You are on page 1of 1

Inicio Congresos Historia Terra e Tempo Documentación UMG Novas Galerias Videos Opinión 

Novas

Avalación dos resultados electorais e liñas de Search 

traballo a desenvolver. Resolucións do Comité


Central. CATEGORIAS
 16/10/2020 /
Seleccionar categoria

É claro que o nacionalismo saíu moi reforzado das pasadas eleccións galegas, após o grande resultado electoral do
BNG. Analizar correctamente as chaves dese resultado é fundamental para acertar tamén nos próximos pasos a dar.
Co obxectivo de contribuír para que o nacionalismo continúe avanzando e fortalecéndose, o Comité Central da UPG
ULTIMAS NOVEDADES
debateu e tirou as seguintes conclusións:
Avalación dos resultados electorais e liñas
Os resultados electorais son froito da coherencia política e dunha traxectoria inequivocamente nacionalista nos de traballo a desenvolver. Resolucións do
Comité Central.
últimos anos que, se non foi fácil, hoxe podemos certificar –máis unha vez- como absolutamente necesaria. As
16/10/2020 - 9:27
decisións que o noso Partido, xunto con outros moitos compañeiros e compañeiras do BNG, adoptou en
A Mesa lanza a campaña “Iniciativa
momentos críticos, especialmente para manter un nacionalismo actuante socialmente sobre a base do principio Xabarín” por unha canle infantil e xuvenil
de autoorganización -tamén no plano electoral- resultaron imprescindíbeis para que hoxe esteamos onde en galego na TVG
07/10/2020 - 14:59
estamos.
7ª edición do Convivio da Cultura Galega
Tamén por apostar, neste contexto de crise social e política do rexime español, por una liña política e ideolóxica 24/09/2020 - 13:37

decididamente soberanista e de transformación social, mesmo que nen sempre conseguísemos que se percibise
A UPG rende tributo a Bautista Álvarez
socialmente con suficiente claridade. 18/09/2020 - 15:30

A recuperación da presenza no Congreso e o traballo desenvolto alí axudou de forma importante a mostrar
novamente o BNG como a mellor ferramenta para a defensa dos intereses da Galiza e contrastar de maneira
clara co sucursalismo e a submisión das forzas de ámbito estatal.

O papel desenvuelto pola nosa candidata e Portavoz, especialmente pola súa capacidade comunicativa e a
valoración social moi positiva, permitiu pór o ramo a todo ese traballo político e organizativo, facendo críbel a
alternativa e permitindo que na campaña electoral fósemos gañando espazo e apoios. Os resultados tamén
poñen en valor a cohesión e unidade interna que temos que seguir a manter e alimentar.

A Galiza ten un comportamento político e electoral diferenciado. Non somos unha simple provincia. Hai unha
conciencia nacional subxacente moi importante, que mesmo obriga o PP a agochar as siglas e a formular unha
campaña -ainda que sexa por oportunismo electoral- claramente centrada na Galiza.

A importancia de ter unha organización forte, mobilizada e con presenza en todo o País e no conxunto da
sociedade. Os resultados electorais sempre poden ser conxunturais, mais a existencia dunha organización forte é
garantía da pervivencia do proxecto político para alén dos vaivéns electorais ou das oportunidades que os medios
do sistema queiran dar ou quitar. Só con marqueting electoral os proxectos políticos non perviven, menos aínda
se -como o BNG- cuestionan claramente o réxime actual.
A mobilización e a participación na conflitividade social dá tamén froitos electorais. O nacionalismo crece nos
conflitos sociais, desde a súa capacidade de analizar, presentar alternativas e liderar a resposta social.

É claro que o resultado do BNG non reflicte aínda unha mudanza social e política profunda, mais colócao nunha
moito mellor posición para ir asentando e fortalecendo as ferramentas que poden facer que esa mudanza se
produza máis cedo do que tarde. É preciso aproveitar as oportunidades que dá o novo escenario e traballar na
consolidación do espazo político nacionalista, a comezar pola propia organización.

