You are on page 1of 3

BLOQUE 1: TEMA 8 Libro texto Libro lectura (P.

Vilar):
SÉCULO
XVIII O reformismo borbónico en Galicia Páx. 149-157 91-105
Contexto: Eixo cronolóxico

RÚBRICA ABAU
Moi deficiente Resposta en branco ou sen relación coa materia da pregunta.
Deficiente Coñecementos: Resposta confusa, que revela a incomprensión da pregunta.
(entre 0,1 e 1) Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras inexistentes, frases incoherentes o mal articuladas.
Insuficiente Coñecementos: Resposta incompleta, que revela a falla de coñecementos.
(entre 1,1 e 1,4) Redacción: moi simple.
Aprobado Coñecementos: Resposta básica que incide nas seguintes cuestións:
(entre 1,5 e 2) -A importancia estratéxica de Galicia no s. XVIII desde o punto de vista militar e comercial.
-A racionalización do recrutamento de mariñeiros a través da matrícula de mar.
-A construción do arsenal de Ferrol no contexto das reformas militares levadas a cabo polos Borbóns.
-As repercusións da apertura do comercio colonial en Galicia: a creación da Compañía de Galicia, o Servizo de
Correos Marítimos e o Consulado Marítimo e Terrestre da Coruña.
Redacción: texto formalmente correcto, pero expresión básica.
Notable Coñecementos: resposta que demostra o coñecemento do tema:
(entre 2,1 e 2,6) Resposta que ademais de facer referencia ás cuestións básicas, explica cunha certa profundidade polo menos unha
delas.
Redacción: correcta.
Sobresaliente Resposta con precisións e aclaracións:
(entre 2,7 e 3) Resposta que ademais de facer referencia ás cuestións básicas, afonda nunha ou explica con certa profundidade
polo menos dúas delas.
Redacción: correcta, argumentación coherente e vocabulario axeitado
Capacidade de síntese: a resposta non excede a extensión recomendada.
EXTENSIÓN: Máx. 400 palabras (40 liñas aprox.) (1 cara de folio aprox.)
DESENVOLVEMENTO DO TEMA:
-Introdución
Enténdese o “Reformismo borbónico” como o conxunto de medias aplicadas polos monarcas desta nova dinastía (Felipe V,
Fernando VI e Carlos III) entre a Guerra da Sucesión (1700) e a Revolución Francesa (1789) que permitiron dar un salto á
“modernidade”coa transposición do modelo francés: absolutismo (real), centralización (territorial) e racionalización
(administrativa). No caso de Galicia os cambios perviviron coa tradición: unha agricultura de subsistencia e sociedade
estamental que intentará ser reformada coa implantación do “despotismo ilustrado” (avance cultural e económico).
-Importancia xeoestratéxica
Si Galicia ten un papel xeoestratéxico na actualidade moito máis na etapa borbónica. Era un territorio periférico, moi illado dos
territorios peninsulares pero vital para a monarquía por dous motivos: a nivel comercial, permite contactar coas colonias de
América e con Europa e, a nivel militar; permite defenderse contra ataques dos inimigos cara á Pen.Ibérica ou por ser punto
estratéxico (as armadas tiñan que pasar polas costas galegas cara as posesións que tiñan en América) . Esta realidade queda patente xa
durante a Guerra de Sucesión, cando unha Galicia fiel a Felipe (na C.Castela) recibe o ataque de Inglaterra (Gran Alianza da Haia) na
Batalla de Rande (23/11/1702). Esta situación repetirase cos primeiros Borbóns, cando volve a ser atacada por Inglaterra (saquean
cidades ou capturan barcos con mercadorías) ante os intentos de modificar o Tratado de Utrech. En 1719 alcanzan varios portos, conquistan Vigo
e ocupan Redondela, Marín e Pontevedra e, en 1800 atacan Ferrol, intentando tomar o arsenal por terra no “Desembarco de Doniños” . En definitiva,
Galicia convértese en “baluarte” para o comercio americano (primeira defensa do Imperio colonial) e “bastión defensivo” (dos
ataques inimigos). Por iso, os Borbóns priorizan Galicia: dótana dunha maior integración e implantan reformas na administración.
- Novas institucións
