You are on page 1of 17

1. INVENTAR UNHA ENTIDADE CLÍNICA.

1.1. Pasé 28 años pensando que era un desastre, pero ahora sé que es por mi TDAH | Verne
EL PAÍS (elpais.com)

1.2. Ángel Carracedo: «La hiperactividad que yo y mi madre tenemos hasta el extremo es una
ventaja» (lavozdegalicia.es). 30 oct 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O que contan son falacias, profecías autocumpridas, a información que podemos atopar na
wikipedia.

Pero hai elementos moi interesantes.


- desrresponsabilización total. A culpa é do meu trastorno. Podo seguir facendo o mesmo.
- bioloxización forzada: cerebro e xenética, aínda cando non existe ningunha evidencia
neste sentido.
- alivio familiar

- pasar por alto os efectos que a medicación non ten efectos en persoas sás.

- a solución é a medicación.

1/17
Historia
- O médico alemán Heinrich Hoffman escribe en 1865 un conto infantil “Der Struwwelpeter”
(traducido como Pedro Melenas, Pedro El Desgreñado o El Despeluzado,
Trátase dun dos libros de contos máis coñecido na Alemania do seu tempo, ao lago dos
contos dos Irmáns Grimm. Consta de 10 historias ilustradas e narradas en verso, nas que o
protagonista é un neno con algún vicio ou "mal comportamento" distinto, recibindo ao final o
correspondente castigo. El título de la primera historia da título a todo el libro.
'Struwwelpeter' (Pedro Melenas) describe a rapaz que non coida a súa hixiene persoal.
A Historia de Federico o Cruel, que é un neno violento que aterra as persoas e, especialmente,
os animales. Un bo día un can mórdeo e o neno enferma, polo que despois ten que estar
recluído, tomando medicinas mentres o cano come a súa propia cea.
A Tráxica historia de Paulina e os Cerillos, onde unha nena xoga con lume e quéimase até
morrer.
A Historia do Pequeno Chupa-dedo, unha nai dille ao seu fillo que non se chupe o dedo.
Como o neno insiste, aparece un xastre que lle corta os pulgares cunhas tesouras.
La Historia de los Niños Negros. San Nicolás les da un escarmiento a tres niños que se burlan
de otro por el color de su piel oscura. Para darles una lección, los sumerge en tinta,
dejándolos más negros que la sombra del chico del que se burlaban.
Deixando de lado a manifesta perversión do autor, interesa ver como alguén foi buscar nun
neno que desobedece as normas a orixe do TDAH.
Médico perverso.
En 1902, realízanse as primeiras descricións sistemáticas, agrupando baixo a denominación
de síndrome de lesión cerebral, nenos con problemas no inicio da aprendizaxe escolar.
Os síntomas observados eran causados por unha lesión cerebral.
En 1926 proponse substituír o termo de lesión cerebral polo de dano cerebral mínimo.
Mínimo quere dicir evidentemente que non se pode atopar tal tipo de lesión.
En 1937, fálase dun síndrome con trastornos de atención, hiperactividade e labilidade
emocional.
En 1947, súmaselle ao anterior a descrición de desordes cognitivos e perceptivo-motores.
No DSM-I (1952) fálase de «disfunción cerebral mínima»
En 1957, Eisenberg introduce o termo “hipercinético” para referirse a nenos cunha actividade
motora excesiva respecto do que se podería considerar normal para a súa idade e sexo.

2/17
Curiosamente, o último chanzo na introdución da diagnose débese á guerra fría. Un
divulgador norteamericano, Arthur Trace, que escrebe un libro O que Iván sabía e Johnny
non sabe (1961), comparando as aprendizaxes rusas e estadounidenses. Cando os soviéticos
lanzaron o Sputnik, os EEUU comezaron insistir na necesidade da educación para estar á
altura na carreira espacial, en especial, na educación dos nenos con problemas de
aprendizaxe. Os americanos comezaron poñer moita atención na educación, en especial
atendendo aos nenos que fracasaban no seu sistema educativo. Como os nenos con problemas
neurolóxicos teñen dificultades de aprendizaxe, púxose en marcha a hipótese de que se
trataría dun problema neurolóxico. Pouco despois comezou empregarse a Ritalina para
mellorar o funcionamento dos diagnosticados.
En 1962 ou 63 -depende da fonte- un grupo de expertos en neuroloxía infantil de Oxford
propón introducir o termo “disfunción cerebral mínima” que respondería a unha serie de
lesións mínimas cerebrais non obxectivábeis e que provocarían un síndrome caracterizado
por trastornos da aprendizaxe, problemas de conduta e dificultades.
En 1968, o DSM-II (Diagnostic and Statistical Manual of Mental Disorders) fala dunha
“reacción hipercinética da infancia”.
En 1980, o DSM-III substitúe esta reacción hipercinética polo trastorno por déficit de
atención con ou sen hiperactividade, poñendo o foco na carencia de atención.
En 1994, o DSM-IV dividiu a diagnose en tres subtipos, TDAH tipo desatento, TDAH tipo
hiperactivo-impulsivo y TDAH tipo combinado
No 2000, na edición DSM IV-TR aparece este trastorno como Trastorno por déficit de
atención con hiperactividade (TDAH).
En 2013, no DSM-V, dentro do grupo dos “Trastornos disruptivos, do control dos impulsos e
da conduta” aparece o trastorno por déficit de atención con hiperactividade, considerado un
trastorno do neurodesenvolvemento.

