You are on page 1of 3

Exercicios: O NEOLÍTICO

1. Que cambios houbo no clima ao inicios do Holoceno? Fai un resumo en 3 ou 4 liñas das
evidencias dese cambio climático.

2. Que entendemos por Mesolítico? Como cambiou o modo de vida da xente? Que foi a
chamada “cultura dos cuncheiros”?

3. Que cambios houbo na paisaxe e na fauna durante o Mesolítico? Que implicacións tivo
para o ser humano o cambio na fauna?

4. Por que, cando se fala de Neolítico, fálase de “revolución neolítica”? Que grandes cambios
hai?

5. Que significa “Neolítico”? Como é o traballo da pedra?

6. Que tipo de economía nace co Neolítico? Por que se lle chama así?

7. Cando e onde nace o Neolítico?

8. Resume o proceso que levou á domesticación de animais e plantas.

9. Cales foron os primeiros cultivos? E os primeiros animais domesticados?

1
10. Que significa sedentario? Que condicións levaron á vida sedentaria?

11. Por que motivo, durante o proceso de formación de poboados permanentes, se


intensificou a deforestación?

12. Que utilidade tiña a cerámica? Que importantes innovacións tecnolóxicas relacionadas coa
cerámica terán enorme importancia en futuros inventos? En cales?

13. Cita as novidades tecnolóxicas máis salientables do Neolítico.

14. Resume as diferenzas entre a pintura rupestre neolítica e paleolítica.

15. Completa o cadro:

Época Modo de vida Economía Tecnoloxía Arte

Paleolítico

Neolítico

2
16. Clasifica as seguintes imaxes en PALEOLÍTICO ou NEOLÍTICO.

17. Que actividades vés nesta imaxe?

You might also like