You are on page 1of 33

GUÍA DE ADMINISTRACIÓN E CUALIFICACIÓN

PROBAS DE CERTIFICACIÓN DE NIVEL BÁSICO (A2)

ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS

GALICIA

CURSO 2015-2016
Probas de certificación EOI. Nivel Básico (A2). Galicia 2015-2016
Guía de administración e cualificación

A finalidade desta guía é fixar o procedemento e os aspectos formais para a axeitada


administración, avaliación e cualificación das probas de certificación que se van realizar nas
escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso académico 2015-2016.

Posúe unha dobre función:

• Dotar todo o profesorado dun documento de referencia que facilite as tarefas de


administración, avaliación e cualificación das probas.

• Garantir que entre os diferentes departamentos de todas as EOI se produza a


homoxeneidade necesaria que este proceso de probas unificadas require.

2
Probas de certificación EOI. Nivel Básico (A2). Galicia 2015-2016
Guía de administración e cualificación

CONTIDO
1. ORGANIZACIÓN PREVIA .......................................................................................................... 4
2. PARTE ESCRITA ....................................................................................................................... 6
2.1. Antes da parte escrita .......................................................................................................... 6
2.1.1. Obrigas das xefaturas de departamento........................................................................ 6
2.1.2. Obrigas do profesorado administrador .......................................................................... 6
2.2. Durante a parte escrita......................................................................................................... 7
2.2.1. Tempos e orde das partes............................................................................................. 7
2.2.2. Obrigas do profesorado administrador .......................................................................... 7
2.3. Despois da parte escrita....................................................................................................... 8
3. PROBA DE EXPRESIÓN E INTERACCIÓN ORAL .................................................................... 9
3.1. Antes da proba de expresión e interacción oral.................................................................... 9
3.1.1. Obrigas das xefaturas de departamento........................................................................ 9
3.1.2. Obrigas do tribunal ........................................................................................................ 9
3.2. Durante a proba de expresión e interacción oral .................................................................. 9
4. AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN............................................................................................. 13
4.1. Comprensión escrita e comprensión oral ........................................................................... 13
4.2. Expresión e interacción escrita........................................................................................... 13
4.3. Expresión e interacción oral ............................................................................................... 13
5. INSTRUCIÓNS FINAIS............................................................................................................. 14
6. RECLAMACIÓNS ..................................................................................................................... 14
7. ANEXOS................................................................................................................................... 15

3
Probas de certificación EOI. Nivel Básico (A2). Galicia 2015-2016
Guía de administración e cualificación

1. ORGANIZACIÓN PREVIA
• Os equipos directivos das EOI recibirán os materiais das probas polo menos unha semana
antes da data da súa administración.
• As probas son confidenciais. Os equipos directivos entregaranas de inmediato ás xefaturas
de departamento.
• A supervisión, custodia e confidencialidade do material é responsabilidade da xefatura de
departamento durante todo o proceso ou, se é o caso, da xefatura de estudos da sección.
• As probas unificadas de comprensión escrita, expresión e interacción escrita e comprensión
oral administraranse en convocatoria única nas datas, horarios e orde establecidos pola
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
• A proba de expresión e interacción oral administrarase nas datas e horarios que determine
cada EOI. O calendario coas datas previstas para a realización desta proba deberá estar
publicado, cando menos, cunha semana de antelación á data de inicio. Esta proba poderá
realizarse antes ou despois da parte escrita.
• As intervencións das persoas candidatas na proba de expresión e interacción oral poderán
ser gravadas en audio. A finalidade da gravación é servir, única e exclusivamente, de
ferramenta auxiliar no proceso de avaliación. As gravacións serán arquivadas nos
departamentos correspondentes por un tempo non inferior a tres meses.
• Os tempos asignados a cada unha das partes da proba deberán ser respectados
estritamente.
• Calquera incidencia na administración destas probas será comunicada ao Servizo de
Ensinanzas de Réxime Especial da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e
Innovación Educativa.

Obrigas das xefaturas de departamento


IMPORTANTE: As obrigas das xefaturas de departamento poderán ser delegadas no
profesorado coordinador de curso, se o houber. Nas seccións das EOI, estas obrigas serán
asumidas polas xefaturas de estudos de cada sección ou polo profesorado responsable de
administrar a proba, se for o caso.

• Comprobar minuciosamente que todo o material estea completo e en perfectas condicións.


Este material debe constar dos documentos necesarios (en formato .pdf e en formato editable)
para administrar a proba e o arquivo de audio para a comprensión oral.
• Os documentos recibidos deben ser os seguintes:
Parte escrita:
▫ Proba de comprensión escrita
▫ Proba de expresión e interacción escrita
▫ Proba de comprensión oral
▫ Solucionario da comprensión escrita e da comprensión oral que inclúa as transcricións
da comprensión oral

4
Probas de certificación EOI. Nivel Básico (A2). Galicia 2015-2016
Guía de administración e cualificación

Proba de expresión e interacción oral:


▫ 9 xogos de 5 fichas cada un (parellas):
▪ 1 ficha coa tarefa 1 (monólogo guiado) para a persoa candidata A

▪ 1 ficha coa tarefa 1 (monólogo guiado) para a persoa candidata B


▪ 1 ficha coa tarefa 2 (interacción) para a persoa candidata A
▪ 1 ficha coa tarefa 2 (interacción) para a persoa candidata B
▪ 1 tarxeta para o profesorado (deberán imprimirse dúas copias: unha para o/a
profesor/a administrador/a e outra para o/a profesor/a avaliador/a).

▫ 1 xogo de 7 fichas (trío):


▪ 1 ficha coa tarefa 1 (monólogo guiado) para a persoa candidata A
▪ 1 ficha coa tarefa 1 (monólogo guiado) para a persoa candidata B
▪ 1 ficha coa tarefa 1 (monólogo guiado) para a persoa candidata C
▪ 1 ficha coa tarefa 2 (interacción) para a persoa candidata A
▪ 1 ficha coa tarefa 2 (interacción) para a persoa candidata B
▪ 1 ficha coa tarefa 2 (interacción) para a persoa candidata C
▪ 1 tarxeta para o profesorado (deberán imprimirse dúas copias: unha para o/a
profesor/a administrador/a e outra para o/a profesor/a avaliador/a).

Os xogos de fichas distribuiranse en 10 sobres por tribunal, numerados do 1 ao 10. Os sobres


desde o nº 1 ao nº 9 son para parellas, e o sobre nº 10 marcarase “X 3” para trío.
• O arquivo de audio incluirá a pista da proba de comprensión oral e as instrucións
correspondentes, lista para reproducir.
• Imprimir os materiais recibidos en formato .pdf e facer o número de fotocopias de cada
exercicio que se precisen para a correcta administración da parte escrita das probas. Así
mesmo, deberán facer o número de copias do arquivo de audio necesarias en función do
número de aulas nas que se administrará a proba.
• Comprobar cada arquivo de audio na aula na que se vai administrar.
• Facer o número necesario de fotocopias dos seguintes documentos:

ANEXO I: Material para administrar a parte escrita por aula


ANEXO II: Material para a proba de expresión e interacción oral por tribunal
ANEXO III: Instrucións para administrar a parte escrita
ANEXO IV: Instrucións para administrar a proba de expresión e interacción oral
ANEXO V: Táboa de avaliación da expresión e interacción escrita
ANEXO VI: Táboa de avaliación da expresión e interacción oral
ANEXO VII: Guía de aplicación da táboa de avaliación da expresión e interacción escrita
ANEXO VIII: Guía de aplicación da táboa de avaliación da expresión e interacción oral
ANEXO IX: Cartel informativo para a proba de expresión e interacción oral
ANEXO X: Protocolo de gravación das probas de expresión e interacción oral
ANEXO XI: Xustificante de asistencia