O DSM-V contribúe á sobrediagnose, deixando de consideralo un problema infantil e de


adolescentes para estendelo aos adultos e a persoas con autismo.
Por exemplo, por cada 10 individuos diagnosticados co DSM-IV hai un diagnosticado co
CIE-10 (Clasificación Internacional de Enfermidades) da OMS.
Sete meses antes de falecer, Eisenberg afirmou nunha entrevista en Der Spiegel en 2009 que
“O TDAH é un exemplo claro dunha enfermidade fabricada” e que se deberían buscar as
causas psicosociais (problemas familiares, na escola...), mais “prescribir unha pastilla contra
o TDAH é moito máis rápido”.

3/17
Hai unha presión social que leva á sobrediagnose: a etiqueta tapa a desigualdade de
oportunidades educativas, tapa un modo de organización social anxióseno, tapa problemas
familiares... Os pais son desculpabilizados co diagnóstico e aceptan así mellor o tratamento
farmacolóxico.
No caso dos adultos insístese na inestabilidade emocional e na impulsividade, algo que
resulta moi ambiguo.
A conclusión é que: non hai ningún consenso sobre os medicamentos, criterios diagnósticos,
síntomas e etioloxía, mais malia isto insístese na existencia do Trastorno e na súa orixe
biolóxica e xenética.
Se nin sequera para un trastorno relativamente ben fixado como a depresión maior foi posíbel
atopar marcadores xenéticos claros, ¿como poderían atoparse estes para a hiperactividade?.

4/17
Medicación
A Ritalina fue lanzada a fines de los 80 en USA merced a un asunto editorial, el lanza-miento
del libro de Ingersoll, Tu hijo hiperactivo. Después se popularizó gracias a un best-seller de
los psiquiatras Hallowell y Ratey: Driven to distraction en el que se afir-maba que “una vez
que se sabe lo que es este síndrome se le ve por todas partes...”.
A partir de 1980 a farmacéutica financia por activa e por sinistra a asociacións de pacientes e
familiares.
Curiosamente, todas as guías clínicas desaconsellan o emprego de medicación, mais aínda así
segue sendo a primeira opción. A industria farmacéutica non critica o tratamento psicolóxico,
mais sempre que vaia acompañado pola medicación. As farmacéuticas non teñen ningún
problema en sumarse ao tratamento multimodal, mentres os fármacos sexan unha opción
imprescindíbel.
Na actualidade os medicamentos finalmente están sendo empregados para optimizar o
funcionamento dos estudantes. Por exemplo, nos EEUU, tense comprobado que son
empregados psicoestimulantes de forma crecente entre os nenos de barrios pobres para
mellorar o seu aprendizaxe, deixando de lado se cumpren ou non a diagnose. O emprego de
anfetaminas é algo que circulou sempre entre o estudantado.
A maioría dos psiquiatras admite que os receita como a forma máis sinxela de satisfacer a
demanda de axuda inmediata das familias.
En EEUU, 1 de cada 5 adolescentes e 1 de cada 10 nenos de primaria toman medicamentos
para o TDAH.
En EEUU, en 2014, un 20% de nenos diagnosticados toman ritalina. En Holanda, un de cada
tres toma medicamentos. En España calcúlase que entre un 3-7% dos nenos toma
psicoestimulantes.
Pola contra, noutros países, como Francia e Suecia, o emprego do metilfenidato é case nulo.
En EEUU trátase da diagnose máis frecuente, por detrás da asma.
O 90% do consumo é en Norteamérica, mentres que en países como Suecia foi retirado do
mercado.
A industria farmacéutica apenas investiga en novos fármacos para a hiperactividade, senón
que os seus esforzos económicos van dirixidos ao marketing e á publicidade: defendendo a
introdución do consumo en idades cada vez máis temperás, captando clientes que o serán
para sempre; invisibilizando os efectos secundarios, vendendo curas milagrosas, patrocinando
congresos de pediatría, insistindo na cronicidade (indemostrada) do trastorno e a necesidade

