You are on page 1of 13

Variedades lingüísticas

Lingua galega e literatura - 1º Bacharelato


Sedia-mi eu na ermida de San Simion
e cercaram-mi as ondas, que grandes son;
¡eu atendendo o meu amigo, Cal é a lingua
eu atendendo o meu amigo! deste texto?

Estando na ermida, ante o altar,


(e) cercaron-mi as ondas grandes do mar;
¡eu atendendo o meu amigo,
eu atendendo o meu amigo!

MENDINHO

Introdución
É unha vida bonita, si, o traballo é bonito, ves, tas no mar,
unha vida moi, dighamos, dentro do que che pode cansar o
traballo, pois soseghada. Personalmente, a min pois, estar no
Cal é a lingua
mar, naveghar ao sol, ver as estrelas, ás veses ver unha
puesta de sol na sona marroquí ou... Polo sur das Canarias é deste texto?
moi diferente a como a podemos ver aquí; ver unha chuvia de
meteoros con sielo estrellado no medio e medio do mar é... é
impresionante. Máis impresionante é ver unha tormenta, que
che colla unha tormenta no medio do mar. É impresionante e
acojonante.

A NOSA FALA

Introdución
- Sabías que había un xogador de fútbol de Vigo, Pahíño, que lía a
este, a Dostoievski? Era un dianteiro macanudo. Un goleador.
Fichouno o Real Madrid. As ideas chegábanlle á cabeza e tamén
Cal é a lingua
aos pés. Pero dáballe por ler. Eran os tempos de Franco e un
deste texto?
xornal titulou a toda páxina: ¡El futbolista que lee a Dostoievski!
Aquilo foi unha sentenza. Chamárono para o Mundial do Brasil.
No aeroporto de Madrid, e no intre de transportar a equipaxe para
facturar, o seleccionador, que era un militar, berrou: “¡Las
maletas que las lleve el gallego!”. E Pahíño non calou: “¡Las
maletas que las lleve tu puta madre!”. Ficou en Terra. Perdeu o
Mundial. E Hespaña tamén.

VIVIR SEN PERMISO E OUTRAS HISTORIAS DO OESTE, MANUEL RIVAS

Introdución
• As linguas non son entidades uniformes, homoxéneas e inalterables, senón

que presentan variación.

• En cada lingua conviven toda unha serie de variedades condicionadas por

diversos factores extralingüísticos: históricos, xeográficos, sociais ou

contextuais.

• Dentro dunha lingua é posible distinguir: variedades diacrónicas, variedades

diatópicas, variedades diastráticas e variedades diafásicas.

1. A variación lingüística
Variedades Variedades

diacrónicas diatópicas

Variedades
lingüísticas

Variedades Variedades

diastráticas contextuais
• Condicionadas • Condicionadas
polo paso do pola localización
tempo xeográfica

Variedades Variedades
diacrónicas diatópicas

Variedades Variedades
diastráticas contextuais

• Condicionadas • Condicionadas
polo grupo social polo contexto
• As linguas non son estáticas, senón que van

Variedades diacrónicas do galego


evolucionando, transformándose, cambiando co
paso do tempo.
Galego medieval
• O paso do tempo dá lugar ás diferentes
variedades diacrónicas ou históricas.
Galego medio
• Atendendo aos trazos da lingua en cada etapa
histórica, adoita distinguirse entre tres grandes
variedades diacrónicas do galego: o galego antigo Galego contemporáneo
ou medieval, o galego medio e o galego
contemporáneo.

Variedades diacrónicas ou históricas


• A lingua non é uniforme ao longo de todo o
territorio, senón que varía dependendo da
zona xeográfica.

• Así, dependendo da zona xeográfica


encontramos diferentes variedades
diatópicas ou dialectais.

• O territorio lingüístico do galego é dividido


en tres grandes variedades: bloque
occidental, bloque central e bloque
oriental.

Variedades diatópicas ou dialectais


• A variación social ou diastrática depende do estrato social dos

falantes (determinado, á súa vez, polo nivel de estudos, a posición

socioeconómica…), ou doutras características sociais como a idade

e o xénero.

• Podemos distinguir diferentes niveis de lingua:

• Nivel culto ou alto

• Nivel medio

• Nivel vulgar ou baixo

Variedades diastráticas ou sociais


• Dependendo das características contextuais de cada acto comunicativo,
podemos distinguir múltiples rexistros ou variedades contextuais: rexistros
máis coloquiais ou informais e rexistros máis formais.

• A elección dun determinado rexistro está condicionada por múltiples factores


coma:

• A relación entre as persoas que interveñen no acto comunicativo

• Os temas dos que se fala

• A situación concreta

• A canle: oral ou escrita

• A intención ou obxectivo da comunicación

Variedades contextuais ou rexistros


Rexistro coloquial Rexistro formal
• Pronuncia máis descoidada. • Pronuncia máis coidada.
• Riqueza de entoacións.
• Entoación máis monótona.
• Palabras clixé ou de significado
• Precisión e riqueza léxicas.
xeral como cousa, chintófano,
• Sintaxe complexa, con
chisme…
numerosas construcións
• Inclúe vulgarismos,
subordinadas.
dialectalismos, castelanismos.

• Sintaxe simple.

Variedades contextuais ou rexistros

You might also like