You are on page 1of 6

FAHRENHEIT 451

Fahrenheit é unha novela distópica,onde se atopa un mundo no que os libros están

prohibidos.Os bombeiros encarganse de localízalos e queimalos. Polo tanto podese

apreciar unha contrariedade entre os bombeiros reales e os da sociedade do libro o

cal crea esa distopia. O protagonista,un de estes bombeiros, Guy Montag , termina

cansándose do seu traballo e comeza a gardar libros.

Portada da edicion do 60ª aniversario do libro


AUTOR

O autor deste libro é Ray Bradbury, foi un escritor nacido en Illinois en 1920 e falecido nos

Ánxeles en 2012. A sua obra foi composta sobre todo por obras de xénero fantástico,ciencia ficción

e terror. As súas obras teñen certo romanticismo e realismo épico.

É considerado un dos máis importantes escritores de ciencia ficción. Recibiu varios premios non

obstante a maior homenaxe foi cando un dos astronautas do Apolo bautizou un cráter da lúa co

nome Dandelion facendo referencia á súa novela Dandelion Wine.

Por último cabe destacar que Ray Bradbury tamén realizou guións televisivos,colaborando con

Alfred Hitchcock entre outros.


CONTEXTO

A historia sitúase nunha utopía.

O libro foi escrito no ano 1953,durante a guerra fría,un período de intensa tensión diplomática entre
o bloque comunista e capitalista, isto é reflexado na obra xa que dende o principio Guy menciona
armas e avions de combate, e cabe mencionar o final da obra no que a declaración da guerra
termina coa destrución da cidade por bombas.

A súa vez represéntase esa falta de empatía típica das distopías (o cal se pode ver tamen en peliculas
como “mortal engines” aunque é mais actual, ou libros como “yo robot” aunque non é exactamente
unha distopia). O personaxe que máis o representa é Mildred,a muller de Guy,el declara varias
veces que sente que vive cunha descoñecida(chega ao punto de que ambos non recordan cando se
coñeceron e a ela dálle igual)

Mildred é tamén un personaxe que representa a adiccion da tecnoloxia, vivindo cegamente na


television.

Outras caracteristicas poden ser:

-O tempo interno da obra é dunhas 3 semanas,repartido de forma desigual entre ás tres partes da
obra.

-O tempo externo non queda claro xa que a única información que marca é que América gañou dúas
guerras mundiais dende 1960.

-O espacio ten lugar en Estados Unidos xa que Guy fala do manual de bombeiros de
América,ademais menciona cidades como os Ánxeles e St.Louis

-O narrador é un testemuña en terceira persoa polo que é un narrador externo omnisciente.

Foto de guy e mildred na pelicula (creo que é mildred por que non vin a pelicula)
Partes

O lume e a sapagueira:Guy Montag é un home de 30 anos que traballa como bombeiro queimando libros.

cabe destacar que el ama facelo.Un día volvendo a casa do traballo coñece á súa nova veciña,unha nena de 17

anos chamada Clarisse,é unha chica moi peculiar.Ela é a que fai a pregunta que incia en si o contido do libro:

Eres feliz?

Despois de iso é incapaz de deixar de pensar na resposta e comeza a darlle voltas a súa vida,o seu matrimonio

e os libros.

Un día Clarisse desaparece e Montag comeza a facer preguntas no traballo sobre o orixe dos bombeiros,

despois reciben unha chamada,unha muller garda libros na súa casa pero non quere marcharse dela Montag

intenta convencela,ao mesmo tempo consigue esconder un libro entre á súa roupa,non obstante a muller

morre.

Tras isto montag descobre que quizas Clarisse morreu atropelada (llo di a sua muller, mildred)

Montag decide simular que está enfermo para non ir a traballar e Beatty (o seu xefe) sospeita que garda libros

vai á súa casa e falalle do orixe dos bombeiros,do porque de queimar libros entón Mildred dáse conta de que

garda moitos libros, ao que Montag fai que os lea.

O cribo e a area:Guy e Mildred leen os libros,Montag recorda que fai uns anos coñeceu a Faber,un profesor

de literatura,polo que decide pedirlle axuda para comprender os libros

Guy chega a casa e encóntrase con a súa muller e unhas amigas súas, intenta manter unha conversación con

elas pero só lle prestan atención a tele polo que enfádase e decide lerlles poemas,a pesar das advertencias de

Faber, faino igualmente,cando acaba unha delas está chorando e a outra amiga enfádase.Montag volve ao

traballo onde ás cousas están moi tensas entre Beatty e el, reciben unha chamada e ao chegar ao destino.
A lume vivo: Para resumir, esta parte continua co xefe de Guy, Beatty ordenandolle queimar a casa, e este

rebelandose en contra dos bombeiros tras habelo feito, polas ameazas de Beatty, en contra de Faber.

Tras de isto el escapa, ferido por un robot, e a guerra desatase na cidade acabando destruida.

Logra fuxir rio abaixo como Faber lle habia dito, e ali encontrase cun grupo de vagabundos intelectuais cos

cales se queda.


VALORACIÓN

O libro baixo o meu punto de vista, mostra certos aspectos da sociedade e das persoas. Aunque en menor grao,
na nosa sociedade tamén existe unha resticcion sobre certos coñecementos calificados como taboo.

Nesta obra poderiase dicir que estos coñecementos taboo eran todos os libros e esta é a diferencia de grao que
podo ver.

Ainda asi o libro recalcanos dúas cousas moi importantes:

-Sempre hay xente que loita en contra de estas resticcións,coma os vagabundos ao fina l do libro.

-Unha persoa a favor sempre pode cambiar incluso por cousas tan minimas coma unha pregunta.

En conclusion a min o libro gustoume ainda que non se acerca tanto aos xéneros que leo normalmente, pero
quizas é o que mais se acercou.

Fin

You might also like