5/17
para sempre de tomar a medicación, nos riscos de non ser diagnosticado a tempo (fracaso
escolar, drogadicción, comisión de delitos...).
Un anuncio de Concerta presenta unha nai agradecida que di: “Mellores resultados escolares,
máis tarefas feitas na casa, unha independencia que trato de alentar, un sorriso co que sempre
podo contar” (Ubieto 2014, 50-51).
Hai que lembrar que os efectos sobre a atención dos psicoestimulantes tamén se dan en nenos
non diagnosticados, polo menos ao comezo, antes de que teña lugar a habituación. As
capacidades de aprendizaxe non cambian a medio e longo prazo non cambian. Moitos pais
afirman que cando se retira o medicamento, volve o TDAH ou mesmo hai un efecto rebote de
empeoramento, algo que se debe á habituación do neno ao fármaco.
Efectos inmediatos demostrados do metilfenidato e atomoxetina son o aumento da tensión
arterial, frecuencia cardíaca, alteracións na alimentación e no soño, etc.
O principal efecto a longo prazo demostrado dos psicoestimulantes é o retraso no crecemento
dos nenos polo adelgazamento que provoca. A partir dos 3 anos os supostos beneficios
iniciais da medicación desaparecen.
A que se debe o éxito dos fármacos? Seguramente a que desangustia tanto ao paciente como
aos familiares.

Neurodesenvolvemento
Outra das ideas base do trastorno é que se trata dalgún problema neurolóxico, algo que até o
momento non se puido demostrar. Agora ben, iso non quita que se repita unha e outra vez que
debe existir algún déficit neurolóxico. Existe todo un mercado de prácticas neuroestimulantes
destinadas a que empreguemos correctamente todo o noso cerebro. Neuromitos, prácticas de
entrenamento do cerebro. En realidade, cando se poñen en práctica estes programas o
principal efecto beneficioso provén do feito de que se lles está prestando atención aos nenos,
de que se senten atendidos e iso fai que inmediamente aumente a súa atención e o seu
rendemento. Conclusión: cando un neno diagnosticado con falta de atención, recibe atención,
mellora a súa atención.

6/17
ADEUS AO NEOLIBERALISMO.
Todo síntoma, en tanto que manifestación dun malestar, aparece enmarcado polas condicións
históricas do momento. As formas nas que o sufrimento psíquico se manifesta son tomadas
do funcionamento da sociedade contemporánea.
Se no pasado o malestar se manifestaba en forma de rumiación obsesiva ou somatización
histérica, como algo vinculado aos grandes relatos familiares, coa perda do peso do rexistro
do simbólico, son outros os malestares que aparecen. Nunha época anterior -que poderiamos
chamar neoliberal- dominaban os ideais de esforzo, disciplina (mental e física), de respecto á
autoridade (do pai, do mestre) e a promesa de que mediante este esforzo e disciplina, habería
unha recompensa (a medio prazo, unha carreira profesional satisfactoria e un certo nivel de
consumo).
Para estar atentos e quietos funcionaba a mestura entre un ideal de conseguir determinados
obxectivos mediante a educación e algunha autoridade recoñecida -pai, nai, mestre, mestra-.
As palabras conseguían soster, anudar, conter o corpo.
Pois ben, semella que na actualidade isto xa non tería sentido.
E cabe polo tanto falar dun certo postneoliberalismo.
O corpo é abandonado á súa satisfacción auto-erótica, confiando en que encontrará a súa
propia regulación, e iso non é así: o corpo en tanto que pulsional pode satisfacerse a costa do
suxeito. Do corpo exíxese na actualidade que sexa totalmente funcional, optimizado, como
unha máquina sempre acesa e a pleno rendemento. En paralelo a isto, a vida transcorre moito
máis de presa, a sociedade é moito máis fonte de ansiedade.
A época actual xa non é a época da sociedade de consumo se por tal se entende o consumo de
produtos ao estilo dos anos 60, 70 e 80, a época da oferta e da demanda. Mais ben trátase
dunha época do empuxe xeneralizado ao goce inmediato. Mesmo a idea de felicidade deixa
paso a outro tipo de ideais. Xa non se escolle entre diversas ofertas, senón que hai predeseño
do desexo, unha monitorización personalizada da oferta, onde a intelixencia artificial traballa
para dicirnos o que nos convén. A satisfacción corporal, a intensidade, é a que manda, e faino
por fóra de toda estrutura, de todo discurso, entendendo por tal as catro formas de facer lazo
social que Lacan pensa. Estes discursos apenas son capaces de limitar, ordenar, dirixir algo do
goce.
O empuxe social a este goce inmediato casa mal co sistema educativo, que se asenta moi
esencialmente sobre a procastinación, sobre a renuncia.
As exixencias crecentes de rendemento escolar, as exixencias sociais de diversión inmediata,
as multiactividades e multiaventuras, os parques temáticos de actividade trepidante, o

7/17
aumento das fronteiras para os límites corporais, a paixón polos récords até a morte, as
exixencias de aumento de velocidade e movemento marcan unha nova época. E sobre todo, a
descrenza no esforzo.

