You are on page 1of 1

Marcos García Suárez 2ºBach B

1. Comenta o sentido das dúas seguintes afirmación que aparecen no texto: “o poder non precisa de
escusas” e "calquera persoa que ten un millón de dólares é superior ao resto" (liñas 15-16).

“o poder non precisa de escusas” significa que para gobernar debes manter a firmeza, ter os
obxectivos claros e evitar sentir piedade dos demais.

"calquera persoa que ten un millón de dólares é superior ao resto" significa que para Windrip o
diñeiro da poder, polo que canto máis rico seas a máis poderás mandar.

2. Explica o significado que teñen no texto as seguintes palabras ou expresións: premonitoriamente


(liña 4); falangueiro (liña 7); limpeza étnica (liña 9); orzamento militar (liña 12). Non son válidas as
respostas só con sinónimos

premonitoriamente: o libro parece que foi unha premonición do que está acontecendo con Trump.

falangueiro: que fala moito, que é de conversa agradable, alegre e simpática.

limpeza étnica: que non quere máis personas que as do seu país

orzamento militar: significa que se aumentan os recursos para melloralo tamén mellorara o estado
do país.

3. Redacta un texto explicando como é posible, na túa opinión, que un candidato como Windrip
gañase as eleccións presidenciais sen o apoio do seu propio partido e cun programa como o que
defendía. (Extensión aprox. 200-250 palabras).

O resultado electoral favorable a Windrip parece estrano debido a súa ideoloxía e á falta de apoio
por parte do seu partido. Por iso, considero que o feito de que gañase ten que ver coa súa facilidade
para convencer as persoas e o seu poder económico.

Por un lado, penso que este candidato aproveitábase da súa facilidade para saber o que as persoas
querían escoitar e, dependendo de a quen se dirixise, dicir o oportuno para poñelas do seu lado.
Considero que as súas propostas do programa eran preocupantes xa que atentaba contra os dereitos
das mulleres, traballadores e estraxeiros, pero a pesar de todo isto, conseguiu gañar as eleccións. Na
miña opinión, esa capacidade para convencer foi clave, xa que facía crer ás persoas que as propostas
que as perxudicaban eran boas para o país.

Por outro lado, considero que mediante o capital económico do que dispoñía foi unha gran axuda
para acadar o seu obxectivo. Debido a que se el chegou a ter un gran nivel económico, fixo crer que
o país con el ao cargo tamén podería acadalo.

En conclusión, penso que Windrip, ao igual que Donald Trump, utilizaron o mesmo sistema político
para lograr ser presidentes, pese a que pareza estrano con esas propostas alarmantes para os dereitos
da poboación.

You might also like