You are on page 1of 24

OS ZUAZO DE GALICIA

Carlos de la Peña Vidal1

Zuazo é un topónimo que levan dous lugares dos respectivos concellos de


Vitoria e Cuartango, na provincia de Álava; e outros dous lugares dos concellos de
Araquil e Izagaondoa na provincia de Navarra, levan por nome Zuazu, una variante
máis próxima fonéticamente á versión en euskera Zuhatzu, común a todos eles. É
probable que os Zuazo de Galicia teñan a súa orixe lonxana nalgunha desas
entidades cando os territorios da actual provincia foral vasca pertencían ao Reino de
Navarra, aínda que, xa na idade moderna, eles se confesen oriundos de Salvatierra
de Álava.
Cando como parte do proceso de identificación dos integrantes do grupo, o
topónimo se converteu en apelido, deu lugar a dúas variantes Zuazo e Suazo,
seguramente debido á proximidade fonética do Z (fricativo interdental) co S
(fricativo alveolar), dualidade que aparece escrita na documentación desta liñaxe,
aínda que na presente xenealoxía se use só a forma Zuazo predominante no material
de consulta galego, sen esquecer que o Instituto Nacional de Estatística recoñece
como apelidos distintos as dúas formas.

1
Vocal da Xunta Directiva da Asociación Academia de Xenealoxía Heráldica e Nobiliaria de
Galicia. Autor de numerosos artigos nestas disciplinas.
OS ZUAZO DE GALICIA

Zuazo é un apelido invulgar; o censo nacional de poboación do ano 2020


computa 1186 habitantes con ese primeiro apelido, dos que case un 67% pertencen
ás provincias forais vascas e navarra; e preto dun 9% habitan nas provincias veciñas
de Burgos, Rioxa e Cantabria. Fronte a esta concentración, a variante Suazo, que
levan un número similar de habitantes, 1093, presenta unha notoria dispersión por
comunidades: Cataluña 27,2%, Madrid 24,6%, Andalucía 14,8%, Valencia 4,8%...
mentres que para os territorios forais e mailas provincias contiguas, a porcentaxe só
chega ao 7,2%, que podería explicarse pola maior reluctancia ao cambio fonético.
Tratándose dun apelido non moi abundante, parecería probable atopar
antecedencias comúns ou conexións dos Zuazo de Galicia, cos doutros territorios,
sinaladamente vasco-navarros; porén nada diso sucede cos Zuazo alaveses inclusos
no Catálogo de Basanta que preitean pola súa fidalguía en Ollabarre nos anos 1613 e
1794, ou en Campezu no 1538, e tampouco cos Zuazo veciños próximos de Viguera
e Leiba (Rioxa) en 1535 e 1539, ou Pancorbo (Burgos) en 1529. Igualmente non hai
parentesco coñecido dos Zuazo de orixe sevillana que no primeiro cuarto do século
XIX emparentan na Habana coa galla cubana dos Zuazo galegos.
Finalmente, entre 1580 e 1615, non atopamos Zuazo/Suazo de primeiro apelido,
que puidesen ser devanceiros dos Zuazo galegos, nas parroquias alavesas de Santa
María e San Juan de Salvatierra, que conservan rexistros de bautismo dende 1535 e
1546, respectivamente. En resumo, esta xenealoxía que aquí se mostra, corresponde
a unha familia practicamente autóctona que comeza con:

I.- DON PEDRO ZUAZO MONDRAGÓN, é o máis lonxano devanceiro dos


Zuazo galegos, a quen se supón presente en Galicia en 16302 como arrendatario de
alcabalas e contribucións reais3, e do que sabemos era natural de Salvatierra de
Álava, porque así o declaran as testemuñas sinaladas en 1776 polo seu terceiro neto
Luis Zuazo, nun expediente de fidalguía e limpeza de sangue tramitado ante as
autoridades municipais da Coruña.
Nesa cidade contraeu matrimonio don Pedro o 4.5.1646 na parroquia de San
Nicolás con dona Dominga Paz Grie de Andrade4, natural da Coruña, filla de don
Francisco Grie e dona Catalina Paz de Andrade. Estando xa viúva, dona Dominga,
outorgou na Coruña o 15.4.1700 poder para testar a favor do seu fillo don Antonio,
instrumento autorizado por Gregorio Varela, fedatario que tamén deu fe do
testamento da poderdante, outorgado polo seu fillo no 15.4.1701, cando dona
Dominga xa falecera e recibira sepultura o 17.4.1700 na súa parroquia, deixando
como fillos do matrimonio:
A) Don José Antonio Zuazo de Mondragón, bautizado en San Nicolás o 3.8.1649.
Figura como José Zuazo y Pardo de Figueroa, nun nomeamento de “capitán, de
una de las compañías de infanteria española, artilleros y gente de mar, que se
recluten para el socorro de las Islas Philipinas y Real Campo de Manila”,
segundo mandamento dado na cidade de México o 22.3.1703 polo duque de

2
FRANCISCO XAVIER DE SANTA CRUZ Y MALLÉN. “Historia de familias cubanas”
tomo VI, Ed. Hércules, Habana (1950), p. 382.
3
CARLOS MARTÍNEZ BARBEITO: “Torres, pazos y linajes de la provincia de La Coruña”,
Deputación Provincial da Coruña (1978) p. 199.
4
Paz de Andrade na partida de casamento.
Carlos de la Peña Vidal

Albuquerque, vicerrei de Nova España, documento de que deu fe o notario


Miguel García Fragoso na cidade de Los Ángeles o 27.9.17065.
B) Don Antonio Matías Zuazo de Mondragón. Segue en II.
C) Dona María Zuazo de Mondragón (María Zuazo de Andrade, María Andrade,
María Antonia Paz) que casou o 23.3.1687 na igrexa de San Nicolás con don
Isidro Díaz de Aguiar, e faleceu intestada na súa parroquia o 30.12.1707; foron
pais de:
1.- Nicolás Ignacio, bautizado o 16.3.1691 en San Nicolás.
2.-Fernando Nicolás, que apadriñado por don Manuel Antonio Zuazo e dona
María de Tapia recibiu o bautismo en San Nicolás o 30.5.1693.
3.- Francisco Antonio, xemelgo co anterior, cristianado o mesmo día e cos
mesmos padriños.
D) Don Pedro Zuazo Mondragón, figura nos
libros de San Nicolás da Coruña
contraendo matrimonio o 6.10.1683 con
dona Juana López de Ocampo, filla de
Pedro Grie e dona Luisa López de
Ocampo. Do matrimonio foron fillos:
1.- Jacobo José bautizado en San Nicolás
o 20.7.1690 levando de padriño a don
Andrés de Miranda.
2.- María Rosa, bautizada en San Nicolás
o 10.11.1696 afillada polo presbítero
don Gregorio Bolaño. Esta María Rosa
e mailo seu irmán Jacobo José, son Armas dos Zuazo, co lema “ESTE ES EL
os sobriños mencionados como BLASÓN DE ZUAZO MONDRAGÓN”
no expediente de ingreso no Colexio Naval
beneficiarios dunha manda no do gardamariña don Luis Zuazo.
testamento de don Antonio Matías
Zuazo.

II.- DON ANTONIO MATÍAS ZUAZO DE MONDRAGÓN, bautizado no


26.2.1651 en San Nicolás da Coruña, foi capitán do presidio desa cidade e da
compañía de Milicias do Couto (1686), unha das do cabato da cidade, alistado como
nobre no ano 1696, xuíz e administrador das Rendas Reais na Coruña e Betanzos,
home con grandes recursos económicos, o que explica que apareza nomeado como
señor das casas de Ombre en San Xián de Almeiras (Culleredo), e de Andeiro en
San Martiño de Andeiro (Cambre), propiedades que puido construír mercar, ou
incluso herdar na opinión de Martínez Barbeito6.

5
Consta o capitán nas árbores xenealóxicas do expediente de ingreso de Luis José Zuazo
Mondragón na Real Compañía de Guardas Mariñas, pero non se cita como feito positivo no
expediente de cabaleiro da Orde de Carlos III do primeiro marqués de Almeiras.
6
CARLOS MARTÍNEZ BARBEITO; “Torres, pazos y linajes de la provincia de La Coruña”,
Deputación Provincial da Coruña (1978), p. 199. A casa de Andeiro, actualmente en ruína,
parece mercada porque conservaba o brasón dos anteriores donos; a de Ombre, expropiada e
desaparecida nas obras de ampliación do aeroporto, podería ser construción do Zuazo, á que
OS ZUAZO DE GALICIA

O 27.2.1684 uniuse en matrimonio don Antonio en San Nicolás da Coruña, con


dona Ana María de Tapia y Romero, alí bautizada o 6.3.1667, da casa solar da
Vitureira en San Xián de Langueirón (Ponteceso), filla de don Alonso de Tapia,
natural da Coruña, tesoureiro da Real Audiencia, e mordomo de San Nicolás,
(parroquia na que faleceu o 22.10.1668 testamentado en Ombre o 14.10.1668 por
Mateo Sánchez), e a súa muller dona Andrea de Auz Romero da Boutureira, natural
de Santa María de Cereo (Coristanco).
Don Antonio testou na Coruña o 27.5.1721 ante Pedro de Cambre y Andrade7,
e faleceu nesa cidade recibindo sepultura o 16.3.1726 na capela de Nosa Señora das
Dores da freguesía de San Nicolás; do seu matrimonio con dona Ana María foron
fillos:
A) Don Manuel Zuazo Mondragón Tapia y Romero, que segue en III.
B) Don Juan Antonio Zuazo Mondragón, cristianado en San Nicolás o 17.8.1687
recibindo os nomes de Juan Antonio e Lorenzo, e a quen parece corresponderlle
o sintético asento de óbito que rexistra o sepultamento intestado no 28.8.1729 en
San Nicolás, indicando a súa solteiría, sen engadir máis datos.
Indícase na información de fidalguía8 que promove en 1776 don Luis Zuazo
Mondragón, que este don Juan Antonio xunto cos seus irmáns Manuel e Pedro,
compareceran no 20.2.1699 ante o capitán de guerra da Súa Maxestade na cidade
da Coruña, presentando petición “para salir de este Reino de Galicia y pasar el
de Castilla, Andalucía, Indias y otras partes”, petición da que cabe sospeitar teña
a data errada, por mor da xuventude dos solicitantes.
C) Josefa Basilia Antonia María de los Dolores, recibiu o bautismo en San Nicolás o
19.6.1689, apadriñada polo presbítero don Juan Fernández.
D) Don Pedro Zuazo Mondragón. Segue en IV.