Fenómenos como o FOMO (Fear of missing out) dan conta disto. En realidade, pretendendo
estar en todas partes, en todos os eventos culturais, en todas as festas, en todos os libros, o
resultado é que se acaba por non estar en ningunha parte. Esta mesma présa impide a
comprensión e a escoita do que se agacha detrás dun síntoma.
Un suxeito que ten ademais que exprimir o presente de maneira absoluta e simultánea sen que
quede ningunha tarefa por facer. Búscase satisfacción atendendo a todo e xérase unha
permanente insatisfacción por non poder atender a nada.
A idea de “non perder o tempo, non perder nin un só momento” -pura pulsión de morte-,
acaba traducíndose nunha perda de todo o tempo no seu conxunto, é dicir, da vida. A
aceleración do tempo hipermoderno que obriga a non renunciar a nada é unha mostra clara do
que Freud entendía por pulsión de morte.
A revolución da alta tecnoloxía provoca un estado continuo de atención parcial continua:
multitude de tarefas e de pestanas abertas ao mesmo tempo, que obrigan a estar atento a todo
mais sen centrarnos nunca de verdade en ningún elemento concreto.
A pregunta realmente sería de que suxeito non se exixe que sexa hiperactivo e que teña déficit
de atención no mundo contemporáneo?
Chama a atención que nenos diagnosticados de TDAH sexan moi capaces de fixar a atención
ante estímulos presentados nunha pantalla. E isto eleva a pregunta acerca de se o problema é
que só poden atender a estímulos que superan un umbral de intensidade moi elevado. Non
sería unha falta de atención, senón unha falta de atención a cousas non desbordantemente
intensas.
Estamos entón nunha época cunha dificultade crecente da palabra (simbólico) para regular o
que se axita no corpo (goce).
Os corpos axítanse sen que os discursos consigan apacigualos. Ao mellor porque o discurso é
máis fragmentario, porque o rexistro do simbólico introduce sempre un corte que a
propiedade sociedade ve como signo de falta, insatisfacción e que resulta polo tanto
sospeitoso.
Os suxeitos quedaban abandonados aos seus corpos e os seus corpos quedan abandonados aos
seus goces máis ou menos mortíferos e aos obxectos cos que se conectan.

8/17
Aniquilación da infancia
E esta mesma época é aquela que acaba por aniquilar a infancia.
O sociólogo Neil Postman afirma en A desaparición da infancia (1988) que a infancia
comezou coa escritura -que separaba entre contidos de adultos e contidos infantís non
accesíbeis até que non se puidera ler- e rematou coa TV -que fai accesíbeis todo tipo de
contidos. Pensemos a día de hoxe en Internet.
En todas as épocas históricas houbo nenos con dificultades para a aprendizaxe. O que sucede
hoxe é que estamos ante unha época onde non se permite a perda de tempo, onde non se
respecta o tempo da infancia, e exíxense rendementos, competencias de adultos en tempos
infantís.
Desenvolver ao máximo as capacidades cognitivas dos nenos e adolescentes, por exemplo,
orientando a política educativa á detección, por unha banda, de déficits e, pola outra, de altas
capacidades.
Prodúcese unha liquidación da infancia: que os nenos sexan emprendedores, xestores,
investigadores, que teñan unha identidade sexual clara, que falen idiomas, que sexan
creativos... todo isto elimina o tempo infantil. A infancia é vista como unha copia en pequeno
da madurez, na que o neno debe ser produtor, funcional, competente en pequeno por analoxía
coa madurez.
Hai un presentismo absoluto no que non se admiten as dimensións do pasado (a historia
colectiva e individual) e o futuro (un proxecto colectivo e o desexo individual acerca de que
quere facer un suxeito coa súa vida).
Os nenos -como os adultos- están hiperconectados a través de infinitude de aparatos (Internet,
smartphone, redes sociais, nalgúns casos dende a infancia, como no caso dos fillos de Kim
Kardashian) que conectan os nenos cun gran Outro moi dificilmente controlábel mediante
ningún control parental. Nestes medios, a curiosidade infantil é esmagada por estímulos
incesantes e acaba transformándose nun aburrimento considerado como terríbel.
Freud consideraba que a infancia era un tempo para comprender, para facerse preguntas, para
xogar, para madurar lentamente. Mediante os seus xogos os nenos non só se entreteñen,
senón que constrúen representacións sobre aquelas cuestións difíciles para calquera ser de
palabra. A infancia debería ser un tempo aberto no que se foran formando pouco a pouco o
pudor, a vergoña, os ideais e algo máis tarde no que se intentará facer algo coa sexualidade e
coa morte.
Por exemplo, hai adianto do encontro coa sexualidade atroz. Na sexualización dos corpos dos
nenos e sobre todo das nenas.