5
Probas de certificación EOI. Nivel Básico (A2). Galicia 2015-2016
Guía de administración e cualificación

• Constituír os tribunais (as probas serán avaliadas e cualificadas por dous/dúas profesores/as
do departamento) e asignar as aulas para a realización das probas.
• Convocar sesións de traballo cos membros dos tribunais coa finalidade de:
▪ Asegurarse de que todos os membros dos tribunais coñecen perfectamente as guías de
administración e o manexo e o funcionamento das gravadoras.
▪ Realizar as sesións de estandarización necesarias para aplicar as táboas de avaliación de
forma homoxénea. O profesorado, pola súa banda, comunicará durante estas sesións á
xefatura do departamento calquera dúbida que puidese xurdir, antes da administración e
da avaliación da proba.
▪ Supervisar, coordinar e organizar a administración das probas, xunto coas coordinacións
de curso ou o profesorado membro dos tribunais.
▪ Asegurarse de que queda preparado o material enumerado nos anexos I e II para cada
tribunal.
• Ocuparse de destruír todo o material sobrante das probas unha vez finalizada a administración
delas.

2. PARTE ESCRITA
2.1. Antes da parte escrita

2.1.1. Obrigas das xefaturas de departamento


• Convocar o profesorado administrador unha hora antes do comezo da proba.
• Publicar a distribución por aula das persoas candidatas.
• Entregarlle ao profesorado administrador todos os materiais que compoñen a proba, sinalados
no anexo I.

2.1.2. Obrigas do profesorado administrador


• Comprobar que lle entregan todos os materiais do anexo I.
• Revisar as aulas e comprobar que as mesas son suficientes, que están colocadas en filas e
separadas por un corredor.
• Probar os equipos de audio. No caso de detectar algunha incidencia deberá comunicala con
urxencia á xefatura de departamento ou ao equipo directivo.
• Colocar, cara a abaixo, unha copia da primeira parte da proba en cada mesa.
• Escribir no encerado o seguinte:

Hora de inicio: _______ Hora de remate: _______ (para cada parte da proba)
Publicación das notas: día _____, a partir das _______ horas, en Centrosnet
Non toque os documentos que están enriba da mesa ata que llo indiquen.
Quen necesite xustificante de asistencia deberá solicitalo ao profesorado
administrador.

6
Probas de certificación EOI. Nivel Básico (A2). Galicia 2015-2016
Guía de administración e cualificación

• Á hora do inicio da primeira proba, invitar as persoas candidatas que figuren na listaxe da aula
a entrar. Pedirlles que coloquen un documento de identificación (DNI, NIE, pasaporte ou carné
da escola) enriba da mesa para que o profesorado administrador comprobe a súa identidade.
En caso de perda ou esquecemento deste documento, as probas non se avaliarán ata verificar
na secretaría da EOI a súa identidade.

IMPORTANTE: Será responsabilidade das persoas candidatas entrar puntualmente en todas as


partes da proba.

2.2. Durante a parte escrita

2.2.1. Tempos e orde das partes


A parte escrita da probas desenvolverase de acordo co seguinte protocolo en función do horario
de cada idioma.

CERTIFICACIÓN DE NIVEL BÁSICO

MAÑÁ TARDE ORDE DAS PARTES


Entrada das persoas candidatas á aula asignada
10:00 16:00
Comprobación da identidade na aula
10:10 16:10 Comprensión escrita (50 minutos)

11:00 17:00 Pausa (10 minutos)

11:10 17:10 Expresión e interacción escrita (50 minutos)

12:00 18:00 Pausa (10 minutos)

12:10 18:10 Comprensión oral (30 minutos)

12:40 18:40 Fin da proba

2.2.2. Obrigas do profesorado administrador


• Respectar estritamente os tempos e a orde de realización das probas. Todas as probas
deberán comezar con puntualidade.
• Ler o seguinte aviso, completo, medio minuto antes do inicio de cada parte da proba:

Por favor, lembren que os teléfonos móbiles teñen que estar apagados.
Escriban con bolígrafo de tinta azul ou negra.
Non usen cintas nin líquidos correctores.
Poden darlle a volta ao exame.
Lean atentamente e sigan as instrucións que aparecen na primeira folla do exame.
Cubran os datos persoais.

7
Probas de certificación EOI. Nivel Básico (A2). Galicia 2015-2016
Guía de administración e cualificación

IMPORTANTE: Á hora sinalada para o comezo da proba, despois de pedirlles que lle dean a volta
ao exame, non se permitirá que ningunha persoa candidata acceda á aula ata a seguinte parte da
proba.
• Na parte de expresión e interacción escrita, o profesorado administrador repartiralle a cada
persoa candidata folios selados para que escriba as súas respostas. Informará de que só
poden entregar dous folios como máximo e de que nestes folios deben poñer o seu nome, o
número da tarefa e o número de palabras escritas por tarefa. Ao final da proba, o profesorado
administrador deberá comprobar que cada persoa candidata entrega o exame orixinal e os
folios coa resposta e o nome escrito en cada un deles. A persoa candidata deberá romper os
borradores e deixalos nunha mesa habilitada para este fin ou na papeleira.
• Na parte de comprensión oral, débese ler o seguinte texto completo:

Escoiten atentamente e sigan as instrucións contidas na gravación.


Poden darlle a volta ao exame. Dispoñen de tres minutos para ler toda a proba.
Por favor, cubran os datos persoais.
Non poderán entregar ata que remate a proba, incluídos os tres minutos de revisión final.

• Transcorridos os tres minutos, iniciar a audición.

IMPORTANTE: Unha vez que empeza a audición non se poderá interromper nin repetir por ningún
motivo a gravación. Ademais, o profesorado velará porque se manteña un escrupuloso silencio
tanto dentro como fóra da aula.

• Ao rematar cada parte, comprobar que entregan a proba completa cos datos persoais, así
como os borradores ou folios sobrantes e que asinan na folla de entrega.
• Colocar enriba das mesas unha copia da seguinte parte da proba durante as pausas.

IMPORTANTE: O profesorado que administra a proba non está autorizado a responder ningunha
pregunta sobre a solución das probas.
En caso de incidencias graves que impidan o normal desenvolvemento da proba, o profesorado
informará urxentemente a dirección do centro.

2.3. Despois da parte escrita


O profesorado administrador deberá:
• Entregarlles os xustificantes de asistencia.
• Invitar as persoas candidatas a abandonar a aula e as instalacións do centro en silencio para
non interferir no desenvolvemento doutras probas que se estivesen a realizar nese momento.
• Despois de cada parte da proba, comprobar que o número de persoas presentadas se
corresponde co número de probas recollidas e ordenalas por orde alfabética.
• Informar a xefatura de departamento das posibles incidencias durante as probas.

8
Probas de certificación EOI. Nivel Básico (A2). Galicia 2015-2016
Guía de administración e cualificación

3. PROBA DE EXPRESIÓN E INTERACCIÓN ORAL


3.1. Antes da proba de expresión e interacción oral

3.1.1. Obrigas das xefaturas de departamento


• Publicar a convocatoria das persoas candidatas por orde alfabética, seguindo os criterios
combinatorios que se establezan en cada departamento didáctico.
• Convocar o profesorado administrador polo menos media hora antes de que empece a proba.
• Entregarlle ao profesorado administrador o material sinalado no anexo II.

