You are on page 1of 9

Os romanos en Valdeorras

A comarca de Valdeorras estaba habitada antes da chegada dos romanos


por un pobo coñecido co nome de Gigurri.

O territorio dos Gigurros incorporouse ao imperio romano en torno ao ano


29 a.C., ao rematar as guerras astur-cántabras.

Nun principio formou parte dunha provincia chamada Transduriana “ao


Outro lado do Douro”, pero moi pronto pasou a formar parte da provincia
Tarraconensis.
Coñecemos a provincia Transduriana por un documento en bronce
atopado na localidade berciana de Bembibre no ano 1999. No mesmo
documento mencionase tamén aos Gigurros.
O principal interés dos romanos por estas terras era o ouro, e da súa
explotación consérvanse importantes restos en Córgomo, Éntoma, O Barco…
Para protexer as minas de ouro debeu haber unha importante presenza
militar, e de feito sabemos o nome dalgún deles.

Lucius Cornelius Placidus Lucius Pompeius Reburrus


Tamén coñecemos o nome doutros cidadáns dos que non sabemos
a que se dedicaban. Estas aras permítennos tamén saber algo sobre a
relixiosidade da Valdeorras romana.

Ara dedicada por Caius Vettius Felicio Ara dedicada por Quinto Xulio Tiro
ao deus Líber (Baco) ao deus Tileno (deus indíxena pero
Identificado con Marte)
Aínda que non se fixeron moitas excavacións, en Valdeorras teñen aparecido
importantes xacementos arqueolóxicos. Neles apréciase un nivel destacado de
Urbanización.

A Cigarrosa (A Rúa)

A Proba (O Barco)
Vista aérea das excavacións en Valencia do Sil
A vía da comunicación máis importante da comarca era a chamada
Via Nova, que unía as cidades de Bracara Augusta e Asturica Augusta.
A esa via pertencía a ponte da Cigarrosa que hoxe en dia une Petín e A Rúa.

Ponte da Cigarrosa

Miliario da Via Nova atopado en Petín

A Via Nova na serra da Lastra

You might also like