You are on page 1of 21

A Crise do AntigoRéxime

M.D Resposta en branco (0)


(0-1) A resposta é unha paráfrase dos documentos (1)
Defi Contidos: Xeneralidades sobre a época (1,5).
cient Uso dos documentos: a resposta prescinde dos documentos, exponse como a resposta
e a unha pregunta teórica (2).
(1,5- Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras inventadas, frases
2) incoherentes ou mal articuladas.
Apro Contidos:
bad -Sinalar o impacto da Revolución francesa co temor ó espallamento da revolución, a
o creación do cordón sanitario por Floridablanca e o remate das políticas ilustradas
(2,5- - A aparición de Godoy como a principal figura política do período
3) -Sinalar a Crise de Facenda como consecuencia da paralización do comercio con
América
- Resaltar a política exterior de total submisión a Francia, trala Guerra da Convención
- Dar conta da creación do Partido Fernandino
- Sinalar o Motín de Aranjuez como detonante das Abdicacións de Carlos IV e Fernando
VII
- Facer referencia ó levantamento popular do 2 de maio como inicio da Guerra de
Independencia
Uso dos documentos: os documentos cítanse na redacción.
Redacción: texto formalmente correcto, pero expresión demasiado simple
Nota Contidos(ademais do esixido para o aprobado, afondar no comentario nalgunha das
ble seguintes cuestións)
(3,5- - O intento de paliar a Crise de Facenda coa Desamortización de Godoy
4) - Incorporación á política Napoleónica contra Portugal e Gran Bretaña. Tratado de San
Ildefonso. Tratado de Fontainebleau
- Actuacións do Partido fernandino contra Godoy. Conjura do Escorial
Uso dos documentos
Analízanse un ou dous documentos
Redacción: correcta e texto coherente
Sobr Contidos(ademais do esixido para o notable no comentario recólleseunhaou varias das
esali seguintescuestións)
ente - O malestar e descontento social ante a ineficacia das políticas de Godoy,
(4,5- motíns, crises de subsistencias
5) - Os obxectivos de Napoleón na súa política exterior(invasión de Gran Bretaña.
Bloqueo Continental. Incorporación de territorios ó Norte do Río Ebro
- As manobras de Napoleón para conseguir a Coroa de España
Uso dos documentos:
Analízanse os 3 documentos
Redacción: correcta e precisa, facendo uso do vocabulario específico. O texto está ben
articulado e argumentado

.
As Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812 (ata 5 puntos)
M. D Resposta en branco (0)
(0-1) A resposta é unhaparáfrase dos documentos (1)
Defici Contidos:Xeneralidades sobre a época (1,5)
ente Uso dos documentos: a resposta prescinde dos documentos, exponse como a
(1,5-2) resposta a unha pregunta teórica (2)
Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras inventadas, frases
incoherentes ou mal articuladas.
Aprob Contidos:
ado -Contextualizar a convocatoria a Cortes narexencia establecida durante a guerra
(2,5-3) contra os franceses.
-Mencionar os factores que levaron a que as Cortes se celebrasen en Cádiz (cidade
que resistía o asedio francés) e as súas consecuencias a nivel político (substitución de
moitos dos deputados escollidos nos diferentes territorios por representantes
gaditanos, maioritariamenteliberais).
-Comentar as características das Cortes e as principais tendencias ideolóxicas dos
deputados.
-Principais características da constitución de 1812: soberanía, organización do poder,
dereitos(sufraxio) e liberdades, relación Igrexa/Estado.
Uso dos documentos: os documentos cítansena redacción
Redacción: texto formalmente correcto, pero expresión demasiado simple
. Contidos (ademais do esixido para o aprobado, afondar no comentarionalgunha
Notab das seguintescuestións): -Mencionar o proceso de elección dos deputados (sufraxio
le universal masculino indirecto) e sinalar a presenza de representantes das colonias
(3,5-4) americanas.
-Comentar as primeirasdecisións adoptadas: recoñecemento como rei de Fernando
VII, soberanía nacional, igualdade ante a lei.
-Afondar nos trazos da carta constitucional: institucións que exercen cada un dos
poderes do Estado, cámara única, organización territorial do estado, regulación da
Milicia Nacional…
Uso dos documentos
Analízase un ou dous documentos
Redacción: correcta e texto coherente
Sobre Contidos(ademais do esixido para o notable no comentario recóllese unha ou varias
salien das seguintes cuestións):
te -Detallar o proceso de convocatoria e constitución das Cortes: convocatoria inicial
(4,5-5 pola Xunta Suprema Central, mantemento da convocatoria polo consello de
Rexencia (1810), reunión na Isla de León e traslado posterior a Cádiz (1811).
-Incidir nasdiferenzasesenciais entre o modelo político de AntigoRéxime e o liberal
defendido polas Cortes (comparación do concepto de soberanía, a organización do
poder, a organización social...).
-Comentar a transcendencia política da Constitución e as dificultades atopadas para
a súa implantación.
Uso dos documentos
Analiza os 3 documentos
Redacción: correcta e precisa, facendo uso doocabulario específico. O texto está ben
articulado e argumentado
A Restauración de Fernando VII e o Absolutismo
Moi de Resposta en branco (0)
(0-1) A resposta é unhaparáfrase dos documentos (1)
Deficie Contidos:Xeneralidades sobre a época (1,5)
nte Uso dos documentos: a resposta prescinde dos documentos, exponse como a
(1,5-2) resposta a unha pregunta teórica (2)
Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras inventadas, frases
incoherentes ou mal articuladas
Aproba Contidos:
do (2,5- -Referencia básica ás etapas políticas do reinado de Fernando VII e a algunhas das
3) súas características:
-O Sexenio Absolutista: o regreso de Fernando VII despois da vitoria fronte a
Francia e o restablecemento do absolutismo abolindo a obra das Cortes de Cádiz.
-O Trienio Liberal: o triunfo dunpronunciamento liberal en 1820 e o
establecementodungobernodestaideoloxía durante tres anos
-A Década Ominosa: o restablecemento do absolutismo logo da intervención dos
Cen Mil Fillos de San Luís.
Uso dos documentos: os documentos cítansena redacción
Redacción: texto formalmente correcto, pero expresión demasiado simple
Notable Contidos(ademais do esixido para o aprobado, afondar no comentario nalgunha
(3,5-4) das seguintescuestións)
- Explicar os factores que favoreceron o restablecemento do absolutismo por parte
de Fernando VII aoseu regreso a España.
- Comentar o recurso aopronunciamento por parte dos liberais para forzar o rei a
cambiar de sistema político.
- Explicar os factores que permitiron a volta do absolutismo en 1823 (intervención
da Santa Alianza)
. Uso dos documentos
Analiza un ou dous documentos
Redacción: correcta e texto coherente
Sobresa Contidos (ademais do esixido para o notable no comentario recólleseunhaou varia
liente das seguintescuestións)
(4,5-5) -Facer referencia á defensa do absolutismo realizada por algúns dos deputados
presentes nas Cortes de Cádiz.
- Mencionar outrospronunciamentos fallidos anteriores ao de Riego.
- Incidir no contexto internacional favorable ao absolutismo co Congreso de Viena.
- Abordar a problemática sucesoria: as súas causas e consecuencias.
Uso dos documentos
Analízanse os tres documentos
Redacción: correcta e precisa, facendo uso do vocabulario específico. O texto está
ben articulado e argumentado
A Construción do Estado Liberal