III.-DON MANUEL ZUAZO MONDRAGÓN TAPIA Y ROMERO, bautizado o


3.1.1685 en San Nicolás, a quen é habitual omitir como sucesor no morgado
familiar, foi, como primoxénito, señor das casas de Ombre e Andeiro, segundo
acreditan os libros de Reais de Leigos das respectivas parroquias de San Xián de
Almeiras e San Martiño de Andeiro, nos respectivos concellos de Culleredo e
Cambre.
Don Manuel casou na súa freguesía o 29.1.1720 con dona Francisca Tomasa
Inocencia Suárez Palomo de Pardiñas, filla do tenente coronel de Infantaría don
Pedro Suárez Palomo de Pardiñas, gobernador do castelo de Santo Antón, casado o
8.10.1721 na parroquia de San Xurxo con dona María Jacinta Tejada y Figueroa,
viúva de don Juan Bautista Penedo. Don Manuel faleceu na súa parroquia de San
Nicolás o 6.12.1758 en estado de viúvo, tendo outorgado un poder para testar a favor
do presbítero don Andrés Calvelo, e pedindo ser sepultado na igrexa da Compañía.

posteriormente se lle engadira unha pedra armeira, probablemente cando pasou o inmoble a
mans dos Marchesi.
7
Así figura no expediente de fidalguía de 1776. No asento do libro parroquial de defuntos
consta como fedatario Andrés da Ponte, que non figura no Inventario do Arquivo Histórico de
Protocolos editado polo Colexio Notarial da Coruña.
8
ARQUIVO HISTÓRICO MUNICIPAL DA CORUÑA: Fidalguías. Expte. C-960 (12).
Carlos de la Peña Vidal

Do matrimonio houbo sucesores, probablemente falecidos antes ca seu pai, pois


non herdaron o morgado; e de feito no Libro Persoal de Leigos da cidade da Coruña
(1752) figura don Manuel entre os fidalgos coruñeses, con idade de 66 anos,
convivindo cunha parenta, con dous criados de campo maiores dos 18 anos, e dúas
criadas, sen calquera indicación de esposa, fillos ou estado civil. Coñecemos como
fillos do matrimonio:
A) María Gertrudis Eusebia, bautizada o 15.8.1726 en San Nicolás, sendo afillada
polo avó materno, o tenente coronel don Pedro Palomo Pardiñas.
B) Francisco Javier Eugenio, nacido e bautizado en San Nicolás o 13.1.1729.

Única testemuña gráfica coñecida da casa de Ombre en San Xián de Almeiras (Culleredo). Foi publicado
en 1958 no Boletín nº 327 da Real Academia Galega, ilustrando un artigo de Bugallal Marchesi sobre
Sofía Casanova nacida nesta casa e inscrita na Coruña o 30.9.1861.

IV.- DON PEDRO ZUAZO MONDRAGÓN, é con frecuencia presentado como


sucesor do seu irmán don Manuel, esquecendo que este foi o outorgante dunha
escritura do 7.8.1758 ante Francisco Antonio Mellid, cumprimentando algunhas
mandas testamentarias do seu defunto irmán don Pedro.
Don Pedro foi bautizado como Pedro Andrés o 28.2.1692 en San Nicolás da
Coruña, cidade onde estivo empadroado como nobre, casando en Santa María de
Oleiros o 26.6.1727 con dona Juana Antonia de Ron Ginzo, bautizada na freguesía
de Santiago da Coruña o 21.5.1703.
Dona Juana Antonia era filla de don Juan Clemente de Ron Uz Neira, nacido en
San Paio de Bexán (Cospeito) o 7.12.1665, señor do couto e xurisdición de
Barreiros, avogado e relator da Real Audiencia, fidalgo en Castro de Rei (1727),
alistado como nobre na Coruña (1692) e alí casado en primeiras nupcias o 14.6.1693
na parroquia de Santiago con dona Antonia Ginzo y Taboada, bautizada na mesma
parroquia o 5.5.1661, sendo a súa segunda esposa dona Josefa Pillado, consonte
expresa a partida sentada o 16.10.1735 no libro de defuntos da freguesía de
OS ZUAZO DE GALICIA

Santiago, rexistrando o óbito do relator testamentado o 11.10.1735 por Miguel de


Rigueiro Bermúdez.
Foron os avós de dona Juana Antonia, pola liña paterna, don Álvaro de Ron
Rodil y Tovar, natural de San Pedro de Triabá (Castro de Rei) e a súa muller dona
Catalina da Uz Neira, da casa da Pesqueira, natural de Santiago de Xustás
(Cospeito), onde fora dotada o 6.10.1664 ante Pedro de Anllo polos seus pais o
capitán don Andrés Fernández da Uz e dona Jacinta de Neira Ron y Morentes; e neta
pola liña materna de don Lucas Ginzo, señor de Viotoro, avogado da Real
Audiencia, e a súa segunda esposa dona Juana Taboada das Seixas.
Don Pedro fixo testamento na Coruña o 27.5.1758 autorizado por Francisco
Antonio Mellid, falecendo na mesma data do outorgamento na parroquia de
Santiago da Coruña da que era veciño, sendo sepultado ao seguinte día na capela de
Nosa Señora das Dores na igrexa de San Nicolás, segundo os seus desexos, mentres
que dona Juana Antonia testara o 8.10.1759 perante Pedro Antonio del Río, e
faleceu pouco despois recibindo sepultura o 13.10.1759 na mesma capela que o seu
marido; do seu matrimonio naceron os fillos abaixo relacionados, dos que, ao tempo
de Catastro de Ensenada (1752), vivían tres homes e tres mulleres:
A) Antonio José Fernando Javier Manuel, nacido o 19.6.1728 e bautizado en San
Nicolás dous días despois, apadriñado polos seus tíos don Manuel Zuazo
Mondragón e dona Francisca Javiera Palomo. Debeu morrer novo, porque sendo
o primoxénito, non chegou a suceder no vínculo familiar, ademais de non ser
nomeado como fillo no testamento paterno.
B) Don Antonio Vicente Zuazo Mondragón, que segue en V.
C) Felipe Santiago Vicente Fernando, bautizado en San Nicolás ao seguinte día do
nacemento ocorrido o 1.5.1730, foi afillado do relator Pedroso da Real
Audiencia, e dona María Josefa Ginzo. Faleceu antes de 1752.
D) Don José de Zuazo Mondragón y Ron, nacido na Coruña o 28.3.1732 e bautizado
no seguinte día na parroquia de Santiago, afillado polo Licenciado José Antonio
de Castro, presbítero, recibindo os nomes de José Antonio e Vicente de los
Dolores. Consta como presbítero tanto no testamento paterno como na partida
sentada en San Nicolás o 22.6.1769 data do seu sepultamento na capela de Nosa
Señora das Dores9, indicando que fixera unha memoria simple perante
testemuñas.
E) María Josefa Joaquina de los Dolores Zuazo Mondragón, bautizada en Santiago
da Coruña no día 20.3.1733, seguinte ao de nacemento, tendo por padriño a don
Manuel Zuazo Mondragón. Non é mencionada como filla no testamento paterno,
seguramente por estar xa falecida.
F) Juana Antonia de la Concepción de Zuazo y Mondragón, nacida e bautizada o
28.2.1735 na freguesía de Santiago da Coruña, apadriñada polo seu avó don Juan
Clemente de Ron. Non mencionada no testamento paterno.
G) Dona María Teresa Francisca Antonia de Zuazo y Mondragón Ron nacida e
bautizada en Santiago da Coruña o 16.9.1736 levando de padriños a don Manuel

9
Figura nalgunhas referencias xenealóxicas como abade de Santa María de Benevívere, de
cóengos regrados de Santo Agostiño, no concello de Carrión de los Condes (Palencia),
extremo non comprobado.
Carlos de la Peña Vidal