3.1.2. Obrigas do tribunal


• Comprobar que se lle entrega o material sinalado no anexo II.
• Pegar na porta da aula na que se vaia realizar a proba de expresión e interacción oral o cartel
informativo (anexo IX).
• Preparar a aula con:
▪ Dúas mesas enfrontadas e pegadas, de xeito que as persoas candidatas estean unha
fronte á outra e teñan espazo suficiente para colocaren o material (haberá unha terceira
mesa dispoñible para usar en caso de trío).
▪ Unha mesa para o profesorado administrador, que sentará fronte ás persoas candidatas.
▪ Unha mesa para o profesorado avaliador que sentará nun lugar discretamente apartado,
ben detrás das persoas candidatas ben en ángulo con elas, de xeito que estas non
estean pendentes del mentres toma apuntamentos ou cobre as táboas de avaliación,
pero, ao mesmo tempo, que lle permita ter contacto visual co profesorado administrador.
▪ Un reloxo que as persoas candidatas poidan ver mentres realizan a proba.

3.2. Durante a proba de expresión e interacción oral


A proba de expresión e interacción oral será administrada e cualificada por un tribunal composto
por dous/dúas profesores/as do departamento do idioma correspondente que actuarán
respectivamente como administrador/a e avaliador/a da proba.
Estas funcións de administrador/a e avaliador/a débense alternar entre os membros do tribunal
cada 6 parellas para evitar o cansazo ou a automatización que pode supoñer facer sempre as
mesmas funcións durante toda unha sesión.
A duración da proba é a seguinte:

CERTIFICACIÓN DE NIVEL BÁSICO

INTERVENCIÓN POR PARELLAS INTERVENCIÓN POR TRÍOS

15 minutos 20 minutos

9
Probas de certificación EOI. Nivel Básico (A2). Galicia 2015-2016
Guía de administración e cualificación

• As diferentes fases da proba de expresión e interacción oral deberanse realizar na orde e


tempos establecidos; os tempos asignados a cada unha das fases da proba deberán ser
respectados estritamente.
• Aquelas persoas candidatas que non asistan á proba na data e hora na que estean
convocadas quedarán excluídas, agás achega documental xustificativa do impedimento. En tal
caso, a persoa candidata realizaría a proba ao final da listaxe ao final desa sesión.

Desenvolvemento da proba
PRIMEIRA FASE: ACOLLIDA DAS PERSOAS CANDIDATAS
Obrigas do profesorado administrador:
▪ Chamar as persoas candidatas, comprobar a identidade, preguntarlles se precisan
xustificante de asistencia e facilitarlle os documentos de identidade ao profesorado avaliador
para que complete os datos persoais nas táboas de avaliación. As persoas candidatas
entrarán á vez para recibir exactamente a mesma información e do mesmo xeito.
▪ Saudar, invitar as persoas candidatas a sentar e presentarse.
▪ Na lingua obxecto de exame, facerlles ás persoas candidatas preguntas xerais co fin de
relaxar o ambiente.
▪ Explicarlles ás persoas candidatas, con linguaxe sinxela, como vai ser o desenvolvemento
da proba.
▪ Informar de quen é a persoa candidata A e de quen é a persoa candidata B (e C, se a
houber), por orde alfabética.
▪ Lembrarlles ás persoas candidatas que teñen que cumprir todos os puntos das instrucións.
▪ Comunicarlles ás persoas candidatas que a proba vai ser gravada, de ser o caso.

Obrigas do profesorado avaliador:


▪ Cubrir os datos persoais das persoas candidatas nas táboas de avaliación.
▪ Cubrir os xustificantes de asistencia.
IMPORTANTE: Esta fase non é avaliable.

SEGUNDA FASE: MONÓLOGO GUIADO


Obrigas do profesorado administrador:
▪ Conectar a gravadora, de ser o caso.
▪ Ler o seguinte texto por parella (ou trío) de persoas candidatas:

Gravadora nº_______ Pista nº _______ Ficha nº ________

▪ Pedirlles ás persoas candidatas que digan o seguinte texto:

Candidato/a A: nome e apelidos


Candidato/a B: nome e apelidos
(Candidato/a C: nome e apelidos)

10
Probas de certificación EOI. Nivel Básico (A2). Galicia 2015-2016
Guía de administración e cualificación

▪ Explicar as instrucións comúns contidas nas fichas e entregarlle a cada persoa candidata as
fichas A ou B (e C, en caso de trío).
▪ Informar as persoas candidatas de que:
▫ dispoñen de 1 minuto para ler as instrucións da tarefa e preparar a súa intervención.
▫ empezará a falar a persoa candidata A.
▫ durante a intervención do/a compañeiro/a debe(n) darlle a volta á ficha e escoitar a
intervención.

Transcorridos os dous minutos da intervención da persoa A, o profesorado administrador


repetirá o mesmo procedemento coa persoa candidata B (e C, en caso de trío).
O profesorado administrador formulará as preguntas que contén a súa tarxeta (de
administrador/a). Non se trata dunha interacción entre o profesorado administrador e a persoa
candidata, senón de que este vaia guiando o discurso da persoa candidata e de que lle vaia
indicando o momento no que debe falar de cada unha das preguntas da tarxeta. Se a
produción da persoa candidata se limita a unha resposta breve, indicaráselle que debe
desenvolver con máis detalles a súa intervención.
Obrigas do profesorado avaliador:
Permanecer en silencio, tomar as notas pertinentes e cubrir a táboa de avaliación de cada unha
das persoas candidatas.

TERCEIRA FASE: TAREFA DE INTERACCIÓN


Obrigas do profesorado administrador:
▪ Entregarlle a cada persoa candidata unha ficha A ou B (ou C, en caso de trío).
▪ Informar as persoas candidatas de que:
▫ dispoñen de 1 minuto para ler as instrucións da tarefa e preparar a súa intervención.
▫ empezará a falar a persoa candidata B. A persoa candidata A (C, en caso de trío)
daralle a réplica.
▫ deberán falar durante 3-4 minutos (5-6 en caso de trío).
▫ deberán tratar todos e cada un dos puntos que figuran na ficha.
▪ Transcorrido o tempo da intervención, comunicarlles ás persoas candidatas que rematou o
tempo de que dispoñían.

De maneira excepcional, o profesorado administrador poderá reconducir a actuación das persoas


candidatas se unha delas se excedese nas intervencións, se estivese sempre calada ou se tratase
un tema diferente ao indicado. Se unha das persoas non participase na tarefa, o/a administrador/a
asumiría a función desa persoa candidata.
En caso de que as persoas candidatas non empreguen todo o tempo de que dispoñen, o profesor
administrador intervén para recordarlles o tempo que falta e preguntarlles se queren engadir algo
máis ou se remataron.

Obrigas do profesorado avaliador:


Permanecer en silencio, tomar as notas pertinentes e cubrir a táboa de avaliación de cada unha
das persoas candidatas.

11
Probas de certificación EOI. Nivel Básico (A2). Galicia 2015-2016
Guía de administración e cualificación

CUARTA FASE: DESPEDIDA


Obrigas do profesorado administrador:
▪ Unha vez rematadas as exposicións, comunicarlles ás persoas candidatas a finalización da
proba.
▪ Desconectar a gravadora, de ser o caso.
▪ Pedirlles ás persoas candidatas que asinen na folla de sinaturas.
▪ Despedir as persoas candidatas, sen facer ningún comentario nin valoración sobre a proba.
▪ Lembrarlles a data e o lugar en que se poderán consultar os resultados.
▪ Introducir no sobre correspondente as distintas fichas utilizadas.

