You are on page 1of 2

Candeloria,

a primavera xa chega!
Febreiro é o mes da Candeloria (2 febreiro), o mes
que preludia a primavera. A partir da candeloria,
ningunha ave voa soa, di o refrán, para lembrar
que, nesta data, casan os paxariños.

Atrévete co galego e anímate a participar nesta nova iniciativa do Equipo de


Dinamización da Lingua Galega, en colaboración co Comando de Igualdade e o
Departamento de Lingua Galega.
Proposta

1. Grava, en galego, unha pequena curta, co


móbil ou unha cámara, cuxa temática sexa:
a) Amor por unha persoa, por un mesmo/a, por
unha cousa ou polo galego.
b) Desamor.
c) Desmontando o amor romántico.
d) Visibilizando as novas relacións amoroso-
afectivas.

2. A curta debe durar entre 30 e 60 segundos. Se


non podes gravar a túa imaxe, chega coa túa
voz, mais tes que incorporar imaxes de fondo.

3. Envía o arquivo ao correo


edlgalexandreboveda@gmail.com, poñendo no
asunto “Candeloria, a primavera xa chega!”.

4. Prazo de presentación: 1 de MARZO, ás


20.00 h.

5. Ao rematar o prazo, recompilaremos todas as


curtas e subirémolas ás redes do EDLG e/ou á
páxina do IES. Tamén se contemplará a
posibilidade de proxectalas fóra do centro.

6. De participares, contarache como traballo


voluntario para a materia de Lingua Galega e
Literatura, sempre que o profesorado desta
materia así o considere.

You might also like