You are on page 1of 4

LÉ XICO

O TEMPO CRONOLÓXICO
En galego para falar do tempo cronoló xico, hai unha serie de expresió ns propias e diferentes
dos idiomas veciñ os. Para falar do tempo cronoló xico empréganse tres verbos: HABER, FACER
e IR, que moita xente confunde por interferencia do castelá n.

O verbo HABER utilízase para falar dun tempo sen un principio nin un final determinado , sen
unha referencia temporal expresa. Cando dicimos hai unha semana, hai un mes, enténdese que
dende o momento en que falamos para atrá s hai unha semana ou un mes, pero non se marca
con precisió n o comezo exacto.
O verbo FACER utilízase acompañ ado dun adverbio temporal, que pode estar omitido, para
indicar momento exacto a partir do cal contamos o tempo que queremos expresar: hoxe fai
dúas semanas que marchou que é diferente de hai dúas semanas que marchou, onde se expresa
unha temporalidade aproximada. Con este mesmo significado e uso o verbo FACER emprégase
para os aniversarios, en galego os anos fanse non se cumpren. O verbo cumprir ten
significados moi pró ximos, pero no galego tradicional o verbo que se emprega para falar do
momento exacto en que aconteceu algo, coma o día en que se naceu, utilízase o verbo
facer: fixo 20 anos o 15 de abril, cando fai os anos o teu fillo?, o mes que vén fai un ano que
morreu fulano de tal, etc. Polo tanto, a celebració n do día en que nace unha persoa non é o
*cumpreanos, senó n o día dos anos, o día en que fai os anos ou o aniversario. O mesmo que o
día en que morreu unha persoa tamén é o aniversario da morte ou o cabodano cando hai un
ou má is anos que  morreu.

O verbo IR cando se utiliza para falar do tempo, acompañ ado da preposició n para, tamén
expresa unha temporalidade aproximada, indica que inda non se cumpriu o período de tempo
que se expresa, pero que está pró ximo a cumprirse: vai para un mes que non o vexo, xa vai
para dous anos que viven en Santiago e inda non me fago á idea.

Outras construció ns para falar do tempo que se poden considerar alleas ao galego son aquelas
que utilizan cada como adxectivo distributivo en frases como: cada quince días, cada oito
días, etc. en galego tradicional a expresió n má is utilizada é de quince en quince días, de oito en
oito días, que se vai perdendo coma todo o propio en favor do alleo. 
Tamén a expresió n cada día se pode considerar allea, hai autores que sosteñ en que é un
catalanismo no castelá n e polo tanto un catalanismo a través do castelá n no galego, en galego
deberíase dicir tódolos días, a diario e outras como acotío, decote, etc.

Hai outros usos incorrectos de preposició ns como por exemplo en cando se confunde


con dentro de, de aquí a.... Non é o mesmo dentro de quince días, de aquí a quince días ca en
quince días. En na expesió n en quince días é sinó nimo de durante quince días, outra expresió n
equivalente a dentro de e moi utilizada na lingua coloquila tradicional é de .... en ...., por
exemplo: de hoxe en quince días, de martes en quince días, de mañán en oito días, outra
expresió n tradicional que vai quedando relegada por ser diferente á s castelá s. Esta confusió n
de en con dentro de parece que vén do inglés a través da linguaxe xornalística e televisiva.

( FONTE: https://dacerna.blogspot.com/2011/02/o-tempo.html / ADAPTACIÓ N)


LÉ XICO

ACTIVIDADES:

1. Escribe na casiña que corresponda os sinónimos seguintes. Fíxate na orde


cronolóxica das partes do día:
Lumbrigar- tardiña - amencer - solpor - mediodía - abrente – luscofusco- alborada - - mañanciña - serán -
madrugada – noitiña-alborexar – atardecer- bocanoite

Desde a media noite ata as primeiras


horas da mañ á .
Abrir o día, aparecer a luz do sol pola
mañ á .
Entre a mañ á e a tarde.

Final da tarde, cando comeza a pó rse o


sol.
Hora en que o Sol se pon, e feito de
ocultarse este no horizonte
Momento do día, entre o día e a noite,
en que a luz desapareceu case por
completo e as cousas se perciben como
sombras

2. Asocia cada adxectivo á definición que mellor lle acae. Deste xeito formarás seis
series de sinónimos
temperán - fuxidío - frecuente - serodio - fugaz - precoz - duradeiro - inusitado - efémero - asiduo
continuo - pasaxeiro - adiantado - permanente - habitual - constante - tardío - cotián – insólito

Que pasa axiña, de curta


duración
Que non cesa, que dura no
tempo
Que sucede antes do
acostumado
Que sucede tarde, despois do
momento preciso.
Que ocorre moi poucas veces

Que ocorre de forma regular,


con frecuencia.

— Inventa oracións nas que introduzas, con sentido, algúns dos adxectivos anteriores.

3.Identifica, subliñándoos, os adverbios de tempo que hai nestes refráns. Despois


explica coas túas palabras o significado de cada dito popular.

Aínda non me deron a carne e xa me piden os ósos.


Amor, tempo e fortuna axiña mudan.
Antes que acabes, non te gabes.
Quen chega tarde á paga, non chega cedo a nada.
O tempo nunca ten présa, pero sempre chega.
LÉ XICO

4. Clasifica estas expresións coloquiais de acordo co seu significado.


Xa choveu/. Cando mexen as galiñas. /Nun tristrás /Cando as ras críen pelo./Cando chova para arriba/
A boas horas./ Bótalle un can./ Meu dito, meu feito./Tarde piaches/.Onde vai./Xa medraron os carballos/ Nun chiscar
de ollos.
Inmediatamente,decontado Pasou moito tempo Xa é tarde Nunca

5. As seguintes palabras comparten o lexema crono ( na mitoloxía grega Chronos era a


personificación do tempo)
Consulta no dicionario o significado de cada unha delas: cronómetro, crónico, cronoloxía,
anacrónico, crónica, sincronizar.

6.Observa estas correspondencias entre os nomes cultos e os nomes populares dalgúns


meses.
Nome culto Nome popular

xuño → San Xoán


xullo → Santiago
setembro → San Miguel
outubro → San Simón
novembro → Santos ou san Martiño
decembro → Nadal

— Investiga e completa correctamente estes refráns populares utilizando os anteriores nomes populares
dos meses.
•............................. das uvas, moito me tardas e que pouco me duras.
• Polo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . a sardiña molla o pan.
• Por . . . . . . ……... . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . pinta o bago.
• Por . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . cada ovella ao seu curral.
• Por . . . . . .. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . proba o viño, o porco por ........................

7. Encrucillado
1. Tempo comprendido entre a posta e a saída do Sol.
2. Momento no que o sol se oculta no horizonte.
3. Período de sete días.
4. Primeira luz do día, alba, alborada.
5. Cadro gráfico , en forma de lámina que contén os días e
meses do ano.
6. O día inmediatamente anterior a outro determinado.
7. O día inmediatamente anterior ao de hoxe.
8. Parte do día que vai desde o amencer ao mediodía.
9. Última parte da tarde, caída da tarde.
10. Nun tempo anterior, noutrora, denantes.
11. Neste día, no día actual.
12. Sinónimo da definición 4.
LÉ XICO
1

2
3
5
4
6 7
8
9

10
11

12

8. Escribe como se chaman os seguintes períodos de tempo:

- Quince días: - Dous anos:


- Cen anos: - Corenta días:
- Cinco anos: - Mil anos:
- Dez anos:

You might also like