You are on page 1of 1

CARACTERÍSTICAS DA OBRA DE

CASTELAO

1. Consegue unha arte popular polo seu contido, forma e aceptación, e ó tempo de gran calidade 
estética, grazas á​ riqueza léxica​ , á​ atinada construción sintáctica​, ó​ humorismo​ profundo e ó​ lirismo 
que inzan a súa prosa narrativa, ateigada ademais dunha​ emoción solidaria co ser humano​. 
Reflicte case exclusivamente a vida do pobo, especialmente labregos e mariñeiros. 
 
2. Un​ tema​ principal que aparece na obra de Castelao é a​ morte​. Tratada sempre de forma orixinal, 
variada e tinguida de humor ​( Un ollo de vidro, Os vellos non deben de namorarse​... ) Outros temas 
recorrentes da prosa de Castelao xiran arredor dos​ problemas socioeconómicos , a emigración , o 
desterro​ ... e da cultura popular . 
 
3. ​A​ técnica​ narrativa do autor de Cousas caracterízase pola presencia dun 
procedemento que tamén se dá na obra gráfica do rianxeiro: uns​ trazos 
selectivos esenciais​ denotan o fundamental da historia e o resto da información 
queda suxerida dun modo connotativo. Domina, pois,​ a forma breve e sintética, 
sinxela en aparencia mais froito dun laborioso traballo de depuración e 
escolma. 
 
4. ​Así mesmo, o​ humorismo​ é outro recurso esencial do tratamento dos temas da súa narrativa. 
Mediante o humor, Castelao revela o cerne dos asuntos tratados, sen concesións ao anecdótico. 
 
5. Para darlle v​erosimilitude​ (certeza) aos relatos utiliza recursos realistas como presentar os feitos 
como se fosen vivencias propias, relatos de testemuñas ou fragmentos de manuscritos encontrados. 
  

I Cando eu era rapaz.... 


II E
​ iquí compría escribir unha novela; pero eu son horne de ben e non debo conta-lo que non sei. Pero 
novela haina. 
6.  
7. ​Os​ desenlaces​ están​ coidados con esmero​ deste xeito, o narrador expresa nunha atinada síntese 
a esencia do relato. PROTESTO!​ (Os dous de sempre​) 
 

http://issuu.com/arousa/docs/castelao/3?e=1017826/2943145

You might also like