You are on page 1of 2

A CONSOLIDACIÓN DA DEMOCRACIA

Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado deberá demostrar que
coñece as dificultades básicas polas que pasou UCD e o intento de golpe de Estado que tivo lugar no
contexto do proceso de substitución do presidente do goberno. Tamén explicará a política levada a cabo
polos gobernos socialistas facendo referencia a unha serie de puntos básicos: o establecemento do estado
de benestar e a integración de España nas institucións internacionais.

Introdución

Coa aprobación da Constitución de 1978, culmínase a transición cara á democracia, que


se verá consolidada nos vindeiros anos, aínda que con dificultades salientables.

Os gobernos da UCD e o golpe de Estado do 23-F

A Constitución de 1978 obrigaba a Adolfo Suárez a ratificar o seu cargo por votación no
Congreso ou mediante eleccións. Suárez escolleu esta última vía, celebrándose aquelas
en marzo de 1979, cos mesmo resultados de 1977: lidera UCD sen maioría absoluta;
séguelle o PSOE, cun terzo dos deputados, e, a continuación, o PCE e a AP.

Neste segundo goberno, Adolfo Suárez tivo que facer fronte a varios problemas,
comezando por aqueles relacionados coa orixe de UCD, unha coalición de partidos con
claras diferencias ideolóxicas.

Ademais, debe afrontar outros relacionados co proceso de transición.

❋ Para comezar, resúltalle difícil reformar os aparatos do Estado (policía, exército,


educación...) ao estaren dirixidos, en xeral, por antidemocráticos.

❋ Ademais, non é capaz de controlar os atentados de ETA, con centos de asasinatos, o


que fomenta as críticas dos militares, que o acusan de dividir España.

❋ Perde confianza entre os empresarios coa segunda crise de petróleo en 1979; é


desprestixiado polo PSOE, cunha moción de censura fallida en 1980, e a Igrexa acúsao
de avanzar cara ao laicismo da sociedade tras impulsar a Lei do Divorcio.

Ante estas dificultades, Adolfo Suárez dimite en xaneiro de 1981, emitindo unha mensaxe
televisiva na que dá a entender o temor por un golpe de Estado.

En efecto, ante este baleiro de poder (a UCD debía escoller candidato, o rei aceptalo e as
Cortes votalo), os militares inmobilistas aproveitan para dar un golpe de Estado o 23-F, o
día no que se votaba a investidura de Leopoldo Calvo Sotelo como presidente.

O obxectivo era asaltar o Congreso e despois instaurar un Goberno de Salvación


Nacional presidido polo xeneral Alfonso Armada, que respectaría a figura do rei como xefe
de Estado.

preparacionabaugalicia.wordpress.com Preparación ABAU Galicia preparacionabaugalicia@gmail.com

a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-6583310

Reservados todos los derechos. No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
Aínda que o tenente coronel Tejero logra asaltar o Congreso e o xeneral Milans del Bosch
se subleva asemade en Valencia, o golpe fracasou ao non sumarse máis rexións
militares. Ademais, cómpre destacar o papel do rei, que asegurou a lealdade de todos os
xefes militares. Tras o golpe, o rexeitamento público cara ao exército aumentou e as
negociacións para entrar na CEE aceleráronse.

A consolidación da democracia nos gobernos de Felipe González

Reservados todos los derechos. No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
Aínda que Calvo Sotelo logrou ser investido, convócanse eleccións en outubro de 1982,
as chamadas «eleccións do cambio», pois nelas gaña con maioría absoluta o PSOE de
Felipe González, seguido da AP de Fraga con case un terzo dos votos. Así, UCD e o PCE
desaparecen practicamente do mapa político.

O éxito de Felipe González, elixido presidente catro veces consecutivas, supuxo a


consolidación da democracia e, sobre todo, do Estado de Benestar.

❋ Para comezar, mellóranse as prestacións sociais, con asistencia sanitaria gratuíta,


pensións non contributivas ou a actualización destas segundo o IPC.

❋ Por outra banda, refórmase a educación, sendo esta obrigatoria ata os dezaseis anos.

❋ Tamén destacan as reformas legais, como habeas corpus, o dereito ao aborto ou a


elaboración dun novo Código Penal para recoller novos delitos, como o acoso sexual, a
publicidade enganosa, medioambientais...

❋ Finalmente, sobresae unha reforma fiscal, cun imposto directo sobre a renda (IRPF) e
outro sobre o consumo (IVE).

Ademais, nos gobernos de Felipe González conséguese a integración de España nas


institucións mundiais.

❋ Destaca, sobre todo, a entrada de España na CEE (1986), que potenciou a economía
española, abríndoa a novos mercados e sendo unha oportunidade para sectores en crise.

❋ Tamén continúa na OTAN (alianza militar entre EE.UU., Canadá e Europa), pois, a pesar
das reticencias iniciais do presidente, un 52 % da poboación vota a favor da continuidade
nela en 1986. Ademais, as tropas pasan a participar nas misións de paz da ONU.

❋ Finalmente, en 1992 organiza os Xogos Olímpicos en Barcelona e a Exposición


Universal en Sevilla, que deron a coñecer unha España moderna e capaz.

Conclusión

En conclusión, tras a aprobación da Constitución de 1978 consolídase a democracia


aínda que con certas dificultades, sobre todo o golpe do 23-F. A partir de 1992, o
descrédito do PSOE irá en aumento, co caso FILESA, os GAL ou o caso Roldán, que
levarán á súa derrota en 1996 fronte ao Partido Popular de Aznar, que substituíra a Fraga.

preparacionabaugalicia.wordpress.com Preparación ABAU Galicia preparacionabaugalicia@gmail.com

a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-6583310

Te has descargado este apunte gracias a la publicidad. También puedes eliminarla con 1 coin.

You might also like