Zuazo Mondragón e a súa esposa dona Francisca Palomo; casou con don Nicolás
Alfeirán, e faleceu en San Nicolás o 15.7.1764, sen deixar descendencia.
H) Francisca Antonia bautizada na parroquia de Santiago da Coruña o seguinte día
do nacemento ocorrido o 3.10.1737, afillada por don Silvestre Folgueira,
presbítero. Non aparece mencionada no testamento paterno.
I) Dona Antonia Gertrudis Zuazo Mondragón y Ron, que no bautismo administrado
na parroquia de Santiago da Coruña, o día 8.1.1739, seguinte ao de nacemento,
recibiu os nomes de Antonia Gertrudis Juliana. Previas as preceptivas probas10
desposou no 1776 co capitán de fragata don Francisco Javier Melgarejo y Rojas,
Cabaleiro de Calatrava (1753), nacido en Madrid en 1733, e falecido en Ferrol o
21.6.1820, fillo de don Luis Melgarejo y Quiroga, cabalarizo de campo da Súa
Maxestade, Cabaleiro de
Santiago (1727), e de dona
María Isabel de Rojas y
Contreras, os dous nacidos en
Granada en 3.7.1701 e
5.12.1697, respectivamente;
neto paterno de don Tomás
Melgarejo, Cabaleiro de
Santiago (1707), do Consello
da Súa Maxestade no Real de
Castela, nacido en Castillo de
Garcimuñoz (Cuenca) o
16.3.1663, e dona Inés Zuazo
de Quiroga, nacida en
Cartagena o 20.11.1681; neto
materno de don Diego de
Rojas, Cabaleiro de Calatrava
(1712), do Consello da Súa
Maxestade no Real das Indias,
nacido en Antequera (Málaga)
o 11.9.1659 e falecido en
Madrid o 13.6.1734, e a súa
muller dona María de
Contreras, nacida en
Valladolid o 3.1.1680. A torre de S. Martiño de Andeiro (Cambre) cara 1970, xa
Don Francisco Javier ferida de morte, aínda en pe.

10
AHN: OM-CASAMIENTO_SANTIAGO,Exp.10492: Expediente de pruebas de Antonia
Gertrudis de Zuazo Mondragón Ron y Jinzo, natural de La Coruña, para contraer matrimonio
con Francisco Javier Melgarejo, caballero de la Orden de Santiago (sic). Año 1776. Ese erro
na Orde, Santiago no canto de Calatrava, explica por qué o expediente non figura nas
“Pruebas para contraer matrimonio de las Ordenes de Calatrava, Alcántara y Montesa” de
MARÍA ÁNGELES PÉREZ CASTAÑEDA e MARÍA DOLORES COUTO DE LEÓN,
Ministerio de Cultura, Madrid (1980).
OS ZUAZO DE GALICIA

alcanzou o emprego de tenente xeneral da Real Armada, e foi capitán xeneral do


departamento de Ferrol, ademais de cabaleiro da Orde de Carlos III (1817). Do
seu matrimonio foi filla:
1.- Dona Isabel Melgarejo Zuazo, nacida en Cádiz o 30.9.1777 e bautizada dous
días despois na parroquial castrense do Real Hospital da Mariña, recibindo os
nomes de Isabel Antonia Javiera e Jerónima. Casou en 1798 con don Ramón
de Losada Bernaldo de Quirós11, oficial da Real Armada, nacido en Castro
Caldelas en 15.12.1768, e bautizado unha semana despois na parroquia de
San Sebastián cos nomes de Ramón Antonio de la Concepción; era fillo de
don José Hermenegildo de Losada y Losada e dona Catalina Bernaldo de
Quirós y Scheller; neto paterno de don Antonio Losada y Quiroga e dona
Margarita Piñeiro y Ulloa; e materno de don Marcos Bernaldo de Quirós,
Secretario de Despacho na corte vienesa do arquiduque Carlos, e dona
Mariana, baronesa de Scheller. Foron pais de:
a) Don Francisco Javier de Losada Melgarejo Bernaldo de Quirós, nacido en
Ferrol o 19.1.1808 e falecido en Vitoria o 19.8.1881; foi II duque de San
Fernando de Quiroga, por falecer o 9.4.1835 en Madrid sen descendencia
o primeiro titular da mercé.
J) Don Pedro Clemente Zuazo Mondragón y Ron, que naceu na Coruña o
23.11.1740 e o mesmo día foi bautizado na parroquia de Santiago, recibindo os
nomes de Pedro Clemente Francisco Javier Estanislao e Felipe.
Don Pedro Clemente foi miltar de vocación serodia, pois o seu nomeamento
de tenente do Rexemento de Infantaría de Granada é do 1785 cando tiña 45 anos,
e tres anos despois, como capitán da mesma unidade, solicitou a preceptiva
licenza para contraer matrimonio, e na parroquia de San Miguel dos Agros de
Santiago de Compostela, figura o seu casamento no 17.9.1788 con dispensa de
amoestacións nunha cerimonia oficiada polo Doutor Antonio Sánchez Boado,
secretario de cámara do arcebispo Malvar, e do Gremio e Claustro da
Universidade.
Foi a desposada dona Juana Durán Figueroa, bautizada en Santa María do
Sar o día 19.3.1765 seguinte ao de nacemento, recibindo os nomes de Juana
Andrea Benita e Antonia; era filla de don Ramón Durán e dona María Bernarda
Varela Sarmiento; e neta paterna de don José Durán y Acuña (fillo de don
Antonio Durán Acuña e dona María Míguez, naturais de Tortoreos e Setados),
casado con dona Josefa de Pazos Figueroa, filla de don Domingo Rodríguez de
Pazos e dona María Suárez Figueroa, veciños de San Lourenzo de Agrón
(Ames).
Pola liña materna era dona Juana neta de don Antonio Varela Sarmiento e
dona María Isabel de Castro Mosquera, señores da casa grande de Sar, sendo os
seus bisavós don Luis Vázquez Varela e dona Antonia Isabel Sarmiento, donos
da dita casa grande, e don Francisco de Castro e dona Antonia Arias Mosquera.

11
Don Ramón era irmán de don Manuel de Losada y Quirós, conde de Quirós, maestrante de
Ronda, e casaría en segundas nupcias en 1824 cos súa sobriña dona María Joaquina González
Pardo Losada, bautizada en Santa Mariña de Beira (Carral) o 16.6.1791, filla de don
Francisco González Pardo e dona Javiera Losada Bernaldo de Quirós.
Carlos de la Peña Vidal

Na mesma freguesía de San Miguel dos Agros onde casara, faleceu intestado
don Pedro no 9.6.1812, e a súa muller no 10.12.1840; do matrimonio quedaron
máis fillos dos que se indican na partida de óbito de dona Juana, que só enumera
a descendencia viva:
1.- Dona María del Carmen Zuazo Durán, nacida en Santiago o 12.7.1789 e
bautizada en San Miguel dos Agros o día 14 seguinte; non é citada no asento
de óbito materno pois falecera o 20.1.1825 na súa parroquia de San Miguel,
recibindo sepultura ao seguinte día na capela de Nosa Señora das Dores.
2.- Don Jacobo Zuazo Durán, bautizado o 5.3.1791 na parroquia castrense de
San Xurxo da Coruña e falecido en Santo André de Cesar (Caldas de Reis) o
3.2.1878; foi comandante de Infantaría e 1º xefe do Rexemento Provincial de
Monterrei. En 1846 era cabaleiro das Ordes de San Fernando e San
Ermenxildo, e alcanzara o grao de coronel despois de 46 anos de servizos.
Casara no 1828 con dona Rita Lestón Currás, bautizada o 14.8.1807 en Santa
Cruz de Lamas (Moraña), e falecida o 8.2.1846, filla de don José Antonio de
Lestón Rapela e dona Joaquina de Curra Valladares veciños de Cesar; de don
Jacobo e dona Rita foron fillos:
a) Don José Joaquín Zuazo
Lestón, nacido en Caldas de
Reis o 16.1.1829 e
bautizado ao seguinte día en
Santo André de Cesar; foi
capitán do Rexemento de
Infantaría de Toledo,
falecido en Cartagena o
14.11.1863.
b) Joaquina Zuazo Lestón,
nacida e bautizada en Santo
André de Cesar o
13.11.1831, levando de
padriños a don Antonio
María Valenzuela, e dona
Joaquina de Curra, avoa da
neófita.
c) Dona Ramona Zuazo Lestón,
nacida o 28.8.1833, e
bautizada en Santo André
de Cesar ao seguinte día, e Armas dos Ron, co lema de “A ESTE SON,
alí falecida o 23.11.1908; COMEN LOS SE-ÑORES DE RON” no primeiro
cuartel (Expte. do Colexio Naval de don Luis
casou con don Manuel Díaz Zuazo, gardamariña).
Tinoco del Castillo,
bautizado na parroquia de Nosa Señora do Rosario de La Carraca (San
Fernando, Cádiz), fillo de don Rafael Díaz Blanco, capitán de fragata
nacido en Huelva e casado en Sevilla con dona María Socorro Tinoco del
Castillo y Agreda, nacida en Puerto Cabello (Venezuela).
OS ZUAZO DE GALICIA

