You are on page 1of 2

IGNORAR A IGNORANCIA PARA SER MÁIS FELIZ

1) Cal cres que é a idea principal que sostén este artigo?

A intención de este artigo creo que é discorrer se aplicar o principio de Hanlon "nunca pense
que é por maldade o que pode ser explicado pola estupidez" nas nosas vidas resulta ou non
beneficioso para nós mesmos e tamén para a xente que está arredor noso.
Polo que lin, o autor non está de acordo porque califica esta frase de "filosofía barata".

2) Que vantaxes ten ignorar a ignorancia? E que desvantaxes?

Acorde ao artigo, algunhas das vantaxes que pode ter aplicar o principio de Hanlon na nosa
vida é achacar os comentarios negativos ou aquelas accións que conlevan consecuencias
negativas á ignorancia da xente que nos rodea en lugar de pensar que hai maldade detrás.
Isto debería facer que nos sintamos máis felices e mellor con nós mesmos.
Por outra banda, se sabemos sen ningunha dúbida que ese comentario negativo que nos
fixeron foi fruto da ignorancia; nós creríamonos sabios posto que somos conscientes da
ignorancia dos demais e da nosa sabedoría por saber que os demais son ignorantes, cousa
que eles mesmos ignoran como ignorantes que son. Na miña opinión, isto é a maior das
ignorancias posibles porque se cres saber que todos son ignorantes menos ti, que eres
superior aos demais, significa que non vas saír nunca do teu erro porque pensas que é o
máis certo que hai. Para aprender é necesario pensar coma Sócrates, que dicía "Eu só sei
que non sei nada".

3) Establece a relación que consideres entre este artigo e o mito da caverna de Platón.

Penso que están moi relacionados porque na alegoría da caverna, os que saben que
sombra vai saír a continuación son os máis listos entre os ignorantes, estes serían os que
aplican o principio de Hanlon posto que crense superiores aos demais pero son igual de
ignorantes ca todos. Despois, os que según Platón atrevéronse a saír de detrás do muro
son os que decidiron preguntarse se os demais realmente eran ignorantes había maldade
detrás do que estaban facendo. Quizais, algún dos que saíu fora quere volver a entrar para
sacar aos demais da súa ignorancia, pero probablemente o maten posto que, para eles, "a
ignorancia da a felicidade" e non van recoñecer que estiveron equivocados durante toda a
súa vida. Por último, os encapuchados para min representarían o mesmo en ambos casos,
xente que ostenta poder do tipo que sexa sobre os ignorantes e que benefíciase disto.

4) Reflexiona por escrito sobre a afirmación "a ignorancia dá a felicidade".

Eu penso que esta frase é moi relativa, xa que case non especifica. A felicidade de quen
exactamente? A dun mesmo o a dos que o rodean? Ignorancia respecto a que?
Respondiendo a algunha destas preguntas, podo dicir que creo que a ignorancia de alguén
nunca vai aportar felicidade a ninguén do seu arredor, a non ser que esa persoa se esté
aproveitando dalgunha maneira dela. Despois, penso que hai casos no que si que se vive
mais feliz sendo ignorante, por exemplo, se lle descobren cancro a algún dos teus familiares
cercanos é lóxico que agora que o sabes sexas máis infeliz, mais por outra banda se ese
familiar consegue superalo non vas sentir alegría ningunha xa que non fuches consciente
en ningún momento do precario da situación anterior. Como conclusión a todo isto, creo que
é mellor vivir ignorando as menos cousas posibles e estando sempre abertos a entender.
Por último, creo que poderíamos vivir máis tranquilos ignorando certas cousas, pero se
decides ignorar non vas poder seleccionar o que queres ou o que non queres saber, porque
para iso tes que saber que é o que queres ignorar e ao sabelo xa non serías ignorante.

Ariadna Gallego Gaona 1° BACH B

You might also like