You are on page 1of 2

DEFINICIONS

Electricidade: é unha forma de enerxía. Pódese transformar en luz e calor.

Carga eléctrica ou electricidade estática: é a capacidade de atraer que teñen os


obxectos. Teñen dous tipos de carga (positiva ou negativa). Os obxectos positivos con
cargas opostas negativas atráense e co mesmo signo repélense.

Corrente eléctrica: movemento da carga eléctrica a través dos obxectos capaces de


conducila.

Enerxía eléctrica: produce cambios nos materiais e pódese transformar noutras


formas de enerxía.

Materiais condutores: materiais que permiten o paso da corrente eléctrica. Os


materiais condutores poden ser metais (ferro, cobre,…) ou non metais (grafito,
disolucións acuosas,…).

Materiais illantes: materiais que non permiten o paso da corrente eléctrica (madeira,
plásticos, auga pura, goma,…)

Efectos da electricidade: os principais son a calor, a luz os cambios químicos e o


magnetismo.

Circuítos eléctricos: é un conxunto de elementos que permiten xerar, distribuír e


aproveitar a enerxía dunha corrente eléctrica.

Xeradores: dispositivo que transforma en enerxía eléctrica outras formas de enerxía e


produce corrente eléctrica. Exemplos: pilas, baterías, alternadores, dínamos, placas
fotovoltaicas.

Cables condutores: son cables que transportan a corrente eléctrica desde o xerador
aos receptores. Soen estar cubertos de materiais illantes.

Interruptores: dispositivos que se poden accionar para permitir ou impedir o paso da


corrente eléctrica por un cable.

Receptores: elementos do circuíto que usan a enerxía eléctrica que lles chega polos
cables e que a transforman noutras formas de enerxía (lámpadas, forno, motor
eléctrico,…)

Magnetismo: propiedade de exercer as forzas de atracción ou repulsión sobre outros


materiais.
Imáns: material capaz de exercer atracción ou repulsión sobre outros materiais. Poden
ser naturais (magnetita) ou artificiais ( feitos de ferro, cobalto, níquel,…). Todo imán
ten dous polos e xera un campo magnético.

Polos do imán: son dúas zonas nas que se concentra a forza magnética. Noméanse
como norte e sur.

Campo magnético: influencia que exerce un imán no espazo que o rodea, é máis
intensa nas zonas próximas ao imán.

Liñas de forza: son as liñas das que se compón o campo magnético, que parecen ir
dun polo a outro.

Compases: artefactos que permiten detectar o campo magnético terrestre e que se


orientan debido á súa influencia (brúxulas caseiras)

Electromagnetismo: conxunto de fenómenos nos que interveñen o magnetismo e a


electricidade.

Electroimán: é un tipo de imán no que o campo magnético que produce é debido o


fluxo dunha corrente eléctrica. Xeralmente, consiste nunha bobina de arame aillado,
envolto ao redor dun núcleo de ferro.

Xeradores electromagnéticos: son aparatos que utilizan o magnetismo para xerar


electricidade. Exemplos: alternadores e dínamos.

You might also like