9/17
A vida infantil e adolescente pode que nunca estiveron tan pautadas como na actualidade. A
ciencia nunca se aplicou tanto a medir e ordenar e clasificar as infancias e adolescencias: hai
unha monitorización absoluta da vida das persoas. Baixo a promesa de eliminar todo risco, a
ciencia fai pagar o prezo dunha clasificación absoluta da conduta e do pensamento, unha
imposición maior daquilo que se considera normal e da medición de todas as condutas en
relación a esta normalidade. E ao mesmo tempo que se promete a seguridade absoluta, a
época nunca creou suxeitos tan fráxiles.
Por exemplo, hai unha hipermonitorización dos bebés, con cacharros que non só vixían a
distancia, senón que controlan a tensión arterial, latexo, etc. e avisan con antelación acerca de
cando o neno vai chorar ou espertar.
A aplicación Cry Translator (para Iphone) promete: “En menos de diez segundos se mostrará
el resultado de la traducción del llanto que corresponderá a un estado determinado: hambre,
sueño, malestar, estrés o simplemente aburrido”. O monitor Sproutling, que cunha banda
elástica no nocello do bebé, predi cando vai espertar para permitir que os pais se adiantan e se
poida organizar mellor, conseguindo o efecto ansióxeno de non deixar durmir os pais
tranquilos en toda a noite.
Ao mesmo tempo, en paralelo a esta monitorización nunha estiveron tan ausentes os ritos de
pasaxe, nunha se sentiron tan sós os nenos á hora de enfrontar os diferentes fitos de
maduración, porque o saber tradicional baseado no sentido común, o discurso que antes os
acompañaba foi totalmente substituído pola ciencia (pediátrica, psiquiátrica). Mentres que o
sentido común suxería que os nenos choran, protestan, teñen condutas inexplicábeis, teñen
caprichos, axítanse... agora calquera cousa que se desvíe dunha normalidade funcional é
considerada como anómalo, de maneira que a continxencia, o imprevisto, o real é
considerado como patolóxico. Cada vez máis elementos que antes eran considerados como
non problemáticos, serán considerados como elementos clínicos e patolóxicos nun
movemento relixioso cientificista.
Tamén hai unha normalidade política: Nos EEUU o TDAH é asociado sen tapuxos á
posibilidade de delincuencia. De feito, normalidade mental e normalidade política coinciden.
O psicanalista francés Jacques Alain-Miller afirma: “A saúde mental, tema dessas Jornadas,
não tem outra definição que a da ordem pública”.

Sobrediagnose.
A pregunta é entón, por que é a época busca incesamente aumentar o catálogo de etiquetas
diagnósticas?

10/17
Porque non se soporta o imprevisíbel e singular que hai por debaixo de cada malestar.
Prefírese buscar unha nominación que catalogue, clasifique e que teña o efecto perverso de
encorsetar a cada neno ou nena, que acaba véndose a si mesmo non como fulanito ou
zutanita, senón como un TDAH ou un bipolar.
No lugar da nominación familiar (o desexo que precede a un suxeito, o que se espera dese
suxeito, o lugar que ocupa ese suxeito na historia familiar, cada vez máis fragmentaria ou con
menor peso), aparece a nominación científica e diagnóstica.
Dicir que un neno é movido deixa aberta a posibilidade de pensar por que e como e en que
circunstancias; dicir que é un caso de TDAH é unha lousa que lle cae enriba.
Por outra parte, que nenos non son movidos?
Cando Carracedo se autodiagnostica, presume no fondo de ser un TDAH, confírelle á etiqueta
un carácter simpático, agradábel, que invita a asumir esa etiqueta, mais isto non se
corresponde cos efectos reais na vida da maior parte dos nenos e nenas.
Unha vez recibida a etiqueta, toda a existencia do suxeito comeza a ser revisada a partir dela.
Ubieto fala dun paciente adulto que a partir da diagnose explica a súa separación, dificultades
na crianza dos fillos, dificultades no traballo... mesmo pode anticipar que sucederá no futuro,
desrresponsabilizándose de calquera posibilidade de cambio.
Por outra parte, a maior parte das etiquetas levan implícito un compoñente de cronicidade que
detén calquera intento de responsabilizarse e de cambiar a propia vida.
Por suposto, o suxeito -sobre todo adultos- tamén quere recibir unha etiqueta que o alivie do
peso de ter preguntarse por si mesmo. A dificultade para atopar un lugar onde inscribirse
(tanto na sociedade como na familia) invita a asumir como nome propio un diagnóstico.
Mais son sobre todo os pais os que se tranquilizan ao escoitar que o seu fillo é tal cousa... e
que o é por fóra do contexto social e familiar. Isto permite unha desrresponsabilización deles
e dos nenos acerca do que lles pasa. Como son TDAH, xa podo erguerme, non atender, non
facer os deberes, etc. Mais por desgraza o que prima é o efecto de estigma da diagnose que
funciona como unha profecía autocumprida e que desemboca n exclusión brutal, unha
separación e clasificación dos nenos que comezando a estas idades non pode augurar nada bo.
En lugar de acompañar, diagnosticar, clasificar.
A diagnose tamén tranquiliza ao psiquiatra, psicólogo ou orientador, que así non ten que
soster a incerteza de non saber que lle pasa a un suxeito. Cada vez máis elementos que antes
eran considerados como non problemáticos, serán considerados como elementos clínicos e
patolóxicos nun movemento relixioso cientificista.

11/17
Hai, polo tanto, un emprego da diagnose para tapar, silenciar este sufrimento e poñer en
marcha un protocolo de actuación e unha pauta de medicación, esquecéndose de interrogar a
subxectividade e a historia que está aí diante.

