You are on page 1of 1

Se hai algo polo que se caracteriza a Segunda Guerra Mundial é pola crueldade vivida nela, o

racismo, o autoritarismo e a xenofobia no ideario nazi, que escolleu ao colectivo xudeu como
grupo para exterminar. Así, o Holocausto, é dicir, a persecución e exterminio dos xudeus
comezou coa subida ao poder dos nazis e estes foron obrigados a levar distintivos na roupa e
perseguidos para ser traslados aos campos de concentración coa imposición de realizar traballos
forzados. Posteriormente, en 1942, os superiores nazis decidiron iniciar a “solución nal”, é dicir a
eliminación total dos xudeus, polo que os campos de concentración se convertiron en campos de
exterminio, nos que foron torturados e asasinados masivamente co emprego de cámaras de gas.

Todo isto, entre outras cousas, provocou que as consecuencias do con ito foran devastadoras.

En primeiro lugar, máis de 50 millóns de persoas morreron ao longo da confrontación e unha gran
parte foi poboación civil debido ao aumento do uso de bombas, armas e avións.

Deste xeito, as destrucións materiais foron tamén moi signi cativas, afectando a súa vez a
produción e polo tanto a economía dos países belixerantes.

Europa quedou material e moralmente destrozada e a poboación que viviu constantes


desprazamentos por motivos varios, decimada.

Evidentemente, tivo tamén un gran impacto moral e deixou traumatizada a poboación coa
interrogante sobre a barbarie da civilización occidental.

fi
fl
fi

You might also like