You are on page 1of 1

MERCADIÑO DO LIBRO USADO (23 de

abril, de 2024)

A actividade consiste en intercambiar contos/libros de


maneira definitiva
É unha actividade voluntaria
@s alumn@s que queiran participar teñen que traer da súa casa 1, 2
ou 3 libros/contos, para cambiar definitivamente por outro/-os.
Cada conto/libro será cambiado por 1 dólar coa cara da autora
homenaxeada o Día das Letras Galegas deste ano (Luisa Villalta
Gómez). Así, o día do mercadiño, cada nen@ poderá intercambiar
cada billete de dólar por un conto/libro (1,2 ou 3, segundo os libros
que trouxera da súa casa para intercambiar).
Características dos contos ou libros:
o +Adaptados a idade
o +En bo estado (non poden estar escritos ou rotos)
o +Mellor que sexa un libro/conto interesante, para ofertar un
mercadiño atractivo
+Non merquedes 1 libro/conto para traer ao mercadiño, traede 1
usado.
@s nen@s que queiran participar poderán darlle á súa/seu
titora/titor os seus libros, ata o luns 22 de abril.
o Moitas grazas por participar!!

“Cóntame un conto, cóntame dous,

cóntame tres… e afeccionarasme a ler…”

You might also like