Abordaxe clínica.
Poderíase entón concluír dalgún xeito que cada caso de diagnose é xa unha sobrediagnose.
A etiqueta TDAH sería como unha versión dessubxectivada do sufrimento humano que
conduciría a non ter que escoitar o suxeito, ante un real pulsional que non cesa de
manifestarse e expresarse.
Os nenos móvense e axítanse de maneira desbordante para chamar a atención, mais sobre
todo para “expresar” para un outro un malestar, porque ou ben aínda non teñen as palabras
necesarias ou porque a situación impide formular en palabras o que lles sucede. Unha especie
de actuar sen palabras, aínda que xa estea aí sempre unha relación co outro: cos compañeiros,
cos profesores, cos pais...
A psicanálise comeza por tomar o suxeito como activo e responsábel -non como unha vítima
do seu cerebro- para pasar logo a comprender as causas dos seus síntomas.

Tratar o TDAH segundo o estilo peculiar e particular que tomaron nun suxeito a incapacidade
de atender e a inquietude. Será casual que a desatención acabe xerando desatención?
Por unha banda, nunha posición algo pasiva. Poñerse ao lado do suxeito, nunha certa posición
de non saber ou polo menos dun saber non psiquiátrico, non supor que se teñen todas as
explicacións ou polo menos non impor esas explicacións. Se non se acolle o malestar, non hai
posibilidade de gañar credibilidade, tecnicamente, transferencia, con un suxeito.

A redución do seu malestar á diagnose non achegaría nada, taparía a posibilidade dunha
invención. O trastorno eliminaría a subxectividade. O que o suxeito ten que dicir sobre o seu
malestar é secundario fronte á bioloxia e á xenética. O trastorno invita a ser eliminado,
deixando de lado a pregunta polo desexo e a responsabilidade subxectiva do suxeito. Provoca
ademais un efecto de rexeitamento do suxeito cara á escola, cara áo psicólogo, cara ao
psiquiatra, que deixan de interesarse por el para pasar a interesarse por el en tanto que
exemplar dun trastorno.
Negar de entrada a lexitimidade dese sufrimento só pode provocar o rexeitamento. E
xustamente isto é o que se consegue cando se psiquiatriza ese sufrimento.

12/17
A lóxica da cura para a psicanálise formúlase en relación ao estatuto do fantasma do neno.
Lacan afirma que o valor da psicanálise é poder operar sobre o fantasma. Non se trata de
adaptar o suxeito ás institucións humanas, algo que debe facer a pedagoxía e non a
psicanálise. Adaptar ao suxeito é traballar exclusivamente no eixo imaxinario (o eu e os seus
obxectos, o eu e os outros tomados como figuras cun rol preestablecido), é dicir, buscar a
suxestión, a reeducación emocional...
O fantasma para a psicanálise non é unha fantasía a deconstruír, unha ilusión, senón que son
os marcos máis ou menos fixos da fiestra a través da cal un suxeito contempla a realidade, a
maneira como goza o suxeito. Entón hai que aclarar cal é a estrutura clínica e cal é a estrutura
do fantasma, se o hai. E se non o hai, construír algo que exerza a súa función ordenadora.
Pola outra, trátase de buscar unha rectificación subxectiva. Unha certa exixencia, un certo
non ceder, tomando a axitación e o déficit de atención como un síntoma a interpretar, ler eses
acontecementos de corpo, transformar o malestar nunha pregunta produtiva. E abrir tamén
unha vía cara a madurez, mais no sentido de asumir o que a familia ou a sociedade agardan
del, senón no sentido de que cousas se queren facer no futuro, cal é o desexo. Isto supón
tamén non ceder á apatía, nin a que non haxa normas que hai que respectar: non establecer
unha serie de normas implica eixar aberto o terreo para que sexa o goce desrregulado o que
mande e iso é tamén moi mortificante; mais en todo caso non se trata de aceptar as normas
porque si.

Parte desta rectificación subxectiva inclúe saber lidiar coas demandas pulsionais da
puberdade.
Unha axitación que require un tratamento diferente se é psicótica ou neurótica, algo que a
diagnose tapa:

- nos nenos autistas e nos psicóticos aparecen estereotipias, axitación, voces no corpo, que
levan o neno a un movemento perpetuo e a unha axitación.
Eric Laurent: “[...] qué tratamiento podriamos deducir para la psicosis infantil [...] Dar una
versión del objeto a [...] un modo [...] en que el niño psicótico dé una posición no de su
inconsciente -que non hai- sino una posición del goce [...].”
Laurent, É. (1999): “El Sujeto del Inconsciente y el enigma de las normas”, Conferencia
dictada en el CIEN argentino el 19 de septiembre de 1999, en Cuadernos del CIEN, Buenos
Aires. 4. Rief S.,F., (1999).

