You are on page 1of 7

FÓRMULAS

MATEMÁTICAS
Ofimática e proceso da información

30 de octubre de 2023
IES AS FONTIÑAS
Santiago de Compostela
Ofimática e proceso da información

1
Fórmulas matemáticas

A composición de fórmulas

matemáticas posúe carac-

terísticas diferentes ás vis-

tas na composición de

texto normal. Pensemos

nun exemplo sinxelo, nu-

nha fracción: a definición

visual da fracción inclúe unha raia horizontal e dúas caixas

por riba e por baixo dela nas que se situarán numerador e de-

nominador. Si no numerador da fracción situásemos outra,

dentro desa caixa definiríase outra raia horizontal e dúas no-

vas caixas de numerador e denominador, etcétera.

Cada símbolo matemático ten definidas as súas propias caixas:

unha integral ou un sumatorio, por exemplo, posúen sendas

Ofimática y proceso de la información – Ediciones Paraninfo, S.A.

1
Fórmulas matemáticas

caixas para indicar os seus límites inferior e superior. A com-

posición de fórmulas consiste, basicamente, en escoller os sím-

bolos que queremos empregar e en dar contido ás caixas que

traen definidas, inserindo nelas, en ocasións, outros símbolos

e as súas respectivas caixas.

Na ficha Inserir, no grupo

Símbolos, dispoñemos do

botón Ecuación. Ao pre-

melo a aplicación insire un

cadro no punto onde se

Figura 1: Inserir>Símbolos>Ecuación
atopa o cursor e actívase a

ficha Deseño de ecuación (véxase Figura 1). Esta barra propor-

ciona todas as funcións necesarias para compoñen a nosa

ecuación:

1ª.- En primeiro lugar, dispoñemos dunha extensa colección

de símbolos matemáticos pertencentes a outros ámbitos,

á álxebra de conxuntos, á lóxica formal e ao cálculo infini-

tesimal.

2
Ofimática e proceso da información

2ª.- En segundo lugar, unha variada colección de estruturas

permiten inserir símbolos que van acompañados dunhas

caixas específicas nas que se poden inserir elementos ou,

chegado o caso, outras estruturas. Ten en conta que a cre-

ación de certas estruturas comúns require combinar va-

rias: por exemplo, para crear unha matriz, debemos crear

primeiro as parénteses (escolléndoos no botón Corchetes)

e a continuación crear, dentro deles, o contido da matriz.

Por defecto, Word asume que as letras que introduzamos nu-

nha fórmula son símbolos de variables e, por elo, seguindo

unha convención tipográfica xeneralizada na composición ma-

temática, ponas en cursiva. Pero, en ocasións, desexamos in-

troducir un texto normal na fórmula (unha aclaración ou a

descrición dunha magnitude, por exemplo). Nese caso elixire-

mos a función Texto normal.

3
Fórmulas matemáticas

Word proporciona dous tipos de edición para as fórmulas: a

Lineal e a Profesional. Os nomes non deben distraernos: am-

bos modos de edición son intercambiables e o contido ao que

dan lugar é idéntico. Trátase simplemente de que o segundo

permite editar a fórmula de modo máis visual, tal como vai a

mostrarse no documento definitivo; mentres que co primeiro a

edición faise nunha linguaxe codificada, de modo menos vis-

toso pero máis eficaz, unha

vez que se dominan os códi-

gos desa linguaxe. No modo

lineal, pro exemplo, para

crear un expoñente escri-

biremos e^x; para crear un

subíndice, x_1, para crear

unha fórmula x/y, etcétera; en todo momento podemos pasar

unha fórmula dun modo a outro, o que constitúe unha axuda

para entender os fundamentos de dita linguaxe.

4
Ofimática e proceso da información

As fórmulas matemáticas poden inserirse nun parágrafo

aparte ou na liña co texto. Por defecto, cando inserimos unha

nova ecuación (nun parágrafo que non conteña ningún texto),

esta queda centrada e separada dos parágrafos anterior e pos-

terior. Pero se a inserimos nun parágrafo que xa teña contido,

a fórmula queda incrustada dentro do parágrafo e compórtase

como un carácter máis.

Exemplos:

𝑇𝑟𝑎𝑏𝑎𝑙𝑙𝑜
𝑃𝑜𝑡𝑒𝑛𝑐𝑖𝑎 =
𝑇𝑒𝑚𝑝𝑜

𝑏
∫ 𝑥𝑦𝑑𝑥𝑑𝑦
𝑎

𝑥
𝑥𝑦 𝑦 1⁄
lim √𝑥𝑦 𝑥 3
𝑛→∞ 𝑦

1 0 0
0 1 0
0 0 1

log10 𝑎 + log10 𝑏 = log 𝑎

5
Fórmulas matemáticas

2 3𝑥 𝜋
√ ± 𝑑𝑥𝑑𝑦 𝑥𝑥 2 = 3𝑥5 ± 𝑥𝑑𝑦
4𝑦 5

cos 𝑥 = sin 𝑥 − 1

You might also like