You are on page 1of 3

PREGUNTAS LITERATURA

1)En que época nace o galego-portugués na antiga Galaecia?


En torno o século IX.

2)Cando comeza a separación e por qué?


Cando Portugal se converte en reino independente.

3)Qué se entende por lusofonía?


O conxunto de países que teñen o portugués como lingua oficial.

4)Cita os países nos que se fala portugués.


Portugal, Cabo Verde, Guinea-Bisseau, Angola, Mozambique, São Tomé, Príncipe, Time, Brasil, as
colonias de Macau, Dadra e Nagar Haveli.

6) Cita un autor e dúas obras da narrativa realista dos anos 60.


Xosé Neira Vilas – Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo

7)Desde que dous puntos de vista se pode clasificar a obra de Neira Vilas?
Segundo o espazo onde se sitúan as historias e segundo o protagonista das mesmas.

8)Cita a temática de Neira Vilas e unha obra de cada.


A GALICIA RURAL: Memorias dun neno labrego
A GALICIA EMIGRANTE: Historias de emigrantes

9) Memorias dun neno labrego


É unha das novelas de maior éxito da nosa literatura e foi traduciada a varios idiomas. Conta desde
a óptica do neno protagonista (Balbino) a vida e inquedanzas dun rapaz nunha aldea do interior de
Galicia.

10)Características da Nova Narrativa Galega:


- Personaxes anónimas, marxinais e con frecuencia sumidos en estados patolóxicos.
-O mundo do subconsciente
-Ambientes urbanos claustrófobos e sórdidos
-Ruptura da liberdade temporal
-Varios narradores
-Monólogo interior
-Técnica do ollo cinemátografico (o narrador actúa coma unha cámara)

11)Cita tres autores da Narrativa Galega e dúas obras de cada un deles:


-XOSÉ LUIS MÉNDEZ FERRÍN – Percival e outras historias
-CARLOS CASARES – Vento ferido, Cambio entres
-MARÍA XOSÉ QUEIZÁN – A orella no buraco, Amantia

12)Define que son os prexuízos liguistícos e cita 5.


Son xuízos sobre unha lingua que por diversas circunstancias nacen e viven na conciencia dalgúns.
Poden ser negativos ou positivos.
- A falta de utilidade do galego, galego como marca ideolóxica, suposta imposición do galego, o
galego normativo como lingua artificial, lingua non apta para a ciencia.

13) As tres xeracións da posguerra


1- Xeración do 36
2- Promoción do Enlace
3- Xeración das Festas Minervais

14)Xeración do 36. Características e cita 2 autores.


- Naceron entre 1910 e 1920
-Publican as súas obras despois da guerra
Celso Emilio Ferreiro, María Mariño

15)Explica as tres temáticas de Celso Emilio Ferreiro

POESÍA SOCIAL
Carácter reivindicativo, enuncia as inxustizas, expresa a súa solidaridade cos oprimidos e
compromiso antifascista.
POESÍA INTIMISTA
Expresa desacougo, lembra un tempo pasado e feliz, evoca a súa terra natal, reflexiona sobre a
vida, amor, etc.

POESÍA SATÍRICA
Denuncia a mesquinidade humana, cheo de humor e sarcasmo

16) Cita tres elementos positivos e negativos da obra de Celso Emilio Ferreiro.
Positivas – luz, pomba, vento – connotan ideas de esperanza, liberdade, xustiza…
Negativas – noite, cervo, cinza – aluden a ditadura e expresan medo.

You might also like