M.D Resposta en branco (0)


(0-1) A resposta é unhaparáfrase dos documentos (1)
Defi Contidos:Xeneralidades sobre a época (1,5).
cient Uso dos documentos: a resposta prescinde dos documentos, exponse como a resposta
e a unha pregunta teórica (2).
(1,5- Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras inventadas, frases
2) incoherentes ou mal articuladas.
Apro Contidos:
bad - Sinálase como principios básicos do liberalismo a Monarquía constitucional, a
o separación de poderes, os dereitos e liberdades individuais
(2,5- - Distínguese o Liberalismo doutrinario, destacando a soberanía e o poder lexislativo
3) compartido entre Rei e Cortes, amplos poderes do Rei e sufraxio censatario
- Identifícanse os Partidos Moderado, Progresista e Demócrata
- Sinálase que a raíña sempre chama ó poder ós moderados e que os progresistas
deben recorrer ós pronunciamentos para acadar o poder
Uso dos documentos: os documentos cítansena redacción.
Redacción: texto formalmente correcto, pero expresión demasiado simple
Nota Contidos(ademais do esixido para o aprobado, afondar no comentario nalgunha das
ble seguintes cuestións)
(3,5- - Identifica ós líderes progresistas (Espartero) e moderados (Narváez, O´Donnell)
4) - Relaciónase o Partido Progresista coa Constitución de 1837 e ó Partido Moderado coa
Constitución de 1845
- Identifica o Partido Demócrata como unha escisión do Partido Progresista.
Uso dos documentos
Analiza un ou dous documentos
Redacción: correcta e texto coherente
Sobr Contidos(ademais do esixido para o notable no comentario recóllese unha ou varias
esali das seguintes cuestións)
ente Destaca o papel dos “espadóns” no sistema político de Isabel II
(4,5- Compara algunas das características da Constitucións de 1837 e 1845
5) Identifica as etapas do reinado de Isabel II
Destaca os principios do Liberalismo democrático
Uso dos documentos:
Redacción: correcta e precisa, facendo uso do vocabulario específico. O texto está ben
articulado e argumentado
A Revolución Gloriosa (ata 5 puntos)
Moideficien(0- Resposta en branco (0)
1) A resposta é unhaparáfrase dos documentos (1)
Deficiente Contidos: Xeneralidades sobre a época (1,5)
(1,5-2) Uso dos documentos: a resposta prescinde dos documentos, e está
elaborada como resposta a unha pregunta teórica (2)
Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras inventadas,
frases incoherentes ou mal articuladas.
Aprobado Contidos:
(2,5-3) -Sinalar de forma xenérica as causas da revolución de 1868 (malestar
político, económico e social).
-Mencionar o pronunciamento militar de Cádiz e aoseu principal líder
-Comentar o carácter democrático da revolución e do sistema político
derivado da mesma.
-Referenciar os trazos fundamentais da constitución de 1869: sufraxio
universal masculino, soberanía popular, monarquía...
Uso dos documentos: os documentos cítansena redacción
Redacción: texto formalmente correcto, pero expresión demasiado simple.
Notable (3,5- Contidos (ademais do esixido para o aprobado, afondar no comentario
4) nalgunha das seguintescuestións):
-Explicar os factores que desencadean a Gloriosa revolución.
-Sinalar os seusprincipais líderes militares e políticos
-Referir o desenvolvemento do proceso revolucionario (alianzas políticas,
formación de xuntas revolucionarias de ideario democrático, enfrontamento
das tropas realistas e revolucionarias, exilio da raíña...).
-Facerfincapé no feito de que os demócratas son excluídos do goberno
provisional.
-Mencionar varias das medidas tomadas polo goberno provisional:
convocatoria de eleccións a cortes constituíntes, recoñecemento de
amplasliberdades, disolución das xuntas revolucionarias...
-Afondar nas características da constitución de 1869: clara división de
poderes, liberdade de cultos, dereito de reunión, de asociación, sistema