Entre as novas institucións destacou a “Matrícula do Mar”; un sistema de recrutamento para crear unha Armada eficiente, clave
nun contexto de crecentes enfrontamentos navais polo control das rutas comercias e das colonias . O obxectivo era racionalizar e garantir o
recrutamento dos profesionais do mar máis aptos para servir nos buques e nas campañas navais da Armada española. O
funcionamento era complexo: rexistraba, controlaba e regulaba ás persoas dedicadas ao mar entre 14 e 60 anos e c lasificábaos
polas funcións que dominaban (artilleiro, mariñeiro, grumete ou paxe) e experiencia (habilidades) . Ademais, había un control por
localidades, en cada unha con 4 listados (xente do mar, maestranza, inhábiles -xubilados e inválidos e rapaces - entre 9 r 14 anos-) e en cada
listado se formaban 4 subcuadrillas das que se sorteaba unha para servir ao rei durante un ano. A cambio, os matriculados
quedaban libres de quintas e certos impostos municipais (publicados en 1737). O modelo funcionaba en Francia (“systeme de classes”,
da época de Colbert) e intentárase implantar cos “Austrias Menores” (1626). En cambio, aplicarase en distintas fases durante a etapa
borbónicas; en 1717 créase a Intendencia Xeneral de Marina (elabora o listado) e aplicase en Guipózcoa; en 1726 difúndese a
instrución xeral (con Patiño); en 1737 apróbase a “Lexislación do Almirantazgo” (fomenta un alistamento “máis xusto” que as fórmulas
tradicionais) e en 1751 aplícase de forma efectiva coa publicación da Ordenanza para el régimen y fomento de la marinería matriculada
(Marqués de Ensenada). Na práctica, Galicia contribuíu en maior número (dada a cantidade de litoral e cantidade de traballos do mar)
chegando a 1/4 da matrícula da flota española na 2/2 do s.XVIII. En cambio, o impacto da medida foi limitado: non satisfixo as
necesidades de tripulacións da Real Armada (de máis de cen navíos) e a merma de matrículas explicouse polo malestar da poboación
(carácter forzoso), elección doutras actividades relacionadas co mar (como a pesca) e desercións polos atrasos nas pagas (tanto a
mariños como oficiais) e as duras condicións nos buques de guerra. Finalmente, foi suprimida no 1802.
Outra institución foi a Intendencia do Reino de Galicia, creada en 1712 (definitiva en 1718), na Coruña, con amplas funcións: exército
(fortificación das cidades e reclutamento e abastecemento de tropas), facenda (administración das rendas e contribucións reais), xustiza e
policía (ordenanzas). Dita institución dinamizou a economía pero deixa de funcionar nos 1760 (mantendo o cargo de intendente ata 1775).
- Novos servizos
Paralelamente, creáronse novos servizos, especialmente no ámbito militar: no 1714 creouse unha “Real Armada única” que
centralizaba as distintas escuadras da época dos Austrias, fomentouse a liña defensiva de Galicia coa construción de baterías e
castelos (como San Felipe e La Palma) e en 1726 dividiuse a costa en tres departamentos marítimos (Con José Patiño): Ferrol (sede
do Cantábrico), Cádiz (Atlántico), Cartaxena (Mediterráneo). En cada unha estableceuse un arsenal segundo o modelo francés
(instalacións combinadas de estaleiros e almacéns de armas para a construír buques de guerra) . A elección de Ferrol como “Departamento
Marítimo do Norte” e “base da Armada real” impulsou o desenvolvemento da cidade: en 1746 (co Marqués da Ensenada)
constrúese o estaleiro e do arsenal (para construír/reparar ata 70 buques simultaneamente) e en 1776 créase a Academia de Garda Mariñas
(para a formación dos 2 últimos cursos das escolas que preparaban a oficias da Real Armada) . Como consecuencia, Ferrol deixa de ser unha
“pequena vila de mariñeiros” ata converterse na principal cidade industrial do noroeste: amplíase a cidade (dende “Ferrol vello”) e
constrúense novos barrios (co trazado hipodámico, de gusto ilustrado) como Esteiro (para traballadores) e a Magdalena (para oficiais).
