You are on page 1of 7

ACTIVIDADES DE LINGUA GALEGA 2º ESO

T 1-4

PAMPÍN

Non sei se é nome ou alcume. Chámanlle Pampín. Se é nome propiamente, segundo


os documentos, é tamén alcume, nome feito por nós, por todos nós... Un nós de moita
largueza, no que caben rafegas de vento mariñeiro, disputas de gavotas arremuiñadas,
escumas e ondas a correr pola area... É un mozote un pouco fazuleiro, ancho e duro.
Vai sempre cunha caniña pequena e ben arrefeitada como unha batuta. Vai pola
ribeira facendo moitos relanzos. E coa caniña mil estremonías. A un neno deulle dous
croques tan suaves, tan cheos de maxia, que o neno tivo unha súpeta e calada surrisa,
e deixou de xogar un intre. A outro quitoulle a boina e fíxoa xirar na punta da cana.
De seguida devolveulla e seguiu asubiando non sei que. Repara en todas as cousas,
failles cariños ás pedras, e se algún sueste ou calquera outra prenda cae dunha
balconada, Pampín é sempre o que avisa.

Hai un pouco estaban dúas lanchas demasiado xuntas a bater. Pampín foi nunha
gamela a desapartalas.

Onte –avenlle moitos días– axudou a turrar da rede. Pasaba por alí, e axudou. Cando
chegou o cope, Pampín divirtiuse moito poñendo medo a un neno cun cangrexo.
Despois reparou nunha cunchiña pequerrecha que fora copiando os ceos de moitas
matinadas, colleuna e foise. Non se lembrou de cobrar o quiñón. Certo é que despois
volveu e apañou algúns peixiños que quedaran na area. Agora disque ten mentes de ir
navegar. Poida que si. Levará a súa caniña e irá petando amorosamente con ela nas
cousas do mundo. E cando, de volta, desembarque no peirao asubiando ou facendo
que asubía, choutará pola ribeira a noticia, inxel, estourante, lucinte: —¡Veu Pampín!

Rafael Dieste: Dos arquivos do trasno

1. Sinala o lexema ou raíz das seguintes palabras:


– Vergoñenta: VERGOÑ

– Poderosas

– Boticario

– Curiosidade

– Imaxinario

2.- Escribe o artigo determinado esixido por cada un dos seguintes substantivos

a cabotaxe

o mel

ponte

cume

análise

crise

paréntese

diabetes

3.- Pon en plural as seguintes palabras

Mol:

Imbécil:

Bocoi:

Sal:

Chuchamel:

Civil:
4.- Completa os seguintes enunciados cun adxectivo do tipo indicado en cada caso.

– Lavou as costas cun _ [explicativo] estropallo.

– Ollaba como o rapaz se esvaía entre a _ [explicativo] chuvia que todo o cubría.

– A _ [especificativo] herba enchía todo o terreo ata o horizonte.

– O vento _ [especificativo] acariñaba o seu cabelo.

5. Completa coas partículas comparativas axeitadas.

– Ten _ paciencia _ pensaba [superioridade]


– Antes andaba _ vestido _ agora [superioridade]
– Antía é _ riseira _ ti [superioridade]
– Esta xente non é _ violenta _ me dixeron [igualdade]
– Este libro non é _ aburrido _ parecía [igualdade]
– É case _ rico _ el [igualdade]

6.- Indica, nas formas verbais subliñadas nos enunciados, o seguinte:

a. Tema e morfemas.
b. Persoa, número, tempo e modo.
c. Indica se son regulares ou irregulares.

– Era luns pola tarde e as horas marcharan nun asubío.

– Ás catro da tarde chegaba o tren que viña de Ribadeo.

– Quixemos achegarnos ao lugar sen que se desen conta.

– Pasarían moitos anos antes de que volvese acontecer outro feito coma aquel.
– Puñan as carteiras enriba da mesa e saían correndo a xogar.

– Fixestes unha boa trasnada.

7.- Completa os seguintes enunciados co verbo indicado en cada caso.

– Eu non _____ [espir, 1ª sg., pres. ind.] ao rapaz, se queres lo [espir, 1ª sg., pres. ind.) os dous
xuntos.

_____ [amontoar, 3ª sg., pret. ind.] no faiado os xoguetes do seu fillo.

– Cando chamou, xa______[chegar, 1ª pl. antepret.] á casa.