bicameral...
-Sinalar o establecemento da monarquía de Amadeu de Savoia como
conclusión da revolución.
Uso dos documentos
Analízase un ou dous documentos
Redacción: correcta e texto coherente
Sobresaliente Contidos (ademais do esixido para o notable no comentario recólleseunhaou
(4,5-5) varias das seguintescuestións):
-Mencionar o Pacto de Ostende e os seus integrantes como o paso previo á
revolución de setembro de 1868.
-Comentar as reivindicaciónssociais das xuntas revolucionarias en
consonancia co carácter popular do proceso revolucionario: supresión de
quintas, abolición dos consumos, recoñecemento do dereito de asociación...
-Enumerar outras medidas menos coñecidas do goberno provisional:
creación da peseta, reorganización da milicia nacional, emancipación dos
fillos dos escravos, decreto de liberdade de ensinanza...
-Facerfincapé no progresivo distanciamento das clases populares integradas
nasxuntas revolucionarias respecto dos grupos burgueses ata o momento
marxinados do poder político e que organizaran a revolución (revolución
falseada)
-Comentar a fragmentación política resultante das eleccións a cortes
constituíntes, a cal será un factor de inestabilidade durante todo o Sexenio
Democrático.
-Sinalar a constitución de 1869 como a máis avanzada de todo o s.XIX.
-Mencionar a rexencia de Serrano como paso político previo á monarquía de
Amadeu de Savoia.
Uso dos documentos
Analízanse os 3 documentos
Redacción: correcta e precisa, facendo uso do vocabulario específico. O
texto está ben articulado e argumentado

A Primeira República (ata 5 puntos)


M.D Resposta en branco (0)
(0-1) A resposta é unhaparáfrase dos documentos (1)
Defi Contidos:Xeneralidades sobre a época (1,5).
cient Uso dos documentos: a resposta prescinde dos documentos, exponse como a resposta
e a unha pregunta teórica (2).
(1,5- Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras inventadas, frases
2) incoherentes ou mal articuladas.
Apro Contidos:
bad -Contextualizar a proclamación da I República no fracaso da experiencia monárquica de
o Amadeu de Savoia.
(2,5- -Indicar as principais características do proxecto de Constitución Federal (soberanía
3) popular, república federal, sufraxio universal masculino…).
-Sinalar os principais factores de debilidade do réxime republicano facendo especial
mención do movemento cantonal.
Uso dos documentos: os documentos cítansena redacción.
Redacción: texto formalmente correcto, pero expresión demasiado simple
Nota Contidos(ademais do esixido para o aprobado, afondar no comentario nalgunha das
ble seguintescuestións)
(3,5- -Comentar a división interna dos republicanos (unitarios, federais gradualistas e
4) federaisradicais).
-Explicar o proceso de convocatoria de cortes constituíntes e o seu resultado.
-Afondar nas características do proxecto constitucional e nasrazóns do seu fracaso.
-Incidir no desenvolvemento do movemento cantonal.
Uso dos documentos
Analízanse un ou dous documentos
Redacción: correcta e texto coherente
Sobr Contidos(ademais do esixido para o notable no comentario recólleseunhaou varias das
esali seguintescuestións)
ente -Referirse á sucesión de gobernos e presidentes que tivo lugar na I República (Figueras,
(4,5- Pi i Margall, Salmerón e Castelar) e á súaincapacidade para satisfacer as aspiracións
5) populares.
-Citar os efectos das guerras carlista e de Cuba no desenvolvemento da república.
-Comentar a vinculación entre o cantonalismo e as aspiraciónssociais e políticas das
clases populares.
-Explicar o fin do réxime republicano poñéndoo en relación cos golpes de Estado dos
xenerais Pavía e Martínez Campos.
Uso dos documentos
Analízanse os 3 documentos
Redacción: correcta e precisa, facendo uso do vocabulario específico. O texto está ben
articulado e argumentado