13/17
En el caso de una niña autista su hiperactividad incluyendo el balanceo fue abandonada a las
pocas semanas tras sucesivas interpretaciones dirigidas a imaginarizar su lugar en la
estructura familiar.
Otro niño psicótico que realizaba constantes movimientos con carreras solo pudo detenerse
tras poderle narrar un episodio de cambio de domicilio familiar en el transcurso del cual fue
abandonado un perro con el que estaba muy unido, momento en que comenzaría un mutismo
pertinaz. La separación de la identificación a este objeto-perro le posibilitó ver alejado el
temor de un igual destino. Sen metáfora.

- na neurose, a inquietude, o traxín constante e a falta de atención como unha defensa ante a
invasión do neno por parte dos adultos, de modo que o neno descargaría así algo do pulsional
traumático que o sobrepasa.

Por exemplo, actuar de barreira fronte ao goce abusivo dunha nai ou dun pai sobre un neno,
poñendo o desexo desta nai ou deste pai nun outro familiar ou nunha parella... liberaría así o
neno do goce caótico insoportable do cal intenta fuxir constantemente mediante os seu
movemento.

Casos.

Ubieto fala de varias situacións nas que é frecuente que apareza o TDAH:
a) dós non realizados, ben por falecemento, ben por abandono dalgún dos proxenitores, ou
casos de abandono do país natal por migración. Un neno migrante logo de ver o asasinato do
seu pai.
b) situacións de violencia intrafamiliar, nas que a angustia se manifesta no corpo de maneira
abrupta. Unha nena de 8 anos cuxo pai lle pegaba á súa nai.
c) casos de neglixencia e falta de coidados. Neno que pasa a fin de semana cos irmáns porque
os pais consumen tóxicos. Mellora cando entra nun centro de acollida.
d) segredos familiares. Como o caso de Serxio que logo comentaremos.

Ubieto. “Despistado”.
T, de 12 anos, é levado a consulta antes de pasar ao instituto por un cambio no seu déficit de
atención, amosándose desafiante cos pais. A nai narra ter pasado o embarazo moi soa e logo
ter asumido tamén moi soa moitas dificultades de saúde infantil do neno: bronquite asmática,
drenaxes de ouvido, choros, inquietude... o neno cálmase coa entrada na escola, manifestando

14/17
ser algo despistado. Durante moi tempo ocupou o lugar do pai na cama da nai, consolando a
nai da ausencia paterna.
Os pais recoñecen ter sido “fillos machacados polos pais” e coa intención de non repetir o
mesmo, acaban facéndoo: tratamentos reeducativos, vixianza constante para que corrixa os
seus déficits. O pai enfádase; a nai asfixia. O neno di: “queredes que sexa perfecto e eu non
podo ser como a vós vos gustaría”.
Atende a todos os detalles de todo o que sucede ao seu redor: ““Des-pista-do” pero moi
atento”, dille o psicanalista.
Nas sesións, advirte a súa compracencia cando se deixa asfixiar pola súa nai e a súa
responsabilidade nos ataques de cólera do pai.
Os cambios recentes na súa conduta teñen que ver con un ictus do seu avó que non lle
permite ir con el cazar ras e paxaros. Tamén hai un episodio onde ten que saír nu a buscar a
súa roupa fóra das duchas. O encontro coa pubertade fai que vexa o seu corpo como
“manchado”. A vergoña fai que responda mediante o desafío. Na puberdade hai un encontro
cunha sexualidade para a que os seres humanos non temos significantes axeitados. O neno
está deixando de ocupar unha posición como obxecto dos coidados maternos para pasar a ser
obxecto de desexo e desexante, para ter un corpo sexuado para o que terá que crear en certo
sentido unha nova lingua.
T comeza a relacionarse mediante un grupo de Whatsapp, que se ben non semella unha
solución ideal permítelle darse un lugar fóra do lazo coa nai.

Ubieto, 11 anos. “A que se aveciña”


Serxio entra na consulta tropezando coa cadeira. Fala de dificultades dende os 5 anos -un
sentimento de inferioridade -, porque pensaba que se metían con el porque non falaba ben
catalán, ao ser estranxeiro. Comezou entón a bater e insultar os outros sen motivo, como unha
especie de tratamento da relación insoportábel con eles.
Non é capaz de durmir porque non pode deixar de pensar nas cousas que pasan no colexio,
nos seus irmáns ou nos seus pais cando se enfadan.
Pon a música a gran volume (música house) porque o ruído musical despístao do seu
pensamento. Coa medicación quedou atontado, frío. Gosta da serie “A que se aveciña”,
porque todos os personaxes son raros, anómalos, en contra do comportamento socialmente
esperado.
Logo de varias sesións, vai falando dos seus compañeiros e pode estar con eles sen insultalos.
Cando tiña 4 anos naceu un irmán, que veu profundizar o seu sentimento de ser inferior.

15/17
Mediante a música -algo que lle é transmitido vía paterna- consegue calmar algo o seu
pensamento. Acaba convértendose nun experto en música house.
En ocasións os pais mándano só ás entrevistas, atravesando só a cidade (Barcelona).
A hiperactividade, o exceso de axitación no corpo, a pulsión no corpo, son unha metáfora das
súas dificultades cos outros e co propio corpo. Apúntase a clases de hip-hop.