Do matrimonio de don Rafael e dona Ramona houbo polo menos un


fillo: don Rafael Ángel Díaz Zuazo, nacido en Caldas de Reis o
2.10.1872, que foi médico e casou con dona Micaela Ureña León, nacida
o 12.11.1889 en Cabezarados (Ciudad Real) e falecida en Pontevedra o
5.6.1975, filla de don Máximo Ureña e dona Felipa León. Do matrimonio
deste don Rafael e dona Micaela, foi fillo, entre outros, dona Mercedes
Rita Díaz Ureña, que no 6.2.1889 solicitou sen éxito, a sucesión no título
vacante de marqués de Almeiras, petición que tamén fixera na mesma
ocasión un seu sobriño, don Manuel Díaz-Ureña Fernández-Albor.
3.- Dona Ana Zuazo Durán, nacida no ano 1800, foi madriña do seu sobriño
Luis. Estaba solteira no 25.2.1873 cando outorgou testamento a fe de
Ildefonso Fernández Ulloa, nomeando herdeira á súa irmá Ramona coa que
convivía.
4.- Dona Ramona Zuazo Durán, nacida en Santiago o 12.4.1804 e bautizada o
mesmo día na igrexa de San Miguel dos Agros recibindo os nomes de
Ramona Juana María del Carmen, amadriñada pola súa irmá María del
Carmen. Na mesma parroquia de nacemento casou o 7.6.1819 con don Luis
Quintas Araújo, natural de San Pedro de Figueiredo (Paderne de Allariz),
fillo de don Antonio Quintas e dona Luisa Araújo.
Estaba dona Ramona viúva en 1866, ano en que aparece como perceptora
da pensión do seu fillo Santiago Quintas Zuazo, administrador que fora de
rendas. O 25.2.1873, testou en Santiago perante Fernández Ulloa e faleceu no
29.8.1882. Foron fillos do matrimonio:
a) Dona María Dolores Juana Luisa Quintas Zuazo, nacida e bautizada en
San Miguel dos Agros o 20.4.1820, amadriñada pola súa avoa dona Juana
Durán. Estaba solteira ao tempo do testamento materno (1873), que a
mellora no terzo e quinto xunto coa súa irmá Juana.
b) Dona María del Carmen Quintas Zuazo, nacida en Santiago o 15.11.1821 e
bautizada ao seguinte día en San Miguel dos Agros cos nomes de María
del Carmen Eugenia e Ana. Nesa mesma igrexa tomou por esposo o
6.8.1859 a don Ángel Martínez de la Riva de Andrés-García, nacido en
Santiago en 1816, fillo doutro don Ángel Martínez de la Riva, médico,
que no 1807 obtivera unha Real Provisión de Fidalguía na Chancelería de
Valladolid, e era natural de Ortigosa (Rioja) onde nacera o 1.3.1778,
casando en Santiago o 27.2.1803 con dona Josefa de Andrés García, filla
de don Diego de Andrés García e dona Juana María Alvariño.
c) Ramona María Magdalena Quintas Zuazo, nacida e bautizada o 22.7.1823
en San Miguel dos Agros. Non é citada no testamento materno se cadra
por ter falecido con anterioridade.
d) Dona María del Pilar Luisa Quintas Zuazo, nacida en Santiago o
12.10.1828 e cristianada en Santa Salomé ao seguinte día, amadriñada
pola súa tía dona Ana Zuazo. Faleceu na parroquia de San Miguel dos
Agros o 27.4.1857 en estado de solteira.
Carlos de la Peña Vidal

e) Don Luis Quintas Zuazo,


bautizado o 13.3.1830 na
parroquia de Salomé de
Santiago de Compostela, na
que nacera o día anterior,
recibindo os nomes de Luis
Gregorio José, e sendo
amadriñado pola súa tía dona Sinatura de don Luis Quintas Zuazo (1873)
Ana Zuazo, solteira. Don
Luis seguiu a carreira militar servindo na Arma de Infantaría por espazo
de case 40 anos, alcanzando o grao de coronel.
O 8.9.1866, na igrexa de Santa María do Camiño de Santiago, tomou
por esposa a dona Elena Rodríguez de Castro, nacida en Santiago o
25.4.1842 e bautizada en Santa María do Sar, filla de don Joaquín
Rodríguez Ferreiro e dona María del Carmen Castro Turnes, naturais de
Santa María do Camiño e San Froitoso, respectivamente, e neta de don
Francisco Rodríguez Abella e dona Joaquina Ferreira, pola galla paterna,
e pola materna de don Basilio Rodríguez de Castro e dona Eufemia
Turnes, sendo todos os avós naturais de Santiago, agás o avó paterno,
oriundo de Ancares (León).
Nun testamento que don Luis fixo en Santiago o 18.10.1873 ante
Ildefonso Fernández Ulloa, quizais motivado polas súas obrigas militares,
declara que tiña nesa data dous fillos, Luis e Joaquín, dos que non temos
máis noticias, e só coñecemos do seu matrimonio un outro fillo, don
Antonio Quintas Rodríguez, nacido en 1877 en Santiago de Compostela,
que foi militar de Artillaría e casou na Coruña o 6.10.1904 con dona
Celina Goyanes Cedrón, tamén nacida en Santiago o 14.10.1878 e
falecida viúva na Coruña o 11.7.1982, filla de don José Goyanes
Meneses, natural de Villafranca del Bierzo (León) e dona Isolina Cedrón
Benagosi, natural de Ourense.
Este don Antonio Quintas Rodríguez foi: pai do VIII marqués de
Almeiras don Luis Quintas Goyanes, que segue en XI; e avó paterno do
IX titular da mercé, don Carlos Enrique Quintas Vázquez, que segue
en XIII.
f) Ramón Quintas Zuazo, que recibiu o bautismo en Santa Salomé de
Santiago o día 4.7.1831, seguinte ao de nacemento, levando de madriña á
súa tía dona Ana Zuazo.
g) Don Santiago Quintas Zuazo, oficial de Rendas Marítimas na illa de Cuba,
falecido na Habana o 6.2.1859. Solicitara a finais do 1856 licenza para
pasar á península durante seis meses para restablecer a súa saúde, pero os
trámites burocráticos finalizaron dous meses antes da súa morte, cando
era inviable a viaxe.
h) Dona María de la Concepción Quintas Zuazo, nacida en Madrid o ano
1835 segundo a súa partida de nupcias, celebradas en San Miguel dos
Agros o 11.11.1860 con don Manuel de la Fuente Montoto, natural de
Vigo, nacido en 1822, fillo de don Pedro de la Fuente, natural de León, e
OS ZUAZO DE GALICIA

dona Benita Montoto, natural de Vigo. En 1873 estaba viúva sen fillos, e
residía coa súa nai, e nese estado faleceu o 15.4.1908 en Santiago.
i) Dona Juana Quintas Zuazo, mencionada no testamento materno, xunto
coa súa irmá Dolores, como melloradas no terzo e quinto por seren
solteiras.

V.- DON ANTONIO VICENTE ZUAZO DE MONDRAGON, nacido na Coruña


e bautizado en San Nicolás o 5.5.172912, cos nomes de Antonio Vicente Agustín
Ramón de los Dolores, apadriñado por don Bernardo Álvarez de Lodeiro e dona
Juana Viniegra; foi señor dos morgados de Ombre e Almeiras, Cabaleiro da Orde de
Carlos III (1792), capitán de Cazadores do Rei, tenente coronel do Rexemento
Provincial de Compostela en 1788, coronel do Provincial de Betanzos no 1803,
mariscal de Compostela no 1812, rexedor perpetuo da Coruña, cofundador da
Academia de Agricultura e Prior do Real Consulado. En 16.12.1779 (Real Despacho
1.2.1780), Carlos III outorgoulle a mercé de marqués de Trinidad co vizcondado
previo de Ombre, permutados polo marquesado de Almeiras, co vizcondado previo
de Andeiro13, sendo nos dous casos cancelados os vizcondados ao outorgarse a
mercé principal.
Na colexial de Santa María da Coruña e oficiando o cura de San Pedro de
Flariz, tío da noiva, contraeu
matrimonio o 20.7.1753 con
dona Inés Jiménez de Cisneros,
natural da Coruña, filla de don
Juan Luis Jiménez de Cisneros
Saboya, do Consello da Súa
Maxestade, auditor decano da
Real Audiencia de Galicia, e a
súa muller dona Isabel María Sinatura de don Antonio Vicente Zuazo de Mondragón
Escudero Miquel, naturais de primeiro marqués de Almeiras (1792)

12
Esta é a data da partida aportada para o expediente de Cabaleiro da Orde de Carlos III,
diferente da que figura no artigo de Antonio Meijide Pardo no Anuario Brigantino nº 24
(2001), p. 208 "Biografía del primer marqués de Almeiras A.V. Zuazo Mondragón y Ron
(1732-1798)", que indica nacido o 20.3.1732 e bautizado ao seguinte día na parroquia de
Santiago da Coruña recibindo os nomes de José Antonio Vicente de los Dolores, que foi
realmente o cuarto dos fillos do matrimonio, cunha coincidencia parcial de nomes co seu
irmán Antonio Vicente, segundo na orde dos nacementos, pero que sería o vinculeiro pola
temperá morte do primoxénito. Tampouco acerta o ilustre investigador valdeorrés na data de
pasamento que confunde coa de sepultamento, segundo evidencia a partida de óbito que se
transcribe no mesmo traballo.
13
AHN. CONSEJOS,1176, A.1779, Exp.13: Certificado de carta de pago de media annata por
don Antonio Vicente Zuazo y Mondragón, tocante a la merced de títulos de Vizconde de
Hombre, cancelado, y de Marqués de la Trinidad, concedidos por resolución de Su Majestad a
consulta de la Cámara de 6 de diciembre de 1772, publicada en la Cámara en 11 de enero del
año 1773. (4.12.1779). [Al respaldo de este documento, que está mutilado, hay una nota que
dice: "Se le dió al interesado el título de Almeiras y de Vizconde de Andeiro, cancelado, que
fué la denominación que tomó, conforme a lo acordado por la Cámara en 1º de febrero de
1780."].
Carlos de la Peña Vidal