O Retorno da Monarquía e a Constitución de 1876 (ata 5 puntos)


M. def Resposta en branco (0)
(0-1) A resposta é unha paráfrase dos documentos (1)
Deficien Contidos: Xeneralidades sobre a época (1,5)
te (1,5- Uso dos documentos: a resposta prescinde dos documentos, exponse como a
2) resposta a unha pregunta teórica (2)
Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras inventadas, frases
incoherentes ou mal articuladas.
Aproba Contidos:
do (2,5- -Contextualizar a volta da monarquía borbónica como consecuencia do fracaso e
3) a inestabilidade da I República.
-Relacionar o novo réxime político coa figura de Cánovas del Castillo.
-Citar as características básicas do sistema da Restauración: xénese
conservadora, monarquía constitucional e quenda pacífica de dous partidos.
-Sinalar os trazos fundamentais da constitución de 1876: soberanía compartida
Coroa/Cortes, papel esencial da monarquía no nomeamento dos gobernos...
Uso dos documentos: os documentos cítanse na redacción
Redacción: texto formalmente correcto, pero expresión demasiado simple
Notable Contidos (ademais do esixido para o aprobado, afondar no comentario nalgunha
(3,5-4) das seguintes cuestións)
-Referir o papel esencial de Cánovas no proceso político de retorno da
monarquía borbónica (creación do “partido afonsino”, consecución da abdicación
de Sabela II, redacción do manifesto de Sandhurst...)
-Sinalar a proclamación de Afonso XII como rei a través do pronunciamento
militar de signo moderado de Martínez Campos.
-Explicar os trazos políticos da Restauración: o papel que no sistema político
xogan as institucións básicas (Cortes e Coroa), o funcionamento do denominado
“turnismo” entre conservadores e liberais...
-Facer fincapé no recurso á quenda pacífica como instrumento de estabilidade
política: fórmula para rematar co intervencionismo do exército na vida política
(supremacía do poder civil sobre o militar), evitar a proliferación de loitas civís,
superar o carácter excluínte e partidista do reinado de Sabela II
-Afondar nas características da constitución de 1876: sistema bicameral, cuestión
relixiosa, dereitos e liberdades...
Uso dos documentos: Analízanse un ou 2 documentos
Redacción: correcta e texto coherente
Sobresal Contidos (ademais do esixido para o notable no comentario recóllese unha ou
iente varia das seguintes cuestións)
(4,5-5) -Referir de xeito explícito as tensións características da I República
(enfrontamento entre republicanos, guerra carlista, guerra en Cuba,
reivindicacións sociais da AIT, medo dos grupos conservadores á revolución
social..) como factores explicativos da Restauración da monarquía borbónica.
-Salientar a admiración de Cánovas polo parlamentarismo inglés.
-Facer referencia ao desexo de Cánovas de que a restauración monárquica se
fixese por vía pacífica e non a través da intervención militar.
-Sinalar a constitución de 1876 como unha síntese ou punto medio entre a de
1845 e a de 1869.
Uso dos documentos
Analízanse os 3 documentos
Redacción: correcta e precisa, facendo uso do vocabulario específico. O texto
está ben articulado e argumentado
Os Nacionalismos no último terzo do s.XIX. (ata 5 puntos)
M. def Resposta en branco (0)
(0-1) A resposta é unha paráfrase dos documentos (1)
Deficien Contidos: Xeneralidades sobre a época (1,5)
te (1,5- Uso dos documentos: a resposta prescinde dos documentos, exponse como a
2) resposta a unha pregunta teórica (2)
Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras inventadas, frases
incoherentes ou mal articuladas.
Aproba Contidos:
do (2,5- - Destacar o auxe do nacionalismo como reacción fronte ó centralismo do Estado
3) español.
- Sinalar a diversidade cultural e lingüística (Rexurdimento e Renaixença)
- Manifestar a reivindicación do Rexionalismo da Autonomía de Cataluña e Galiza
- Sinalar a semellante evolución do nacionalismo catalán e galego.
- Mencionar o atraso de Galicia como factor básico do rexionalismo galego
- Diferenciar no rexionalismo catalán o progresista de Valentí Almirall e o
conservador de Prat de la Riba
- Diferenciar no rexionalismo galego o progresista de Manuel Murguía e o
conservador de Brañas.
- Destacar a figura de Sabina Arana , a creación do PNV
Uso dos documentos: os documentos cítanse na redacción
Redacción: texto formalmente correcto, pero expresión demasiado simple
Notable Contidos
(3,5-4) - Sinalar a industrialización como un dos factores do desenvolvemento dos
nacionalismos periféricos, así como a marxinación política de Galicia e Cataluña
- Citar a Unión Catalanista e sinalar as Bases de Manresa como o 1º Proxecto
autonomista de Cataluña
- Destacar o pensamento de Murguía (Galicia como nación) e de Brañas (Patria
grande e chica)
- Sinalar os principais trazos do nacionalismo vasco (raza, Euskadi, Deus e foros)
Uso dos documentos: Analizar 1 ou 2 documentos
Redacción: correcta e texto coherente
Sobresal Contidos
iente -Sinalar a reacción ante a debilidade do Estado español (1898) e ás accións
(4,5-5) represivas do exército
- Destacar o carácter antiliberal e antiindustrialización do nacionalismo vasco
- Explicar o nacemento do nacionalismo catalán desde finais do s. XIX
(reivindicación do Estado catalán. Lliga Regionalista)
-Diferenciar o Nacionalismo progresista de Castelao e o Nacionalismo
conservador de Risco
- Mencionar as 2 tendencias no nacionalismo vasco desde principios do s.XX
Uso dos documentos: Analízanse os 3 documentos
Redacción: correcta e precisa, facendo uso do vocabulario específico. O texto
está ben articulado e argumentado