- Impulso do comercio
O terceiro piar foi o impulso do comercio. No ano 1764 liberalízase o comercio con América o que supuxo o fin do monopolio
da Casa de contratación de Sevilla/Cádiz e a concesión do comercio directo con América a 9 portos españois, entre eles A
Coruña (Posteriormente, en 1778 o Reglamento de Libre Comercio ampliábaa a calquera porto con decreto real; 13 de España con 27 de América) .
Nese mesmo 1764 concedíase o Servizo de Correos Marítimo que supuxo a implantación, na Coruña, dunha compañía estatal de
buques encargada de levar a correspondencia ao porto da Habana e (desde 1767) a Bos Aires, e que tamén podía transportar
persoas e mercadorías (Posteriormente, ampliouse ás embarcacións privadas e aos portos de Vigo e Ferrol). O proceso completábase coa
creación do Consulado Marítimo e Terrestre (1785) que supuxo a implantación, na Coruña, dun organismo para fomentar a
economía da costa galega (creación de escolas técnicas, renovación urbanística e portuaria, publicación de memoriais, difusión se novas técnicas,) e
restaurou a Torre de Hércules (1788- 1791 de Eustaquio Giannini e Xosé Cornide). Como proxecto quedou, en cambio, a Real Compañía
de Galicia (1734) que tería implicado a concesión do monopolio do pau de Campeche (unha tintura para os tecidos) pero que non
funcionou pola debilidade da burguesía comercial galega, resistencia británica, e oposición dos comerciantes de Sevilla e Cádiz.
- Conclusión
En pequena escala, este conxunto de medidas dinamizaron a área da Coruña a través do comercio (reexportado de mercadorías
europeas) e a industria doméstica (lenzos galegos) pero o momento de apoxeo foi moi breve (1765-1778) ante a apertura de outros portos.
En cambio, en gran escala, as reformas borbónicas diversificaron a economía galega, coa entrada de capital estranxeiro a través
dos portos (do que é exemplo o castelán Jerónimo de Hijosa), a creación de novas actividades como conserveira de Pontevedra e Reais
Fábricas de Sargadelos (da que é exemplo o asturiano Raimundo Ibáñez) e o fomento de actividades tradicionais das que existían
importantes materias primas como a agricultura (da que son exemplo as Sociedade Económicas de Amigos do País) , sardiña (da que son
exemplo os fomentadores cataláns coas técnicas do arrastre e prensado da salgadura) ou do téxtil do liño, la e algodón (da que son exemplo os
irmáns ingleses Lees, que achegan maquinaria innovadora á súa fábrica de Pontevedra) . En cambio; o impacto foi bastante limitado: as
propostas foron moi moderadas e puxeron o acento no atraso e na necesidade de modernizar (abriu conciencia da excentralización de
Galicia) e a Ilustración verase truncada pola Revolución francesa e o medo a difusión do liberalismo por parte de Carlos IV.
CONCEPTOS / RÚBRICA ABAU

APR. Recoller todas as ideas básicas

Nivel de coñecementos NOT. Recoller todas as ideas básicas +1 aclaración adicional


Recoller todas as ideas básicas +1 aclaración adicional +1 precisión a
SB
maiores
Calidade da expresión NOT Redacción correcta (expresión clara)
Redacción correcta e ben exposta
SB
(expresión clara e precisa, argumentación coherente e vocabulario axeitado)
Capacidade de síntese SB Axustada á extensión recomendada

Medida proposta polo marqués da Ensenada, ministro de Fernando VI, en 1749 consistente na elaboración
dun interrogatorio co que para coñecer as características demográficas, económicas e xeográficas das
CATASTRO DE poboacións da Coroa de Castela. Enmárcase no contexto do “reformismo borbónico” a favor da
ENSENADA centralización e ten por obxectivo racionalizar o sistema fiscal e substituír a multiplicidade de rendas
provinciais por unha única contribución. Realizouse en varios anos co apoio dos intendentes, pero as
protestas dos grupos privilexiados frustraron a súa aplicación.

You might also like