Obrigas do profesorado avaliador:


▪ Entregarlles os xustificantes de asistencia.
▪ Devolverlles os documentos de identificación.
IMPORTANTE: Esta fase non é avaliable.

CASOS EXCEPCIONAIS
1. Só se lles realizará a proba a tres persoas candidatas á vez na última quenda de cada
tribunal. No caso de que estean a actuar varios tribunais de forma simultánea,
reagruparanse as persoas candidatas impares nun mesmo tribunal para evitar tríos, na
medida do posible.
2. Se só houbese unha persoa candidata para realizar a tarefa de interacción, o/a profesor/a
administrador/a actuará coma se fose a outra persoa candidata. Este tipo de actuación
considérase algo moi excepcional.

IMPORTANTE: Ao remate de cada sesión, o tribunal deberá informar a xefatura de departamento


sobre calquera incidencia, de se producir.

12
Probas de certificación EOI. Nivel Básico (A2). Galicia 2015-2016
Guía de administración e cualificación

4. AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN
A porcentaxe esixida para superar cada destreza é do 60% (15 puntos de 25) e cómpre superar
todas as destrezas para obter a certificación do nivel.

DESTREZAS Puntuación Mínimo (60%)


Comprensión escrita 25 puntos 15 puntos
Expresión e interacción escrita 25 puntos 15 puntos
Comprensión oral 25 puntos 15 puntos
Expresión e interacción oral 25 puntos 15 puntos

4.1. Comprensión escrita e comprensión oral


▪ Corrixirase de acordo cos solucionarios.
▪ Cada ítem vale un punto.
▪ Anularanse as respostas que non sexan claras e/ou lexibles e as que non estean dentro dos
espazos habilitados para tal fin; tamén as respostas escritas con lapis, con tinta que non sexa
azul ou negra ou emendadas con correctores.
▪ No caso de tarefas de resposta aberta, anularanse as respostas que excedan o máximo de
palabras permitidas.
▪ Non se penalizará a ortografía, agás que impida a comprensión.

4.2. Expresión e interacción escrita


▪ O procedemento de avaliación recóllese na guía de aplicación da táboa de avaliación. Os/as
avaliadores/as non escribirán sobre os orixinais; utilizaranse fotocopias dos orixinais para
realizar as anotacións pertinentes.
▪ Ao finalizar a corrección gardaranse as fotocopias xunto co orixinal.

4.3. Expresión e interacción oral


▪ O procedemento de avaliación recóllese na guía de aplicación da táboa de avaliación.
▪ Non se penalizará a quen non empregue todo o tempo asignado, sempre que cumpra coa
tarefa e o profesorado teña suficientes datos para avaliar.

13
Probas de certificación EOI. Nivel Básico (A2). Galicia 2015-2016
Guía de administración e cualificación

5. INSTRUCIÓNS FINAIS
Coa finalidade de garantir unha boa xestión das probas de certificación de nivel básico, as
tarefas elaboradas polos respectivos departamentos didácticos das escolas, unha vez
administradas, pasan a ser xestionadas e catalogadas unicamente pola Administración.
Polo tanto, ningún material das probas de certificación (documentos escritos, arquivos de audio
e calquera outro ficheiro que conteña material de exame), unha vez administradas nas súas
correspondentes convocatorias, poderá usarse na aula nin distribuírse entre o alumnado nin
entre o profesorado de ningunha EOI.
É responsabilidade das xefaturas de departamento velar para que se sigan estas instrucións e
encargarse de destruír todo o material sobrante.

6. RECLAMACIÓNS
De acordo coa lexislación vixente (Orde do 8 de setembro de 2008 pola que se regula a avaliación
e cualificación do alumnado que cursa as ensinanzas especializadas de idiomas de réxime
especial que se establecen na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación), calquera persoa
candidata que estea en desacordo coa súa cualificación final poderá presentar unha reclamación
ante a dirección da escola oficial de idiomas nun prazo de dous días hábiles, contados a partir do
día seguinte ao da publicación dos resultados.
As reclamacións deberán basearse nos seguintes aspectos:
● inadecuación dos obxectivos, contidos e criterios de avaliación da proba aos establecidos
no currículo oficial e na programación didáctica do departamento correspondente.
● incorrecta aplicación dos procedementos e instrumentos de avaliación e/ou dos criterios de
cualificación establecidos para estas probas.
A reclamación contra a cualificación final da proba resolveraa por escrito a dirección da EOI nun
prazo máximo de dous días hábiles, logo de presentar a reclamación; a dirección, tras o informe
do departamento correspondente, ratificará ou rectificará a cualificación.
No caso de non estar conforme coa resolución, a persoa candidata poderá reclamar ante a
Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo de
dous días hábiles posteriores á recepción da comunicación da dirección da escola. A Xefatura
Territorial resolverá, tras o informe do servizo de inspección, no prazo dun mes a partir da
presentación do recurso; esta resolución poñerá fin á vía administrativa.

14
Probas de certificación EOI. Nivel Básico (A2). Galicia 2015-2016
Guía de administración e cualificación

7. ANEXOS

ANEXO I: Material para administrar a parte escrita por aula

ANEXO II: Material para a proba de expresión e interacción oral por tribunal

ANEXO III: Instrucións para administrar a parte escrita

ANEXO IV: Instrucións para administrar a proba de expresión e interacción oral

ANEXO V: Táboa de avaliación da expresión e interacción escrita

ANEXO VI: Táboa de avaliación da expresión e interacción oral

ANEXO VII: Guía de aplicación da táboa de avaliación da expresión e interacción escrita

ANEXO VIII: Guía de aplicación da táboa de avaliación da expresión e interacción oral

ANEXO IX: Cartel informativo para a proba de expresión e interacción oral

ANEXO X: Protocolo de gravación das probas de expresión e interacción oral

ANEXO XI: Xustificante de asistencia

15
ANEXO I

Material para administrar a parte escrita por aula

o Listaxe de persoas candidatas con espazos para asinaren


o Proba de comprensión escrita (nº copias: ___ )
o Proba de expresión e interacción escrita (nº copias: ___ )
o Proba de comprensión oral (nº copias: ___ )
o Audio para a proba de comprensión oral
o Instrucións para administrar a parte escrita
o Folios en branco selados para utilizar como borrador
o Xustificantes de asistencia
ANEXO II

Material para a proba de expresión e interacción oral por tribunal

o Listaxe das persoas candidatas convocadas


o Gravadora (de ser o caso)
o Reloxo
o Fichas e tarxetas de administración
o Cartel informativo
o Instrucións para administrar a proba oral
o Folla de sinaturas
o Táboas de avaliación
o Guía de aplicación das táboas de avaliación
o Xustificantes de asistencia
ANEXO III
INSTRUCIÓNS PARA ADMINISTRAR A PARTE ESCRITA

Antes da proba:

1. Comprobar que lle entregaron todos os materiais.


2. Probar o equipo de audio.
3. Colocar, cara a abaixo, unha copia da primeira parte da proba en cada mesa.
4. Escribir no encerado o seguinte:

Hora de inicio: _______ Hora de remate: _______ (para cada parte da proba)
Publicación das notas: día ______, a partir das _______ horas, en Centrosnet
Non toque os documentos que están enriba da mesa ata que llo indiquen.
Quen necesite xustificante de asistencia deberá solicitalo ao profesorado.

