You are on page 1of 3

Saúde Mental

María: — Ola a todos, a todas e a todes!

Noa: — Benvidos á nosa exposición sobre a saúde mental, un tema que


normalmente non se trata co respecto que se merece.

Daniela: — Xa que, por exemplo, cando a unha persoa lle chamamos bipolar
estamos insultándoa, pero en realidade, este é un trastorno mental do estado
de ánimo. Un famoso con esta condición é Kanye West.

María: — Volvendo ao tema da saúde mental, alguén sabe o que significa? —


(María elixe ás persoas, máximo dúas).

Mal: dicir a información ben. Ben: contrastar información.

Noa: — A saúde mental é o benestar xeral da maneira na que pensas, regulas


os teus sentimentos e o teu comportamento. Tamén permite ás persoas facer
fronte aos momentos de estrés e tensión da vida, desenrolar todas as súas
habilidades, traballar adecuadamente e contribuír á súa comunidade.

Daniela: — Cando temos unha boa saúde mental somos capaces de facer
fronte ás situacións problemáticas.

María: — Entendedes? Pois aínda hai máis: as enfermidades mentais. As


enfermidades ou trastornos mentais afectan ao estado de ánimo, ao
razoamento ou implican alteracións graves das funcións cerebrais. Poden ser
ocasionais ou duradeiras, tamén chamadas crónicas.

Noa: — Algúns exemplos de enfermidades mentais son: a ansiedade, que é


unha reacción de medo, temor e inquietude ante o estrés.

Daniela: — A depresión, que afecta ao estado de ánimo baixándoo.

María: — O trastorno obsesivo compulsivo, TOC, que se caracteriza por ser


unha serie de obsesións que provocan comportamentos repetitivos.
Noa: — A síndrome de Gilles da Tourette, que che fai ter tics (movementos
involuntarios) sen ti querelo.

Daniela: — A anorexia nerviosa, que é un trastorno alimenticio que fai que as


persoas que o padecen se sintan gordas (cunha autoestima ou autoconcepto
baixos) e, por isto, deixen de comer ata o punto de chegar á delgadeza
extrema.

María: — O trastorno de estrés postraumático (TEPT) que fai que as persoas


desenrolen, tras experimentar un evento traumático, un medo a el. Unha boa
resiliencia aumenta as posibilidades de que isto non che afecte tan
gravemente.

Daniela: — Coñecedes a alguén con algún destes trastornos? Máximo 3 ou 4


persoas elexidas por María.

Noa: — As enfermidades mentais poden estar provocadas por diferentes


causas.

Daniela: — Por exemplo, … Daniela di os diferentes personaxes do libro


“Invisible”. Meter algunha interacción.

María: — Estes libros de aquí explican tamén o que é a saúde mental, pero, ao
ser máis infantís, se centran no que pode pasar no sistema nervioso ou máis
ben no cerebro, e non no que nós podemos chegar a sentir con algunha
afeccción mental. Son da colección “El Cuerpo Humano”.

Noa: — Alguén coñecía antes esta colección?

You might also like