You are on page 1of 12

UNIDADE 1

GALICIA ENTRE 1916 E 1936.


RAMÓN CABANILLAS
SOCIEDADE, ECONOMÍA E POLÍTICA

• SOCIEDADE e ECONOMÍA:
a) Atraso económico (ruralidade).
b) Emigración (América).
c) Industrialización escasa (foránea).
d) Deficientes vías de comunicación (estradas e camiños
de ferro).
• POLÍTICA:
a) Monarquía (1900-1931).
b) Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930).
c) Segunda República (1931-1936).
• CULTURA: movemento agrarista e creación das Irmandades da
Fala
O AGRARISMO
• Movemento reivindicativo do campesiñado galego que
xurdiu na 1º década do XX.
• DEMANDAS:
a) Mellorar as condicións de vida dos labregos e denunciar o
caciquismo.
b) Solicitar a propiedade da terra para quen a traballa,
superando o sistema foral que se arrastraba dende a Idade
Media.
1926 REDENCIÓN DOS FOROS.
-BASILIO ÁLVAREZ e LUGRÍS FREIRE
-SOLIDARIDAD GALLEGA e ACCIÓN GALLEGA.
AS IRMANDADES DA FALA
➢ ANTÓN VILLAR PONTE 1916 1º IRMANDADE DA
FALA DA CORUÑA
OBXECTIVOS:
a) A COOFICIALIDADE ENTRE GALEGO E CASTELÁN.
b) A AUTONOMÍA INTEGRAL PARA GALICIA (LEXISLATIVA, XUDICIAL E TRIBUTARIA).
c) O INGRESO NA LIGA DAS NACIÓNS E ESTUDAR UNHA RELACIÓN FEDERAL CON
PORTUGAL.
d) A IGUALDADE DE DEREITOS ENTRE O HOME E A MULLER.

TRABALLO CULTURAL:
a) CREACIÓN DE EDITORIAIS (CÉLTIGA, LAR OU NÓS).
b) XORNAIS E REVISTAS (A NOSA TERRA e NÓS).
c) COMPAÑÍAS TEATRAIS (CONSERVATORIO NACIONAL DE ARTE DRAMÁTICA).
d) INSTITUCIÓNS CIENTÍFICAS (SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS).
O SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS
➢ INSTITUCIÓN FORMADA POR ESTUDANTES E PROFESORES DA
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO QUE FORMABAN PARTE DAS
IRMANDADES DA FALA.

➢ OBXECTIVOS:
a) ESTUDAR E DIVULGAR O PATRIMONIO CULTURAL GALEGO.
b) FORMAR INVESTIGADORES.
c) UTILIZAR O GALEGO NO ÁMBIO CIENTÍFICO.
➢ PARA UNHA MELLOR ESTRUTURACIÓN, ORGANIZÁRONSE EN
SECCIÓNS TEMÁTICAS DEDICADAS Á XEOGRAFÍA, ETNOGRAFÍA,
HISTORIA…
O PARTIDO GALEGUISTA
• 1º PARTIDO NACIONALISTA XURDIDO EN GALICIA.
• NACEU NO 1931.
• PRINCIPAL OBXECTIVO: MAIOR AUTONOMÍA PARA
GALICIA E RECOÑECEMENTO COMO NACIÓN.
• EN 1936 CONSEGUEN QUE SE APROBE EN REFERENDO O
1º ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA. NON
ENTROU EN VIGOR POLO ESTOURIDO DA GUERRA
CIVIL.
RAMÓN CABANILLAS
(Cambados 1876 - Cambados 1959)
RAMÓN CABANILLAS
(Cambados 1876 - Cambados 1959)

1. 1889-1893: seminario de Compostela. Formación clásica.


2. 1910: marcha para A Habana. Entra en contacto coa intelectualidade e
participa na prensa galega.
3. 1913: 1º OBRA – No desterro.
4. 1915: 2º OBRA – Vento mareiro (nela aparece o himno composto por el para
Acción Gallega).
5. 1915: retorna a Galicia. Colabora coas Irmandades da Fala e escribe no xornal
A Nosa Terra. Convértese na voz principal do agrarismo e do galeguismo.
6. 1917: publica Da terra asoballada.
7. 1922: Ingresa na Real Academia Galega.
8. 1926: publica O Mariscal, sobre a figura de Pardo de Cela, e Na noite
estrelecida, poema narrativo.
9. 1927: publica o libro de carácter amoroso A rosa de cen follas.
10. 1956: publica con 80 anos a súa derradeira obra, o longo poema Samos.
RAMÓN CABANILLAS
(Cambados 1876 - Cambados 1959)

OBRA LITERARIA
- Diferentes etapas, múltiples facetas inclasificable nunha única
corrente.
- Harmoniza a tradición literaria do XIX, asimilando a estética de Rosalía,
Curros e Pondal (autores do Rexurdimento) coas grandes correntes
anovadoras (modernismo).
- Características modernistas: colorido, sensualidade, gusto polo exótico,
mitoloxía, musicalidade da linguaxe, cosmopolitismo.
- Este modernismo vincúlase co compromiso social e cultural do pobo
galego (non só evasión estética, senón compromiso cívico).
- A súa obra é PONTE entre a poesía decimonónica e as vangardas dos
anos 20.
RAMÓN CABANILLAS
(Cambados 1876 - Cambados 1959)

POESÍA LÍRICA
- OBRAS: No desterro (1912), Vento mareiro (1915), Da terra asoballada
(1917), A rosa de cen follas (1927).
- DIRECCIÓNS TEMÁTICAS:
a) POESÍA CÍVICA: recolle o facho prendido por Curros de crear unha
poesía comprometida co agrarismo e o nacionalismo das Irmandades
da Fala. Exalta a aldea fronte á cidade. Galicia unidade colectiva.
Chamada á rebelión.
b) POESÍA INTIMISTA: lembra a Rosalía. Sentimento amoroso, conmoción
ante a paisaxe. A rosa de cen follas.
c) POESÍA COSTUMISTA: matices humorísticos ou irónicos. Novidades
formais de carácter modernista.
RAMÓN CABANILLAS
(Cambados 1876 - Cambados 1959)
POESÍA NARRATIVA
- Na noite estrelecida (1926): materia de Bretaña na Galiza. Visión das
Irmandades da Fala e de Risco, coa defensa do Atlantismo galeguista e os
valores espirituais.
Consta de 3 sagas: “A espada Escalibor” custodiada en Sálvora; “O cabaleiro
do Santo Graal”, no que Galahaz atopa no Cebreiro o cáliz da Derradeira Cea; e
“O sono do rei Artur”, que conta a súa morte e o seu descanso eterno nunha
furna á espera de novos tempos.
(vid. https://gl.wikipedia.org/wiki/Materia_de_Bretaña)
- O bendito San Amaro (1925): pecado, penitencia e milagres de don Amaro de
Aventei, personaxe lendario do Salnés.
- Samos (1958): historia e vida comunitaria deste concello.
RAMÓN CABANILLAS
(Cambados 1876 - Cambados 1959)

O TEATRO

Cabanillas, consciente da importancia do teatro como medio da


popularización da nosa historia e da nosa cultura, publica:

- A man de Santiña (1921): comedia de tema amoroso e ambiente fidalgo.


- O Mariscal (1926): drama centrado na figura do mariscal Pardo de Cela
como símbolo da oposición galega ao centralismo dos Reis Católicos.
Obra posta ao servizo do ideario das Irmandades da Fala.

You might also like