CERTIFICACIÓN DE NIVEL BÁSICO


MAÑÁ TARDE ORDE DAS PARTES
Entrada das persoas candidatas á aula asignada
10:00 16:00
Comprobación da identidade na aula
10:10 16:10 Comprensión escrita (50 minutos)
11:00 17:00 Pausa (10 minutos)
11:10 17:10 Expresión e interacción escrita (50 minutos)
12:00 18:00 Pausa (10 minutos)
12:10 18:10 Comprensión oral (30 minutos)
12:40 18:40 Fin da proba

5. Á hora de inicio da primeira proba, invitar as persoas candidatas que figuren na listaxe da
aula a entrar. Pedirlles que coloquen un documento de identificación enriba da mesa para que
o profesorado administrador comprobe a súa identidade. En caso de perda ou esquecemento
deste documento, as probas non se avaliarán ata verificar na secretaría da EOI a súa
identidade.

Durante a proba:

1. Respectar estritamente os tempos e a orde de realización das probas. Todas as probas


deberán comezar con puntualidade.
2. Ler o seguinte aviso, completo, medio minuto antes do inicio de cada parte da proba:

Por favor, lembren que os teléfonos móbiles teñen que estar apagados.
Escriban con bolígrafo de tinta azul ou negra.
Non usen cintas nin líquidos correctores.
Poden darlle a volta ao exame.
Lean atentamente e sigan as instrucións que aparecen na primeira folla do exame.
Cubran os datos persoais.

IMPORTANTE: Á hora sinalada para o comezo da proba, despois de pedirlles que lle dean a
volta ao exame, non se permitirá que ningunha persoa candidata acceda á aula ata a seguinte
parte da proba.

Durante a expresión e interacción escrita:

1. O profesorado administrador repartiralle a cada persoa candidata folios selados para que
escriba as súas respostas. Informará de que só poden entregar dous folios como máximo e de
que nestes folios deben poñer o seu nome, o número da tarefa e o número de palabras escritas
por tarefa.
2. Ao final da proba, o profesorado administrador deberá comprobar que cada persoa
candidata entrega o exame orixinal e os folios coa resposta e o nome escrito en cada un deles.
A persoa candidata deberá romper os borradores e deixalos nunha mesa habilitada para este
fin ou na papeleira.

Durante a comprensión oral:

1. Débese ler o seguinte texto completo:

Escoiten atentamente e sigan as instrucións contidas na gravación.


Poden darlle a volta ao exame. Dispoñen de tres minutos para ler toda a proba.
Por favor, cubran os datos persoais.
Non poderán entregar ata que remate a proba, incluídos os tres minutos de revisión final.

2. Transcorridos os tres minutos, iniciar a audición.

IMPORTANTE: Unha vez que empeza a audición non se poderá interromper nin repetir por
ningún motivo. Ademais, o profesorado velará porque se manteña un escrupuloso silencio tanto
dentro como fóra da aula.

Despois de cada parte:

1. Ao rematar cada parte, comprobar que entregan a proba completa cos datos persoais, así
como os borradores ou folios sobrantes e que asinan na folla de sinaturas.
2. Colocar enriba das mesas unha copia da seguinte parte da proba.

Despois da proba:
Comprobar que o número de persoas presentadas se corresponde co número de probas
recollidas e ordenar cada destreza por orde alfabética.
ANEXO IV
INSTRUCIÓNS PARA ADMINISTRAR A PROBA DE EXPRESIÓN E
INTERACCIÓN ORAL

1. FASE DE ACOLLIDA (non avaliable, 1-2 min)


- Chamar/comprobar identidade/entregar DNI ao profesorado avaliador
- Presentacións/preguntas. Por exemplo: De onde sodes? A que vos dedicades?...
- Explicarlles como é a proba.
Partes da proba:
MONÓLOGO GUIADO: preparación conxunta: 1 min / intervención: 2 min cada persoa
INTERACCIÓN: preparación conxunta: 1 min / interacción: 3-4 min (trío 5-6 min)
- Entregarlles as fichas A e B (ou C) por orde alfabética e lembrarlles que deben ler
detidamente a tarefa e falar de todos os puntos.
- De ser o caso, avisar de que a proba vai ser gravada.

2. MONÓLOGO GUIADO (2 minutos por persoa / 1 minuto de preparación conxunta)


- Conectar a gravadora e dicir:

Gravadora nº_______ Pista nº _______ Ficha nº ________

- As persoas candidatas deben dicir o seguinte texto:

Candidato/a A: nome e apelidos


Candidato/a B: nome e apelidos
(Candidato/a C: nome e apelidos)

- Empezará a falar a persoa candidata A.


- O profesorado administrador limitarase a formular as preguntas que contén a súa
tarxeta de administrador/a. Non se trata dunha conversa senón unicamente dunha
forma de guiar a intervención da persoa candidata.
- O profesorado avaliador cobre as táboas de avaliación e os xustificantes de asistencia.

3. INTERACCIÓN (3-4 minutos / 1 minuto de preparación)


- Deben ler detidamente a tarefa e tratar todos os puntos.
- Empezará a falar a persoa candidata B.
- Rematadas as intervencións, comunicarlles o final da proba e desconectar a gravadora.

4. DESPEDIDA
- Comprobar que asinaron na folla de sinaturas.
- Lembrarlles a data e o lugar en que se poderán consultar os resultados.
- Entregarlles os xustificantes de asistencia, devolverlles os DNI e despedirse.
ANEXO V
Táboa de avaliación da expresión e interacción escrita
EXPRESIÓN E INTERACCIÓN ESCRITA PROBA DE CERTIFICACIÓN DE NIVEL BÁSICO

NOME: PUNTUACIÓN: / 25
Administrador/a: Avaliador/a: DATA:

EFICACIA COMUNICATIVA E ADECUACIÓN RIQUEZA E CORRECCIÓN RIQUEZA E CORRECCIÓN


COHESIÓN
GRAMATICAL LÉXICA
Tarefa 1 e 2
Tarefa 1 e 2 Tarefa 1 e 2
Tarefa 1 Tarefa 2
5 puntos 5 puntos 2,5 puntos 2,5 puntos 2,5 puntos
Cumpre ben o propósito comunicativo. Cumpre ben o propósito comunicativo. Usa adecuadamente conectores (e, Usa estruturas morfosintácticas sinxelas Usa léxico referido a situacións
Trata todos os puntos con contido axeitado. Trata todos os puntos con contido axeitado. pero, porque) e elementos deícticos con razoable corrección. cotiás con razoable corrección.
Expresa as ideas de forma coherente. Expresa as ideas de forma coherente. ou de referencialidade. As estruturas morfosintácticas son O léxico é suficiente e variado.
O rexistro e o formato son adecuados. O rexistro e o formato son adecuados. A puntuación é adecuada. suficientes e variadas. Utiliza frases feitas e estruturas
A extensión é adecuada. A extensión é adecuada. A ortografía é correcta en palabras de uso memorizadas de uso frecuente.
frecuente.

4 puntos 4 puntos 2 puntos 2 puntos 2 puntos

3 puntos 3 puntos 1,5 puntos 1,5 puntos 1,5 puntos


Cumpre o propósito comunicativo. Cumpre o propósito comunicativo. Usa conectores (e, pero, porque) e Usa estruturas morfosintácticas sinxelas Usa léxico referido a situacións
Trata a maioría dos puntos con contido Trata a maioría dos puntos con contido elementos deícticos ou de con suficiente corrección, aínda que cotiás con suficiente corrección,
axeitado. axeitado. referencialidade, con suficiente presenta erros básicos sistemáticos. aínda que presenta erros básicos
Expresa as ideas con suficiente Expresa as ideas con suficiente coherencia. corrección. Utiliza certa variedade de estruturas sistemáticos.
coherencia. O rexistro e o formato son suficientemente A puntuación é suficientemente morfosintácticas. O léxico é suficiente, pero limitado.
O rexistro e o formato son suficientemente adecuados. adecuada. A ortografía é suficientemente correcta en
adecuados. A extensión é adecuada. palabras de uso frecuente.
A extensión é adecuada.