A Reforma Agraria Liberal (ata 5 puntos)


Moi def Resposta en branco (0)
(0-1) A resposta é unha paráfrase dos documentos (1)
Deficient Contidos: Xeneralidades sobre a época (1,5)
e (1,5-2) Uso dos documentos: a resposta prescinde dos documentos, e está elaborada
como resposta a unha pregunta teórica (2)
Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras inventadas, frases
incoherentes ou mal articuladas.
Aprobad Contidos:
o (2,5-3) -Explicación básica do concepto de desamortización.
-Referencia xenérica ás causas e obxectivos das medidas desamortizadoras.
-Mencionar o tipo de bens afectados polas mesmas.
-Sinalar os seus resultados máis destacados.
Uso dos documentos: os documentos cítanse na redacción
Redacción: texto formalmente correcto, pero expresión demasiado simple.
Notable Contidos (ademais do esixido para o aprobado, afondar no comentario
(3,5-4) nalgunha das seguintes cuestións):
-Relacionar as medidas desamortizadoras cos gobernos progresistas e indicar a
paralización das mesmas por parte dos gobernos moderados.
-Explicar os obxectivos principais perseguidos polas diferentes
desamortizacións (p.ex. a financiación do ferrocarril coa desamortización de
Madoz, da guerra carlista coas desamortizacións de Mendizábal e Espartero...).
-Afondar nas etapas fundamentais do proceso desamortizador e nas
características xerais dos bens afectados.
-Comentar os principais beneficiados e prexudicados polas desamortizacións e
as súas razóns explicativas (relacionadas coa venda a través de poxa pública).
-Ofrecer un balance global dos efectos das desamortizacións no eido
socioeconómico.
Uso dos documentos Analízanse un ou dous documentos
Redacción: correcta e texto coherente
Sobresali Contidos (ademais do esixido para o notable no comentario recóllense unha ou
ente (4,5- varias das seguintes cuestións):
5) -Mencionar as desamortizacións previas á de Mendizábal (Godoy, Xosé I, Cortes
de Cádiz, Trienio Liberal).
-Explicar as diferenzas concretas entre clero regular/clero secular e/ou bens
propios e comúns dos municipios.
-Comentar as críticas ao sistema de venda realizadas por Flórez Estrada.
-Xustificar o feito de que as desamortizacións non foron en realidade unha
verdadeira reforma agraria (non se transforman a estrutura da propiedade da
terra nin os sistemas de cultivo).
-Sinalar a relación entre desamortización e atraso da industrialización española
(capitais: compra de terras en lugar de investilos nas actividades industriais).
-Facer mención explícita das particularidades do proceso desamortizador en
Galicia (mantemento do sistema foral, escasa importancia da desamortización
dos bens propios dos concellos...)
-Mencionar outras medidas de transformación agraria implantadas polo réxime
liberal (abolición dos señoríos, desvinculación dos morgados...)
Uso dos documentos
Analízanse os 3 documentos
Redacción: correcta e precisa, facendo uso do vocabulario específico. O texto
está ben articulado e argumentado
Os principais sectores industrais e o papel do ferrocarril na España do
século XIX
Moi deficiente Resposta en branco (0)
(0-1) A resposta é unha paráfrase dos documentos (1)
Deficiente (1,5-
Contidos: Xeneralidades sobre a época (1,5)
2) Uso dos documentos: a resposta prescinde dos documentos, preséntase
como a resposta a unha pregunta teórica (2)
Aprobado (2,5- Contidos: Referencia básica ás características da industria na España do
3) s.XIX:
-o desenvolvemento da industria algodoeira catalá e os avances do
maquinismo
-a expansión da siderurxia e o predominio da industria vasca
-a construción do ferrocarril e os seus obxectivos (favorecer o
desenvolvemento dun mercado nacional, fomento doutras actividades
económicas)
Uso dos documentos: os documentos cítanse na redacción.
Notable (3,5-4) Contidos (ademais do esixido para o aprobado):
-explicar os factores que favoreceron a industria téxtil catalá (a tradición
manufactureira, a existencia de capitais e dunha clase empresarial moi
activa, o proteccionismo)
-explicar os cambios na xeografía siderúrxica (os inicios en Málaga, o
crecemento da industria asturiana polo uso da hulla e a expansión da
biscaíña)
-explicar o proceso de construción (as primeiras liñas, a importancia da
Lei Xeral de Ferrocarrís de 1855, a introdución de capital estranxeiro)
Uso dos documentos.
Analízanse un ou dous documentos
Redacción: correcta.
Sobresaliente Contidos (ademais do esixido para o aprobado e o notable):
(4,5-5) -referencia a outras industrias téxtiles (seda, liño)
-referencias ás vinculacións existentes entre a siderurxia e as actividades
mineiras
-referencia ás características da rede ferroviaria española (rede radial,
ancho de vía)
-valoración xeral da problemática analizada
Uso dos documentos:
Analízanse os 3 documentos
Redacción: correcta e precisa, e texto está ben argumentado.

