excepcional

1- Trátase de unha lexislación LIMITADA tanto nos destinatarios( persoas de bandas


armadas ou elementos terroristas) como en canto as medidas que se permiten. T.C.
insiste na interpretación restritiva sempre.
2- O emprego deste mecanismo esta rodeado de diversas GARANTÍAS para prever
posibles abusos . O artigo 55.2 impón a intervención xudicial e o control
parlamentario. E recorda que a intervención abusiva ou inxustificada dará lugar a
responsabilidade penal.

BIBLIOGRAFÍA BÁSICA

- LOPEZ GUERRA, L. e outros, Manual de Dereito Constitucional. Vol. I O ordenamento


constitucional. Dereitos e deberes dos cidadáns , Tirant lo Blanch, Valencia, 2018.
- PÉREZ ROYO, J., Curso de Dereito Constitucional, 16ª ed., Marcial Pons , Madrid,
2018.
-GONZÁLEZ-ARES, J.A., Leis Constitucionais españolas ( 1808-1978) 2ª ed., Andavira
Editorial de Compostela, 2010.
-ALBERTI ROVIRA, E, Leis Políticas de Estado, 35ª ed., Aranzadi T. R. Pamplona 2017.

You might also like