2 puntos 2 puntos 1 punto 1 punto 1 punto

1 punto 1 punto 0,5 puntos 0,5 puntos 0,5 puntos


Non se axusta á extensión requirida (±30%). Non se axusta á extensión requirida (±30%). O uso dos conectores (e, pero, porque) Erros gramaticais moi frecuentes que Léxico referido a situacións cotiás
OU OU e/ou dos elementos deícticos ou de impiden a comprensión. insuficiente ou incorrecto, que
Non cumpre o propósito comunicativo. Non cumpre o propósito comunicativo. referencialidade é incorrecto. Dominio moi limitado das estruturas impide
Non trata os puntos. Non trata os puntos. A puntuación é inadecuada. morfosintácticas. a comprensión.
As ideas non son coherentes. As ideas non son coherentes. Dominio moi limitado da ortografía
O rexistro e/ou o formato non son O rexistro e/ou o formato non son adecuados. de palabras de uso frecuente.
adecuados.

0 0 0 0 0
Capacidade comunicativa case nula. Capacidade comunicativa case nula. Capacidade comunicativa case nula. Capacidade comunicativa case nula. Capacidade comunicativa case nula.
Mostra de lingua insuficiente. Mostra de lingua insuficiente. Mostra de lingua insuficiente. Mostra de lingua insuficiente. Mostra de lingua insuficiente.
A produción non se corresponde coa tarefa. A produción non se corresponde coa tarefa.

Tarefa 1: _____ /2,5 Tarefa 1: _____ /2,5 Tarefa 1: _____ /2,5


Tarefa 1: _____ /5 Tarefa 2: _____ /5
Tarefa 2: _____ /2,5 Tarefa 2: _____ /2,5 Tarefa 2: _____ /2,5
As bandas intermedias usaranse cando a produción comparta descritores da banda superior e inferior.
EFICACIA COMUNICATIVA RIQUEZA E CORRECCIÓN RIQUEZA E CORRECCIÓN
COHESIÓN
E ADECUACIÓN GRAMATICAL LÉXICA
TAREFA 1
TAREFA 2
ANEXO VI
Táboa de avaliación da expresión e interacción oral
EXPRESIÓN E INTERACCIÓN ORAL PROBA DE CERTIFICACIÓN DE NIVEL BÁSICO

NOME: Gravadora: Pista: Ficha: PUNTUACIÓN: / 25


Administrador/a: Avaliador/a: DATA:

COHERENCIA FLUIDEZ, RIQUEZA RIQUEZA


ADECUACIÓN
E COHESIÓN PRONUNCIA E CORRECCIÓN E CORRECCIÓN
Tarefa 1 e 2 E ENTOACIÓN GRAMATICAL LÉXICA
Tarefa 1 Tarefa 2 Tarefa 1 e 2 Tarefa 1 e 2 Tarefa 1 e 2
2,5 puntos 2,5 puntos 2,5 puntos 2,5 puntos 2,5 puntos 2,5 puntos
Cumpre ben o propósito comunicativo. Cumpre ben o propósito comunicativo. Expresa as ideas de forma As pausas son evidentes, As estruturas morfosintácticas son O léxico é suficiente e variado
Trata todos os puntos con contido Trata todos os puntos con contido axeitado. coherente. pero non interfiren na suficientes e variadas. para expresar necesidades
axeitado. O rexistro é adecuado. Usa adecuadamente conectores (e, continuidade do discurso. Usa estruturas morfosintácticas comunicativas básicas.
O rexistro é adecuado. Usa sen esforzo a quenda de palabra e pero, porque) e elementos deícticos A pronuncia é clara e sinxelas con razoable corrección. Utiliza frases feitas e estruturas
Pode responder preguntas sen esforzo e as estratexias de colaboración. ou de referencialidade. intelixible case sempre. memorizadas de uso frecuente.
pode pedir aclaracións cando non Consegue iniciar, manter e rematar unha A entoación é axeitada. Usa léxico referido a situacións
entende. conversa breve. cotiás con razoable corrección.

2 puntos 2 puntos 2 puntos 2 puntos 2 puntos 2 puntos

1,5 puntos 1,5 puntos 1,5 puntos 1,5 puntos 1,5 puntos 1,5 puntos
Cumpre o propósito comunicativo. Cumpre o propósito comunicativo. Expresa as ideas con suficiente As pausas son moi evidentes, Utiliza certa variedade de O léxico é suficiente para
Trata a maioría dos puntos con contido Trata a maioría dos puntos con contido axeitado. coherencia. pero permiten a continuidade estruturas morfosintácticas. expresar necesidades
axeitado. O rexistro é suficientemente adecuado. Usa conectores (e, pero, porque) e do discurso. Usa estruturas morfosintácticas comunicativas básicas.
O rexistro é suficientemente adecuado. Mostra certa habilidade para usar a quenda de elementos deícticos ou de A pronuncia é intelixible, aínda sinxelas con suficiente corrección, Usa léxico referido a situacións
Pode responder preguntas e pode pedir palabra e as estratexias de colaboración. referencialidade, con suficiente que comete algúns erros aínda que presenta erros básicos cotiás con suficiente corrección,
aclaracións cando non entende. Mostra certa habilidade para iniciar, manter corrección. básicos. sistemáticos. aínda que presenta erros
e rematar unha conversa breve. A entoación é bastante básicos sistemáticos.
axeitada.

1 punto 1 punto 1 punto 1 punto 1 punto 1 punto

0,5 puntos 0,5 puntos 0,5 puntos 0,5 puntos 0,5 puntos 0,5 puntos
Non cumpre o propósito comunicativo. Non cumpre o propósito comunicativo. As ideas non son coherentes. As pausas continuadas interfiren Dominio moi limitado das estruturas Léxico referido a situacións
Non trata os puntos. Non trata os puntos. O uso dos conectores (e, pero, no discurso e impiden a morfosintácticas. cotiás insuficiente ou
O rexistro é inadecuado. O rexistro é inadecuado. porque) e/ou dos elementos deícticos comprensión. Erros gramaticais moi frecuentes incorrecto, que impide a
Presenta moitas dificultades para Mostra moitas dificultades para usar a quenda ou de referencialidade é incorrecto. Presenta moitos erros que impiden a comprensión. comprensión.
responder preguntas e pedir de palabra e as estratexias de colaboración. na pronuncia e na entoación
aclaracións cando non entende. Mostra moitas dificultades para iniciar, manter e que impiden a comprensión.
rematar unha conversa breve.

0 0 0 0 0 0
Capacidade comunicativa case nula. Capacidade comunicativa case nula. Capacidade comunicativa case nula. Capacidade comunicativa case Capacidade comunicativa case nula. Capacidade comunicativa case
Mostra de lingua insuficiente. Mostra de lingua insuficiente. Mostra de lingua insuficiente. nula. Mostra de lingua insuficiente. nula.
A produción non se corresponde coa tarefa. A produción non se corresponde coa tarefa. Mostra de lingua insuficiente. Mostra de lingua insuficiente.