O movemento obreiro (ata 5 puntos)


Moi def Resposta en branco (0)
(0-1) A resposta é unha paráfrase dos documentos (1)
Deficien Contidos: Xeneralidades sobre a época (1,5)
te (1,5- Uso dos documentos: a resposta prescinde dos documentos e está elaborada
2) como resposta a unha pregunta teórica (2)
Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras inventadas, frases
incoherentes ou mal articuladas.
Aproba Contidos:
do (2,5- -Contextualizar o desenvolvemento do movemento obreiro en España durante o
3) Sexenio Democrático.
-Referencia xenérica aos factores que permitiron a expansión do movemento
obreiro neste período: a AIT e o dereito de asociación recoñecido na constitución
de 1869.
-Explicación básica dos principios esenciais defendidos polas ideoloxías obreiras
anarquista e marxista/socialista facendo referencia aos seus obxectivos e aos
medios empregados para a súa consecución.
Uso dos documentos: os documentos cítanse na redacción
Redacción: texto formalmente correcto, pero expresión demasiado simple.
Notable Contidos (ademais do esixido para o aprobado, afondar no comentario nalgunha
(3,5-4) das seguintes cuestións):
-Refírense as primeiras manifestacións do movemento obreiro anteriores a 1868
(ludismo, Sociedades de Socorros Mutuos, folgas) insistindo no seu carácter
espontáneo e na súa escasa organización e repercusión en comparación coas
organizacións obreiras do último terzo do s.XIX.
-Analízase o proceso de implantación das ideoloxías obreiras en España:
personalidades difusoras, zonas de maior arraigo de cada ideoloxía e cítanse as
principais organizacións obreiras anarquistas e socialistas.
Uso dos documentos: Analízanse un ou dous documentos
Redacción: correcta e texto coherente
Sobresa Contidos (ademais do esixido para o notable no comentario recóllese unha ou
liente varias das seguintes cuestións):
(4,5-5) -Analizar as distintas tendencias que coexistiron dentro do anarquismo no último
terzo do s.XIX en España (anarquismo puro, anarco-sindicalismo e anarco-
comunismo).
-Facer fincapé na orientación anarquista da difusión da I Internacional en España,
o que explica a identificación da FRE con dito ideario e o maior espallamento e
arraigo das ideas anarquistas fronte as socialistas.
-Referir a evolución do movemento obreiro no último terzo do s.XIX: momento
álxido durante a Primeira República, intimamente relacionado co cantonalismo, e
represión durante a Restauración polo temor que FREAIT xerou nos empresarios
e políticos moderados (disolución e clandestinidade das organizacións obreiras).
Uso dos documentos
Analízanse os 3 documentos
Redacción: correcta e precisa, facendo uso do vocabulario específico. O texto
está ben articulado e argumentado
Composición histórica: A crise da Restauración (ata 5 puntos)
Moi deficiente Resposta en branco (0)
(0-1) A resposta é unha paráfrase dos documentos (1)
Deficiente (1,5-Contidos: Xeneralidades sobre a época (1,5)
2) Uso dos documentos: a resposta prescinde dos documentos, exponse
como a resposta a unha pregunta teórica (2)
Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras inventadas,
frases incoherentes ou mal articuladas
Aprobado (2,5- Contidos:
3) -Contextulizar a crise da Restauración no reinado de Afonso XII.
-Referencia xenérica ao “desastre do 98” (perda das últimas colonias ) e á
corrente rexeneracionista xurdida a raíz do mesmo.
-O crecente papel do exército na vida política visible a través da Lei de
Xurisdicións de 1906.
-A oposición ao sistema da Restauración por parte do movemento
obreiro debido fundamentalmente á mobilización de reservistas na
guerra de Marrocos e á súa marxinación do sistema político.
Uso dos documentos: os documentos cítanse na redacción
Redacción: texto formalmente correcto, pero expresión demasiado
simple
Notable (3,5-4) Contidos (ademais do esixido para o aprobado, afondar no comentario
nalgunha destas cuestións):
-O rexeneracionismo: análise dos males que afectaban ao país, propostas
de modernización e principais representantes.
-As críticas ao exército logo do “desastre do 98” e a súa viraxe cara
posturas cada vez máis conservadoras erixíndose como garante da
unidade da patria (fronte aos nacionalismos, sobre todo catalán) e da
orde social (fronte ao auxe do movemento obreiro).
-A guerra en Marrocos como estratexia políticomilitar para recuperar o
prestixio internacional despois do “desastre” e os seus efectos nas clases
populares: mobilización de reservistas e Semana Tráxica de Barcelona de
1909.
Uso dos documentos
Analízanse un ou dous documentos
Redacción: correcta e texto coherente
Sobresaliente Contidos (ademais do esixido para o notable, no comentario recóllense
(4,5-5) unha ou varias das reguintes cuestións):
-Relaciónase a lei de Xurisdicións coas publicacións na revista satírica
catalá Cu-Cut de 1905.
-Cítanse outros factores explicativos da crise da Restauración:
fraccionamento e descomposición dos partidos dinásticos a inicios do
século XX, o auxe do republicanismo, o desenvolvemento dos
nacionalismos -sobre todo catalán (Solidaridat Catalana)
-, o incremento da conflitividade social e da oposición de socialistas e
anarquistas, as sucesivas derrotas militares na ocupación do norte de
Marrocos…
-Noméanse algunhas das reformas desenvolvidas polos líderes dos
partidos dinásticos (Maura –conservador- e Canalejas –liberal-) para
superar a crise e sanear o sistema da Restauración.
Uso dos documentos
Analízanse os 3 documentos
Redacción: correcta e precisa, facendo uso do vocabulario específico. O
texto está ben articulado e argumentado
A crise de 1917, os gobernos de concentración e a guerra de Marrocos
Moi deficiente Resposta en branco (0).
(0-1) A resposta é unha paráfrase dos documentos (1).
Deficiente (1,5-Contidos: Xeneralidades sobre a época (1,5).
2) Uso dos documentos: a resposta prescinde dos documentos, preséntase
como a resposta a unha pregunta teórica (2).
Aprobado (2,5- Contidos:
3) -referencia básica a crise de 1917 e os seus compoñentes principais: crise
militar, política e social
-a descomposición do sistema de quendas
-a quebra do réxime da Restauración tras o desastre de Annual
Uso dos documentos: os documentos cítanse na redacción.
Notable (3,5-4) Contidos (ademais do esixido para o aprobado):
-explicar a crise política: a clausura das Cortes e a convocatoria da
Asemblea de Parlamentarios polo líder da Liga Rexionalista catalá
-sinalar algunha característica da folga xeral de 1917
-explicar algunha das consecuencias sociais e políticas da conflitividade: a
expansión do pistolerismo, a descomposición dos partidos dinásticos
-referirse a algún aspecto da evolución da guerra de Marrocos: o
protectorado español, a guerra no Rif, a derrota de Annual e o seus
efectos
Uso dos documentos.
Analízanse un ou dous documentos
Redacción: correcta.
Sobresaliente Contidos (ademais do esixido para o aprobado e o notable):
(4,5-5) -sinalar a importancia do contexto internacional na xestación da crise
(Primeira Guerra Mundial e os seus efectos)
-facer referencia a outras vertentes da crise: a crise militar e a creación
das Xuntas de Defensa
-valoración xeral da problemática analizada
Uso dos documentos:
Analízanse os 3 documentos
Redacción: correcta e precisa, o texto está ben argumentado