Valencia; neta paterna de don Juan Cayetano Jiménez de Cisneros y Samper, do


Conselle da Súa Maxestade, auditor decano da Real Audiencia da Coruña, e dona
Josefa Marcela de Saboya y Martínez Ferrer, naturais de Valencia; neta materna de
don José Luis Escudero Calvo e dona María Josefa Blanco de Miquel de Lanuza,
naturais de Valencia; bisneta paterna de don Vicente Ximénez de Cisneros e dona
Felipa Agapita de Samper y García de Marcilla.
Don Antonio faleceu na parroquia de San Nicolás da Coruña o 12.1.1798
recibindo sepultura o 14.1.1798 na capela de Nosa Señora das Dores como moitos
dos seus devanceiros. Pouco antes do pasamento, o día 9 de xaneiro, fixera un
testamento cerrado autorizado por Domingo Antonio Piñeiro, que foi aberto o
13.1.1798, no que destaca a insistencia do testador nun funeral sobrio: “sin alguna
hacha ni blandón ni otra pompa” ... “y proibo que sobre mi sepultura se ponga
tarima con escudo de armas ô sin el” ... ou que “lleven como suele hacerse a
ninguno de mis caseros y renteros para que vaian al entierro con luto y hachas”...
Do matrimonio naceron os seguintes fillos:
A) Dona María Tomasa14 Zuazo Mondragón Ron y Jiménez de Cisneros, de quen
figuran no ano 1780 as probas para contraer matrimonio con don José Saravia
Horcasitas, celebrándose o casamento no 30.4.1780, oficiado polo prior da
Colexiata de Santa María do Campo, don Fernando Saravia Hoscasitas, cabaleiro
de Santiago e irmán do contraente. O noivo, nacido en Pontevedra e bautizado en
Santa María o 18.9.1726, era tenente do Rexemento de Infantaría de Cantabria,
Cabaleiro da Orde de
Santiago (1763), e fillo de
don José Antonio de
Saravia Horcasitas, rexedor
en 1712 e 1714 de
Pontevedra, alcalde en
1717, bautizado en San
Pedro de Ramales
(Santander) o 9.3.1680 e
casado en Santa María de
Pontevedra o 17.5.1706 con
dona Josefa María Barbosa
de Abreu, bautizada como
Josefa María Benita Julia
O desaparecido pazo urbano do marqués de Almeiras, na rúa
en Santa María a Maior de estreita de San Andrés, esquina con Torreiro, circa 1950.
Pontevedra o 6.2.1684. (fotografía de Facebook: Coruña Antigua).

14
CARLOS MARTÍNEZ BARBEITO: Informaciones genealógicas del Archivo Municipal
de La Coruña. Ed. Hidalguía, Madrid, 1959. No expediente de don Luis José Zuazo
Mondragón, sinala como irmáns a Antonio Vicente, Manuel e María Teresa, parecendo que
esta última é a mesma María Tomasa, nome que tamén figura no testamento paterno, consonte
Antonio Meijide. Tamén figura María Tomasa no expedientes AHN:
OM_CASAMIENTO_SANTIAGO. Exp. 10496 (1780) de probas para casar cun cabaleiro de
Santiago.
OS ZUAZO DE GALICIA

A ascendencia santanderina de don José, alcanza aos seus avós paternos don
Tomás Saravia e dona Juana de Horcasitas, bautizados en Ramales o 26.12.1639
e 14.6.1638 respectivamente, e alí casados no 4.6.1677, e tamén aos seus
bisavós, tanto paternos, don Pedro Saravia, (fillo doutro don Pedro Saravia e
dona María Ruiz), que casara en Ramales no 28.5.1637 con dona Isabel Ruiz de
Trueba, (filla de don Juan Ruiz de Trueba e dona Isabel de Santisteban), como da
liña materna, don Pascual de Horcasitas casado o 15.12.1632 en San Juan de la
Cistierna (Santander) con dona Catalina Gutiérrez de Rozas.
Por parte da súa nai, era don Pedro neto de don Francisco Barbosa y Abreu,
bautizado en San Bartolomeu de Pontevedra o 25.9.1641 e casado en Santa
María o 24.1.1680 con dona Francisca Mourillón y Quiroga, nacida na dita vila
e bautizada en Santa María o 18.9.1658, e bisneto de don Miguel Barbosa Abreu
casado en San Bartolomeu de Pontevedra o 3.2.1624 con dona Catalina de Saa; e
de don Francisco Fernández de Mourillón, natural de Lugo, (fillo de don
Lorenzo Fernández Bravo e dona Catalina Ares Mourillón), casado o 16.2.1654
en Santa María de Pontevedra con dona Francisca de Quiroga y Somoza, filla do
capitán don Juan Núñez Bens de Araújo e dona Ana de Quiroga y Somoza.
B) Don Antonio Vicente Zuazo Jiménez, que segue en VI.
C) Don Luis José Zuazo, ou Zuazo de Mondragón y Ron Ximénez de Cisneros, foi
bautizado no mesmo día do
nacemento ocorrido o 5.5.1759 na
parroquia de San Nicolás da
Coruña, recibindo os nomes de
Luis Beltrán José Pío Mario
Antonio Pedro Domingo de
Guzmán e Francisco de Asís,
levando de padriños aos seus tíos
Pedro e Antonia Zuazo y Ron.
Como aspirante ao servizo da
Sinatura de don Luis Joseph Zuazo (1776)
Súa Maxestade, probou a súa
nobreza perante a Xustiza Ordinaria da Coruña no 1776 figurando ese mesmo
ano como garda mariña15; en 1791, xa como tenente de navío, solicita licenza
para desposar a dona María Josefa O’Carol y Fuentes, bautizada na freguesía de
San Cristóbal da cidade da Habana o 26.10.1772, recibindo os nomes de María
Josefa Florentina Francisca de la Santísima Trinidad; era filla de don Antonio de
O’Carol Negrete, brigadier da Real Armada, nacido o 1727 en Córdoba, e dona
Juana Teresa Fuentes Cardoso, nacida na Habana o 26.6.1747 e bautizada o
seguinte día 6 de xullo na parroquia de San Cristóbal (filla de don Gaspar
Nicolás Fuentes y Sierra, contador de navío da Real Armada, e a súa primeira
esposa dona Francisca Cardoso, naturais da Habana).
Estes O’Carol son descendentes do matrimonio irlandés de Daniel e
Margarita O’Carol, naturais de Bolibrak?, pais de: Juan O’Carol , que casado
con Margarita O’Crean, tivo dous fillos que se estableceron en España: don

15
DALMIRO DE LA VÁLGOMA/BARÓN DE FINESTRAT: “Real Compañía de Guardias
Marinas y Colegio Naval”, Instituto Histórico de Marina, Madrid (1945), tomo III, p. 9.
Carlos de la Peña Vidal

Daniel O’Carol, capitán dunha compañía de Dragóns Irlandeses e Cabaleiro de


Santiago (1706)16; e, don Andrés O’Carol O’Crean, familiar do Santo Oficio en
Córdoba e capitán do Rexemento de Batefort, casado con dona María Negrete y
Novas17, pais do dito don Antonio O’Carol Negrete.
Dos avós maternos de dona María Josefa, consta que don Gaspar Nicolás, era
fillo de don Gaspar de Fuentes e dona Juana Teresa Moreno, e neto parterno do
doutor Gonzalo de Fuentes y Sierra, avogado da Real Audiencia e veciño de
Ribadeo, e a súa primeira esposa dona María Hernández de Estrada; e pola parte
materna neto do capitán don Juan Bautista Moreno (fillo de don Antonio Moreno
e dona Isabel de Sintra), e dona María Suárez, filla do capitán don Pedro Suárez
e de dona María de Heredia.
Pola súa parte era dona Francisca Cardoso, filla de don Cristóbal Cardoso e
dona Teresa de Ayala de la Puente, e neta paterna de don Domingo Cardoso e
dona Beatriz Barbosa, e pola liña materna neta do capitán Juan de Ayala.
D) Vicente Nicolás Joaquín Emigdio José, nacido na Coruña o 2.11.1761 e
bautizado ao seguinte día na igrexa de San Nicolás, apadriñado polo auditor da
Real Armada don Luis Ximénez de Saboya.
E) Don Manuel de Zuazo y Jiménez de Cisneros, naceu na Coruña o 15.1.1763 e
recibiu o bautismo o mesmo día en San Nicolás, impoñéndoselle os nomes de
Manuel Nicolás Ramón Emigdio Francisco Tomás e Mariano; foi oficial maior
de Rendas Provinciais de Ferrol, e casou o 26.7.1788 en San Nicolás con dona
Antonia Gertrudis de Zárraga, nacida na Coruña en 1765, filla de don Lorenzo de
Zárraga, oficial maior de Rendas Provinciais de Ferrol, casado en San Nicolás o
26.7.1762 con dona María Josefa de Ponte Andrade, nacida tamén na Coruña
no 1735; neta por liña paterna de de don Miguel de Zárraga, natural de Güeñes
(Vizcaya), e dona María Alchacoa; e pola materna neta de don Cayetano de
Ponte Andrade e dona Josefa Vázquez de Estante, veciños de Lugo.
Don Manuel faleceu en estado de viúvo e recibiu sepultura na súa parroquia
de San Nicolás o 2.7.1833, deixando un testamento outorgado no 22.6.1833, sen
que o asento de óbito indique o nome do fedatario; foron fillos do matrimonio:
1.- Don Antonio de Zuazo y Zárraga, nacido en Lugo e bautizado na parroquia
de San Pedro no 4.9.1795 cos nomes de Antonio José e Ramón. En
8.11.1821, xa retirado da Armada Nacional, solicitou licenza para casar con
dona Isabel Zuazo Rodríguez de Medina18, nacida na Habana o 4.8.1792 e
bautizada o día 13 seguinte na parroquia do Espítitu Santo cos nomes de
Isabel María Dominga Josefa de la Santísima Trinidad Antonia; era filla do
doutor Ambrosio Zuazo, natural de Sevilla, e de dona Juana Josefa Rodríguez
de Medina, natural da Habana; neta paterna de don Manuel de Zuazo Yánez e
dona Isabel Cirila Duprat; neta materna do bacharel don Vicente Rodríguez
de Medina e dona Antonia González y Arriaga (filla de don Francisco

