You are on page 1of 1

Marcos García Suárez 2ºBach B

RESUME:

A Piñeiro as vivencias da guerra deixáranlle fortes trastornos psíquicos que o fixeron entrar nunha
forte depresión coa que case perde a vida. Isto produciullo o comportamento inhumano e carecente
de sensibilidade que cría que tiñan algunhas persoas o que o fixo meditar profundamente e
desencadeou o seu interese polos problemas das condutas humanas.

COMENTARIO:

A guerra deixa mortos e feridos, lugares completamente destruídos, familias desfeitas, pobreza e
sobre todo unha poboación que tras ese conflito bélico repleto de desgrazas e moito medo, non
volverá a ser a mesma.

Ao longo da vida das persoas van acontecendo unha serie de sucesos que van marcando a súa
personalidade e forma de ver a vida. Aquelas persoas que tiveron que vivir momentos máis
conflitivos ou vivencias tráxicas adoitan converterse en persoas máis fortes e forxar unha
personalidade moito máis dura. Pode considerarse pois que teñen un embrutecemento persoal
debido a isto que fai que sexan menos sensibles. Polo tanto, vivir unha guerra e ter que enfrontarse a
ela deixa verdadeiros trastornos psíquicos.

Ter que delinquir para poder comer ou matar a persoas para salvarte a ti mesmo creaba neles un
instinto de supervivencia que facía que cada vez tivesen condutas máis inhumanas e que co tempo
nin sentisen empatia nin remordemento polos actos que estaban a cometer. Isto era perxudicial para
a saúde e para a das persoas que os rodeaban que vían comportamento carecentes de sensibilidade
que ata te podían aterrar.

En conclusión, a guerra deixa secuelas fisica, demográficas e económicas; pero tamén un gran
impacto na sociedade e na forma de ser das persoas que a viven en primeira ou terceira persoa ata o
punto de crearlle grandes traumas psicolóxicos.

You might also like