A Ditadura de Primo de Rivera (ata 5 puntos)


M.D Resposta en branco (0)
(0-1) A resposta é unha paráfrase dos documentos (1)
Defici Contidos:Xeneralidades sobre a época (1,5).
ente Uso dos documentos: a resposta prescinde dos documentos, exponse como a
(1,5- resposta a unha pregunta teórica (2).
2) Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras inventadas, frases
incoherentes ou mal articuladas.
Apro Contidos:
bado - Destacar como causas: a inestabilidade política, o desastre de Annual, a
(2,5- conflitividade social
3) - Directorio militar: militarización das Institucións, nomeamento dos
Delegados gobernativos.Solución problema Marrocos,desembarco Alhucemas
- Directorio civil: Incorporación de ministros civís, intento de implantar o
modelo corporativo fascista
- Oposición de republicanos, socialistas e anarquistas, falta de apoio dos
militares
Uso dos documentos: os documentos cítanse na redacción.
Redacción: texto formalmente correcto, pero expresión demasiado simple
Notab Contidos (ademais do esixido para o aprobado, afondar no comentario
le nalgunha das seguintes cuestións)
(3,5- - Sinalar o Expediente Picasso como unha das causas do Golpe de Estado e
4) sinalar a presentación de Primo de Rivera como o “cirurxián de ferro”
- Directorio militar: Indicar a represión dos nacionalismos e do movemento
obreiro, así como o intento de ampliación e sostemento da Ditadura co
espallamento do Somatén.
- D civil: Citar a Organización corporativa do Traballo e a Asemblea Nacional.
- Resaltar o xiro do PSOE respecto á Ditadura de Primo de Rivera e indicar a
oposición de intelectuais e dos universitarios, así como a perda de confianza do
propio Rei
Uso dos documentos
Analízase un ou 2 documentos
Redacción: correcta e texto coherente
Sobre Contidos(ademais do esixido para o notable no comentario recóllese unha ou
salien varias das seguintes cuestións)
te - Destacar a influencia do rexeneracionismo nas pretensións de Primo de
(4,5- Rivera, o remate do caciquismo e sinalar a imitación do modelo fascista
5) italiano.
- Indicar o intervencionismo do Estado na economía e nas cuestións laborais.
- Analizar o proxecto de Constitución e a súa dobre influencia, fascista e
doutrinaria e o desenvolvemento económico en España ata 1929.
- O incremento da oposición republicana, Alianza Republicana. Falta de apoios
entre os grandes propietarios e Alta Burguesía Industrial e a oposición do corpo
de artillería.
- Destacar o fracaso da Ditadura como causa do fracaso da Monarquía e a
incapacidade dos gobernos Berenguer e Aznar e a chegada da II República.
Uso dos documentos:
Analízanse os 3 documentos.
Redacción: correcta e precisa, facendo uso do vocabulario específico. O texto
está ben articulado e argumentado