16
VICENTE DE CADENAS Y VICENT. “Caballeros de la Orden de Santiago. Siglo XVIII”,
Ediciones Hidalguía, Madrid (1977), tomo I, p. 250.
17
DALMIRO DE LA VÁLGOMA/BARÓN DE FINESTRAT: “Real Compañía de Guardias
Marinas y Colegio Naval”, Instituto Histórico de Marina, Madrid (1943), tomo I, p. 177.
18
Irmá da sogra do IV marqués de Almeiras, dona María de las Nieves Zuazo y Rodríguez de
Medina. Véxase o epígrafe VIII.
OS ZUAZO DE GALICIA

Ventura González e dona Juana de Arriaga: neta paterna do tenente Juan


Rodríguez, natural de Zarauz, e Jerónima Ramírez, natural de Sanlúcar de
Barrameda; neta materna de Cristóbal de Arriaga e Francisca Rodríguez;
bizneta paterna-materna de Francisco Rodríguez Cabeza Leal e Luisa de
Escobar).
2.- Don Francisco Javier Zuazo y Zárraga, nacido o 3.3.1796 en Ferrol que co
seu irmán Antonio foron gardamariiñas no 1810.
F) María del Carmen Rafaela Gertrudis bautizada en San Nicolás o día 9.1.1764,
seguinte ao de nacemento, levando de padriños a don Miguel Roque Ximénez
de Saboya, cóengo da Colexiata, e dona Tomasa Zuazo y Ron.

VI.- DON ANTONIO VICENTE ZUAZO GIMÉNEZ, nacido o 6.5.1758 na


Coruña e bautizado na mesma data polo seu tío Frei José Zuazo de Mondragón na
parroquia de Santa María do Campo, recibindo os nomes de Antonio Vicente Juan
Luis Francisco de Paula Tomás Domingo Jacinto Francisco de Asís Feliciano José
Manuel e María del Rosario. Foi II marqués de Almeiras, capitán do Rexemento de
Milicias Provinciais de Mondoñedo, rexedor perpetuo de Santiago (1801), brigadier
dos Reais Exércitos (1811) con 36 anos de servizo, e cofundador da Academia de
Agricultura.
Contraera matrimonio, de primeiras, o 12.4.1779 en San Fiz de Solovio con dona
María del Carmen Fajardo, falecida no 8.3.1809 na dita parroquia con testamento
ante Antonio Lodeiro datado no 3.3.1809; era filla do primeiro matrimonio de don
Antonio Joaquín Fajardo de Andrade Sotomayor, señor da casa de Rianxo, casado o
18.8.1751 en Santa Salomé con dona Mariana Montenegro Mosquera y Pose; neta
paterna de don Alonso Fajardo y Andrade, rexedor, xustiza e alcalde ordinario de
Santiago por 1732, e dona Micaela Rosa Sánchez y Arteaga, casados o 6.10.1726 en
San Vicenzo de Elviña (A Coruña); neta materna de don Pedro José Montenegro
señor do pazo de Donfreán en Santiago de Catasós (Lalín) casado o 12.12.1730 en
Santa Salomé con dona Mariana Pose y Freire de Castro.
Don Antonio Vicente casou,
de segundas, o 12.9.1812 en San
Xurxo da Coruña con dona Josefa
Mouriño, Sánchez bautizada cos
nomes de Josefa María Petra del
Carmen en San Xulián de Ferrol o
mesmo día do nacemento ocorrido
o 2.10.1786, como filla de don
Francisco Mouriño e dona Isabel Don Antonio Vicente Zuazo Giménez, II marqués (1812)
Sánchez, veciños de dita
freguesía, pero a partida de casamento non foi sentada ata o 22.8.1814 cando
"cesaron los incombenientes por los quales encargamos antes de ahora al vicecura
de San Jorge de la ciudad de La Coruña, asistiese al matrimonio contrahído por el
suplicante, reservando la públicaon hasta tiempo oportuno", según se declara no
libro de casamentos; precaución motivada polo feito de haber casado sen a Real
Licenza, circunstancia que logo se regularizou; don Antonio faleceu en Santiago o
Carlos de la Peña Vidal

16.9.1820 e foi sepultado no convento de San Lourenzo de Trasouto, e dos sucesivos


matrimonios tivo por fillos:
A) Don Santiago Zuazo Fajardo, que segue en VII.
B) Don Joaquín Zuazo Fajardo, que segue en VIII.
C) Dona Mariana Zuazo Fajardo nacida en Santiago no 29.11.1786 e bautizada no
seguinte día na parroquia de San
Fiz de Solovio impoñéndoselle
os nomes de María Ana19
Joaquina Andrea María de los
Dolores María del Carmen
Antonia de Padua Vicenta Ferrer
Luisa Bertrán e Saturnina, sendo
amadriñada pola súa avoa
materna. Xunto co seu irmán
Joaquín foron conxuntamente
mellorados no testamento
materno co terzo e quinto dos
bens da testadora, que xustifica a
decisión polo feito de ser o seu
outro fillo o herdeiro do vínculo.
Na parroquia de San Fiz de
Solovio contraeu matrimonio o
12.7.1809 velándose o 31 do
mesmo mes con don Juan
Paumán del Nero, capitán do
Rexemento de Infantaría de León,
nacido en Méjico, fillo de don
José Paumán e dona Antonia del
Nero, veciños de Zamora; dona
Mariana faleceu na Coruña o
22.11.1853 testamentada o Os Paumán Zuazo entroncaron cos Martelo do pazo
20.11.1853 por Manuel Suárez de Rianxo “onde a xeito o musgo medra”.
Villazón, e foi sepultada na súa
parroquia no día 23 seguinte; do matrimonio foron fillos:
1.- Don Santiago Paumán Zuazo, nacido o 8.11.1812 en Santiago, e bautizado en
Solovio o mesmo día como Jacobo Juan María, amadriñado pola súa tía dona
María del Carmen Zuazo. Faleceu na Coruña o 3.1.1847, na freguesía de San
Nicolás.
2.- Dona María Dolores Paumán Zuazo, nacida en Santiago o 28.3.1815 e
bautizada ao seguinte día na igrexa de San Fiz de Solovio cos nomes de
María de los Dolores Jacoba, Eustasia e Bernarda, apadriñada polo seu tío
don Santiago Zuazo, capitán de Artillaría, representado polo presbítero don
Bernardo Diéguez.

19
O primeiro nome aparece en varios rexistros parroquias con elisión da vocal átona e unido
ao segundo nome, na forma de Mariana.
OS ZUAZO DE GALICIA

Casou o 10.9.1849 en San Xurxo de Coruña con don Ramón Martelo


Núñez, nacido o 24.10.1804 en Laxe, fillo de don Luis Martelo de Lema
Núñez de Leis, natural de Laxe, e dona Josefa Núñez Romero de Moscoso,
natural de Traba; neto paterno de don Bernardo Martelo Márquez e dona
Florencia de Lema Durán Romero; neto materno de don Francisco Núñez del
Rial y Oreiro e dona María Antonia Romero de Moscoso; bizneto paterno-
paterno de don Jacinto Martelo Núñez e dona Luisa Márquez; bizneto
materno-paterno de don Ramón Núñez del Rial Oreiro e dona Evarista de
Lema20.
Faleceu dona María Dolores o 29.5.1850 a consecuencia dun parto
prematuro na parroquia de San Nicolás da Coruña, onde tamén finou
intestado o seu marido o 20.11.1873; tiveron por fillo único a:
a) Don Evaristo Martelo Paumán que segue en X.
3.- Don Evaristo Paumán Zuazo nacido na Coruña no 1818, ingresando o
3.2.1832 como cabaleiro cadete no Real Colexio de Artillaría pasando en
xullo de 1834 ao Rexemento de Infantaría de Castela, único destino que tivo
pois foi asasinado o 2.3.1835 polas faccións en San Martiño de Calvos de
Sobrecamiño (Arzúa).
D) Dona Carmen Zuazo Mouriño, filla do segundo matrimonio, casou o 26.1.1837
en San Nicolás con don Francisco Ortega Fernández, natural de Palazuelo de
Vedijo (Valladolid), viúvo, fillo de don Lázaro Ortega e dona Carolina
Fernández. Dona Carmen nacera en Coruña o 10.11.1814 e fora bautizada en San
Nicolás o mesmo día, cos nomes de María del Carmen Benita Josefa Ramona
Andrea e Avelina. Do seu matrimonio naceron:
1.- Francisco Juan José Ortega Zuazo, nacido na Coruña o 7.5.1838.
2.- Francisca de los Dolores Josefa Ortega Zuazo, nacida na Coruña o 20.3.1842
na freguesía de San Xurxo.
3.- Dona Elisa Ortega Zuazo, nacida no 1844, uniuse en matrimonio con don
Enrique Montenegro López, enxeñeiro militar falecido o 11.12.1874
testamentado o 23.11.1874 por Manuel Devesa Gago.