Tarefa 1: _____ /2,5 Tarefa 1: _____ /2,5 Tarefa 1: _____ /2,5 Tarefa 1: _____ /2,5
Tarefa 1: _____ /2,5 Tarefa 2: _____ /2,5
Tarefa 2: _____ /2,5 Tarefa 2: _____ /2,5 Tarefa 2: _____ /2,5 Tarefa 2: _____ /2,5
As bandas intermedias usaranse cando a produción comparta descritores da banda superior e inferior.
COHERENCIA FLUIDEZ, PRONUNCIA RIQUEZA E CORRECCIÓN RIQUEZA E CORRECCIÓN
ADECUACIÓN
E COHESIÓN E ENTOACIÓN GRAMATICAL LÉXICA
TAREFA 1
TAREFA 2
ANEXO VII
GUÍA DE APLICACIÓN DA TÁBOA DE AVALIACIÓN DA EXPRESIÓN E
INTERACCIÓN ESCRITA

1. PROCEDEMENTO PARA AVALIAR E USO DA TÁBOA DE AVALIACIÓN


● Cada persoa candidata será avaliada por dous/dúas profesores/as que cubrirán a correspondente
táboa de avaliación individualmente.
● Usarase unha única táboa para as dúas tarefas.
● Os descritores incluídos nas táboas deben interpretarse sempre apoiados na definición do nivel A2 (ver
epígrafe 3 deste documento).
● As bandas intermedias da táboa marcaranse cando a produción da persoa candidata comparta
descritores da banda superior e inferior.
● Cualificaranse con 0 puntos:
- As tarefas escritas integramente en maiúsculas.
- As tarefas escritas con lapis ou emendadas con líquidos ou cintas correctoras.
● A seguir, farase a posta en común das cualificacións asignadas polos dous correctores para acadar
unha única nota consensuada. Se non se chega a un acordo e a diferenza entre a cualificación
outorgada por cada avaliador é maior de 2 puntos ou, sendo igual ou menor de 2 puntos, supón pasar
de APTO a NON APTO, solicitarase a arbitraxe dunha terceira avaliación.
● Unha vez acordada a cualificación final, gardarase unha única táboa coa puntuación definitiva xunto co
exame.

2. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
A proba cualificarase atendendo aos seguintes criterios: adecuación e eficacia comunicativa; cohesión;
riqueza e corrección gramatical; e riqueza e corrección léxica.
2.1. O criterio de ADECUACIÓN E EFICACIA COMUNICATIVA refírese:
● ao cumprimento da función comunicativa da tarefa.
● ao tratamento dos puntos indicados na tarefa cun contido axeitado.
● ao axuste ao formato e tipo de texto requirido (carta, correo electrónico, nota ou mensaxe etc.).
● ao uso dun rexistro axeitado en función do destinatario, do propósito comunicativo e da situación.
● á organización da información e das ideas de modo que o discurso sexa comprensible.

IMPORTANTE: o enderezo postal ou o correo electrónico non se terá en conta á hora de contar as
palabras nin será avaliable.
2.2. O criterio de COHESIÓN refírese:
● ao uso de conectores (e, pero, porque) para enlazar palabras ou grupos de palabras, pronomes,
adverbios e demais mecanismos deícticos ou de referencialidade.
● ao uso adecuado da puntuación.

2.3. O criterio de RIQUEZA E CORRECCIÓN GRAMATICAL refírese:


● á variedade e precisión das estruturas morfosintácticas.
● ao grao de corrección morfosintáctica.
● ao grao de corrección ortográfica.
2.4. O criterio de RIQUEZA E CORRECCIÓN LÉXICA refírese:

● á variedade e precisión do léxico utilizado para expresar necesidades comunicativas básicas.


● ao grao de corrección léxica.

3. NIVEL BÁSICO
3.1. ADECUACIÓN E EFICACIA COMUNICATIVA
A persoa candidata de nivel básico é capaz de:
● ofrecer información suficiente e relevante para acadar o propósito comunicativo.
● dar información elemental sobre a actividade profesional, a formación, os hábitos e os intereses.
● facer descricións moi breves e básicas de lugares, obxectos, persoas, acontecementos e
actividades.
● narrar de forma breve e sinxela feitos e experiencias, así como describir plans e proxectos de xeito
moi elemental e relacionados con temas cotiáns.
● escribir correspondencia breve e sinxela na que se expresen sentimentos, opinións e actitudes.
● organizar a información e as ideas de forma sinxela de modo que o discurso sexa comprensible.
● adaptar o rexistro, de forma básica, segundo requira o interlocutor, o propósito e a situación de
comunicación.
● adaptarse ás características, á organización básica e ao formato dos textos escritos que produce.
3.2. COHESIÓN
A persoa candidata de nivel básico é capaz de:
● utilizar recursos sinxelos para iniciar, desenvolver ou rematar un texto escrito.
● usar os conectores máis frecuentes (e, pero, porque) para enlazar grupos de palabras ou oracións
simples.
● usar elementos deícticos para referirse a conceptos citados anteriormente.
● utilizar as concordancias necesarias para que haxa continuidade nas ideas expresadas.
● utilizar os recursos básicos de puntuación.
3.3. RIQUEZA E CORRECCIÓN GRAMATICAL
A persoa candidata de nivel básico é capaz de:
● seleccionar as estruturas adecuadas para acadar o propósito comunicativo.
● usar con razoable corrección unha serie de estruturas básicas e aprendidas de uso cotián e
asociadas a situacións predicibles, de modo que, aínda que cometa erros, queda claro o que
intenta expresar.
● escribir con razoable corrección ortográfica palabras curtas de uso cotián.
3.4. RIQUEZA E CORRECCIÓN LÉXICA
A persoa candidata de nivel básico é capaz de:
● empregar o léxico adecuado, aínda que básico e limitado, referido a necesidades concretas e
cotiás, para acadar o propósito comunicativo.
● usar expresións e fórmulas básicas sinxelas e habituais.
ANEXO VIII
GUÍA DE APLICACIÓN DA TÁBOA DE AVALIACIÓN DA EXPRESIÓN E
INTERACCIÓN ORAL

1. PROCEDEMENTO PARA AVALIAR E USO DA TÁBOA DE AVALIACIÓN


• A proba será administrada por un/ha profesor/a administrador/a e un/ha profesor/a avaliador/a, quen
cubrirá unha táboa de avaliación por cada persoa candidata.
• Durante a intervención da/s persoa/s candidata/s:
- O/a administrador/a é responsable da interacción coas persoas candidatas.
- O/a avaliador/a é responsable de facer unha valoración analítica e cubrir as táboas de
avaliación. Despois de ser presentado, non participará na interacción.
• Usarase unha única táboa para as dúas tarefas.
• Os descritores incluídos nas táboas deben interpretarse sempre apoiados na definición do nivel A2 (ver
epígrafe 3 deste documento).
• As bandas intermedias da táboa marcaranse cando a produción da persoa candidata comparta
descritores da banda superior e inferior.
• Non se penalizará a quen non empregue todo o tempo asignado para as intervencións sempre que
cumpra coa tarefa e o profesorado teña suficientes datos para avaliar.
• Ao rematar de cubrir as táboas e unha vez que as persoas candidatas abandonen a aula, o
profesorado avaliador preguntaralle ao administrador cal é a súa impresión global (APTO ou NON
APTO). Se a cualificación global do/a administrador/a non coincide coa do/a avaliador/a terán que
chegar a un consenso.
• Unha vez acordada a cualificación final, gardarase a táboa coa puntuación definitiva.

2. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
A proba cualificarase atendendo aos criterios de adecuación; coherencia e cohesión; fluidez, pronuncia e
entoación; riqueza e corrección gramatical; e riqueza e corrección léxica.
2.1. O criterio de ADECUACIÓN refírese:
• ao cumprimento da función comunicativa da tarefa.
• ao tratamento dos puntos indicados na tarefa cun contido axeitado.
• ao uso dun rexistro axeitado en función do destinatario, do propósito comunicativo e da situación.
• á capacidade de colaborar e interactuar co interlocutor.
2.2. O criterio de COHERENCIA E COHESIÓN refírese:
• á organización da información e das ideas de modo que o discurso sexa comprensible.
• ao uso de conectores (e, pero, porque) para enlazar palabras ou grupos de palabras e ao uso de
elementos deícticos ou de referencialidade.
2.3. O criterio de FLUIDEZ, PRONUNCIA E ENTOACIÓN refírese:
• á duración e á frecuencia das pausas.
• á intelixibilidade do discurso.
2.4. O criterio de RIQUEZA E CORRECCIÓN GRAMATICAL refírese:
• á variedade e precisión das estruturas morfosintácticas.
• ao grao de corrección morfosintáctica.

2.5. O criterio de RIQUEZA E CORRECCIÓN LÉXICA refírese:


• á variedade e precisión do léxico utilizado para expresar necesidades comunicativas básicas.
• ao grao de corrección léxica.

3. NIVEL BÁSICO

3.1 ADECUACIÓN
A persoa candidata de nivel básico é capaz de:
• ofrecer información suficiente e relevante para acadar o propósito comunicativo.
• dar información elemental sobre a actividade profesional, a formación, os hábitos e os intereses.
• facer descricións moi breves e básicas de lugares, obxectos, persoas, acontecementos e actividades.
• narrar de forma breve e sinxela feitos e experiencias, así como describir plans e proxectos de xeito moi
elemental e relacionados con temas cotiáns.
• adaptar o rexistro, de forma básica, segundo requira o interlocutor, o propósito e a situación de
comunicación.
• utilizar fórmulas básicas e sinxelas para manter ou continuar o discurso: tomar ou ceder a quenda de
palabra, demostrar entendemento ou pedir aclaracións.
• formular preguntas breves e sinxelas sobre temas habituais, básicos e coñecidos, e responder a elas.

3.2 COHERENCIA E COHESIÓN


A persoa candidata de nivel básico é capaz de:
• organizar a información e as ideas de forma sinxela de modo que o discurso sexa comprensible.
• usar os conectores máis frecuentes (e, pero, porque) para enlazar grupos de palabras ou oracións
simples.
• usar elementos deícticos para referirse a conceptos citados anteriormente.
• utilizar as concordancias necesarias para que haxa continuidade nas ideas expresadas.

3.3 FLUIDEZ, PRONUNCIA E ENTOACIÓN


A persoa candidata de nivel básico é capaz de:
• facerse entender en intercambios sinxelos habituais, aínda que resulten moi evidentes as pausas, as
dúbidas e as reformulacións.
• expresarse cunha pronuncia e unha entoación que permitan a comprensión.

3.4 RIQUEZA E CORRECCIÓN GRAMATICAL


A persoa candidata de nivel básico é capaz de:
• seleccionar as estruturas adecuadas para acadar o propósito comunicativo
• usar con razoable corrección unha serie de estruturas básicas e aprendidas de uso cotián e asociadas
a situacións predicibles, de modo que, aínda que cometa erros, queda claro o que intenta expresar.

3.5 RIQUEZA E CORRECCIÓN LÉXICA


A persoa candidata de nivel básico é capaz de:
• empregar o léxico adecuado, aínda que básico e limitado, referido a necesidades concretas e cotiás,
para acadar o propósito comunicativo.
• usar expresións e fórmulas básicas sinxelas e habituais.
ANEXO IX

CARTEL INFORMATIVO

PROBA DE EXPRESIÓN E INTERACCIÓN ORAL DE NIVEL BÁSICO

Lea detidamente as seguintes instrucións antes de entrar na aula

▪ Ao entrar na aula, comprobarase a identidade da persoa candidata a través de DNI, NIE, pasaporte ou
similar.
▪ As persoas candidatas que se presenten á proba de certificación pola modalidade libre deberán
presentar o resgardo da matrícula, se llelo requiren.
▪ Os teléfonos móbiles e calquera outro tipo de aparello electrónico deberán permanecer apagados
durante toda a proba.
▪ As persoas candidatas deberán ler detidamente as instrucións que figuran na ficha que lles
proporcionará o profesorado.
▪ As persoas candidatas poderán solicitar ao profesorado administrador un xustificante de asistencia.

Duración e número de tarefas

Introdución Presentación 1-2 minutos Non avaliable


Preparación: 1 minuto
Monólogo
Tarefa 1 Duración da intervención: 2 minutos cada 12,5 puntos
guiado
persoa
Preparación: 1 minuto
Tarefa 2 Interacción Duración da intervención conxunta: 3-4 12,5 puntos
minutos (5-6 minutos en caso de trío)

Tempo global: aproximadamente, 15 minutos


TOTAL
(20 minutos en caso de trío)
25 PUNTOS
ANEXO X

PROTOCOLO DE GRAVACIÓN DAS PROBAS DE EXPRESIÓN E


INTERACCIÓN ORAL

▪ Todas as gravadoras estarán rotuladas co seu número e procurarase que o número do tribunal
coincida co número da gravadora.
▪ As xefaturas de departamento ou as xefaturas de sección deben responsabilizarse de comprobar o
funcionamento das gravadoras con antelación ás probas orais e deberán explicarlles aos membros
dos tribunais como se manexan.
▪ O profesorado avaliador cubrirá na táboa de avaliación da expresión e interacción oral o número da
gravadora e a pista na que se vai gravando cada proba. No nivel básico, cada pista corresponde a
dúas persoas candidatas (ou tres, en caso de trío).
▪ Indicarase sempre, ao comezar a gravar, en que pista se grava a proba. Por exemplo: nivel básico:
ficha nº 1, gravadora nº 1, pista 1. Logo cada persoa candidata dirá o seu nome e apelidos.
▪ Ao rematar cada sesión das probas de expresión e interacción oral, cada tribunal descargará as
gravacións nun ordenador, habilitado para esta tarefa polo departamento didáctico. Descargaranse en
cartafoles creados previamente cunha estrutura que reproduza: ANO > IDIOMA > CONVOCATORIA >
NIVEL > DATA > TRIBUNAL > Nº DE GRAVADORA > PISTA.
▪ As gravacións custodiaranse nos departamentos didácticos respectivos xunto coas probas.
XUSTIFICANTE DE ASISTENCIA
_____________________________________________________________ profesor/a do Departamento de
_____________________________da Escola Oficial de Idiomas de _____________________________

FAGO CONSTAR:

Que don/dona __________________________________________________, con DNI/NIE/Pasaporte nº ___________________,


asistiu no día de hoxe á parte __ escrita __ oral das probas de certificación de nivel ___________, correspondentes ao curso
académico 20__/20__, desde as ________ ata as ________.

__________________, _________ de ________________ de 20___

selo do centro sinatura

XUSTIFICANTE DE ASISTENCIA
_____________________________________________________________ profesor/a do Departamento de
_____________________________da Escola Oficial de Idiomas de _____________________________

FAGO CONSTAR:

Que don/dona __________________________________________________, con DNI/NIE/Pasaporte nº ___________________,


asistiu no día de hoxe á parte __ escrita __ oral das probas de certificación de nivel ___________, correspondentes ao curso
académico 20__/20__, desde as ________ ata as ________.

__________________, _________ de ________________ de 20___

selo do centro sinatura

You might also like