Os resultados non deben provocar a ocultación das fraquezas organizativas, políticas e de funcionamento que
existen e que é preciso ir corrixindo e resolvendo se quixermos ser máis eficaces.

En consecuencia, entendemos que é preciso desenvolver o traballo futuro atendendo aos seguintes criterios:

Manter a liña política que nos trouxo até aquí e que nos permitiu recuperar apoio político e electoral. Para
continuar medrando e avanzando para a conquista da hexemonía social, non é preciso nin renunciar nin diluír o
soberanismo. Polo contrario, os resultados revelan unha conciencia nacional potencial grande, que é preciso
asentar.
Centrar os esforzos en alargar e fortalecer a organización, incorporando fundamentalmente persoas novas e
prestando atención á formación política e á integración en dinámicas prácticas de traballo. Tamén o Partido ten de
considerar una prioridade avanzar en militancia, en formación e en dinámicas de traballo activas.
Manter e reforzar a presenza do nacionalismo -tamén no ámbito directamente político- nos conflitos sociais do
País, sempre cunha actitude activa que permita marcar as pautas e encabezar a contestación social e as
solucións.

Orientar o traballo institucional para a relación directa coa conflitividade e o traballo social e políticos. Neste
sentido, os cargos institucionais deben ser conscientes de que boa parte do seu labor se debe desenvolver fóra
das institucións, incluído o esforzo por incrementar a militancia e fortalecer a organización política.
Enfrentar a próxima Asemblea Nacional co obxectivo de que o nacionalismo saia reforzado, especialmente en
dous aspectos:
-Profundizando na liña política definida nas últimas Asembleas e na súa execución práctica, para alén das
actualizacións que foren necesarias.
-Mellorando o funcionamento organizativo a todos os niveis, con dirección politicamente sólidas, que asuman as
súas responsabilidades e promovendo a participación e unha actuación coral.
No traballo institucional no Parlamento da Galiza debe percibirse unha oposición construtiva, mais contundente,
ás políticas nefastas do PP de Feixoo. Aliás, nesta primeira etapa debe ter un papel central a defensa dun novo
status político para a Galiza que implique o recoñecemento como nación e a asunción de máis capacidade de
decidir.
No Congreso, redobrar a exixencia ao Goberno de cumprimento do acordo de investidura e reforzar o papel do
BNG como a mellor defensa dos intereses da Galiza, mantendo sempre a independencia de criterio e de
actuación. Ao tempo, manter o perfil político soberanista e asentar a colaboración con outras forzas soberanistas
para que a Galiza estea sempre presente nos debates sobre a cuestión nacional no Estado.
Desenvolver un plano de traballo político que axude a consolidar as
nosas posicións e a liña soberanista, en tres aspectos:

1. Activar a nosa militancia nos debates e no traballo diario, coa implicación dos referentes institucionais. Esforzo
especial no reforzamento da UMG como paso previo fortalecer e orientar adecuadamente o traballo xuvenil
nacionalista en un movemento estudantil actuante e emerxente.
2. Prestar atención ao traballo social en ámbitos que son fundamentais para asentar conciencia nacional e
autorganización.

3. Ter iniciativa e ser capaces de crear posición e xerar opinión social e alternativas a respecto dos temas de
actualidade, para alén do traballo político máis inmediato.

Share this entry

        

FACEBOOK TWITTER YOU TUBE

Tweets por @GalizaUPG


UPG
@GalizaUPG
Denunciamos o feminicidio de Florencia
Gómez, moza dirixente da @fjcarg e
militante do @pcaarg
Esiximos das autoridades arxentinas
investigación deste crime e trasladamos a
nosa solidariedade á militancia comunista da
arxentina#JusticiaPorFlorencia

Insertar Ver en Twitter

© Copyright - Unión do Povo Galego 2017 | Desarrollado por MEIGASOFT Aviso Legal Política de Privacidade Políticas de Cookies   

You might also like