Ubieto. TACHE.
Z é un neno de 11 anos que vai a consulta coa súa nai logo de ser diagnosticado e medicado
con metilfenidato. Acoden a consulta porque nin a nai nin a titora vén melloría co tratamento
farmacéutico.
O neno cada vez está de peor humor na aula e na casa. Inicialmente logo de ser medicado
estaba habitualmente tranquilo, mais en determinadas situacións, “estoura”. A nai traballa
moitas horas e quen se ocupa del é a súa irmá, que está facendo estudos universitarios. O pai
era mineiro e faleceu nunha explosión. Tanto nai como irmá trátano con moito agarimo. A nai
cando o recolle da escola dálle moitos bicos e dille cariñosamente: “Voute comer, meu neno”.
Na casa, nai e irmá fanlle todo -con once anos xa non é de recibo, e el consente, con algún
momento de angustia, angustia por asfixia, poderiamos dicir. Soe durmir coa nai.
Preséntase na consulta co nome: “T A C H E”. O psicanalista dille que non comprende esta
nominación e o neno engade que tamén se chama X. Cabe sinalar a importancia por parte do
analista de non dar por entendida a nominación diagnóstica que trae o suxeito. Está moito
mellor ser un X, unha incógnita, que un caso de TACHE.
Trae xoguetes moi infantís (os bonequiños de plástico que están dentro dos ovos Kinder),
conversa con eles, e deseña animais con bocas grandes, abertas e feroces dentaduras. Son
animais sempre de xénero feminino. Estes animais botan lume, habitan no subchan,
atemorizan as persoas que hai enriba, ás veces lanzan lume pola boca e provocan incendios e
explosións. Son animais femininos que devoran. É a libido materna posta totalmente sobre el
sen que a función paterna a limite, o neno tomado como falo para que a complete.
As sesións son tranquilas, non se ergue da cadeira, mantén a atención cando lle fala o
analista, ou cando a nai e a irmá fan algún comentario na entrada ou na saída.
O malestar convértese pouco a pouco en síntoma psicanalítico, construído baixo transferencia
e poñendo en xogo o outro: xa non se trata da hiperactividade na escola, senón de como este
síntoma dá conta da asfixia do suxeito no contexto familiar.
Aparecen efectos terapéuticos e nese contexto de mellora a nai e a irmá cóntanlle os
verdadeiros feitos sobre o seu pai. Non era un mineiro morto, senón que en realidade os pais

16/17
separáronse antes de nacer el sen que o pai quixese saber nada do seu fillo. Até ese momento
a nai e a filla acordaran dar esa versión para protexelo. Hai un silencio familiar bastante
considerábel. Aquí prodúcese un primeiro momento de ruptura simbólica, de desciframento
dun enigma. Agora ben, a operación analítica non se queda no rexistro do simbólico. Falta
tocar algo do real en xogo, entender a resposta do suxeito como unha defensa con respecto a
algún elemento de real insoportábel.
O psicanalista introduce certa separación entre o neno e a nai que o devora: suxire levalo a un
centro de día e que non o traten como un neno e lle permitan facer só todas as cousas que
sabe facer só. Trátase de facer que a relación coa familia non sexa asfixiante para este
suxeito. Os seus estalidos de rabia parece que eran a única maneira posíbel que tiña para
pedir non ser asfixiado pola nai e pola irmá, para romper a infantilización e dependencia na
que estaba sometido. Deixa de traer os bonequiños Kinder, fala de asuntos que teñen lugar
entre el e os seus amigos -pode facer lazo con outros que non sexan os outros da súa familia-,
dos grafittis que comezou a facer.
Pode comezar a preguntarse cal é o lugar que el ocupa, cal é o lugar que ocupa no desexo do
outro por fóra do que este outro demandaba, que era no fondo que permanecera ignorante,
protexido e sempre como un neno.
Conclusión.
A estratexia de negar a frontalmente a existencia do TDAH é seguramente inútil cando se dá
de bruces cunha ciencia convertida en dogma relixioso, cos seus templos (a Universidade,
Laboratorios), os seus textos sagrados (nature, Science) e os seus sacerdotes (non vamos dar
nomes). Non se trata entón de negar a diagnose, que existe e circula na sociedade, senón de
preguntar alén da diagnose polo suxeito situado por debaixo.
Reintroducir a condición de suxeito nun corpo ao revés do discurso dominante na sociedade,
que pretende reducir os suxeitos a corpos que non teñen nada que dicir sobre o sufrimento
que padecen, poñer en palabras o sufrimento. Por detrás da diagnose do déficit, rescatar o
suxeito e ofrecer o espazo e o tempo para que o suxeito se dea un nome propio. Rescatar a
función terapéutica da palabra para poder nomear ese malestar e sacalo da errancia na que
está cando se manifesta como axitación corporal.

Non se debe nomear como trastorno a peculiar solución que un suxeito pode e tivo que
chegar a inventar

17/17

You might also like