VII.- DON SANTIAGO ZUAZO FAJARDO, nacido en Santiago o 16.8.1791, e


bautizado sub conditione en San Fiz de Solovio o mesmo día, por ter recibido un
auga de socorro do seu pai; foi afillado de don José Benito Montenegro y Mosquera,
rexedor de Santiago, e dona María del Carmen Fernández Boán, recibindo os nomes
de Santiago, José, Benito e Ramón.
Foi III marqués de Almeiras, capitán de Artillaría, que participou nas batallas de
Alba de Tormes, Santa Engracia e San Marcial, e nas accións de Pontesampaio,
Fuente de Cantos, Medina del Campo e Villamuriel, e noutras sinaladas operacións
como a defensa de Badajoz, o sitio de Astorga, a retirada de Ciudad Rodrigo e o
paso do Bidasoa.

20
CARLOS MARTINEZ BARBEITO: “Torres, pazos y linajes de la provincia de La
Coruña”, Deputación Provincial da Coruña, (1978), p. 299. Don Ramón era medio irmán de
don Jacinto, un e outro fillos de don José del Rial, nos seus sucesivos casamentos, primeiro
con dona Rosa Blanca Rodríguez de Oreiro, e despois con dona Segunda Martelo,
respectivamente.
Carlos de la Peña Vidal

Como simpatizante co pronunciamento de Riego, participou na “columna


volante” de Félix Álvarez Acevedo, polo cal fuxiu a Francia onde viviu un certo
tempo expatriado en Bayonne; e no ano 1825 pediu licenza para regresar a España,
e despois de pasar pola Xunta de Purificación, puido retornar en 1830. Don Santiago
faleceu solteiro no 27.2.1846, polo que sucede en 1847 o seu irmán:

VIII.- DON JOAQUÍN ZUAZO FAJARDO,


nacido en Santiago de Compostela o 5.10.1798,
e bautizado en San Fiz de Solovio ao seguinte
día, recibindo os nomes de Joaquín, Campio,
Mario, Luis, Plácido e Beltrán, amadriñado pola
súa avoa paterna. Foi brigadier da Armada
onde ingresara no 1811, comandante do porto
de Manila, e máis tarde de Matrículas do
Apostadeiro da Habana, grandes cruces de San
Fernando e San Ermenxildo, Cabaleiro da orde
de Isabel a Católica (1833), IV marqués de
Almeiras por Real Carta de Sucesión do
18.4.1847, falecido o 4.8.1869.
Contraera matrimonio na parroquia do Santo
Anxo da Habana o 13.11.1820 con dona Luisa
Rendón y Zuazo, nacida na Habana o 20.4.1804 Brasón dos Martelo na casa da rúa da
e bautizada na igrexa do Calvario, constando o Franja na Coruña.
seu óbito rexistrado o 16.5.1866 na freguesía da
catedral da Habana21; era filla do licenciado don Juan Ignacio Rendón y Dorsuna,
Cabaleiro da Orde de Carlos III (1838), natural de Cumaná (na actual Venezuela)
onde fora bautizado o 14.2.1760, avogado da Real Audiencia de Santo Domingo e
logo ministro na da illa de Cuba, e alcalde ordinario da Habana (1829) onde testara
o 10.6.1814 ante José Rodríguez, e casara o 20.5.1802 na parroquia do Santo Cristo,
con dona María de las Nieves Zuazo Rodríguez de Medina, I marquesa de Rendón22,
bautizada no Sagrario da Habana o 19.8.1785; neta paterna dona Luisa de don Luis
Beltrán Rendón nacido en Cumaná, onde foi bautizado o 10.10.1732 e testara o
3.12.1794 ante José de Aza, e casara o 23.10.17158 con dona Luisa María Dorsuna,
bautizada en Cumaná o 24.8.1734; neta materna do doutor Ambrosio María de
Zuazo Añes y Duprat, síndico procurador xeneral, natural de Sevilla, bautizado no

21
FRANCISCO XAVIER DE SANTA CRUZ Y MALLÉN: “Historia de familias cubanas”,
Tomo V. Ed. Hércules, La Habana (1944), ps. 240-241.
22
Trátase do marquesado de Villamejor, concedido en 1718 polo Arquiduque a don José de
Torres; o V marqués obtivo en 1832 facultade real para enaxenar o título, por imposibilidade
de pagar as lanzas e medias anatas pendentes, se ben morreu en 1836 sen facer uso da licenza.
A viúva, como titora da súa filla menor, vendeu a mercé en 1838 a dona María de las Nieves,
que conseguiu cambiar a denominación pola de Rendón, título do que foi a primeira marquesa
ata o seu óbito na Habana o 22.11.1868, sucedéndolle como II marqués o seu fillo, don
Ambrosio Rendón y Zuazo, falecido sen descendencia de ningún dos seus dous matrimonios.
Ao chegar a titorada á maioría de idade, solicitou a rehabilitación do título orixinario, a que
accedeu a raíña dona Isabel II en 1853.
OS ZUAZO DE GALICIA

Sagrario o 7.12.1757 e falecido na Habana o 13.2.1814, e a súa muller dona Juana


Josefa Rodríguez de Medina y González-Arriaga, nacida na Habana e bautizada na
parroquia do Espíritu Santo o 10.2.175823. Foron fillos do matrimonio24:
A) Dona María de las Nieves Zuazo y Rendón, falecida o 15.7.1867 na parroquia do
Santo Cristo da Habana.
B) Dona Carmen Zuazo y Rendón, nacida o 14.11.1826 na Habana e falecida o
21.4.1860 na freguesía do Espíritu Santo desa cidade, onde casara o 24.2.1848
con don Francisco Manjón Gil Atienza, natural da illa de San Fernando, fillo de
don Francisco Manjón, tenente de navío da Real Armada, e dona Ramona Gil
Atienza. Foron pais de:
1.- Dona Joaquina Manjón Zuazo Mondragón.
C) Don Joaquín Zuazo Rendón, que casou o 26.8.1863 na parroquia de Guadalupe
da Habana con dona Josefa Buenaventura Lantuel y Delgado, filla de don Pedro
Lantuel e dona Josefa Delgado. Foron pais de:
1.- Dona María Josefa Zuazo y Lantuel, casada con don Felipe Arias Salgado,
oficial da Armada.
2.- Dona María Luisa Zuazo y Lantuel, bautizada na parroquia de Guadalupe da
Habana o 11.3.1871, contraeu matrimonio con don Casimiro Pérez Díaz.
3.- Dona María de las Mercedes Zuazo y Lantuel, bautizada o 20.1.1866 na
parroquia de Guadalupe da Habana, onde casou o 3.6.1888 con don Gabriel
Camps Valdés-Almeida, natural de Torroella de Montgrí (Girona), fillo de
don Francisco Camps y Feijó, coronel de Infantaría, e dona Mercedes Valdés-
Almeida.
4.- Don Rafael Zuazo y Lantuel, casada con dona María de las Nieves Zuazo y
Delgado (VIII-A), filla do V marqués de Almeiras, e foron pais de:
a) Don Rafael Zuazo Zuazo, nacido no barrio do Calvario da Habana o
6.3.1891, casado con dona Herminia de la Vega y Morejón, filla de don
José Manuel de la Vega y Lamas, e dona Caridad Morejón González-
Arango.
D) Don Juan Ignacio Zuazo de Mondragón Rendón, que segue en IX.

IX.- DON JUAN IGNACIO ZUAZO DE MONDRAGÓN RENDÓN, nacido na


parroquia do Espíritu Santo de La Habana o 29.2.1832, fora admitido no 1846 como
cadete de Artillaría, se ben a súa carreira militar foi truncada pola enfermidade; foi
licenciado en Dereito e V marqués de Almeiras (Real Carta de Sucesión do
25.8.1871), fiscal do Tribunal Militar da Mariña nas Antillas, auditor da Mariña no
Apostadeiro de La Habana, e xentilhome de cámara.
Casou en Filadelfia na igrexa de Santa María o 6.7.1857 con dona María de los
Dolores Cástula Delgado y Hernández, natural de Matanzas (Cuba), filla de don

23
GUILLERMO LOHMANN VILLENA; “Los americanos en las Órdenes nobiliarias”, tomo
II, CSIC, Madrid (1993), p. 413.
24
FRANCISCO XAVIER DE SANTA CRUZ Y MALLÉN: “Historia de familias cubanas”,
Tomo VI, Ed. Hércules, La Habana (1950), p 385 e ss.
Carlos de la Peña Vidal

Baldomero Delgado y Hernández e dona María Leandra Hernández Capote. Foron


fillos do matrimonio25:
A) Don Joaquín Zuazo Delgado, fillo primoxénito, que casou na parroquia de San
Nicolás de Bari de La Habana o 10.3.1878 con dona María Silveria Delgado
Delgado, filla de don José Delgado Hernández e dona María Felicia Delgado
Hernández. Tiveron por fillos, entre outros, a:
1.- Don Juan Ignacio Zuazo Delgado, que foi o primoxénito, bautizado na
catedral da Habana o 17.6.1879, e casou con dona María de las Mercedes
Garcés y Garriga. Do matrimonio foi fillo, entre outros:
a) Don Abelardo Zuazo Garcés do que a Resolución do Ministerio de Xustiza
de 22.1.195926, anuncia a súa solicitude para a sucesión no título vacante
de marqués de Almeiras.