Composición histórica: O establecemento da II República (ata 5 puntos)


Moi deficiente Resposta en branco (0).
(0-1) A resposta é unha paráfrase dos documentos (1).
Deficiente (1,5-Contidos: xeneralidades sobre a época (1,5).
2) Uso dos documentos: a resposta prescinde dos documentos, preséntase
como a resposta a unha pregunta teórica (2).
Aprobado (2,5- Contidos:
3) -referencia básica ó contexto do período (eleccións municipais de 1931 e
abandono de Afonso XIII).
-explicación do proceso que levou á convocatoria de eleccións
constituintes (papel do goberno provisional).
-o triunfo dos partidos de esquerdas.
-características básicas da constitución de 1931.
Uso dos documentos: os documentos cítanse na redacción.
Notable (3,5-4) Contidos:
-características do goberno provisional presidido por Niceto Alcalá-
Zamora.
-referencia ós principais partidos da época e á súa ideoloxía.
-principais características da constitución de 1931.
Uso dos documentos,
Analízanse 1 ou 2 documentos
Redacción: correcta.
Sobresaliente Contidos:
(4,5-5) -precisión sobre algunha das medidas do goberno provisional: amnistía
para os presos políticos, proclamación de liberdades políticas e sindicais.
-profundización na ideoloxía dos principais partidos da época.
-profundización nas características da Constitución de 1931.
-valoración xeral do período analizado e breve referencia á situación
posterior.
Uso dos documentos:
Analízanse os 3 documentos
3. Redacción: correcta e precisa, o texto está ben argumentado.

As grandes reformas da Segunda República (ata 5 puntos)


Moi deficiente Resposta en branco (0)
(0-1) A resposta é unha paráfrase dos documentos (1)
Deficiente (1,5-Contidos: Xeneralidades sobre a época (1,5)
2) Uso dos documentos: a resposta prescinde dos documentos e está
elaborada como resposta a unha pregunta teórica (2)
Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras inventadas,
frases incoherentes ou mal articuladas.
Aprobado (2,5- Contidos: -Contextualización política e cronoloxía básica das reformas.
3) -Referencia xenérica ás motivacións do programa reformista.
-Reformas levadas a cabo, indicadas brevemente: militar, educativa,
agraria, relixiosa...
-Referencia xenérica aos resultados obtidos (efectos limitados e
oposición xerada polo programa reformista).
Uso dos documentos: os documentos cítanse na redacción
Redacción: texto formalmente correcto, pero expresión demasiado
simple.
Notable (3,5-4) Contidos (ademais do esixido para o aprobado, afondar no comentario
nalgunha das seguintes cuestións):
-O contexto das reformas: sinalar a importancia da etapa do Goberno
Provisional como punto de partida das mesmas, incidir no proceso que
conduciu ao Bienio Reformista (aprobación da constitución de 1931,
encargo do goberno a Manuel Azaña e alianza dos republicanos de
esquerda e os socialistas).
-Afondar nas reformas reflectidas nos documentos propostos: reforma
militar, educativa e agraria:
-Expor as circunstancias que facían necesarias ditas reformas.
-Comentar outras medidas concretas levadas a cabo en relación coas
mesmas.
-Sinalar os seus efectos sociais, políticos, económicos...
Uso dos documentos
Analízase 1 ou 2 documentos
Redacción: correcta e texto coherente
Sobresaliente Contidos (ademais do esixido para o notable no comentario recóllense
(4,5-5) unha ou varias das seguintes cuestións):
-Referir a evolución das reformas ao longo da República.
-Facer fincapé nos apoios e rexeitamentos que tiveron estas reformas, as
cales contribuíron a crear as “dúas Españas” que se enfrontarán na
guerra civil.
-Falar da “mala xestión” da reforma agraria (protestas, levantamentos...)
por parte do goberno de Azaña, que acabaría por custarlle o posto nas
eleccións de 1933.
-Facer referencia a outras reformas da República non recollidas nos
documentos: reforma relixiosa, territorial e laboral.
Uso dos documentos
Analízanse os 3 documentos.
Redacción: correcta e precisa, facendo uso do vocabulario específico. O
texto está ben articulado e argumentado

You might also like