You are on page 1of 6

SOCIEDADE MEDIEVAL

É estamental (perténcese a ela por nacemento, agás o clero).

OS REIS

- Dependían dos nobres para ter un exército. Os nobres a cambio da súa fidelidade e axuda recibían un feudo, e convertíanse nos seus
vasalos (ceremonia de HOMENAXE + INVESTIDURA)
- Os Consellos Reais estaban formados por nobres, membros da familia do rei e funcionarios.
- As Cortes convocábanse en distintos lugares do reino polo que o Rei e a Corte iban dun lugar a outro do reino. Non tiñan capital
fixa, eran itinerantes.

OS NOBRES

- Podían ser ricos ou pobres.


- Normalmente disfrutaban de feudos concedidos polos reis a cambio de axuda militar e fidelidade.
- Para ser cabaleiro antes tiñan que ser paxes ou escudeiros, formábanse dende nenos e logo eran nomeados cabaleiros. Para iso
precisaban dispoñer dun cabalo e armas (armadura+lanza+espada+escudo+ maza).
- Tiñan que adestrar continuamente e estar preparados para a guerras. Un xeito de facelo eran os torneos (xogo+adestramento).

- As mulleres nobres eran educadas para levar o fogar (sabían ler, tocar instrumentos, tecer, bordar…) e eran casadas según intereses
familiares. Se non casaban eran recluídas en conventos, onde algunhas nobres poideron ter moito poder como abadesas.
- Non tiñan unha vida independente, dependían dos homes da familia que decidían o seu destino.

O CLERO

A igrexa católica influía en tódolos ámbitos da vida:

Calendario, nacemento, casamento, morte, tempo, festas.

Existía o temor ó inferno e o desexo de ir ó ceo.

A cabeza visible da Igrexa católica era o Papa, coma hoxe.

Si non se respetaban as normas podían ser excomulgados.

Os destinos de peregrinación relixiosa eran:

Roma, Xerusalén e Santiago


Querían liberar Xerusalem do dominio musulmán por iso

convocaron os nobres e reis a liberar a cidade: as Cruzadas.


SALA CAPITULAR

REFECTORIO

SCRIPTORIUM (EXPLICAR VOS)

OS CAMPESIÑOS
- Tiñan unha vida dura, traballaban de sol a sol.
- Algúns eran libres e outros servos dos señores. Podían ser propietarios das terras, pero a maioría traballaba as terras dun señor ou dun
mosteiro a cambio de rentas. O señor ofrecíalle protección.
- Vivían do que cultivaban e facíanse os mobles, construccións, ferramentas ou tecidos que utilizaban.
- A alimentación baseábase no consumo de cereais, legumes, hortalizas e froitas. Consumían carne en pouca cantidade, procedente da cría
de animais ou a caza.
- Pagaban ó señor polo uso dos camiños, fornos, pontes ou montes. E tamén pagaban ó clero o décimo.
- Algúns tiñan que ir traballar á reserva señorial (terras que se reservaba o señor onde adoitaba estar o seu Castelo) en distintas épocas do
ano ademáis de traballar o manso (terras cedidas a cambio de rendas: parte da colleita…) que lle dera o señor.
- A terra daba pouca colleita porque para recuperar a súa fertilidade tiñan que deixar parcelas en barbeito (en descanso).

FEUDO

RESERVA SEÑORIAL MANSOS

VASALAXE SERVIDUME

REI NOBRE/MOSTEIRO NOBRE/MOSTEIRO CAMPESIÑO

NOBRE NOBRE Protección Tributos

HOMENAXE + INVESTIDURA Rendas polas terras

Limites á liberdade

VASALO SERVO

You might also like