A torre de Andeiro hoxe: un pardiñeiro axardinado

B) Dona María de las Nieves Zuazo Delgado casada co seu curmán don Rafael
Zuazo Lantuel (VIII-C-4).
C) Dona María de los Dolores Zuazo Delgado, bautizada o 20.7.1870 na catedral de
La Habana, casou con don Joaquín Ravena Alúm, natural de Bahía Honda na
provincia de Pinar del Río (Cuba), fillo de don José María Ravena Pérez e dona
Amalia Alúm Valdés.
D) Dona María Antonia Zuazo Delgado, bautizada na catedral de La Habana o
20.11.1880.
E) Don José Zuazo Delgado, casado na parroquia de Guadalupe o 4.8.1900 con dona
María del Rosario Díaz Acosta.

25
FRANCISCO XAVIER DE SANTA CRUZ Y MALLÓN: “Historia de familias cubanas”,
tomo VI, Editorial Hércules, La Habana (1950), ps. 382 e ss-.
26
BOE nº 27 (22.1.1959).
OS ZUAZO DE GALICIA

F) Doutor Baldomero Zuazo Delgado, avogado, que contraeu matrimonio na


parroquia de Guadalupe de La Habana o 6.11.1890 con dona María Olimpia
Ocejo Pastor, filla de don Manuel Ocejo e dona Carmen Pastor.
Faleceu don Juan Ignacio o 27.7.1903, deixando fillos do seu matrimonio,
como antes se indicou, aínda que ningún deles solicitou a sucesión no
marquesado, se cadra pola falta de estabilidade política dunha Cuba
recentemente independizada.
O título permaneceu vacante e sen pretendentes durante 17 anos, ata que o
29.8.1820 a Gaceta de Madrid nº 242 publicou un anuncio datado no 25 anterior
dando conta dunha solicitude de rehabilitación do marquesado de Almeiras que
presentaba un descendente da liña feminina dos Zuazo Fajardo, (véxase VI-C-2-
a), que foi:

X.- DON EVARISTO SANTIAGO MARTELO PAUMÁN (VI-C-2-a), VI


marqués de Almeiras dende xullo de 1924. Nacido na Coruña o 21.4.1850 e
bautizado en San Nicolás e alí falecido o 31.3.1928, que casara o 19.7.1873 en
Salomé de Santiago con dona Josefa de la Maza y Agar, nacida en Santiago o
9.11.1852 e bautizada dous días despois en Solovio cos nomes de Josefa María
Francisca de Paula Petra Ramona Teodora Joaquina Vicenta Manuela Javiera,
levando de padriño a don Francisco Javier García de Paredes, mariscal de campo, e
maila súa muller dona Manuela de Agar y Roldán, veciños da Coruña; era filla de
don Ramón María de la Maza y Quiroga nacido en Santiago en 1820 e bautizado en
San Fiz de Solovio, e da súa segunda esposa dona Petra Agar y Roldán, bautizada en
San Millán de Madrid27; don Evaristo e dona Josefa, falecida na Coruña o 7.1.1932,
foron pais de:
A) Dona Dolores Petra Ramona Gregoria Martelo de la Maza, nacida en Santiago
o 25.5.1874 e cristianada ao seguinte día en San Fiz de Solovio apadriñada polo
seu avó materno, don Ramón de la Maza. Faleceu solteira.
B) Don Ramón Martelo de la Maza, que segue en XI.
C) Don Manuel Martelo de la Maza, nacido na Coruña no 15.4.1880 e bautizado o
seguinte día na parroquia de San Nicolás recibindo os nomes de Manuel, Ramón,
María del Carmen, José, Evaristo, Pedro, Javier, Teodoro, Anastasio, Francisco
de Paula, Vicente e Joaquín, amadriñado por dona Amelia García de Paredes, e
falecido no 20.5.1882.

XI.- DON RAMÓN MARTELO DE LA MAZA, nacido na Coruña o 5.3.1876


recibiu o bautismo o día 7 seguinte na parroquia de San Nicolás, apadriñado pola súa
avoa materna dona Petra de Agar y Roldán, representada por dona Presentación de
la Maza.
Por Real Orde de 31.8.1928 (Gaceta 4.9.1928, nº 248) expediuse Real Carta de
Sucesión do titulo ao seu favor por falecemento do seu pai, e foi VII marqués de

27
A ascendencia restante de dona Josefa en: CARLOS DE LA PEÑA VIDAL, “Mazas de
Galicia, unha puga no tronco dos Aldao” Estudios de Genealogía, Heráldica y Nobiliaria de
Galicia, Boletín Nº 12-13, ps. 8 e ss.
Carlos de la Peña Vidal

Almeiras, falecendo solteiro na Coruña o 21.12.1956. En dona Mercedes Alende


Oza, falecida na Coruña o 4.11.1966, houbo unha filla que foi recoñecida:
A) Dona María de los Ángeles Martelo Alende, que segue en XIV.

XII.- DON LUIS QUINTAS GOYANES (IV-J-4-e), que levou tamén os nomes de
Mario Antonio Cesáreo, era fillo de don Antonio Quintas Rodríguez e dona Celina
Goyanes Cedrón, casados na Coruña o 6.10.1904, e neto paterno de Luis Quintas
Zuazo e dona Elena Rodríguez de Castro. Foi numerario da Real Academia de Belas
Artes da Nosa Señora do Rosario da Coruña, director honorario do Museu
Provincial de Belas Artes, conservador artístico da Deputación Provincial da
Coruña, catedrático de Deseño na Escola de Artes e Oficios Artísticos da Coruña,
correspondente das Reais Academias Galega e de Belas Artes de San Fernando.
Falecido don Ramón Martelo, solicitaron a sucesión, don Abelardo Zuazo
Garcés, dona María de los Ángeles Martelo Alende e don Rafael Díaz Ureña,
ademais de don Luis, a favor do cal e por Orde do 10.6.1961 do Ministerio de
Xustiza mandouse expedir Real Carta de Sucesión como VIII marqués de Almeiras,
título que levou ata que faleceu solteiro na Coruña o 25.2.1987.

A casa que foi dos Martelo, na coruñesa rúa da Franja

XIII.- DON CARLOS ENRIQUE QUINTAS VÁZQUEZ (IV-J-4-e). Sobriño do


anterior, nacido na Coruña o 25.3.1934, casado dende 1965 con dona Flora Penedo
Reboredo, e falecido naquela cidade o 10.1.2010: fillo de don Antonio Quintas
Goyanes nacido en 1906 en Santiago de Compostela, e dona Josefa Vázquez
Martínez, nacida en Carral en 1912; neto materno de don Vicente Vázquez, natural
de Palas de Rei e dona Jesusa Martínez, natural de Laracha.
OS ZUAZO DE GALICIA

Falecido o VIII marqués, solicitaron a sucesión no título vacante28 dona María


Luisa Quintas Goyanes, don Carlos Enrique Quintas Álvarez, irmá aquela e sobriño
este do anterior titular da mercé, dona Mercedes Rita Díaz Ureña e mailo seu
sobriño don Manuel Díaz-Ureña y Femández-Albor, terceira e cuarto netos
respectivamente de don Pedro Clemente Zuazo y Mondragón, xunto con dona María
de los Ángeles Martelo Alende, filla do VII marqués, e don Rafael Zuazo y
Rodríguez-Maribona, da liña cubana29, todos eles convocados en trámite de
alegacións30 se ben estes dous últimos foron reputados como apartados do proceso31
ao non documentar as súas pretensións no prazo sinalado.
Por Orde de Ministerio de Xustiza32 do 17.1.1995 mandouse expedir a favor de
don Carlos Enrique, Real Carta de Sucesión despachada en 18.4.1995, e por breve
tempo sucedeu como IX marqués de Almeiras, pero a Carta foi cancelada en
execución de sentenza por Orde do Ministerio de Xustiza do 28.6.199633, que
mandou expedir nova Real Carta de Sucesión a favor de:

XIV.- DONA MARÍA DE LOS ÁNGELES MARTELO ALENDE (X-A), que


foi X marquesa de Almeiras casada en San Xurxo da Coruña o 22.2.1964 con don
Marcial Jesús García Palleiro, médico, nacido en 1922 e falecido na Coruña o
18.11.1970, fillo de don Pedro García Palleiro e dona Rita Palleiro Landeira,
falecida na Coruña no 21.6.1965, naturais de San Xián de Coiro (Laracha). Do
matrimonio foron fillos:
A) Don Marcial Martelo de la Maza García, que segue en XV.
B) Dona María de los Ángeles Martelo de la Maza García.

XV.- DON MARCIAL MARTELO DE LA MAZA GARCÍA, XI marqués de


Almeiras, nacido na Coruña o 15.1.1966, doutor en Dereito, avogado, académico da
Real de Lexislación e Xurisprudencia, a favor do cal a Orde do Ministerio de
Xustiza do 20.7.2005 mandou expedir Real Carta de Sucesión na mercé, por cesión
da súa nai.

28
MINISTERIO DE XUSTIZA; Resolución do 10.4.1989. BOE nº 103 (1.5.1989).
29
Posible fillo de don Rafel Zuazo de la Vega e dona Olga Rodríguez Maribona, con
descendencia nacida no exilio.
30
MINISTERIO DE XUSTIZA: Resolución a do 9.10.1989 BOE nº 258 (27.10.1989).
31
MINISTERIO DE XUSTIZA; Resolución do do 21.1.1993 BOE nº 37(12.2.1993).
32
BOE nº 34 (19.2.1995).
33
BOE nº 178 (24.7.1996).

You might also like