– Dixo que xa lle _______[poñer, 2ª pl. pospret.] o ferrollo á porta.

– Xa____[andar, 3ª pl. copret.] moito cando os _ [coñecer, 3ª pl., pret.].

– Non _[poñer, 2ª pl., pres. subx.] os pés enriba da mesa.

8.- Acentúa correctamente as palabras que o precisen:

facil, covardia, coctel, ataude, res, fibela, roñon, furacan, proer, hipotese, duas, textil, heroe,
proteina, construen, faisca, recluir, sabiamos, valvula, inmobil,espirito, saude, lapis, parasito.

9.- Indica as palabras do rexistro formal que se corresponden coas seguintes que
pertencen ao rexistro informal:

– Catear: SUSPENDER
– Escordadura
– Tío / colega
– Potra
– Pescozo
– Bocata
– Pasta
– Birollo
– Latar
– Pirarse

10.- Acentúa as palabras que o precisen nos seguintes enunciados.

– Cando me asomei a fiestra vin un esquío subido a pola do castiñeiro que hai fronte a nosa casa,
mentres ao pe da árbore unhas polas peteiraban uns grans de millo.

– A rapaza foi mercar unha bola de pan a panadaría; levaba moita presa e non parou a falar con
ninguén.

– Compre que vaias fora mirar se ven teu irmán polo camiño arriba, porque dende aquí non se ven
as persoas que pasan.

– Agora xa volve haber osos nos montes galegos.

– Atoparon unha morea de osos na praia de Foz.

– Fai un no ben apertado para que non se solte e saia todo para fora.

11.- Aplica as regras de uso da coma e o punto e coma nos seguintes enunciados:

– Fun ao mercado comprar peixe algo de verdura patacas e de paso botar unha carta ao correo.

– Xoan chámate túa nai.– Comprendo en efecto que non viñeses cando cho pedín.

– O venres meu pai marchou de viaxe.

– Estivo preparando o traballo pero non lle saíu ben.

– Ana ten tres anos Manuela catro miña curmá Xiana é maior ca as dúas as demais non superan esas
idades.

– Aquela tarde mostraba unha forza inusitada realizaba uns saltos de considerable lonxitude.
12.- Aplica as regras de uso dos dous puntos e os puntos suspensivos nos seguintes
enunciados.

– Hoxe, no colexio puxéronos unha manchea de exercicios dous de matemáticas, unha redacción de
lingua, tres de física e un comentario de sociais

– Foron as súas palabras «non penso poñer máis os pés nesta casa»

– Viñeron Antón, María, Xiana, Breixo

– Estimado amigo acabo de recibir a túa carta e dispóñome a contestarche

– Os expertos recomendan comida sá a cociña mediterránea é unha boa opción

– Home, non sei, pode que si, xa che contestarei máis tarde

13.- Indica a palabra que sobra en cada unha das seguintes series.

1. triciclo - ciclomotor - telesquí - velomotor - moto

2. tranvía - teleférico - telderete - aerotrén - ferrocarril

3. xirar - guiar - manobrar - cear - estra

4. pensión - residencia - cámping - caravana - furgón

5. escavar - envorcar - transportar - cargar – bascular

14.- Completa os seguintes enunciados coa palabra axeitada.

– Hai que _ as castañas para que non estoupen ao botalas no lume.

– Cando boto leña ao lume gústame ver saltar as e como soben cara ao ceo.

– Como o lume non prendía miña nai deulle cun para avivecelo.

– Mercamos na castañeira da praza maior un cheo de castañas ata arriba.

– Miña avoa facíame un colar con _ cando chegaba o tempo das castañas e sempre o comiamos
entre os amigos.
15.- Escribe as palabras correspondentes ás seguintes definicións.

– Froitos secos recubertos con caramelo derretido de xeito que forme grumos.

– Persoa que debe organizar as festas dun lugar ou parroquia.

– Obxecto de forma cónica de papel ou cartón que se emprega para recipiente de lambetadas.

– Conxunto de músicos que actúan unidos.

– Construción improvisada para a exposición ou venda de produtos.

16.- Escribe un enunciado coas seguintes palabras, no que se vexa claramente o seu
significado.

– Chacinaría:

– Molete:

– Chícharos:

– Cachelos:

– Cabaciña:

– Porros:

You might also like